¡Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Lume na palleira
Podcast

Lume na palleira

465
163

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.

465
163

Lume na palleira 04-10-2026

Entrevistamos ao grupo salmantino Folk On Crest, que nos presenta o seu novo disco “Enmarañando”. Temos máis propostas musicais chegadas desde o centro da península a cargo de Climent Y Ballarín Quinteto, Arrejuntada Violinera e Ethnos Atramo. No Recuncho Da Palleta recibimos a xa tradicional visita da organización do “Pasabodeghas”
World's musics and others 2 days
0
0
5
01:59:50

Lume na palleira 27-09-2026

Conversamos con dous dos compoñentes de Zoelas, Bruno Villamor e Erika García, que nos presentan o seu novo disco “Des(a)fiada”. Estreamos pezas de Panosedán e de Xosé Liz. No Recuncho Da Palleta Xaime Estévez fainos a primeira entrega do seu ciclo “Novas Estrelas Da Música Tradicional” con Nadia Vázquez
World's musics and others 1 week
0
0
16
01:59:58

Lume na palleira 20-09-2026

Poñemos en marcha a 35ª tempada do programa ofrecendo a colaboración de Silvio Rodríguez con Uxia e un tema do novo disco de Zoelas – O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto lembramos aos recentemente falecidos Aurita de Miro e Daniel Pazos, ademais de recibir a visita de María de Rial do Mato e os compañeiros da A.C. A Regionalista cos que falamos do libro-disco “Homenaxe”) – Cántigas Da Terra fálannos do seu 21º Ciclo de Coros Galegos – Entrevistamos ao dúo Abril (presentando o seu disco “Medrar”)
World's musics and others 2 weeks
0
0
13
01:59:57

Lume na palleira 28-06-2026

Uxía acompáñanos no estudo para presentarnos o seu disco de homenaxe a Begoña Caamaño, "Indómitas". No Recuncho da Palleta Guillerme Inácio fálanos do toque de muiñeira vella na pandeireta. Ademais estreamos pezas de Noites De Rock E Meigas e Fusión Y Cuenta Nueva
World's musics and others 3 months
2
0
36
01:59:56

Lume na palleira 21-06-2026

Repasamos as propostas que serán protagonistas dalgúns dos encontros musicais máis importantes deste verán en Galiza. Xaime Estévez fálanos da interesante conexión entre música tradicional galega e zarzuela. Ademais estreamos pezas de Arrejuntada Violinera e Climent & Ballarín Quinteto.
World's musics and others 3 months
1
0
12
01:59:56

Lume na palleira 14-06-2026

Neste programa escoitamos "Efémeras" o máis recente traballo de Cantometrics. Duas das integrantes do grupo, Marina Fernández Vigo e Sandra Pérez, fálannos desta obra que se inspira no labor desenvolvido pola fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Galicia a principios do século pasado. No Rercuncho da Palleta presentamos a Fiada da Carballeira do Vilar. Ademais, estreamos pezas de Deixandar e de María Do Ceo .
World's musics and others 3 months
1
0
19
01:59:56

Lume na palleira 07-06-2026

Neste programa recibimos a Manoele de Felisa. O cantautor, que xa publicou discos dedicados a escritores como María Mariño ou Neira Vilas, trae desta volta baixo o brazo un libro disco homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. No Recuncho da palleta visítanos a organización da Xuntanza Folk Follas de Olivar. Ademais estreamos pezas Estreamos pezas de Folk On Crest, Cantometrics e María Do Ceo.
World's musics and others 4 months
1
0
10
01:59:56

Lume na palleira 31-05-2026

Estreamos os novos traballos de Manoele de Felisa, Cantometrics, Folk On Crest e Climent Y Ballarín – O Recuncho Da Palleta (a organización dos Encontros de Música Tradicional do Mosteiro de Carboeiro preséntanos a edición deste ano e, con Xaime Estévez e diversos convidados, falamos do VIII Abrente Folk) – Escoitamos as propostas musicais premiadas, nas categorías de tradicional e folk, nos XIII Premios Martín Códax Da Música, a premiada este ano como Mellor Canción en Galego pola Academia da Música de España e tamén ás finalistas do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
World's musics and others 4 months
1
0
16
01:59:54

