
Podcast
Investigar na USC
By GCiencia
6
14
Todo o que necesitas saber sobre a ciencia e a investigación na Universidade de Santiago de Compostela
Todo o que necesitas saber sobre a ciencia e a investigación na Universidade de Santiago de Compostela
Os virus e zoonoses do cambio climático
Episode in
Investigar na USC
O virus hemorráxico das vacas acaba de chegar a Galicia. A lingua azul regresou quince anos despois da súa erradicación. Neste episodio abordamos estas dúas enfermidades víricas, as que máis afectan na actualidade ao gando galego. Tamén, falamos das zoonoses e do papel do cambio climático na propagación de patóxenos. A voz experta será a do decano de Veterinaria da Universidade de Santiago, Gonzalo Fernández, que nos explica ademais a situación que se vive en Galicia sobre a resistencia aos antibióticos.
17:18
A saúde dos solos galegos
Episode in
Investigar na USC
Non todos os residuos permanecen na superficie e son tanxibles. Nitratos, pesticidas e antibióticos que se filtran poden chegar ás augas e posteriormente ao ser humano. A evidencia científica demostra diariamente que a contaminación non só é un problema de plásticos, Analizámolo con Rosa Mosquera, catedrática de Produción Vexetal, a voz experta da USC que nos pon ao día sobre as últimas investigacións neste eido e sobre o nivel de contaminación dos solos galegos
29:09
Protonterapia: un disparo ao corazón do cancro
Episode in
Investigar na USC
O Centro de Protonterapia de Galicia estará operativo en 2025. Asentarase en Santiago e contará cunha área destinada exclusivamente á investigación, o que o converterá nun referente europeo. Falamos con dous expertos na materia, Faustino Gómez e Pablo Aguiar da USC, que nos explicarán todos os detalles desta terapia e os preparativos que se están a realizar para recibir a nova tecnoloxía que, esperemos, cubra a demanda que existe e cure a moitas persoas en Galicia.
18:22
Chegará a alerta por seca en Galicia?
Episode in
Investigar na USC
Este novo episodio de Investigar na USC responde á pregunta que leva por título: Chegará a alerta por seca en Galicia? Para facer unha análise completa da cuestión, entrevistamos a Alberto Martí, profesor de xeografía. Conversamos con el sobre as reservas de auga en Galicia, os plans das institucións e as medidas de aforro, o tipo de consumo de auga por parte dos galegos, a conciencia ecolóxica, o fenómeno 'El Niño' e moito máis.
18:33
Intelixencia artificial contra as fake news
Episode in
Investigar na USC
A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións. Na loita contra a desinformación, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a sociedade civil e as institucións académicas. Hai unhas semanas, botou a andar HYBRIDS, un proxecto da USC que busca desenvolver un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsas, discursos de odio e desinformación. Das posibilidades que ten a intelixencia artificial contra as fake news falamos con: Paulo Gamallo, coordinador do proxecto e experto en lingüística; Berta García, especialista en xornalismo dixital e comunicación política, e
Patricia Martín, investigadora en ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
22:58
Precisamos perspectiva de xénero para investigar?
Episode in
Investigar na USC
Elas son máis cando se matriculan na universidade, pero a súa distribución entre áreas profesionais é desigual. Superan o 70% nos graos relacionados cos coidados e apenas chegan ao 30% nas enxeñarías. Co gallo do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos das perspectivas de xénero na investigación con Encina Calvo Iglesias, profesora titular de Física Aplicada. En Investigar na USC, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
18:23
More of GCiencia View more
O Descodificador
Un espazo para entender mellor as tecnoloxías da información e as comunicacións. En colaboración co CITIC Updated
GCiencia pódcast
Xornalismo e divulgación, en formato pódcast. Os sonidos do medio de divulgación científica de referencia en Galicia Updated
Ciencia en feminino
A igualdade tamén é unha cuestión científica. Por iso, co gallo do 8M, Día da Muller, GCiencia organiza o ciclo de entrevistas e mesas redondas "Ciencia en feminino" en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Ao logo das catro entregas analizaremos a situación da muller na ciencia, o teito de cristal, as vocacións científicas entre as nenas, a perspectiva de xénero, a maternidade e a conciliación, así como os retos de futuro.
Updated
You may also like View more
Universo de Misterios
No hay misterio en lo que no es cierto.
Advertencia para nuevos oyentes. Este programa no va a regalar tu oído con teorías conspiranoicas, bolas, trolas, infundios, mentiras, embustes, supercherías, cuentos, falacias y/o pamemas, magufadas ni fantasías en su cuarta acepción del diccionario de la real academia de la lengua española. Si es eso lo que buscas, este podcast no es para ti. Te sugerimos que elijas otros programas que cumplen eficazmente con esa misión. Si prefiriendo ese otro tipo de contenidos sigues escuchándonos, no nos hacemos responsables de los daños neuronales que tu cerebro pueda sufrir. Si no fuera ese tu caso, eres bienvenido/bienvenida. Acomódate y disponte a disfrutar. Y al final, no dudes en expresarnos tu opinión, sea crítica o favorable, a través de los comentarios en iVoox. Updated
Podcast Radio Skylab
Bienvenidos a Radio Skylab, un podcast desenfadado sobre el espacio, la ciencia, la tecnología y otras curiosidades. Realizado con ilusión desde Canarias por Víctor Manchado (Pirulo Cósmico), Daniel Marín (Eureka), Kavy Pazos (Mola Saber) y Víctor R. Ruiz (Infoastro). Updated












