¡Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Podcast

Grandes Vozes do Nosso Mundo

442
209

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integrador, a interculturalidade e a fluidez comunicativa entre todos os povos do nosso âmbito linguístico.

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integrador, a interculturalidade e a fluidez comunicativa entre todos os povos do nosso âmbito linguístico.

442
209

Ep. 322- DANIEL PEREIRA CRISTO APRESENTA FESTIVAL CASTRO GALACIO [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Estamos às portas do XIIIº Festival de Nogueiró. O CASTRO GALAICO. Será nos próximos dias 13, 14 e 15 de julho. Para divulgarmos a convocatória, conversamos com Daniel Pereira Cristo, um dos artistas participantes, que estará em concerto no día 14, sexta-feira. Para além de apresentar o programa completo, na entrevista falamos também da música do artista de Braga, que nos interpretou duas canções ao vivo.
World's musics and others 3 years
0
0
1.2k
01:00:38

Ep. 321- A PRIMAVERA DO SONORO MAXÍN [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Estaban desaparecidos, mais nós conseguimos dar con eles e ter a certeza de que regresan aos palcos. Ico atendeu a nosa chamada e explicounos o contido da nova entrega: A primavera ten que ser nosa. Durante todas estas próximas semanas, a banda percorrerá toda a xeografía galega para interpretar o seu repertorio clásico e os temas recén saídos do forno. Estamos felices de transmitir esta novidade
World's musics and others 3 years
1
0
866
01:00:12

Ep. 320- ANTOLOGIA MUSICAL [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Abrimos esta antoloxía musical cos "Mares", de la Quinkillada. Inmediatamente a seguir, recuperamos a banda que presentamos na semana pasada: Dioivo. O tema: "Golpe por golpe". A posterior selección comeza comeza coa "Conacheira", continúa co "Há mulheres e mulheres" do Landrick para chegar á "Magia" do Rodrigo Cuevas. Completamos o programa con Malta, Ialma, Salvador Seixas, Socorro Lira, Willian Araújo, Caxade, Marco Rodrigues e a Sétima Legião.
World's musics and others 3 years
0
0
1.1k
01:00:16

Ep. 319- DIOIVO [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Dioivo é unha palabra con varios significados: un medievalismo para designar a chuva torrencial; unha plataforma de comunicación galega, que agora mesmo xa non existe; e unha formación musical de METAL EXTREMO, formada por dous vigueses (Dani Valadares e Xacobo Mouriño). Con eles falamos sobre Rosalía de Castro, Florencio Delgado Gurriarán, Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xoán Cabana.
World's musics and others 3 years
0
0
998
01:01:32

Ep. 318- XOÁN GOÍA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Neste programa falamos de Fene -na entrada da ría de Ferrol- e das alturas de Xermade, unha das portas da Terra Chá. O protagonista da nosa conversa chámase Xoán Goía e fai de ponte entre estas dúas terras. A súa materia prima: a música. Esta é unha oportunidade para coñecer Goía, Férvedes e outros diversos lugares da Serra da Carba. Tamén para coñecer o primeiro disco deste compositor e intérprete.
World's musics and others 3 years
1
0
877
59:20

Ep. 317- ESPECIAL PREMIOS MARTIN CODAX [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Outro ano máis, dedicamos o programa a coñecer as músicas de solistas e bandas finalistas dos premios Martín Codax. Marco Pereira preparou unha hora de música destinada a ofrecer unha panorámica de todos os estilos. Abren a grella musical as Fillas de Cassandra e continúan Madalena Gamalho, Boyanka Kostova, os Arrhythmia e Sinestesia. Na segunda metade é o momento de Udra, Lontreira, Monboi, Xurxo Fernandes, Santi Araújo, Mou e Brais das Hortas. "O vira" de Su Garrido Pombo ponlle o final a esta entrega.
World's musics and others 3 years
0
0
1.1k
01:00:41

