¡Disfruta de 1 año de Premium al 25% de dto! ¡Lo quiero!
Historias de O Rosal
Podcast

Historias de O Rosal

21
60

Podcast sobre la historia de la villa de O Rosal en Pontevedra (Galicia).

Podcast sobre la historia de la villa de O Rosal en Pontevedra (Galicia).

21
60

1x21 - A ermida de Santa Trega de Pías (O Rosal)

Falaremos nesta ocasión do curioso descubrimento dunha ermida na honra de Santa Trega en O Rosal, un achádego que foi posible grazas ao estudo da abundante documentación do mosteiro de Santa María de Oia. O noso especial recoñecemento para o amigo Agustín Alonso, noso ilustrado colaborador en temas históricos.
History and humanities 5 years
0
0
48
04:37

1x20 - O ROSALEIRO, xornal cultural e deportivo de O Rosal

Nace "O ROSALEIRO", xornal de temática histórica, cultural e deportiva, que se presentou na Librería Ideas de O Rosal o pasado venres 12 de xuño de 2020. Neste primeiro número, de edición limitada, poderás ler diferentes artigos de investigación, así como unha crónica de Sergio Diego "Frony" sobre o ascenso do Atlético Novás a División de Honor Prata do balonmán nacional. O Baixo Miño, con "Veciñ@s da Comarca", tamén terá presencia neste xornal de periodicidade bimensual.
History and humanities 5 years
0
0
34
07:13

1x19 - A Ruta dos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

Pequeno podcast sobre a ruta dos Muíños do Folón e do Picón en O Rosal (Pontevedra). Trátase do 19º episodio do programa "Historias de O Rosal". Estes 67 enxeños hidráulicos galegos son un conxunto histórico-etnográfico único no mundo. A súa técnica de construción, recoñecida pola UNESCO.
History and humanities 5 years
0
0
49
06:44

1x18 - Os petróglifos (gravados rupestres) de O Rosal

Hoxe falaremos dalgúns dos petróglifos ou gravados rupestres de O Rosal, en concreto, da Época do Bronce... e basarémonos para isto, íntegra e literalmente, nun artigo de investigación escrito por Xoán Martínez Tamuxe que sairá proximamente á luz. A derradeira ferramenta de pedra que o home primitivo utilizou foi a “machada pulimentada” e fíxoo na época prehistórica coñecida co nome de Neolítico.
History and humanities 5 years
1
0
50
09:30

Baixo Miño. Especial Letras Galegas 2020

Hoxe, en "Historias de O Rosal" imos a falar das Letras Galegas, pero iso si, desta quenda a nivel comarcal, é dicir, o Baixo Miño, pois no ano 1982 constituíuse a Agrupación Cultural Guardesa. Dende hai case 40 anos, esta institución vén homenaxeando, paralelamente aos actos oficiais do Día das Letras Galegas, a un persoeiro da nosa cultura do Baixo Miño (ou o que é o mesmo, de Tui, Tomiño, O Rosal, Oia e A Guarda). Graciñas dende aquí a Victoriano Rodríguez González pola súa inestimable colaboración para a realización deste podcast cultural.
Art and literature 5 years
0
0
30
14:59

1x16 - A historia da Ponte do Tamuxe (O Rosal)

Hoxe abordaremos a vosa seguinte proposta, A Ponte do Tamuxe, que foi a segunda opción máis votada -tras os Sepulcros de Marzán- na última enquisa que realizamos en redes sociais. Para este podcast basarémonos nun artigo histórico que publicamos en outono de 2019 no número 3 da revista trimestral galega COUSAS DE, que dirixe o amigo Jesús García Bastida e que titulamos: “O Tamuxe, símbolo heráldico do Rosal, testemuña de minas de ouro dos romanos, de lendas e guerras con Portugal”. Ademais, falaremos en primicia co escultor e mestre canteiro da vila, Julio Martínez Martínez, que nos aportará a súa inestimable visión sobre este monumento histórico do Rosal.
History and humanities 5 years
1
0
72
12:12

1x15 - En Directo. "Os sepulcros de Marzán"