Lume na palleira 24-05-2026

Neste programa recibimos a Jenni, Hadri, Alba, Elena e Paula, as pandereteiras do Rivés. Preséntannos o seu primeiro disco, "Contrabando". No Recuncho da Palleta Gustavo Couto fálanos da homenaxe que se lle tributará en Ordes a Manuel Viqueira “O Gaiteiro De Vilaverde”. Ademais escoitamos algunhas novidades: "Que non se faga de día", der De Nionghures con Mondra; "Metal Mollado", das Tanxugueiras con AdeLina; e "KADÖ2", de Mark Dos Santos.
World's musics and others 4 months
0
0
14
01:59:52

Lume na palleira 17-05-2026

No Día das Letras nós tamén lembramos a Begoña Caamaño escoitando algunhas cancións dedicadas a ela. Soan o "Indómitas" de Uxía, "Sempre Begoña Caamaño" de Acordeireta, e "A canción das letras 2026" de Samuel Soto. Neste programa tamén repasamos os finalistas dos premios Martín Codax da música nos apartados de Folk e Tradicional. No Recuncho da Palleta Ramón Dopiico recorda ao recentemente falecido Marcelino Brey “Marcelino de Muiñeiro” e recibimos a visita de Airiños Do Eume.
World's musics and others 4 months
0
0
13
01:59:56

Lume na palleira 10-05-2026

O multiinstrumentista Fernando Mosquera preséntanos o novo disco que gravou coa Celtic Band, "Atlantic Connections". No noso "Recucho da palleta" Ramón Dopico fainos a segunda entrega do seu especial dedicado aos tamborileiros. Ademais escoitamos "Mariao", o novo das Pías, e unha das pezas do disco que Uxía lle dedica a Begoña Caamaño.
World's musics and others 4 months
0
0
10
01:59:54

Lume na palleira 03-05-2026

Conversamos con Daniel Pereira Cristo. O artista de Braga acaba de publicar o disco "Malva globo". Con el escoitamos as pezas deste traballo no que tenta valorizar a música portuguesa tendendo pontes entre diversos estilos e épocas. No Recuncho da Palleta recibimos a Herba Grileira. Ademáis estreamos "Loroño", de Do Rivés; e "Vilardebós", a peza na que Alana colabora con Pasafron
World's musics and others 5 months
0
0
15
01:59:56

Lume na palleira 26-04-2026

Ofrecemos unha nova escolma musical coas propostas de: Alana, Breo, Cantometrics, Xoán Carlos Rilo, Coanhadeira, Ansuíña, Os Do Fondo Da Barra, Milesios, Os Carunchos, Brúa, Brincadeira, María López, Os Terrible De Donas, De Ninghures, Alejandro Barbosa, Sementeira De Cambre, Bouba, A Gaita De Sarandón, Maquía (Gaiteiros De Godos), Tres Pesos, Airiños De Orbazai e Ailá.
World's musics and others 5 months
0
0
17
01:59:53

Lume na palleira 19-04-2026

Dúas horas de música do país cos Carecos, Mosquera Celtic Band, Pancho Álvarez, Mondra, Cristian Silva, Abraham Cupeiro, Böj, Faia, Panosedán, Mediarea, Chavellos, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, Budiño, Paulino Da Seara, A Quenlla, Airiños Da Peneda, Ker Cuez, Caamaño&Ameixeiras, Volta E Dalle, Malvela e Treixadura.
World's musics and others 5 months
0
0
16
01:59:58

Lume na palleira 12-04-2026

Estreamos "Até", o primeiro disco da formación das Pontes Nimbos. Sobre el vainos falar Antía Franco, a voz do grupo, que tamén se encarga de tocar a gaita e a frauta traveseira. Tamén escoitamos primeira peza de As Pías, un quinteto de corda e vento. Carmen Liñeira convídanos á XIX edición da Foliada de Melide e Ramón Dopico lembra os mellores tamborileiros de Galicia.
World's musics and others 5 months
0
0
11
01:59:56

