
Podcast
Libros para as medras
By Radio Ateneo
105
11
Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.
Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.
Literatura dunha autora
Episode in
Libros para as medras
Fina Casalderrey é a autora galega, candidata española Premio Memorial Astrid Lindgren 2026. Que todas as seccións da Oepli concorden en presentar a Fina a este premio internacional quere dicir moito. Ela foi a primeira autora galega en recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Cando entrou na RAG, dende as bibliotecas escolares de Galicia distribuiuse un texto no que se dicía que con ela entraba a literatura infantil e a escola na institución. Creo que non hai máis que dicir…
08:28
Brunilda e Brunildo
Episode in
Libros para as medras
Brunilda e Brunildo é un álbum ilustrado de Ánxela Gracián e Jessica Mera publicado
polo editorial Fervenza. Na presentación editorial fálase dunha historia que axudará a
que a cativada comprenda a importancia da adaptación, o respecto e a tolerancia. Porque
trata dunha ra que ha de cambiar de lugar (tal vez polo cambio climático) e bota de
menos todo o que perde co cambio, ata que atopa un novo amigo co que comparte
moitas cousas, pero non todas… porque cando conseguen verse cara a cara levan unha
sorpresa.
04:25
Son adoptada, e que?
Episode in
Libros para as medras
“Son adoptada, e que?” quere lembrar unha colección que publicou a editorial Galaxia hai un tempo, presentándonos títulos que pretendían normalizar situacións que necesitaban ser tratadas de maneira habitual como “Meu pai é ama de casa, e que?, Eu vivo en dúas casas, e que?... Un dos títulos era xustamente sobre a adopción. Non nos imos referir a este libro, senón a outros, menos evidentes pero que tratan esta temática como Soños á beiramar de Rosa E. Gantes e Rafa Antón ou Quen me quere adoptar de Fina Casalderrey e Maife Quesada.
04:58
Astronomía para xente miúda
Episode in
Libros para as medras
Cando presentamos Unha cidade en Marte quedamos con ganas de continuar falando de libros de astronomía. Por iso volvemos á editorial Embora para traer un par de obras: A marfallada toda da xornalista científica Floor Bal, un libro divulgativo, que nos conta "a fascinante historia de como chegamos desde o principio do universo á vida actual. "Dende a teoría do Big Bang, asistimos a como se formou o noso sistema solar, como a vida na Terra comezou nos océanos e se trasladou á terra...".
O outro libro é Cantos cosmos de Estíbaliz Espinosa, con poemas e astronomía para case bebés, tal como aparece no subtítulo. "Poesía e conceptos científicos para bebés. Un experimento poético sobre o cosmos, extraordinariamente ben construído".
05:38
Unha cidade en Marte
Episode in
Libros para as medras
Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgún
deles. Ou máis ben, imos falar dun libro que trata esta temática. Un libro traducido ao
galego pola multipremiada María Alonso Seisdedos que aparece publicado na editorial
Embora. Un libro colectivo porque conta coa autoría do profesor de Astrofísica: Guillen
Anglada-Escudé, do físico, farmacéutico e divulgador científico: Sheddad Kaid-Salah
Ferron e do físico, enxeñeiro aeronáutico especializado en propulsión espacial: Miquel
Sureda Anfres.
05:00
A pés descalzos
Episode in
Libros para as medras
Ás veces unha cousa leva a outra, un tema a outro tema e un libro a outro libro. Cando, no podcast anterior, falaba de álbums ilustrados que nos remitían ao contacto coa natureza aparecía o libro A pés descalzos con toda a razón. Porque moverse descalzo é pisar a natureza suavemente, é sentila doutra maneira ao tempo que nos vemos parte dela. A autora, unha creadora e terapeuta polaca, mostraba a natureza a través das láminas en diferentes cores nas que predominaba o verde, pero tamén as páxinas con amarelos, azuis, grises… e unha explosión de cores, un mundo en technnicolor co que quería ensinarnos a forma na que as persoas altamente sensibles perciben o mundo. Pois xustamente disto quero falar neste podcast!
