iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Lapis e papel Lapis e papel
Lapis e papel
Podcast

Lapis e papel

39
44

Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca.
Presentado por Fabián Bastos.

Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca.
Presentado por Fabián Bastos.

39
44
Lapis e Papel - 3x09 - Primavera teatral
Lapis e Papel - 3x09 - Primavera teatral
Episode in Lapis e papel
O mes de maio chega cargado de ciclos teatrais pola cidade de Vigo. A Sala Ártika presenta o “II Festival de Circo a escena Artiklown” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais a "Primavera Teatral". Por outra banda, unha das estreas do ano chega con "Inventio", un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago que o vindeiro outono-inverno tomará os escenarios. Ademais, repasamos a axenda teatral de Vigo e Comarca e os finalistas dos "XXVI Premios de Teatro María Casares", que coñecerá aos seus gañadores o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Movies, TV and shows 2 years
0
0
224
23:37
Lapis e Papel - 3x08 - O Péndulo
Lapis e Papel - 3x08 - O Péndulo
Episode in Lapis e papel
Festexamos o "Día Mundial do Teatro" falando da actualidade das artes escénicas, onde se inclúe a axenda das diferentes salas e auditorios da cidade. Destacan a chegada de Facu Díaz e Miguel Maldonado con "Qué rico tour", así como tamén a de Alberto Casado e Rober Bodegas con "Pantomima Full". Por outra banda, Vigocultura remata a programación desta primeira metade do ano con dúas funcións adicadas ao “Día Internacional da Danza”, sendo “Geometría”, de Roseland Musical, e “DeMente”, de Fran Sieira. Finalmente, recibimos a Marta Pérez, de Inversa Teatro, para falar de "O Péndulo", obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento faise desde o persoal, trasladándonos á experiencia do bisavó de Marta, Tirso Gómez Freijido.
Movies, TV and shows 2 years
0
0
68
39:00
Lapis e papel - 3x07- Rematou o Entroido
Lapis e papel - 3x07- Rematou o Entroido
Episode in Lapis e papel
No capítulo desta semana falamos da convocatoria dos "XXVI Premios de Teatro María Casares", así como tamén do Goya ao actor galego Chechu Salgado. En canto á axenda, destacan a estrea mundial de “O’Péndulo”, de Inversa Teatro, unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia, e a chegada de Enrique Piñeyro con “Volar es humano, aterrizar es divino”, espectáculo onde recrea un voo de Avianca durante a súa aterrizaxe en Nova Iork Finalmente, o faladoiro deste episodio está adicado a "A illa da deslembranza", obra de Ártika Compañía representada recentemente na Sala Ártika creada a base de metáforas e gran forza visual que quere achegar aos máis cativos un tema tan duro como é o alzhéimer.
Movies, TV and shows 3 years
0
0
60
26:07
Lapis e papel - 3x06 - Axenda e novas
Lapis e papel - 3x06 - Axenda e novas
Episode in Lapis e papel
No primeiro capítulo do ano centramos a nosa mirada na axenda que nos vai a deparar a derradeira semana de xaneiro e o mes de febreiro, que estará marcado polo entroido. En canto ás novas, destaca "Iribarne", o novo proxecto de ButacaZero baseado na figura de Manuel Fraga que verá a luz no 2023, así como tamén o comezo das programacións de Vigocultura, Sala Ártika. Sala Ensalle e o "VI Festival de Teatro Domingos de San Amaro". Finalmente, o faladoiro deste episodio está adicado a "Guerra de identidade", obra de Déborah Vukusic recentemente representada na nosa cidade que nos achega unha historia chea de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflictos individuais.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
72
28:59
Lapis e papel - 3x05 - Especial Nadal 2021
Lapis e papel - 3x05 - Especial Nadal 2021
Episode in Lapis e papel
O alumeado da nosa cidade eclipsou todas as miradas, pero iso non implica que a programación teatral cese. Así pois, neste programa relatamos a axenda das salas e auditorios de Vigo e comarca, destacando o "VII Festival Pequeártiko de Nadal" que se vai festexar na Sala Ártika ata o fin de ano. Alí terá lugar a estrea de "A illa das deslembranzas", de Ártika Cía., un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que pretende achegar aos máis cativos un tema tan duro como é o alzhéimer, aínda que dun xeito fermoso e suxestivo. Para coñecer este traballo de preto contamos coa visita de Rocío Salgado, actriz que forma parte do elenco dando vida a Uxía.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
