
Podcast de Mariña Buján Antelo - CPI Cruz do Sar (Bergondo)

Description of Podcast de Mariña Buján Antelo - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Podcast para o 6º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Alumna: Mariña Buján Antelo. CPI Cruz do Sar (Bergondo).
Esta fotografía está tomada no 1964, e aparece meu avó cun amigo e compañeiro seu chamado Tono. O meu avó chamado Ramón ía vestido cun xersei, por debaixo unha camisa, e na parte inferior uns pantalóns brancos. Tono ía igual pero non levaba xersei. O meu avó era moi traballador e bromista.
Aínda que foi tomada en Venecia, con esas pombas e eses espectaculares edificios no fondo, a historia dela representa moi ben o patrimonio galego.
Eles estaban aló xa que eran mariñeiros e traballaban nun barco e nunha das súas paradas foron a Venecia. Nesa época había moitas persoas que traballaban como mariñeiros, ou nunha fábrica. Tamén había moita emigración, e a xente marchaba a Francia, Estados Unidos ou Latinoamérica, coma algunha xente da miña familia que marchou a Francia.
En Galicia naqueles tempos non había moito diñeiro. As mulleres nesa época non adoitaban traballar, e se o facían era no campo coas leiras, ou coma costureira como facía a miña avoa. Elas coidaban os fillos, e estes ían á escola, mais separaban aos nenos e nenas nas clases, e podía haber nunha mesma clase un neno de 7 anos cun de 12.