Podcast de Marta Vidal García - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Description of Podcast de Marta Vidal García - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Podcast para o 6º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Alumna: Marta Vidal García. CPI Cruz do Sar (Bergondo).
Texto: Na foto que eu escollín están o meu avó paterno e a miña avoa paterna na súa voda na igrexa de San Martiño de Churío, Irixoa.
O meu avó chámase Xosé e naceu o 21 de xuño do 1941 e a mina avoa chamábase María Guadalupe e naceu o 29 de decembro de 1936. Só vive o meu avó vai facer os 82 anos e a miña avoa morreu polo ano 1999 cando só tiña 63 por unha enfermidade que eu descoñezo. Eles dedicáronse a ser labregos e vivir unha vida do campo polo que eles tiñan bastantes terras e animais.
Os meus avós tiveron seis fillos que se chaman Xosé que foi o seu primeiro fillo home, Ana a primeira filla muller, Jesús, Carlos, Carmen e Fernando o último fillo. Eles vivían en Irixoa pero aló polo ano 1992 mudáronse a Monfero pero cando a miña avoa morreu o meu avó es os seus fillos mudáronse a Paderne e cando algúns dos seus fillos casaron, quedaron a vivir alí co meu avó, os meus tíos Xosé, Carlos e Fernando.
Na foto a miña avoa leva unha saia de cor clara que parece branco e unha chaqueta desa cor tamén levaba uns tacóns de cor escura que parecen marrón ou negros e o mue avó levaba un pantalón de traxe negro cunha chaqueta a xogo negra, unha camisa branca e uns zapatos de vestir negros.