05:45
Volver á natureza
Episode in
Libros para as medras
Hai uns días, lendo sobre as escolas na natureza viñéronme á cabeza tres títulos. Poderían ser máis, seguro, pero estes tres libros foron facendo un camiño polo que non me quediu outra que transitar. O primeiro deles é Asilvestrarse. Volver ao salvaxe de Cristian Moyano con ilustracións de Irene Cuesta publicado por Zagorí e o CSIC na colección Mentes curiosas. Un libro de divulgación científica para lectorado autónomo que vomeza así: “Aos seres humanos beneficiaríamos moito asilvestrarnos. Pero… isto que significa? Por que podería ser bo para nós? Vexamos como define o diccionario a palabra asilvestrarse… Asilvestrarse: De silvestre. 1. Volverse inculto, agreste ou salvaxe. Se lles contas á túa familia e ás túas amizades que te vas asilvestrar quizais se preocupen!
05:57
Libros de mar
Episode in
Libros para as medras
Seguimos falando do mar nos libros. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Mar de mazá de Elvira Ribeiro e… seguir falando do mar, desa gran masa de auga que nos abraza e se fose esixente podería atreverse a reivindicar que o noso planeta se chamase Mar en vez de Terra.
Falando de mar aparecen libros como O gran libro dos nosos mares ou Man de Camelle,
Balea, As flores radioactivas, A praia da esperanza, A expedición do Pacífico, A tribo
do mar, Animalia azul de Xosé Tomás e moitísimos máis.
05:39
Rematou o verán
Episode in
Libros para as medras
Remata o verán e cómpre despedilo. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Vrao de Lois Alcayde outro de Poemar o mar de Antonio García Teijeiro e… falar do mar, aínda que
sabemos que non todo o mundo pasa o verán no litoral.
Pois ben, falando de mar aparece A escola dos piratas, As flores radioactivas, A praia da
esperanza, de Agustín Fernández Paz, O gran libro dos nosos mares ou Man de
Camelle, Balea, A expedición do Pacífico, A tribo do mar, Animalia azul, de Xosé
Tomás e un longo etcétera.
05:46
Todo o que aprendín pola miña conta
Episode in
Libros para as medras
Hoxe falamos de álbums ilustrados en galego publicados por editoriais de fóra de Galicia. A historia arrinca cos inicios de Kalandraka e chega ata exemplos actuais como Todo o que aprendín pola miña conta antes de chegar á escola, unha reflexión sobre edición, infancia e lingua.
04:26
Cómics composteláns
Episode in
Libros para as medras
Nun podcast anterior falabamos dun cómic, Gloria. Todo é obra de artistas de Pío Barreiro, un compostelán que crea unha historia situada na construcción do Pórtico da Gloria. Agora traemos outra banda deseñada doutro compostelán, Fausto Isorna, que retoma o personaxe dunha serie, Simón Martel. Ela foi definida como a heroína máis lonxeva da historieta galega. Neste caso Simón Martel vai realizar o camino de Santiago, outro tema ben compostelán.
Non podemos abandonar este podcast sen falar dunha novela gráfica, tamén situada en Santiago que é unha obra magnífica, unha distopía que lles gustará ler aos chamados xoves adultos. Os suicidantes de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero publicada por Xerais. Unha historia crúa que nos fai pensar dende o mesmo título.
05:34
Gloria
Episode in
Libros para as medras
Presentámosvos Gloria. Todo é obra de artistas. O primeiro cómic de Pío Barreiro. El é o libreiro da primeira libraría especializada en comics de Santiago e leva ese nome: Komic (con K). A libraría está situada na rúa San Pedro de Mezonzo, en Santiago, dende 1987. De vez en cando, ademais de vender libros, edítaos ou coedítaos. Esta é unha desas ocasións nas que publica con Demo, a editorial galega dirixida por Manel Cráneo e especializada en Banda Deseñada.