Primeiro programa EN DIRECTO que realizamos en RadiORosal e que ten aos "Sepulcros de Marzán" como protagonistas. Realizouse por petición expresa dos nosos oíntes. Analizamos os dous sepulcros antropomorfos (de home e de muller) que existen no lugar de San Vicente (Marzán-ORosal).
History and humanities 5 years
0
0
60
13:49

1x14 - Capela da Nosa Señora da Morte (San Miguel de Tabagón)

Hoxe imos a falar da desaparecida capela da Natividade, coñecida tamén como de Nosa Señora de Mortedo (tamén da Morte) ou mesmo da Nosa Señora do Orto, que segundo a nosa investigación estivo ubicada na parroquia de San Miguel de Tabagón. Xa no século XV se coñecía a súa devoción e ermida.
History and humanities 5 years
0
0
37
06:57

1x13 - A capela de San Pedro en Tabagón (O Rosal)

Hoxe entrevistaremos no 13º episodio de Historias de O Rosal ao escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, que vén de publicar un estudo de investigación sobre unha desaparecida capela que segundo as súas pesquisas existiu na parroquia de San Xoán de Tabagón.
History and humanities 5 years
0
0
50
05:55

1x12 - Entrevista ao míster Diego Álvarez

Hoxe imos a falar un pouco de deporte e en concreto, de fútbol. Para iso é un pracer ter con nós en RadioRosal ao míster de Pancenteo, Diego Álvarez Fernández, que os últimos anos estivo desempeñando o cargo de Director Deportivo da Juventus de Turín en Madrid ademais de ser adestrador de fútbol profesional da Juventus Academy. Preguntarémoslle a que se adica na actualidade e comprobaremos como está pasando -cónstanos moi ao seu pesar- estes difíciles tempos de confinamento en Madrid.
Football 5 years
0
0
37
14:59

1x11 - A capela de San José de Ventosela

Tras estudar a capela de San Sebastián e Santa Ana así como a da Magdalena en Eiras, é a quenda de coñecer a ermida de San José de Ventosela, situada no barrio da Videira, na xuradía de Novás. O licenciado D. José de Ucha Ribero instituiu e fundou esta capelanía o 29 de xuño de 1694, data que figura gravada no mesmo frontal da ermida.
History and humanities 5 years
0
0
50
07:13

1x10 - José Martínez de Sousa, escritor

Hoxe profundizaremos na vida e obra de José Martínez de Sousa, recoñecido lexicógrafo e técnico editorial, natural de San Miguel de Tabagón, onde naceu o 25 de outubro de 1933. O escritor rosaleiro ten dado infinidade de conferencias e cursos sobre cuestións de linguaxe, tradución, ortografía e ortotipografía españolas.
History and humanities 5 years
0
0
57
10:17

1x09 - A Praza de Abastos de O Rosal

Hoxe, en Historias de O Rosal, imos a falar da Praza de Abastos da nosa vila, tras a publicación dun artigo histórico sobre a construción da antiga de 1907 e a, actual, que data de mediados do século XX. Tes máis información e podes ler o artigo completo en www.noticiasorosal.es
History and humanities 5 years
0
0
59
04:49

1x08 - A capela da Magdalena en Eiras

Despois de facer un repaso da historia da capela de San Sebastián e Santa Ana, tócalle desta vez a quenda á ermida de Santa María Magdalena, na parroquia de Eiras. Segundo a nosa investigación a capela da Magdalena estaría coidada por ermitaños que vivirían en covas, abrigos naturais ou en humildes vivendas, sobre todo ata o século XII.
History and humanities 5 years
1
0
84
07:12

1x07 - As capelas do Rosal. San Sebastián e Santa Ana

Benvidos e benvidas ao 7º episodio de Historias de O Rosal. Hoxe, tras chegarnos unha nova petición dun dos nosos oíntes, falaremos das capelas da vila. E imos comezar pola de San Sebastián e Santa Ana (xuradía de Novás), na parroquia de Santa Mariña do Rosal.
History and humanities 5 years
0
0
65
07:05