Ep. 316- Davide Salvado - Permita Deus [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Davide Salvado prepara novo disco. O título: Permita Deus. As letras: de Manolo Cortés. Con motivo do paso do artista polo Museo do Mar, de San Cibrao, falamos das letras e das músicas do novo disco; comentamos os vínculos interculturais da súa traxectoria; e viaxamos ao corazón dos Ancares, onde Davide Salvado se vai instalar nun futuro próximo.
World's musics and others 3 years
0
0
1.8k
01:00:52

Ep. 315- Visión Panorámica-2 Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Abrimos o programa co novo traballo das Tanxugueiras: Aire. Despois de tomarmos folgos co trío galego, entramos en Portugal con Calema: A nossa dança. Despois de viaxarmos ao Brasil a través da voz da Socorro Lira, retornamos á Galiza cun clásico: o "Aí vén o maio", de Curros, interpretado por Luís Emilio Batallán. Luísa Sobral, Guezos, Tito Paris e Sonia Shirsat son algunhas das outras grandes vozes do nosso mundo que están recollidas nesta nova entrega do programa.
World's musics and others 3 years
0
0
928
58:30

Ep. 314- VISIÓN PANORÁMICA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Programa de visión panorámica das músicas dos países de raíz galega. Neste ocasión temos as Tanxugueiras, da Galiza, e Ildo Lobo, de Cabo Verde. Xunto con clásicos Luar na Lubre, facemos descubertas como a do Vic López, a quen dedicamos o programa da semana pasada. Todo nunha hora de música e palabra. Todo no programa emitido simultaneamente na Galiza, en Portugal e no Brasil.
World's musics and others 3 years
0
0
723
01:03:08

Ep. 313- ViC LÓPEZ - TIGRE DE CIDADE [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Vic López é un galego-asturiano ou un astur-galego que comezou na música con cinco anos de idade na escola de música de Xove. Con dez, comezou a versionar música de bandas e solistas internacionais. Após a experiencia musical en DesiguaLex Rock e en SphínteR, durante o confinamento comezou a escribir as cancións. Desde hai uns meses, componlles a música. Coñecedora dos tres temas de produción propia que ten editado neste momento, a equipa do Grandes Voces falou con Vic López. Este é o resultado da conversa.
World's musics and others 3 years
0
0
800
59:44

Ep. 312- Silvia Penas - CINTA ADHESIVA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Cinta Adhesiva é o grupo poético-musical de Vigo que une poesía, música, teatro e vídeo. Todo nun espectáculo global. Unha das súas metas inminentes é a participación no próximo Super Bock Rock de 2023 en Lisboa. Para iso debe ter o apoio do público, un apoio que nós solicitamos. Con Silvia Penas, falamos da banda e desta nova aventura.
World's musics and others 3 years
0
0
789
01:00:14

Ep. 311- A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Todo un universo en só seis palabras: A Pousada da Galiza Imaxinaria. É un lugar real. Un espazo para cumprir felices soños mantendo os pés na terra. Esta sala de espectáculos está en Boiro e agora chega ao trixésimo aniversario, que celebramos coa súa voz: Suso Santamaría.
World's musics and others 3 years
0
0
747
01:00:42

Ep. 310- EXERIA: Un novo nome [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Formada por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos 90 -a música da súa infancia-, Exeria nace pouco despois da pandemia que obrigou a deter calquera iniciativa musical. As raíces son importantes para calquera proxecto. Neste sentido, a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o cauce polo que discorre o seu discurso estilístico. Estes son os lugares en que a banda estará ao vivo proximamente: 22 ABRIL CERVECERIA MIGUEL CANIDO 14 MAIO JAMARTE PONTECALDELAS 1 XULLO CHIRINGUITO PATAPALO ILLA AROUSA
World's musics and others 3 years
0
0
952
01:00:54

Ep. 309- TOMÁS PORTEIRO - SINESTESIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Por que non retorna Sinestesia ao panorama da música galega? Obviamente, non retorna porque nunca tiña marchado. Certo é que agora están con moita máis intensidade. As palabras de Tomás Porteiro así o transmiten. Abrimos a entrevista cunha música de Antía Muíño, feliz colaboradora de Sinestesia. Despois, a conversa está centrada no novo disco de Sinestesia.
World's musics and others 3 years
0
0
1.3k
01:02:23

