¡Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto! ¡LO QUIERO!

Podcast
In The Corner
By Radiofusión
125
293
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro
In The Corner 4 de setembro de 2026
Episode in
In The Corner
Comezamos a nova temporada abordando o asunto da conxelación dos óvulos logo da posibilidade de facelo que dá ás internacionais españolas a RFEF. Incluímos na reflexión as de dúas deportistas de referencia como son Ana Peleteiro e a retirada Ona Carbonell.
A Liga de Primeira xa comezou e valoramos, con Marta Cascón no estudio, o plantel do cadro branco e azul. Ademais, coa propia Marta completamos a valoración do grupo I de Segunda Federación, no que se estrea co seu equipo, Victoria da Coruña.
Por último, traémosvos o curioso caso do Trofeo Ellas Cuentan, deseñado desde Madrid para xogar en Galiza. Un dos creadores, Miguel Carracedo, técnico do Arroyofresno da capital de España, explica o que hai detrás deste evento que quere transcender o deportivo.
Foto: Lara (R.C. Celta). © Arquivo persoal de Lara Martinez / R.C. Celta.
01:18:44
InThe Corner 5 de xuño de 2026
Episode in
In The Corner
Último episodio da temporada cheo de protagonistas. O centro do fútbol galego estatal é Pauleta, que foi convocada con Portugal aos partidos que as Navegadoras xogan contra Letonia e Finlandia. No programa explicamos como rexerán os ascensos e descensos na próxima temporada e a data do sorteo dos calendarios.
O foco da atención estivo na análise da eliminatoria polo ascenso a Terceira Federación entre At. San Pedro e Rosalía. Para elo entrevistamos a Sampi, do cadro das Burgas, e a Alba Martínez, do coruñés. Tamén estamos ante unha fin de semana con finais de Copas. En Vigo xogan Valladares e Lóstrego B, polo que falamos con Álvaro Gómez, técnico das segundas. Na de Ferrolterra estarán O Val B e Discalzas, Sobre ela falamos con Zeltia Pardo, un dos referentes do Discalzas e do fútbol feminino cedeirés. No estudio contamos coa colaboradora e xogadora do Victoria C.F., Marta Cascón, que foi reforzando as valoracións sobre cada un dos partidos tratados.
Até setembro!
Foto: Sampi © Canedo Visións / Esc. F. Fem. Rosalía
01:18:56
In The Corner 29 de maio de 2026
Episode in
In The Corner
O fútbol autonómico alcanza o máximo grado de emoción coa derradeira xornada da Primeira División e un Antas-Sp. Burgo, que trasladaron a hoxe un todo ou nada que debería dirimirse o pasado domingo. As locais loitan por estar na eliminatoria de ascenso e as visitantes pola permanencia. Para o domingo, con horario unificado, o foco estará no Rosalía-Antas e no Lóstrego B-At. San Pedro. No primeiro, un empate clasificaría a ambos se o At. San Pedro perde. Se as atléticas gañan, estarán clasificadas e terán como rival a quen gañe no outro choque ou, se houbera empate, ás ourensás.
Para falar disto entrevistamos a Marta Álvarez, xogadora do Antas, a Álvaro Gómez, técnico do Lóstrego B e a Joana Montouto, xogadora do At. San Pedro.
O comezo do episodio ten como protagonista a Fran Alonso e a súa emotiva rolda de prensa tras o partido contra o Espanyol, antes da súa despedida do Deportivo no partido deste domingo en Tenerife.
Foto: S.D. Antas © Arquivo de Marta Álvarez
01:06:09
In The Corner 15 de maio de 2026
Episode in
In The Corner
O ascenso a Segunda Federación do Victoria da Coruña converteu o episodio en case un monográfico. O vello emblema da Escalinata de Santa Lucía, equipo de moda no fútbol feminino galego 2025/26, foi a voz principal coas impresións das xogadoras Lau, Merino, Cande, Peque, Marta Cascón, Río, Nuria Sánchez e o técnico, Javi Angeriz. Tamén entrevistamos en directo a Juan Vázquez, o presidente. O feche, na sección de fútbol autonómico, púxoo Isa Vázquez, a técnica do equipo B, que pode ascender este domingo se empata, ou gaña, ao Antas no partido da xornada de Primeira División Galega,
No programa tamén tivemos a comparecencia de Paula, escollida como mellor xogadora do Deportivo do mes de abril.