73
41:40
Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto
Lapis e papel - 3x04 - Contrapunto
Episode in Lapis e papel
No cuarto capítulo da temporada centramos a nosa mirada na comedia, dado que o CVC de Valladares ven de rematar a "XXII Edición do Certame de Humor" que se festexou durante as dúas primeiras fins de semana de novembro. Así mesmo, o Cine Teatro Salesianos prosegue con "Éche unha risa" e o Teatro Afundación reprogramou a meirande parte dos monólogos que ía acoller en meses pasados, como o de Joaquín Reyes, Martita de Graná ou Berto Romero. Ademais, tomamos apunte do teatro que imos ter pola cidade durante as vindeiras semanas, entre o que destaca a fin da programación de Vigocultura no Auditorio Municipal e o comezo do "Circuito de la Red de Teatros Alternativos" na Sala Ártika. Por outra banda, adicamos o "faladoiro" desta semana a "Confinad@s", de A Tequerreté Teatro, obra representada no CVC de Valladares formando parte do Circuíto Galego de Teatro Amador 2021 que narra a historia de catro amigos que deciden xuntarse por vídeo chamada para fuxir das rutinas provocadas polo illamento. Finalmente, conversamos con Beni Costas sobre a nova edición do "Festifolc", que se vai desenvolver o derradeiro fin de semana de novembro, e do "Encontro de Teatro 2021" e "Circuíto Galego de Teatro Amador 2021" que acolleron no Auditorio da SCD "Atlántida" de Matamá.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
70
40:00
Lapis e papel - 3x03 - Xogar coas emocións
Lapis e papel - 3x03 - Xogar coas emocións
Episode in Lapis e papel
No programa desta semana recibimos a visita de Artur Puga, bailador que forma parte do elenco de #DeMente, espectáculo de Fran Sieira, Compañía de Danza que quere plasmar a realidade das doenzas mentais e todo o que conleva. Ademais, laretamos de #Peixe, proxecto de Xisco Feijoó no que está inmerso e descubrimos a súa tarefa como director de grupos como #ABuxaina, do CRAC de Coruxo, ou mestre de cursos de iniciación e perfeccionamento ao baile tradicional. Finalmente, ollamos a axenda teatral das diferentes salas e auditorios de Vigo e Comarca, como a Sala Ártika, Sala Rebullón, Teatro Ensalle, Teatro Salesianos e Vigocultura, así como o peche dos diversos "Circuítos de Teatro" que nos acompañaron durante o mes de outubro.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
109
41:40
Lapis e papel - 3x02 - Outono teatral
Lapis e papel - 3x02 - Outono teatral
Episode in Lapis e papel
No capítulo 3x02 de Lapis e Papel achegamos unha programación que denominamos como "outono teatral", dado que ven repleta de eventos na Sala Ártika, Sala Rebullón, Teatro Ensalle, Teatro Salesianos e Vigocultura. Ademais, facemos especial énfase no teatro afeccionado, onde continúa o "Circuíto Galego de Teatro Amador 2021", da FEGATEA, por diferentes Concellos de Galicia e o "Encontro de Teatro 2021", da ACDC, que está a percorrer os auditorios das parroquias da cidade olívica. Finalmente, viaxamos ata a Sala Rebullón, en Mos, para coñecer mais de preto a labor que levan facendo dende a súa creación, como, por exemplo, o impulso das residencias artísticas.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
57
42:36
Lapis e papel - 3x01 - Teatro das aforas
Lapis e papel - 3x01 - Teatro das aforas
Episode in Lapis e papel
Comeza a nova temporada de Lapis e Papel para achegar a actualidade das artes escénicas de todas as salas e auditorios de Vigo e a súa comarca. O capítulo 3x01 trae as presentacións das programacións da Sala Ártika, Teatro Ensalle, Teatro Afundación e Vigocultura, así como tamén o "Circuíto Galego de Teatro Amador 2021", da FEGATEA, que se vai desenvolver no CVC de Valladares. Ademais, conversamos con Fernanda Barrio, directora de Ártika, para coñecer mais de preto a labor que realizan dende a sala situada na Avenida de Beiramar. Por outra banda, rememoramos o que foron os "XXV Premios de Teatro María Casares", desenvoltos pola AAAG, e laretamos sobre "Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva", de Olivas Negras. Finalmente, recibimos a visita de Pepe, de Porta Aberta, para falar do "Certamen de Teatro Afeccionado de Vigo", que se vai desenvolver polos arredores da cidade durante o mes de outubro.