Ep. 308- PATTY CASTRO [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

O Deixe falar desta semana está dedicado a PATTY CASTRO. Locutora de radio, promotora artística, integrante da equipa directiva da Asociación Músicas Ao Vivo; actriz da narración oral; coordenadadora de Mulleres Galegas Kañeras. O Grandes Vozes falou con ela sobre varios temas: os irmáns de armas na LOITA AMADA; a dinamización social coa asociación Arousa Moza; o Acouga sosego; Galiza Metálica; o Gallaecia Metalfest; e Músicas ao Vivo.
World's musics and others 3 years
0
0
2.4k
01:01:49

Ep. 307 - NOELIA PERPETUO - QUERO CANTAR [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

"Quero Cantar" é o certame de música infantil e xuvenil organizado pola Deputación da Coruña. Até as 14 horas do próximo día 15 de marzo está aberto o prazo para participar en dúas categorías: a categoría A, para crianzas de menos de 12 anos; e a categoria B para adolescentes, de 13 a 16 anos. Os premios son ben atractivos: a participación nun programa formativo con moita prática, porque contempla a entrada aos estudios profisionais para facer a gravación de dous videoclipes. Para alén diso, aínda 6.000 euros a repartir. De todo isto falamos con Noelia Perpetuo, unha das gañadoras da edición de 2021.
World's musics and others 3 years
0
0
1.4k
01:00:27

Ep. 306 - UBALDO CERQUEIRO - Día dos Medios en Galego [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Celebramos o Día dos Medios en Galego e facémolo con música do Grande Amore e de Ortiga con Pili Pampín. No momento da conversa, temos unha entrevista con Ubaldo Cerqueiro, do xornais Que pasa na costa? e Xornal da Coruña. Antes de despois, temos a mellor música da Galiza, de Portugal e dos países de raíz galega.
World's musics and others 3 years
0
0
2.4k
59:15

Ep. 305 - MANOELE de FELISA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Manoele de Felisa chega aos 25 anos no panorama da discografia galega. Nós celebrámolo con el, xusto no momento en que anuncia unha nova xira de 2023. O músico de Orballo (1999), Chove (2005), De Felisa a María Mariño (2007), Cantos de Lembranza (2014) e Cancioneiro do Camiño (2021) continúa con paso firme.
World's musics and others 3 years
0
0
799
01:01:43

Ep. 304 - TECOR SOCIETÁRIO [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Este é o programa dedicado ao TEcor Societário, un grupo musical campitaneado por Xabi, músico orixinário de Rinlo (Ribadeo). Inicialmente, dá a impresión de que son un grupo moi metaleiro. Despois fica moi claro que "non é tan fero o león como o pintan". Se pensas que non é verdade, escoita... Xa nos dirás o que che pareceu!
World's musics and others 3 years
0
0
941
01:00:03

Ep. 303 - ALBA FERNÁNDEZ - SALA A SACABEIRA [Grandes Vozes do Nosso Mundo]

Este Deixe Falar singular foi gravado no palco dunha desas salas que ofrecen músicas ao vivo. É a Sacabeira, na Mariña do Cantábrico, á beira do río Xunco -na localidade de Sargadelos- e só uns minutos de Viveiro, de Burela ou de San Cibrao. Un deses lugares emblemáticos da música ao vivo, como a Arca da Noe en Vilar de Santos; o Gatos en Melide ou o Buril en Sarria. Aínda que organizou 26 concertos, a Sacabeira é moito máis que unha sala. É un lugar de tertulia e unha sala de exposicións. E dispón dunha cociña onde se prepara a lume lento un caldiño galego para acompañar unha cervexa orixinal. Nós coñecémola a través das palabras de Alba Fernández.
World's musics and others 3 years
0
0
1.4k
59:15
More of Radio Burela View more
You may also like View more
Que Viva la Gaita Radio Radio Online, deducada a proyectar la verdadera identidad musical del estado Zulia - Venezuela. www.quevivalagaita.com.ve Instagram: @quevivalagaita Updated
SONS DE NÓS RadioFusión Lista diaria de música dos países lusófonos.De luns a venres en Radiofusión Updated
Go to World's musics and others