iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Arquitectura Sen Fronteiras Habitando
Habitando
Podcast

Habitando

60
41

Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a dí­a da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.

Ep.44: Tecnoloxías para o Ben Común nas Universidades Galegas
Ep.44: Tecnoloxías para o Ben Común nas Universidades Galegas
Episode in Habitando
Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das tecnoloxías para o ben común en todas as escolas técnicas universitarias galegas. Na súa segunda fase, 2023-2024, Arquitectura Sen Fronteiras unímonos ao proxecto. Falamos neste episodio con Acacia Naves e Sergio Fernández, responsables para o proxecto de Artigo9Tech e ESF respectivamente, do que son as tecnoloxías para o ben común, de como xurdiu a colaboración entre elas, da situación das tecnoloxías para o ben común no ámbito universitario e do que estamos a desenvolver no proxecto. Ligazóns de interese: Artigo9Tech Enxeñería Sen Fronteiras 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do "Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común" Resumo Liña Base: Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | Apple Podcast | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 1 year
0
0
9
01:04:23
Ep.43: Atención á Diversidade na UDC
Ep.43: Atención á Diversidade na UDC
Episode in Habitando
Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas. Sonia traballa dende o seu inicio, hai xa 19 anos, na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, na que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Os inicios, como se organizan, os problemas, resistencias e aliadas que atopan, as aspiracións de futuro e moito máis nunha conversa que se nos fixo moi curta. Contacto: Web: https://www.udc.es/es/cufie/ADI/ Enderezo: Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña Email: adi@udc.es Teléfonos: 881 015 622 / 881 015 623 Ligazóns de interese: Vídeo sobre diversidade comentado no podcast Vídeo da ADI-UDC sobre o día internacional das persoas con discapacidade 2023 Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 1 year
0
0
7
01:00:19
Ep.42: Activos de Saúde por Farmamundi
Ep.42: Activos de Saúde por Farmamundi
Episode in Habitando
Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a aprendizaxe-servizo como metodoloxía pedagóxica. Para falar del, das súas actividades, do que son os activos de saúde, problemas atopados e logros acadados contamos hoxe con María Gento. María é a coordinadora de Farmamundi en Galicia e Asturias, e responsable da xestión e execución do proxecto. Ligazóns de interese: Farmamundi Mejoramos la salud comunitaria con el alumnado de la Universidad de Santiago de Compostela Web do proxecto Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 1 year
0
0
5
50:37
Ep.41: Julián Salas, unha vida dedicada á Habitabilidade Básica
Ep.41: Julián Salas, unha vida dedicada á Habitabilidade Básica
Episode in Habitando
Para este Habitando 41, o último de 2022, tivemos a honra de contar con Julián Salas. Julián ten a Cátedra UNESCO de Habitabilidad Básica da ETSAM. É todo un referente neste eido a nivel mundial. Achegouse á Coruña para impartir na Escola de Arquitectura a lección Construindo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África, así que aproveitamos para charlar con el de toda unha vida dedicada á Habitabilidade Básica. O seu curriculum é extensísimo, mais para moitos e moitas de Arquitectura Sen Fronteiras é o referente, a persoa que primeiro se nos vén á cabeza, ao pensar en Habitabilidade Básica. Non só polos seus coñecementos, senón tamén pola súa proximidade, a súa predisposición para compartir todo ese coñecemento e experiencia acumulada ao longo dos anos, sobre todo no posgrao do ICHaB polo que moitos e moitas integrantes de ASF pasaron. Ligazóns de interese: Julián Salas Serrano en Researchgate Instituto para la Cooperación en Habitabilidad Básica (ICHaB) Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II SubscriciónFeed | Apple Podcast | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 2 years
0
0
7
58:11
Ep.40: Asentamentos precarios en Galicia
Ep.40: Asentamentos precarios en Galicia
Episode in Habitando