Magazine and lifestyle 3 years
1
1
82
53:03
Lapis e papel - Bonus 1 - Especial verán 2021
Lapis e papel - Bonus 1 - Especial verán 2021
Episode in Lapis e papel
Finalizada a segunda tempada de Lapis e Papel é momento de realizar un especial verán. Nel repasamos toda a axenda dos meses estivais, onde o humor vai estar moi presente, así como tamén nos mergullamos na 38ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e falamos dos XXV Premios de Teatro María Casares, que xa deu a coñecer os seus finalistas.
Magazine and lifestyle 3 years
1
0
106
34:25
Lapis e papel - 2x18 - De vello, gaiteiro
Lapis e papel - 2x18 - De vello, gaiteiro
Episode in Lapis e papel
Xa está dispoñible o capítulo 2x18 de Lapis e Papel! Comezamos falando da Mostra Internacional de Cangas e da Mostra de Ribadavia, que se van festexar no vindeiro mes de xullo. Por outra banda, repasamos a programación da Sala Ensalle, Urban Market e Sala Ártika, que despide o #ICicloDeDanzaEArtesDoMovemento con #Teorema, de Javier Martín, e lembramos a despedida de #Camiños, de ButacaZero. Finalmente, para escribir as derradeiras liñas da segunda tempada do programa, recibimos á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa voz de Conchi Álvarez, a súa presidenta, para reflexionar sobre o papel da cultura na actualidade, descubrir iniciativas innovadoras, como a de mesturar música coa natureza local, e falar do teatro afeccionado de Vigo.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
119
43:03
Lapis e papel - 2x17 - Dialogar co mundo actual
Lapis e papel - 2x17 - Dialogar co mundo actual
Episode in Lapis e papel
Chegamos ao ecuador do ano 2021 repasando as novas máis destacadas, entre as que están os María Casares e a chegada de Berto Romero ao Teatro Afundación de Vigo con "Mucha Tontería". Por outra banda, a Sala Ártika acolle durante as vindeiras semanas o "I Ciclo de danza e artes do movemento" cos espectáculos "Solos", de Provisional Danza, "Microspectivas dun marica millennial", da compañía Incendiaria, e "Teorema", de Javier Martín. E, como convidado, recibimos a Xavier Castiñeira, de ButacaZero, para falar de "32m2", que se despide dos escenarios este mes de xuño, "Camiños" e reflexionar sobre o papel que pode xogar o teatro nas nosas vidas
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
130
47:16
Lapis e papel - 2x16 - Travesía pola costa
Lapis e papel - 2x16 - Travesía pola costa
Episode in Lapis e papel
Feliz #DíadasLetrasGalegas2021! No 2x16 de Lapis e Papel imos de travesía pola costa con Marta Doviro, actriz, presentadora e monologuista galega, para falar do seu debut na Sala Urban Market Mahou de Vigo con "Memorias dunha rapasa da costa", os Premios Mestre Mateo e moito máis. Por outra banda, ollamos a axenda teatral, co #FestivalArtiklown, da Sala Ártika, ou a chegada de Chévere a Cangas con #CurvaEspaña, obra protagonizada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira. Tamén hai tempo para "O Faladoiro", tendo como protagonista a "Sós", unha comedia de Malasombra Producións protagonizada por Marcelino e Fermín, dous octoxenarios que nos fixeron rir e pensar en Vigocultura. Bule! Adéntrate nunha nova historia ou, mellor dito, travesía.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