Foto: Victoria C.F. celebra o ascenso © In The Corner
01:22:38
In The Corner 8 de maio de 2026
Episode in
In The Corner
Comezamos o episodio semanal coas declaracións de Fran Alonso sobre o Athletic-Deportivo e a visión que o técnico branco e azul ten do equipo para o tranquilo remate da liga.
Alén diso, o programa centrouse no Victoria A Coruña-R. Zaragoza no que se decide o ascenso de galegas ou aragonesas á Segunda Federación. No estudio estivo Marta Cascón, dianteira victorista, e por teléfono Javi Angeriz, o técnico, dándonos as impresións da eliminatoria e dun dos partidos máis importantes na historia das coruñesas.
Tamén, só que desde outra perspectiva, falou Marcos Casal, técnico do Val, que salvaría ao equipo co ascenso das branco e negras.
Mudamos de asunto na parte final, onde Fran Doval deunos as súas impresións sobre o descenso do At. Villalonga, antes de fechar co anuncio do gran torneo xuvenil que se organiza en Portonovo, Sanxenxo e Noalla para o remate do mes.
Foto: Javi Angeriz (Victoria C.F.) © In The Corner
01:17:38
In The Corner 24 de abril de 2026
Episode in
In The Corner
Os resultados da última xornada fan que o foco informativo fique centrado na Terceira Federación, con tres equipos pelexando pola segunda posición, dado que o Celta B xa non vai poder subir. O episodio céntrase no Victoria da Coruña, coa entrevista a Javi Angeriz, e no Lóstrego, representado por Álex. Tanto o técnico coo a xogadora céntranse na importancia de ter chegado a este momento con opcións de ascenso e que os seu partidos van estar marcados polo control emocional das xogadoras.
Tamén entrevistamos a Abraham Yáñez, o responsable do fútbol feminino da RFGF, para falar do que pasou no Congreso de Zaragoza e de como pode ficar estruturado o modelo competicional estatal a partir da temporada 2027/28.
Foto: Álex (Lóstrego) © Arquivo persoal de Álex Pichel.
01:08:18
In The Corner 17 de abril de 2026
Episode in
In The Corner
O noticia da semana deuna o Deportivo anunciando a marcha de Fran Alonso. No programa emitimos a comparecencia emocionada do técnico, acompañado de Kevin Cabado, director deportivo, analizando o seu paso polo club e a pegada que o Deportivo deixou nel.
O programa foi de directores deportivos porque para falar dos Celtas, do primeiro equipo e do B, contamos con Humberto Lede para explicar chaves que revelan o bo traballo que se está a facer no club celeste, As de Vigo recuperaron posibilidades de xogar a fase de ascenso, co que habilitarían tamén a presenza do segundo equipo, que desde hai xornadas proclamouse campión do grupo galego de Terceira Federación.
A segunda entrevista do episodio foi con Alba Torres, a capitá do Victoria de Santiago, o equipo co calendario máis complicado nas dúas xornadas de liga que restan, que paradoxalmente lle abre máis posibilidades para ser segundo, que se tivera que loitar contra equipos que estiveran por abaixo delas na táboa. As encarnadas, na mellor temporada da súa historia, enfróntanse ao Peluquería Mixta en Santa Isabel.
Foto: Alba (Victoria) pelexando un balón con Pili (Lóstrego) © In The Corner
01:15:28
In The Corner 10 de abril de 2026
Episode in
In The Corner
Malia derrota en Alcalá, o Deportivo asegurou a permanencia en Primeira División a falta de cinco xornadas para o remate da liga. Do éxito do equipo e do que falta de campaña fala Fran Alonso, técnico do cadro herculino.