Contamos neste episodio con Cristina Botana, que ven de publicar, o ano pasado, a súa tese doutoral Os asentamentos precarios en Galicia: dende os conxuntos autoconstruidos ata a infravivenda de produción institucional como expresións do urbanismo segregativo. Cristina é arquitecta e durante moitos anos compañeira nosa como voluntaria en varios grupos de traballo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, especialmente no de Cooperación Local onde estivo en contacto directo coas persoas que viven nos asentamentos precarios coruñeses. Contounos que son os asentamentos precarios e as súas diferencias con outras formas de infravivenda. Preguntámoslle polo proceso de elaboración dunha tese nestes contextos. Sobre os relatos que soemos escoitar e as historias de vida que se atopou. Sobre os problemas de validación destas fontes orais pola academia. Sobre as diferencias entre os asentamentos espontáneos e os promovidos polas institucións públicas, e o non recoñecemento destas prácticas nin as consecuencias na situación actual. E moitas cousas máis. Ligazóns de interese:Publicacións de Cristina Botana: Tese Doutoral Los asentamientos precarios en Galicia: desde los conjuntos autoconstruidos hasta la infravivienda de producción institucional como expresiones del urbanismo segregativo Scholar Dialnet Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando
Politic and economy 2 years
0
0
9
01:01:36
Ep.39: Narrativas Dixitáis e Cartografías Sociais
Ep.39: Narrativas Dixitáis e Cartografías Sociais
Episode in Habitando
Falamos novamente de Cartografías Sociais explorando o seu valor como soporte de Narrativas Dixitais. E o facemos a través das experiencias de Ruth Sousa, xestora cultural integrante da Cooperativa Almeiro e Ben Curiosa, e Nuria García, terapeuta ocupacional do Hospital de día de Psiquiatría de Ferrol. Compartiron connosco o seu achegamento e posta en práctica desta ferramenta en varios proxectos, facilitados por Ruth e desenvolvidos por Nuria e outras persoas. Ligazóns de interese: Cóntame Ferrol Os lugares que ocupamos Mapa da memoria de Ferrol (buscar os vídeos dos lavadoiros no mapa ou na súa lenda) Ben curiosa Saberes próximos Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 2 years
0
0
8
01:00:56
Ep.38: Enredando artes e educación con Jorge Raedó
Ep.38: Enredando artes e educación con Jorge Raedó
Episode in Habitando
Varias persoas do grupo de Educación de ASF levamos tempo seguindo e aprendendo da traxectoria profesional de Jorge Raedó. Do seu Zaragoza natal ata Colombia onde actualmente reside, pasando por Barcelona e Finlandia entre outros sitios. Nunha choiva de ideas para describilo xurdiron as palabras curiosidade, xenerosidade, interconexión, actividade, creatividade, amabilidade, transparencia, traballo, transformación... e REDEIRO. Un pracer que se achegase por habitando para contarnos cada nó cos que foi tecendo esa rede que une persoas, artes, arquitectura, educación e infancia. Ligazóns de interese: Osamenor Ludantia Habitando Ep.24: Ludantia 2018 Encuentro Internacional Infancia+Arquitectura+Educación+Inclusión, Museo Reina Sofía enero de 2019 Anidar: arquitectura y niñez Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 3 years
0
0
9
01:05:45
Ep.37: Participación e cidade con Ergosfera
Ep.37: Participación e cidade con Ergosfera
Episode in Habitando
Hoxe temos connosco a Iago Carro, integrante de Ergosfera dende a súa fundación. Ergosfera naceu en 2006 como asociación de estudantes de arquitectura. Tras varias fases neste momento é unha cooperativa que traballa en propostas urbanísticas e no estudo das formas de uso e urbanización do territorio contemporáneo. A súa perspectiva alónxase da practica tradicional da arquitectura e o urbanismo pola súa mirada crítica, sempre presente e que lles caracteriza. Poñen en dúbida o existente, fomentan o diálogo e o debate con todos os axentes implicados nos contextos concretos. Entre eses axentes está por suposto a veciñanza. Chamamos a Iago para falar de urbanismo participativo dende a súa experiencia, dos xeitos que temos todos e todas de participar na planificación da cidade. Ligazóns de interese: Ergosfera Habitando Ep.20: Proxectos de urbanismo e participación cidadá (coa participación de Ergosfera) Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 3 years
1
0
8
01:00:48