Lume na palleira 05-04-2026

Felicitamos a Uxía escoitando a peza coa que gañou o Premio aRitmar á mellor música de 2025 en Galiza. Estreamos novo tema de Daniel Pereira Cristo, No Recuncho Da Palleta presentamos a edición deste ano do Memorial Henrique Otero. Ademais soan Os Erdeiros dos Morenos, Comando Curuxás, Fuxan Os Ventos, Leni Pérez & Sekadra, Treixadura, Icía Varela, Maghúa, Acordeireta, Kornoj, Mediarea, Faia, Sheila Patricia e Mel De Meiga.
World's musics and others 6 months
0
0
17
01:53:29

Lume na palleira 29-03-2026

Acompáñannos Pepa G. Lillo e Gabriel Navalón, o dúo Ethnos Atramo; unha parella de Toledo que fusiona música tradicional antiga con sons electrónicos contemporáneos. Con eles comentamos o seu disco "Antología imaginaria" Quedamos en terras castelás para escoitar a Carrión e a Climent & Ballarín Quinteto. No Recuncho da Palleta rendemos homenaxe a José Fernández Canosa, " o ghaiteiro do Piñeiro". Ademais felicitamos a De Ninghures por recibir o oremio MIN 2026 ao Mellor Disco en Galego. Celebrámolo escoitandoo seu novo tema no que contan coa colaboración de Galician Army
World's musics and others 6 months
0
0
14
01:59:49

Lume na palleira 22-03-2026

Dous dos integrantes do Comando Curuxás, Pablo Pardo "Pacior" e Pablo Pascual, visítannnos para presentarnos o seu último disco, "Carne de militancia". Lembramos ao recentemenbte falecido Manuel Vázquez, "Rin Rin", tamborileiro de Muxicas e dos Folieiros de Lavadores. Escoitamos o novo de Daniel Pereira Cristo, "Malva globo", e de Unto Vello, "Inmaterial". Ademais: Treixadura, Ethnos Atramo, Brath, Leni Pérez & Sekadra, Icía Varela, Maghúa e Donicelas
World's musics and others 6 months
0
0
17
01:59:53

Lume na palleira 15-03-2026

Música tradicional fusionada co jazz. Iso é o que nos ofrece o disco "Xa non ten ferriñas", a colaboración de Leni Pérez co dúo Sekadra. Escoitámolo cos comentarios de Leni e os dous membros do dúo, Paulo Silva e Arturo Pérez. No Recuncho da Palleta recibimos aos Erdeiros dos Morenos co traballo "Viva Lavadores". Ademais presentamos as novidades discográficas de Comando Curuxás e Unto Vello.
World's musics and others 6 months
0
0
19
01:59:54

Lume na palleira 08-03-2026

Treixadura presenta no programa o seu novo disco, "Portalén". Os encargados de facelo son o fundador do grupo, Toniño López, e outros dos integrantesd da banda, Magoia Bodega e Paulo Nogueira. No Recuncho da Palleta falamos das mellores profesoras de gaita galega.
World's musics and others 7 months
0
0
26
01:59:56
More of Radio Galega View more
Pensando en ti Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra Updated
Galicia en goles As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na ACB; Obradoiro e COB na Primeira Federación; Ensino, Celta e Uni Ferrol no baloncesto feminino; Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino; Noia e Burela no fútbol sala masculino; Burela, Ourense, Poio, Marín e O Castro no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo no voleibol; e Crat Coruña, no rugbi feminino. Updated
Como que non? Programa de humor e variedades con Carlos Tresandí Updated
You may also like View more
Mundofonías Emitiendo en medio centenar de emisoras de Europa y América para un país sin fronteras de más de 80 millones de habitantes las mejores músicas del mundo con raíz. Presentado por Juan Antonio Vázquez y Araceli Tzigane, Mundofonías es un programa que viaja por todo el mundo para traerte las mejores músicas, siempre desde la independencia, la curiosidad y la pasión. Sin prejuicios, sin fronteras. Juan Antonio Vázquez y Araceli Tzigane te acercan esos sones maravillosos nacidos de la cultura de los pueblos y de la imaginación fecunda de músicos de todo el planeta… y alrededores. Músicas para descubrir mundos, para redescubrir el mundo. Updated
Aires Celtas Programa de radio semanal dedicado a promocionar, difundir y disfrutar de lo mejor de la música celta. Updated
Go to World's musics and others