153
57:32
Lapis e papel - 2x15 - O Teleclube
Lapis e papel - 2x15 - O Teleclube
Episode in Lapis e papel
Desta vez viaxamos no tempo con Doro Piñeiro para falar do Teleclube, que este ano cumpre 50 anos, e de Teatro Escoitade, que estrea "Auto do prisioneiro" (primeira parte). Ademais, ollamos a axenda teatral, destacando o "Artiklown! I Festival de circo á escena", un evento que se vai desenvolver ao longo do mes de maio na Sala Ártika. Tamén hai tempo para o faladoiro, tendo como protagonista a Redrum Teatro con "O mozo da última fila", un espectáculo que formou parte da programación de Vigocultura. E, por último, revivimos “Vencerse é cousa de se tratar”, a proposta escénica de Fernando Abreu sobre a obra “Intempériome”, de Xela Arias, no que están presentes a vangarda da palabra, a música e a imaxe. Queres escoitalo? Preme no botón de reproducir e adéntrate nunha nova historia.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
197
01:06:25
Lapis e papel - 2x14 - Sesión vermú
Lapis e papel - 2x14 - Sesión vermú
Episode in Lapis e papel
Neste cuarto mes do ano imos de sesión de vermú da man de Alikate Producciones grazas á participación de Fran e Luis Zahera, que o vindeiro 10 de abril chega ao Auditorio Municipal de Cangas con "Chungo", un monólogo no que quere repasar vivencias e bos momentos da súa vida. Ademais, ollamos a axenda teatral, que ven cargada de eventos na Sala Ártika, coa estrea de "Do pracer e da morte", de A Feroz, a programación da Sala Ensalle, con Anómico Teatro representando "Cartas de amor a los árboles", e o fin de tempada de Vigocultura no Auditorio Municipal do Concello, que recibirá a visita de Malasombra Producións con "Sós". Por outra banda, rememoramos a estrea de "32m2", de ButacaZero, e, por último, falamos da AAAG e da súa renovada Xunta Directiva. Queres escoitalo? Preme no "play" e adéntrate nunha nova historia.
Magazine and lifestyle 3 years
0
0
212
53:15
Lapis e papel - 2x13 - Sexo débil "o carallo"
Lapis e papel - 2x13 - Sexo débil "o carallo"
Episode in Lapis e papel
Sexo débil? O carallo! Neste novo programa recibimos a visita de Arantxa Treus, gañadora do "Premio FETEGA a mellor monologuista cómica 2020", para falar de comedia, viaxes no tempo e reivindicacións. Ademais, repasamos a axenda teatral da cidade, entre as que se atopan as visitas de A Panadaría con "Elisa e Marcela", que colgou o cartaz de entradas esgotadas a comezos do mes de marzo, a estrea de "Semente", de Eme2 Emoción&Arte, ou "EM•NA", de Colectivo Globo. Bule! Comparte cultura, que é ben fermosa!
Magazine and lifestyle 4 years
0
0
198
58:05
Lapis e papel - 2x12 - Menú degustación
Lapis e papel - 2x12 - Menú degustación
Episode in Lapis e papel
Comezamos o terceiro mes do ano repasando todo o que vai acontecer nas diferentes salas e teatros da cidade, destacando a estrea de "32M2", de ButacaZero, así como tamén a visita de Tarambana Espectáculos ou Celeste González. E, coma convidada, recibimos a Déborah Vukusic, coa que falaremos do seu paso pola "VII Mostra da oralidade por boca de muller", de "Menú Degustación", "Guerra de Identidade", televisión, radio e moito máis. Preme no botón de reproducir e adéntrate na nosa historia.