O Celta afástase de ascenso e o Deportivo B afronta como favorito o derbi contra o At. Villalonga. As branco e azuis non poden deixar pasar a oportunidade de vencer no Arsenio Iglesias para achegarse á permanencia.
Os problemas de ascenso do Celta abren ás emocións na Terceira Federación, con catro equipos loitando pola segunda praza. Chicho Val (Lóstrego) axúdanos a analizar as tres últimas xornadas da competición.
Algo máis de xornadas quedan na Primeira División Galega, polo que desde este episodio daremos un espazo á categoría. Un dos equipos que loitan po ascender é o estreante Rosalía, que non quere ser o soño dunha noite de verán, como antes foron Barbadás e U.D, Ourense na provincia interior.
Foto: Aldara González. © E.F.F. Rosalía/Canedo Visions
01:09:53
InThe Corner 27 de marzo de 2026
Episode in
In The Corner
O Deportivo perdeu en Granada por unha mala decisión de Inês Pereira. Falamos dese partido, dos problemas do cadro herculino na portería e o contraste con outras épocas nas que houbo metas como Malena, Misa ou Ester Sullastres, e rematamos o apartado da Primeira División coas palabras de Iñaki Goikoetxea, técnico do Eibar, na previa do partido entre galegas e vascas.
Na Segunda Federación salientan outros vasco-galegos que poderían mellorar as posibilidades de Celta cara ao remate de Liga. As vigueses van a Guecho para enfrontarse ao Bizkerre e o At. Villalonga, xa descendido, recibe ao R. Sociedad B, que vai segundo.
A Terceira Federación volve sufrir xornada de folga, pero quixemos centrarnos nos dous últimos equipos da táboa. Do Sárdoma, da súa etapa de aprendizaxe para un grupo de xogadoras moi prometedoras, falounos o seu técnico, Pedro García, un pedagogo do fútbol. Tamén tivemos dobre ración co Domaio, porque coñecemos a Luis Gil, o técnico desde hai un mes, e falamos coa capitá, Leticia Núñez
Foto: Pedro García. © In The Corner
01:22:15
In The Corner 20 de marzo de 2026
Episode in
In The Corner
Semana tranquila no Deportivo logo da boa imaxe dada ante o Barcelona. O conxunto de Fran Alonso xogará o luns contra o Granada da ex deportivista Irene Ferreras. Marisa falou do partido na comparecencia semanal dunha xogadora herculina.
O epicentro do programa foi o derbi entre Deportivo B e Celta de Segunda Federación. Vicky Vázquez falou do encontro, das dinámicas e do que resta cara á conclusión do campionato para loitar polo ascenso.
Por parte deportivista tivemos á central Paula Novo. A barbanzá, toda unha xogadora de Primeira, é un dos grandes aportes para que o B manteña a categoría. Con ela debullamos cousas do vestiario, tamén da súa participación co equipo de máxima categoría e da evolución positiva do B neste treito de torneo.
Fechamos o programa con Bárbara Grandal. A dirixente do Val é unha das persoas mellor preparadas no mundo administrativo do fútbol feminino e nos anticipou o futuro das competicións logo do Congreso de Zaragoza. Ademais, tamén das opcións de salvación das de Sinde, que pasan polos éxitos de terceiros para non seren arrastradas ao descenso polo At. Villalonga.
Foto: Paula Novo. © R.C. Deportivo
01:07:37
In The Corner 13 de marzo de 2026
Episode in
In The Corner
Ó fútbol de Primeira volve a Riazor cun Deportivo-Barcelona, un partido para gozar ollando ás galegas, que teñen a permanencia case garantida, diante dun dos mellores equipos do mundo con Alexia, Bonmatí, Pajor ou Pina. Tivemos as voces de Fran Alonso e Espe Pizarro para valorar o partido. A uruguaia, ademais, tras recibir o premio de mellor xogadora deportivista de febreiro.
