¡Últimas horas! 1 año de Premium al 25% de dto ¡Lo quiero!

Podcast
Gurrucho de Vozcast
By ghurrucho
72
225
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos do xénero de acción, ese xénero tan cinematográfico, e dun dos seus máximos expoñentes e impulsores, o actor/culturista/político austriaco/estadounidense Arnold Aloise Schwarzenegger. Adentrámonos aquí na súa obra máis cinética (unha forma de dicir que falamos das poucas pelis das que non o fixemos xa noutros podcast)
02:07:05
Gurrucho 2001 Unha Odisea no Espazo e a IA. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Neste episodio falamos un chisco de Kubrik, da súa vida e obra, antes de mergullarnos no seu filme máis importante para moitos, 2001 unha odisea no espazo. Tamén falamos das intelixencias artificiais, como se abordaron en distintas ficcións, cando xorden, e cara onde nos pode levar este novo uso da tecnoloxía
02:04:30
Gurrucho Shyamalan e Thriller. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos do xénero de suspense ou thriller, as súas orixes e a súa sublimación por parte do gran Alfred Hitchcock. Despois comentamos a filmografia do controvertido director M. Night Shyamalan, as súas luces e sombras, para rematar opinando sobre os imprescindibles do xénero como Seven ou O silencio dos años.
02:30:00
Gurrucho Oscars e Premios. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar.
02:27:24
Gurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible serie galega sobre o tema.
02:11:25
Gurrucho Maus e nazis. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto.
02:20:58
Gurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.
02:19:29
Gurrucho XL Mostra de Teatro de Cangas. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Facemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante.
A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traballamos.
02:03:53
Gurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras.
Música:
Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson
Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier Arson
Bloco 3: Asesinos Rurales de El Futuro Peatón
Bloco 4: BSO de Romasanta de Mikel Salas
Bloco 5: Muiñeira de Agra de Xemelgas
01:57:05
Gurrucho Rocky e Deportes. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.
02:19:01
Gurrucho Jack o Destripador e Asasinos. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Contamos coa xente do maravilloso podcast Mal de Olho, espazo no que falan de filmes sobre todo de terror, para adentrármonos na figura dun dos asasinos máis emblemáticos da historia: Jack o Destripador. Tamén falamos dos tipos de asasinos que adoitan aparecer nas obras de ficción, e de xéneros e subxéneros onde o asasino sexa parte indispensable da trama, como por exemplo o Slasher.
02:13:19
Gurrucho Depredador e Caza. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que a caza teña un papel protagonista.
02:04:40
Gurrucho Literatura Galega. Podcast en Galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias.
Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar.
En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vista, esperamos que vos guste.
02:04:32
Gurrucho Xesucristo. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos?
Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros directores que se achegaron á figura do fillo de Deus.
01:50:30
Gurrucho BSO: John Williams
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.
01:33:20
Gurrucho 5º Aniversario. Nós, a cultura pop e outras movidas
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Aquí tendes o directo de Twitch. Parolamos do metagurrucho, descarado eufemismo para non dicir que pasamos case que todo o programa falando de nós mesmos, os nosos 50 podcast e as nosas movidas. Aínda que tamén imos coando refenrencias á cultura pop e algún chiste que outro de calidade cuestionable.
02:14:40
Gurrucho Verne e Steampunk. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Neste programa visitamos o mundo do escritor francés Jules Verne, un dos pais da ciencia ficción e tamén unha gran inspiración para o posterior subxénero de steampunk, do que tamén comentaremos algunha cousa: Por exemplo: Por que non hai unha gran obra steampunk?
01:56:40
Gurrucho Watchmen e Ucronías. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.
02:04:32
Gurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.
01:56:29
Gurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en galego
Episode in
Gurrucho de Vozcast
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.
02:02:10
You may also like View more
Destino Arrakis
Podcast de cine, televisión, literatura, comics, y todo tipo de cultura o subcultura popular. Updated
Todopoderosos
Cine, libros, series, cómics. Con Arturo González-Campos, Rodrigo Cortés, Javier Cansado y Juan Gómez-Jurado. TODOPODEROSOS, un programa para unirlos a todos. Updated
Campamento Krypton
Un podcast donde la cultura pop brilla, burbujea y se alborota. Monográficos y entrevistas sobre cine, cómic, música, empanadillas y Lina Morgan. Organizadores y creadores de la Monstrua de Cine Chungo, también podías escucharnos en Efecto Doppler (Radio 3) Updated






