1x06 - Igrexa de Santa Mariña do Rosal

Comezamos co 6º episodio de Historias de O Rosal, que desta vez, por petición da nosa oínte Ana, versará sobre a igrexa parroquial de Santa Mariña. O templo, en orixe de estilo románico, data do século XII e emprázase sobre un xacemento arqueolóxico, da época galaico-romana.
History and humanities 5 years
0
0
90
10:24

1x05 - Florindo Álvarez Martínez "Floro"

Programa dedicado ao pintor e debuxante rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, máis coñecido por "Floro de Pancenteo". O pasado mes de febreiro, en concreto o día 26, cumpríronse 8 anos do seu falecemento. En 1966 desprazouse ata Madrid, onde se matricula na Escuela de Artes Aplicadas, obtendo o número 1 da súa promoción (1968-69) en composición e debuxo.
Art and literature 5 years
0
0
88
11:46

1x04 - Julio Sesto, o escritor 'TOP' de O Rosal

Nesta ocasión imos a coñecer un pouquiño sobre a figura de Julio Sesto, o máis ilustre escritor rosaleiro da historia, autor de algunhas obras que incluso foron levadas, á gran pantalla, ao cine. Quizais sóache o seu nome porque ten unha rúa ou mellor dito, unha avenida, en pleno centro do Calvario.
Art and literature 5 years
0
0
78
09:03

1x03 - O Río Miño

Episodio nº 3 da nosa canle, que hoxe ten ao río Miño como protagonista. Por petición expresa de Lola, unha das nosas oíntes, enfocamos este podcast para todos os públicos, pero en especial dedicado aos máis pequenos, para animalos nestes tempos de confinamento.
Travel and places 5 years
1
0
86
07:18

1x02 - A orixe do topónimo 'O Rosal'

¿De onde ven o topónimo O Rosal? ¿Cal é a súa orixe etimolóxica? ¿Deriva o seu nome da rosa? Hoxe imos a descubrir por fin unha das cuestións máis demandadas polos nosos veciños. Falaremos co experto na materia, o historiador e investigador da vila, Xoán Martínez Tamuxe.
History and humanities 5 years
0
0
139
04:55
More of Juan R. Tamuxe View more
RADIOROSAL Noticias Noticias de actualidade da vila de O Rosal e da comarca do Baixo Miño (A Guarda, Oia, Tomiño e Tui). Updated
A Trisca Benvidos á Trisca, o novo programa musical de RadioRosal. E vos preguntaredes… por que A Trisca. Pois A Trisca é un término cabaqueiro, esa fala, ese verbo, esa xerga dos telleiros do Rosal e da Guarda que temos aquí no Baixo Miño. Significa atención, escoita, espera. “Pariña a trisca” (estate atento)… Updated
Letras da Comarca RadioRosal ofrecerá para facer, se cabe, máis levadeiro este confinamento, un pequeno programa -“Letras da Comarca”- onde se coñecerá un artigo ou libro sobre o Baixo Miño e se lerá un fragmento do mesmo. Updated
You may also like View more
Documentos RNE Documentales sonoros para entender el mundo que habitamos. Un viaje inmersivo por la historia y el presente con la voz de sus protagonistas. Updated
NachoAres.com SER Historia Aprenderás historia disfrutando. Porque el relato histórico no tiene por qué ser denso ni aburrido. Curiosidades, misterios y enigmas de la historia tratados con agilidad, dinamismo y pasión. En directo en Cadena Ser los domingos a la 01:30 y a cualquier hora si te suscribes. Updated
La Biblioteca Perdida Programa radiofónico de divulgación histórica hecho por y para amantes de esta epopeya y gran aventura que llamamos humanidad. 13 años en antena con los bibliotecarios Bikendi Goiko-uria, Mikel Carramiñana y Pello Larrinaga ante los micrófonos, acompañados por grandes de la divulgación histórica como Sergio Alejo, Noemi Maza, Isabel García Trócoli, Mariajo Noain, Aritza Alzibar, Ángel Portillo, Albert Alegre o Adolfo Suárez, entre otros ¡Comienza la aventura! Updated
Go to History and humanities