Ep.36: A Exposición 20 Anos de Proxecto Terra
Ep.36: A Exposición 20 Anos de Proxecto Terra
Episode in Habitando
O pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do Proxecto Terra. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e alumnado participante, que puido acceder aos contidos ofertados polo ProxectoTERRA e facelos seus desenvolvendo enxeñosos proxectos innovadores. Para conocer qué é o Proxecto Terra e a súa labor falamos con Sabela e Lucía, dúas compañeiras de Arquitectura Sen Fronteiras que forman parte do equipo que o coordina dende que en 2018 ASF fíxose cargo da súa xestión. Durante a entrevista escoitaremos tamén audios de varios traballos en vídeo realizados por alumnado e profesorado de diversos centros, e que forman parte do audiovisual que acompaña a exposición. Por orden de aparición: CEIP Illas Cíes de Vigo: O rap das Illas Cíes IES Alexandre Bóveda de Vigo: Roteiro por Coia IES Felix Muriel de Rianxo: A memoria do monte IES Praia Bárraña de Boiro: Desenvolvemento sostible tradicional en Boiro IES Terra de Trasancos de Narón: A mansión dos Pampín IES Nº 1 de A Estrada: Ofrenda a Rosalía de Castro Ligazóns de interese: Habitando Episodio 13: Proxecto Terra e Ludantia con Xosé Manuel Rosales Enderezos electrónicos Proxecto Terra: proxectoterra@coag.es e proxectoterra.actividades@coag.es Web Proxecto Terra: http://proxectoterra.coag.es Audiovisual incluído na exposición Créditos A sintonía de Habitando  distribúese no momento da súa publicación baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 3 years
0
0
7
50:27