Gloria. Todo é obra de artistas con texto de Pío Barreiro e debuxos de Lola Garcerá mostra unha viaxe á Compostela medieval durante a construcción do Pórtico da Gloria.
Unha viaxe polo período románico con trazos de acción, aventura e intriga e unha personaxe feminina que achega unha nova visión sobre a creación artística no medievo.
05:58
Libros informativos 2
Episode in
Libros para as medras
Máis libros de non ficción ou informativos. O primeiro do que imos falar é de Que é a guerra de Eduard Altarriba que aparece en galego traducido por Moisés Barcia e publicado por Sushi Books. Este libro está pensado para responder, de maneira sinxela, todas as preguntas que se nos ocorran despois de ver noticias sobre a guerra. Dise que comprender como funcionan as guerras, as súas causas e consecuencias é o primeiro paso para a paz. Letras da Galicia pequeniña, Atlas da Galicia pequeniña, A Historia da Galicia pequeniña, Un día de festa en Allariz... de César Cerqueiriños e Jorge Campos. Libros nos que a combinación de texto e imaxe son moi do gusto desas persoas pequeniñas ás que van dirixidos cando están acompañados dun adulto que os guía e para ir soltándose. Produtos moi visuais que resultan de gran interese para ese primeiro coñecemento do país, unha mirada rápida para que os datos vaian soando.
05:14
Libros informativos
Episode in
Libros para as medras
Imos falar de libros de non ficción, tamén chamados libros informativos ou de coñecemento. Libros destinados á xente que non acabou de medrar e ten moita curiosidade. Xente á que lle gusta saber cousas, aprender, entender o por qué do que sucede. Poden ser tan divertidos coma os libros de ficción, de feito hai crianzas que os prefiren.
06:25
Isabel Blanco e os libros sobre mulleres
Episode in
Libros para as medras
Isabel Blanco e os seus libros de divulgación sobre mulleres científicas, artísticas ou músicas, no mes de marzo. Isabel Blanco é avogada pero tamén escritora, cunha mirada posta sempre na muller. Así o demostra nos álbums ao redor de Rosaura (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz ilustrados por Luz Beloso) e nos libros de divulgación: Galegas na ciencia, Galegas nas artes e Galegas na música ilustrados por María Lapido e publicados por Belagua. Neles recolle ao redor de vinte biografías de mulleres relacionadas con estes ámbitos.
06:51
O triángulo vermello
Episode in
Libros para as medras
A colección "Pequena memoria", de Xerais, dirixida por Eva Mejuto, presenta álbums ilustrados con temática relacionada coa memoria democrática. Podemos preguntarnos onde está o límite nas historias que se contan ás crianzas e podemos asegurar que a dificultade está na maneira de contalas. Nesta colección apareceron os títulos A lavandeira de San Simón, escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Bea Gregores, A nena lectora, de Manuel Riva, ilustrado por Susana Suniaga, e acaba de publicarse O triángulo vermello, de Carme Vidal e Pablo Iglesias Núñez, ilustrado por Belén Diz. Esta é a historia de Mercedes Núñez, que nace en 1911 e morre en 1986: unha republicana que sobrevive ao cárcere franquista e ao campo de concentración nazi. Vai dedicar os últimos anos da súa vida denunciando a represión sufrida neses lugares que foron verdadeiros infernos. O relato da súa vida faino Pablo, o seu fillo.