Ante a nova xornada de folga na Terceira, tivemos a ocasión de pararnos cos dous equipos que fechan a táboa no grupo I da Segunda Federación, Por un lado, de viaxe a Burgos, contamos con Fran Doval, técnico do At. Villalonga, que nos falou dos retos do equipo na fase final do torneo,
Despois fixémolo coa nosa emigrada Goretti Neira. A central, nunha campaña espectacular no persoal, lidera ao seu equipo como goleadora logo de anotar cinco dianas: “Nunca metera tantos goles, logo de pasar dous anos sen marcar”.
No estudio estivo René Díaz, o adestrador galego que logo de pasar por equipos coma o Pastoriza, Bergantiños e Sp. Cambre, abre unha nota etapa viaxando a Estados Unidos logo dunha oferta que lle fixo o D. Cali para traballar nas súas escolas en Miami.
No programa tamén tocamos a posibilidade da creación dun novo grupo de Segunda Federación para a próxima campaña, o que modificaría o criterio de descensos e/ou de ascensos á categoría desde a Terceira.
Foto: Goretti. © R. Avilés Ind. C.F..
01:20:44
In The Corner 6-3-26
Episode in
In The Corner
In The Corner 6 de marzo, 2026
Volven as competicións na Segunda e Terceira Federación cun partido estrela na última delas. No Leyma, na Coruña, Victoria e Celta B debaten parte do título nun partido no que as viguesas poden afianzar o primeiro lugar e as herculinas perder todas as opcións de conquistalo. Como convidados estiveron David Ferreiro, técnico das celestes, e Marta Cascón, xogadora, e case colaboradora do programa, en representación das albo e negras. Con ambos fixemos a previa do partido dunha xornada que comeza este venres co Peluquería Mixta-Orzán, na Reigosa. O Deportivo tivo un tratamento especial falando da actualidade das súas xogadoras internacionais, espalladas entre a España’sub 20 até Uruguai, pasando por Portugal, Mergullados nese vínculo co país veciño, entrevistamos a MJ Pérez. A cantante e compositora presenta o seu cuarto traballo, “Je tiens bon”, no que se inclúe a súa segunda peza con referencia ao club da Coruña, “Samba para Millene”.
Foto: MJ Pérez. © MJ Pérez.
01:21:09
In The Corner 27 de febreiro de 2026
Episode in
In The Corner
A folga na competición estatal deu pé para presentar un episodio diferente. Falamos con Marta Álvarez, do Antas, analizando o papel do equipo na Primeira Galega e as súas opcións de ascenso, “nunha liga na que hai dúas xornadas estabamos a sete puntos do líder e agora estamos segundas empatadas co Rosalía”.
Aproveitamos para coñecer a vida de dúas das nosas emigradas, Carolina González, na actualidade no ATM Melilla xunto con Sara Tui, co que están facendo unha campaña espectacular, “estando terceira para un equipo que nunca estivera nesta competición”, e que non perde a referencia viguesa como dá para entender que o trofeo de mellor xogadora do mundo de fútbol praia “está na casa dos meus pais”.
Por último, hai un mes estreouse no Zaragoza a coruñesa Laura Cetina. Titular desde a súa cegada nun histórico do fútbol feminino español, retorna logo de catro anos e medio nas ligas universitarias gañando premios. Alén que o obxectivo coas aragonesas é o ascenso, “xogar en Primeira co Deportivo, o equipo da miña cidade, claro que é un soño”.
Foto: Laura Cetina. © Zaragoza C.F. Fem
01:08:53
In The Corner 20 de febreiro de 2026
Episode in
In The Corner
Aproveitando a primeira convocatoria da galega Pauleta con Portugal, o episodio dá un repaso polas predecesoras da redondelá que chegaron á internacionalidade absoluta. Antes da xanela de seleccións terá lugar a xornada 21 da Primeira División e María Gabaldón, xogadora do Levante U.D., apunta a importancia do partido que o seu equipo disputa fronte ao Deportivo. Tamén falou disto a uruguaia Pizarro.
