Description of Podcast fotografÍa Yago
Esta foto realizouse antes do ano 1937. Seino de seguro, porque está o meu bisavó, e el morreu tres meses antes de que nacera a miña avoa Manola, en 1937. O lugar é Nantón, pertence ao concello de Cabana de Bergantiños, na provincia de A Coruña. Na fotografía aparecen o meu bisavó José Alcaraz, agarrado ao seu inseparable can, a miña bisavoa Mercedes, a miña tataravoa (cun pano na cabeza), dúas irmáns do meu bisavó e varios obreiros do serradoiro. Curiosamente a foto fíxose co motivo dunha das visitas da tataravoa e das tías a Galicia, xa que vivían en Valencia. O meu bisavó era patrón de barco e naceu en Valencia. Viaxaba a Galicia habitualmente para cargar madeira no porto de Corme. Dado que esta zona era rica nesta materia prima, decidiu montar unha fábrica de madeira na zona. Aquí casouse coa miña bisavoa Mercedes, que era natural de Bormoio (Coristanco) e tiveron 4 fillos. Naqueles tempos as condicións de traballo non sempre eran as mellores, pero os descendentes dos seus obreiros recordan oir desde sempre nas súas casas que o señor José era un bo patrón, que sempre respectaba os seus dereitos, e non había Nadal no que non recibisen un bo aguinaldo. Era moi amigo de Salvador de Madariaga, diplomático e escritor español, ministro na Segunda República. Grazas a súa amizade conseguiu que se construira a estrada que vai dende Nantón ao Bosque, que era onde se situaba o concello de Cabana, naquela época.