07:25
Un libro que son dous
Episode in
Libros para as medras
Sete días con Lía ou Sete días con Leo é o título, porque cada historia ten a súa denominación e a súa cuberta. Unha empeza por un lado e outra polo outro. Un protagonista, unha protagonista; unha historia nun lugar en paz e outra nun lugar en guerra, é dicir, nun campo de refuxiados que é a consecuencia dunha confrontación bélica. A historia dunha semana en cada un deses lugares. O seu autor, Xosé Tomás, é unha persoa imprescindible. Docente implicado que colabora sempre coa biblioteca escolar (ata por a bata de médico para facer consulta lectora), director cando hai que asumir responsabilidades, imparte relatorios e obradoiros de ilustración e banda deseñada, (do que tamén é autor cun papel fundamental na destinada a crianzas na que enche un baleiro que había na produción galega, humorista gráfico como pode verse nas viñetas de humor da Revista Galega de Educación e no libro Manual de escola, ilustrador dos libros doutras autorías, autor de libros (a dúas mans como neste caso)… Sempre cun estilo absolutamente propio.
06:18
Un par de libros de bruxas
Episode in
Libros para as medras
Un par de libros de bruxas. Por algunha razón volveron as historias de bruxas e hai coleccións enteiras que falan delas. Hoxe traemos un par de libros que as teñen como protagonistas e que queremos destacar sobre moitos outros.
Inventario de bruxas da avoa Maruxa, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Isabel Muñoz e publicado na colección Meigas de Minicumio.
Escola de bruxas de María Canosa, con ilustracións de Maiky Odel, publicado por Xerais na colección Sopa de libros. Unha novela para ler e pensar.
07:23
Presas fáciles
Episode in
Libros para as medras
Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o subtítulo de Hienas e estaba publicado por El Patito Editorial. A segunda entrega leva o subtítulo de Voitres e está publicado por Retranca editora. Na primeira o autor presenta o drama de persoas maiores que son engañadas pola banca coas preferetes e outros productos perversos. Na segunda (Voitres), é unha adolescente que, sen sábelo, estaba atrapada nunha escura rede de pornografía. Que teñen en común ambas obras? Que as vítimas eran sempre presas fáciles.
04:40
Os libros de Abel Tomé
Episode in
Libros para as medras
Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non os conta máis do mesmo. Porque é quen de crear novos mundos que nos abren fiestras a outros imaxinarios, eses que andamos buscando sempre. Porque si, han de estar ben escritos, a ser posible tamén ben ilustrados, ben editados… isto supónselle para estar publicados, pero cando nos achega unha nova realidade, a realidade vista doutra maneira… daquela dámoslle a benvida!
05:43
More of Radio Ateneo View more
Píldoras de información farmacéutica
Estos podcasts tienen como finalidad solucionar las dudas que los usuarios de la farmacia se plantean con mucha frecuencia. Updated
Paseando por Compostela con mulleres
Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita. Updated
Música animada
Este programa tiene como objetivo presentar temas musicales que recuerden a tiempos pasados, levanten el ánimo y nos hagan disfrutar. Updated
You may also like View more
El gran apagón
El 11 de abril de 2018 se produjo la tormenta solar más intensa jamás registrada. Dos días después, el planeta quedó en completa oscuridad. Este evento fue conocido como El gran apagón. Una serie de Podium Podcast. Updated
La Hora Caníbal
Un programa radiofónico para mentes inquietas, emocionalmente activista, perpetrado por el experto en cultura popular Borja Crespo, también escritor y cineasta, entre otras labores que liberan su espíritu. Personajes ínclitos, excelsos e inefables, intercambian palabrería mística sobre su vida y milagros, y la existencia en general, con el caníbal Crespo, mientras suenan canciones que van del Amor al Apocalipsis. Las entrevistas dan paso a tertulias sobre lo divino y lo humano, donde tienen cabida el cine, el cómic, la literatura, la música y el arte de ser un bon vivant, entre otras esencias del alma. Lectura de textos, recomendaciones, exabruptos, disquisiciones, trabalenguas, retruécanos, ósculos… En LA HORA CANIBAL todo es posible si eres de los que aman agitar su cerebro. Updated
Baleiro Perfecto
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.
Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.
Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia.
Baleiro Perfecto é invocado dentro do magazine cultural A que cheira, papá? Updated