Logo do repaso da Segunda Federación entrevistamos a Bego Aldao logo da reclamación xudicial interposta polo equipo contra o Concello de Vigo. A presidenta do Sárdoma fai unha exposición dos feitos e os argumentos do club que sustentan a demanda, partindo dunha presunta discriminación ao equipo feminino desde a institución pública.
No esudio estivo Marcos Casal, técnico do Val, para falar dun dos partidos da xornada na Terceira, O Val-Tomiño, no que naronesas e miñotas loitan pola permanencia.
01:11:56
In The Corner 13 de febreiro de 2026
Episode in
In The Corner
O Deportivo asinou en Fuenlabrada a maior goleada da súa historia na máxima categoría e recibe ao Sevilla. Será un partido entre dous equipos no seu mellor momento de forma da temporada. David Losada, técnico do Sevilla, fala das súas expectativas para o partido e a deportivista Samara fai o propio.
Na Segunda Federación os tres equipos galegos veñen de sumar. O partido máis importante da fin de semana é o R. Sociedad B-Celta- As donostiarras, sen Matilde nin Isasisasmendi, son terceiras, e as olívicas, segundas. Muñi fai unha valoración do que pode dar de si o cadro galego no partido e no que resta de campaña.
No estudio estivo Raúl Martos para falar do seu competitivo Bergantiños, unha das revelacións da Terceira Federación galega xunto ao Lóstrego. Analizamos a categoría noutra semana de folga no grupo.
01:13:37
In The Corner 6 de febreiro de 2026
Episode in
In The Corner
Paula Gutiérrez foi escollida xogadora do mes do Deportivo. A futbolista, asentada outra vez na titularidade, compareceu ante os medios para valorar o premio, o pasado partido contra o R. Madrid e o próximo, en Fuenlabrada, contra o Madrid C.F. A centrocampista enfróntase a un ex equipo, pero pensando que “deron coa tecla do xogo”.
O Deportivo B está a vivir a peor xeira da súa historia, con dous partidos consecutivos perdidos por cinco goles. Nesta xornada recibe ao Racing, pero o partido que capta a atención do fútbol galego é o Celta-At. Villalonga. As de Sanxenxo continúan levando o farol vermello aínda que nas tres últimas xornadas os resultados non acompañaron os seus méritos. Entrevistamos a Fran Doval, técnico das de Sanxenxo.
Na Terceira Federación hai unha xornada con tres partidos igualados, que poden determinar moitas cousas cara ao remate da competición. Escollemos o Tomiño-Boiro e tivemos no programa á capitá das locais, Sara Álvarez, Sariña.
Foto: Sara Álvarez, Sariña. © Tomiño F.C.
01:06:59
In The Corner 30 de xaneiro de 2026
Episode in
In The Corner
O Deportivo logrou un resultado case definitivo en Logroño que o achega moito á permanencia. O club herculino, cun horizonte limpo, afronta agora o partido contra o R. Madrid sen apuros. Fran Alonso, que sempre deixa mensaxes interesantes, fala do que significou a goleada no Nuevo Las Gaunas e o próximo encontro contra as merengues en Riazor. No episodio tamén están as declaracións de Elena, a central da canteira que se sente moi cómoda no Deportivo. Xunto ao calendario galego en Segundo a Terceira Federación, entrevistamos a Sara Paz (Domaio), unha futbolista con inmensa bagaxe pola que fixemos un recorrido: “Eu prefiro a cinco Estévez que noito do que hai hoxe”, sentenciou valorando o traballo espectacular e pouco valorado de quen fora técnico de El Olivo, Pontevedra ou Erizana. Por último, entrevistamos a Tomás Mougán, técnico do Victoria de Santiago, un dos equipos máis “disfrutones” do fútbol galego feminino na presente temporada: “Temos un modelo, que as xogadoras aprenden desde pequenas, no que teñen que saber tomar decisións”.
Foto: Sara Paz na súa etapa en Matamá. © In The Corner
01:18:52
In The Corner 23 de xaneiro de 2026
Episode in
In The Corner
No presente episodio analizamos unha parte da realidade deportiva do Deportivo, con esas carencias que se deixan ver na estrutura e as dificultades que teñen o primeiro equipo, sobre todo se perde o domingo en Logroño, o Deportivo B, que acaba de sufrir un troco na dirección técnica e está mergullado nunha crise, e o Orzán.