6
50:27
Ep.35: 25 Aniversario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ep.35: 25 Aniversario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Episode in Habitando
Estamos de aniversario. A iniciativa dun grupo de estudantes de arquitectura, o 3 de novembro de 1995 quedou legalmente constituida Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Arquitectos Sen Fronteiras daquela, que o cambio de nome chegaría máis adiante. Literalmente manifestaban: Esta asociación gallega surge desde la Escuela de Arquitectura de A Coruña entre estudiantes y jóvenes arquitectos, por la inquietud de dar respuesta a las necesidades de carácter técnico que aparecen en las zonas marginales y de escasos recursos, dando salida de forma diferente a los conocimientos adquiridos en la carrera. Unha conversa con protagonistas de antes e agora recordando a traxectoria que nos trouxo ata aquí. Ligazóns de interese: 1995 Arquitectos Sin Fronteras. Principios. Preceptos Memorias de Actividades ASF Galicia dende 1995 ata agora Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 4 years
0
0
9
01:16:30

Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
Episode in Habitando
Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
Politic and economy 4 years
0
0
9
01:02:03
Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
Ep.34: Entre paradigmas, espazos e tempos para a vida e a educación
Episode in Habitando
Os pasados 14, 22 e 29 de novembro celebramos a VI edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. O seu lema axeitado a este 2020: espazos e tempos para a vida e a educación entre paradigmas. Experiencias sobre educación, os espazos e tempos para ela, os coidados, o hábitat digno e a vida digna… Sempre…, Na nosa canle de Youtube e na nosa web atoparedes en vídeo de todas as intervencións. E a continuación, neste episodio, unha escolma dalgúns dos momentos de cada unha delas. Moitas grazas ás relatoras e relatores nesta edición do seminario: Sara Carro Ibarra, Carlos Skliar, Judit Santos, Paulo Nogueira  e a nosa compañeira Marta Casal. Foi un privilegio contar convosco. Ligazóns de interese: Vídeo 2ª Sesión Carlos Skliar: Investigador Principal do CONICET de Arxentina, e da área Educación de FLACSO https://www.flacso.org.ar/docentes/skliar-carlos/ Vídeo 1ª Sesión Sara Carro Ibarra: Cofundadora da cooperativa Fil a l’agulla. https://filalagulla.org/ Vídeo 3ª Sesión Judit Santos. Psicóloga integrante da Cooperativa Miudiño. https://miudinho.gal/ Paulo Nogueira. Director do colexio Ceip Covas de Meaño, Pontevedra http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmeanhoascovas/ Marta Casal. Técnica de Educación de Arquitectura Sen Fronteiras-Galicia http://www.galicia.asfes.org/ Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Foliada de Tenorio, Sangre de Muérdago, álbum Xuntas Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 4 years
0
0
6
01:02:03
Ep.33: A traxectoria educativa de ASF en España
Ep.33: A traxectoria educativa de ASF en España
Episode in Habitando
Ep.33: A traxectoria educativa de ASF en España
Politic and economy 4 years
0
0
5
01:29:02
Ep.33: A traxectoria educativa de ASF en España
Ep.33: A traxectoria educativa de ASF en España
Episode in Habitando
A labor de Arquitectura Sen Fronteiras céntrase sobre todo en tres niñas de traballo: cooperación local, cooperación internacional e de xeito transversal a educación como ferramenta de sensibilización cara a formación dun espíritu crítico da sociedade. Todo baixo o paraugas do Dereito ao Hábitat. Neste episodio contamos con representantes de ASF Catalunya, Euskadi, Levante e Madrid para falar da traxectoria dos grupos de educación en cada demarcación territorial: como naceron os distintos grupos, o traballo que desenvolven este momento, os problemas que atopan e as expectativas para o futuro. Ligazóns de interese: Proxectos de Educación de Arquitectura Sen Fronteiras en España Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II The Black Box, Uniform Motion, álbum Instrumental Life Subscrición Feed | Spotify | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 4 years
0
0
6
01:29:02
Ep.32: Playgrounds en Compostela
Ep.32: Playgrounds en Compostela
Episode in Habitando
Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación. Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas: Arte, espazo público e participación Transformación de espazos Xoguetes e dispositivos lúdicos Arquitectura na educación Arquitectura sen Fronteiras participou na sua organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico),  e participantes (Lidia, mestra na Escola pública. Ligazóns de interese: V Encontro Playgrounds Clara Megías Leticia Flores Equipo Mico Con más fuerza que nunca. ¡Basta ya!, comunicado da Coordinadora ONGD-España La guerra contra las mujeres de Rita Laura Segato, Editorial Traficantes de Sueños Protocolo contra as violências machistas nos movimentos sociais Podcast ESF Radio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II The Natural, The Black Penguins, álbum Take 5 Canción protesta contra as violencias machistas frente ao Pazo de Xustiza de Santiago de Chile, compartido por Manuela Tironi en Twitter SubscriciónFeed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 5 years
0
0
6
01:07:26
Ep.32: Playgrounds en Compostela
Ep.32: Playgrounds en Compostela
Episode in Habitando
Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación. Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas: Arte, espazo público e participación Transformación de espazos Xoguetes e dispositivos lúdicos Arquitectura na educación Arquitectura sen Fronteiras participou na sua organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico),  e participantes (Lidia, mestra na Escola pública. Ligazóns de interese: V Encontro Playgrounds Clara Megías Leticia Flores Equipo Mico Con más fuerza que nunca. ¡Basta ya!, comunicado da Coordinadora ONGD-España La guerra contra las mujeres de Rita Laura Segato, Editorial Traficantes de Sueños Protocolo contra as violências machistas nos movimentos sociais Podcast ESF Radio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II The Natural, The Black Penguins, álbum Take 5 Canción protesta contra as violencias machistas frente ao Pazo de Xustiza de Santiago de Chile, compartido por Manuela Tironi en Twitter Subscrición Feed | iTunes | iVoox | Spotify Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 5 years
0
0
9
01:07:13
Ep.31: PFG/PFM Sobre Habitabilidade Básica na ETSAC
Ep.31: PFG/PFM Sobre Habitabilidade Básica na ETSAC
Episode in Habitando
Durante o pasado curso 2018-2019 un grupo do estudantado da Escola de Arquitectura da Coruña estivo a traballar para o seu Proxecto fin de Grao ou de Máster nun Proxecto de Habitabilidade Básica. Trátabase da segunda ocasión en que un proxecto desde tipo ofertabase na ETSAC. E por segunda vez froito do traballo de investigación realizado por outros estudantes durante a súa estadía de Proxecto de Coñecemento da Realidade en Guatemala xunto a Arquitectura Sen Fronteiras. Para falar da experiencia contamos con Amparo Casares, unha das profesoras do obradoiro para este tema. E con cuatro estudantes que o fixeron: Ana Blanco, Irene Miguez e Antía García por una banda, e tamén con Sandra Pérez que se atopa nestes momentos precisamente en Guatemala, visitando a comunidade para a que proyectaron unha escola. Ligazóns de interese: Nos sumamos a más de 300 organizaciones en la Huelga Mundial por el Clima A ETSAC oferta un tema PFG para o curso 2018-19 proposto por Arquitectura Sen Fronteiras Blog Proxecto de coñecemento da realidade 2019 coa experiencia de Sandra en Guatemala Día Mundial del Hábitat, 7 de octubre: Tecnologías punteras como herramientas innovadoras para transformar los residuos en riqueza y prosperidad Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Sin Cos Tan, Silva de Alegría, álbum Silva de Alegría Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Politic and economy 5 years
0
0
7
01:01:37
You may also like View more
Debate Directo
Debate Directo Debate Directo es un programa sobre política y mundo judicial en el que intentamos dar puntos de vista alternativos a los medios de comunicación tradicionales. Updated
Economía directa
Economía directa Economía Directa busca concienciar, informar y difundir a toda la sociedad las verdaderas causas y responsables de la crisis económica, política y social que padecemos desde el periodismo alternativo. Updated

Go to Politic and economy