Magazine and lifestyle 4 years
0
0
203
01:08:00
Lapis e papel - 2x11 - La excepción y la regla
Lapis e papel - 2x11 - La excepción y la regla
Episode in Lapis e papel
No novo capítulo de Lapis e papel falamos de "La excepción y la regla", de La Extraña Compañía (Madrid). Estamos ante unha obra representada hai escasas semanas na Sala Ártika e escrita en 1930 polo alemán Bertolt Brecht, onde se narra a viaxe dunha expedición que anda na procura de novos pozos de petróleo. Polo camiño viven situacións límite e hai moitos que a comparan coa actualidade. Para coñecer máis sobre ela contamos coa visita da actriz viguesa Belén López-Valcárcel, unha muller que forma parte do elenco actoral. NOTA: a axenda teatral está dispoñible a través das diferentes redes sociais do programa: @lapisepapel_gal (Facebook, Instagram e Twitter) e Lapis e Papel Podcast (YouTube).
Magazine and lifestyle 4 years
0
0
232
01:02:04
Lapis e papel - 2x10 - Cultura en tempos de pandemia
Lapis e papel - 2x10 - Cultura en tempos de pandemia
Episode in Lapis e papel
O segundo mes do ano 2021 arranca con malas novas, polo que nos facemos unha pregunta, é posible facer cultura en tempos de pandemia? Para respostar a esa pregunta recibimos a Irene Moreira (@kokorodeirene), profesora da ESAD de Galicia e unha cara moi recoñecida da Sala Ingrávida. Tamén haberá tempo para falar de teatro, confinamento e futuro, como por exemplo a programación de Vigocultura e XXV Premios María Casares.
Magazine and lifestyle 4 years
0
0
213
57:25
Lapis e papel - 2x09 - Sempre nos quedará a cultura
Lapis e papel - 2x09 - Sempre nos quedará a cultura
Episode in Lapis e papel
O formato vídeo podcast toma o poder das ondas neste noveno capítulo da tempada. Deste xeito, aqueles que non puideron velo dende a canle de Youtube, terán a oportunidade de escoitalo. Xunto con Mariana Pérez repasamos todo o acontecido na cidade de Vigo durante o 2020. Por outra banda, rememoramos "MedidaxMedida", de Producións Teatráis Excéntricas, que visitou a cidade o pasado mes de decembro. E, por último, falamos da axenda teatral, que vai estar protagonizada pola Sala Ártika, Sala Teatro Ensalle, Auditorio Mar de Vigo e Auditorio Municipal de Cangas.
Magazine and lifestyle 4 years
0
0
184
35:04
You may also like View more
Podcast Butaca Residual
Podcast Butaca Residual Butaca Residual es un podcast de Cine Trash, Serie Z y bizarradas varias. Nuestra intención es rendir un homenaje a un género cinematográfico que, por desgracia, no se realiza hoy día. No somos expertos, ni pretendemos serlo, sólo somos un grupo de gente que disfruta con estas películas y nuestra única motivación es que paséis un rato divertido escuchándonos, y si no conocéis las pelis, despertar en vosotros las ganas de verlas. Updated
Aguas Turbias
Aguas Turbias Podcast dedicado al cine de culto y de terror... a la turbiedad en general. También hogar de El Gabinete del Reverendo Wilson, donde se analizan las cintas más extrañas que nos ha brindado el cinemabis. Updated
Campamento Krypton
Campamento Krypton Un podcast donde la cultura pop brilla, burbujea y se alborota. Monográficos y entrevistas sobre cine, cómic, música, empanadillas y Lina Morgan. Organizadores y creadores de la Monstrua de Cine Chungo, también podías escucharnos en Efecto Doppler (Radio 3) Updated

Go to Movies, TV and shows