Aproveitando a folga competitiva, falamos con Álex (Lóstrego) da Terceira Federación, dos seus máis de mil minutos en Primeira con El Olivo, do seu vínculo futbolístico a Gabi Couñago desde o Valladares ao Lóstrego e tamén do partidazo que xogaron na pasada xornada contra o Victoria de Santiago. Son a revelación da temporada e xunto ao Celta B e o Victoria da Coruña, aspirantes a xogar a fase de ascenso como corolario da temporada.
No estudio, para falar de todo, estivo Marta Cascón, case unha colaboradora do programa, que vive a súa mellor campaña goleadora no fútbol estatal logo de abrir a lata no partido contra o Boiro facendo o seu sexto gol ligueiro.
Foto: Álex. © Arquivo Álex Pichel
01:13:43
In The Corner 16 de xaneiro de 2026
Episode in
In The Corner
Fran Alonso, técnico do Deportivo, fala neste episodio da lesión de Millene e do que ten que ser a reacción do equipo galego no comezo da segunda volta. Sen triunfos como visitante, podería ser na viaxe a Palamós onde se enfronta a un equipo empatador como o Levante Las Planas.
Entrevistamos a Mery Figueroa, a centrocampista do Celta, que nos fala das celestes, da derrota en Lezama e do León, o seguinte rival na Madroa.
Por último, entrevistamos a Laura Alejo, a futbolista do Vilagarcía que está a vivir dous anos excelentes de fútbol e felicidade no Boiro: “O equipo só adaptou os seus sinais de identidade á nova categoría”.
Foto: Laura Alejo. © Arquivo Laura Alejo
01:04:51
In The Corner 9 de xaneiro de 2026
Episode in
In The Corner
Ainhoa Marín (Deportivo) fala dos obxectivos do equipo para 2026 logo de recibir u premio de mellor xogadora deportivista de decembro. O At. Villalonga acaba de facer unha modificación no seu banco. Romina Dadín dá un paso ao lado e Fran Doval tomas as rendas do equipo. Ambos contan as impresións sobre as atléticas coa esperanza de que a recuperación comece ante o Racing de Santander. Para fechar, no episodio entrevistamos a Joel Rodríguez, técnico do Orzán, que fai unha análise da temporada e fai unha valoración de varias xogadoras.
Por último valoramos o papel das galegas sub’14 e sub’16 a pasada fin de semana nos CESA.
Foto: Romina Dadín. © In The Corner
01:05:22
More of Radiofusión View more
RUMBOIA RadioFusión
Presentacion de grupos folk, feito pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s para Radiofusión Updated
You may also like View more
Tiempo de Juego
Tiempo de Juego es el sonido del deporte en la radio: Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño. Sábados y domingos desde el mediodía hasta la 1H de la madrugada. En directo, con el fútbol, el baloncesto, la Fórmula 1 y el tenis. Acompañados de Rubén Martín, Gonzalo Miró, Morientes o Santi Cañizares. Updated
Play Fútbol
Bruno Alemany se rodea de un grupo de amigos especializados en fútbol internacional. Más de diez años de un podcast pionero que te resume las noticias y los partidos que nos ha dejado el fin de semana. Un análisis del fútbol más global, no centrado solo en los jugadores, sino también en los entrenadores, los movimientos y las estrategias. Suscríbete y sé el primero en escucharlo cada lunes a partir de las 11:00. Updated
El Barrilete Cósmico
Somos el primer "Spin-Off" de la página "Odio el fútbol moderno".
El programa mantiene los valores originales de nuestra página: nostalgia, denuncia y cultura.
Porque como dijo Sacchi: "El fútbol es lo más importante de las cosas que no son importantes".
¡Bienvenidos! Updated

























