Furia Feminista
Furia Feminista é un podcast que nace en marzo de 2020 en medio dunha pandemia mundial porque non hai nada que unhas feministas intrépidas e cheas de amigas igual de atrevidas que elas non se animen a facer en medio do confinamento. Esta historia que hoxe comezamos nace das ganas de escoitarnos, reflexionar e rir xuntas... cun podcast galego e en galego. Da Galiza para a Galiza e para o mundo.
Nace e camiñará da man de Radio Liberdade e da Marcha Mundial das Mulleres como máis unha ferramenta para a reflexión e a acción feminista.
As seccións coas que contará serán:
As Mulleres Falan: favorecendo a participación das mulleres a través de entrevistas e audios que poden enviarse a furiafeministagz@gmail.com
O minuto feminista: coa vontade de facernos preguntas sobre cada tema proposto no programa para que da proposta de Furia Feminista broten máis e máis preguntas.
Unha historia feminista: Nesta sección queremos percorrer as pequenas e grandes historias do feminismo, para coñecer as nosas xenealoxías e referentes.
Queridos Aliados: Nesta sección de Furia Feminista queremos axudar aos nosos aliados. Para que logo digan que as feministas non somos pedagóxicas.
Música feminista: en cada Capítulo/Programa sonarán dous temas dunha artista. Aceptamos suxestións!
Coa sintonía de Admirando a condición de Sés como banda sonora, xa estamos aqui… que comece o matriarcado!