¡Disfruta todo 1 año de Plus al 45% de dto! ¡LO QUIERO!
Metrópoles Delirantes
Podcast

Metrópoles Delirantes

108
87

Metrópoles Delirantes é un programa no que falamos de banda deseñada.

Metrópoles Delirantes é un programa no que falamos de banda deseñada.

108
87

MD86 - David Rubín

Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.
Art and literature 8 years
4
0
196
01:00:01

MD85 - Santy Gutiérrez

Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispí­m. Xaime Lis baixa dos seus andeis cósmicos unha gran BD belga, Johann e Pirluit. Con Santy Gutierrez falamos do libro que ven de editar coa editora coruñesa Demo.
Art and literature 8 years
2
0
55
01:00:00

MD84 - Álvaro Pons

Comezamos programa co Sr B e as novas da BD a todo filispí­m. Xaime Lis escolle dos seus andeis cósmicos a un autor dos seus preferidos, Nicolás de Crecy. Enrolamos a Álvaro Pons, un dos máis reputados críticos e divulgadores da BD, con el falamos do estado das cousas dos tebeos.
Art and literature 8 years
2
1
76
01:00:01

MD83 - Jorge Campos

Abrimos programa, como xa é norma, coas novas da BD a todo filispím. O Sr B segue aumentando a lista dos imprescindibeis, desta volta cunha bd da terra, Os Lobos de Moeche de Manel Cráneo. Falamos longo con Jorge Campos, estrea unha obra, titulada Alter-nativo e con ela unha editora, Aira das Letras, de Allariz.
Art and literature 8 years
1
0
50
01:00:01

MD82 - Santiago Paredes

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. O Sr b pecha o circulo e anota no listado de imprescindibeis El ala rota. Tatoo é a primeira obra de Santiago Paredes, un homenaxe ao underground.
Art and literature 8 years
1
0
34
59:15

MD81 - La Espada de San Eufrasio

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Volve Zapi, desta volta coas xoias literarias ilustradas. Viaxamos atrás no tempo ata o medievo galego, ata as terras do Conde de Lemos, nese tempo e nese espazo transcorre a historia da espada de San Eufrasio, falamos con Miguel Fernández o seu debuxante.
Art and literature 8 years
0
0
38
01:00:07

MD80 - Licor Café - Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.
Art and literature 8 years
0
0
57
01:00:01

MD79 - Festival de Cinema e BD de Vilagarcía

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volvemos a embarcar a Xaime nesta dorna da BD para que nos conte cales son os seus cómics favoritos na sección «andeis cósmicos». Falamos con Luis Rosales, director do festival de cinema e Banda deseñada de Vilagarcia, do que se vai celebrar a cuadraxesimo quinta edición do 23 ao 29 deste mes.
Art and literature 8 years
0
0
39
01:00:01

MD78 - Berliac

Neste programa falamos con Berliac, contounos como ve a polemica polo boicot da editora norteamericana ao SadBoi, libro que acaba de ser editado en España, cal é a súa opinión, que buscaba con este libro e moitas máis cousas.
Art and literature 8 years
2
0
51
59:41

MD77 - Fosfatina, Oscar Raña e Cynthia Alfonso

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volve Zapi ás Metrópoles para nos falar dun mito, o gran Jack Kirby nos tebeos xurásicos. No tempo da entrevista falamos con Rubén Romero, señor da Fosfatina e a BD máis adiantada, tamén veñen con el Oscar Raña e Cynthia Alfonso.
Art and literature 8 years
0
0
51
59:59

Onde se escoitan as Metrópoles

Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro! Subscribete xa!
Art and literature 8 years
0
0
21
01:11

Volvemos o 18 de setembro

Comezamos a 5 tempada o 18 de setembro!
Art and literature 8 years
0
0
18
00:53

MD76 - Barea, Guitián e Xove

Rematamos a tempada cun gran fin de festa, invitamos a Leandro Barea, Alberto Guitián e a Dani Xove e fixemos unha tertulia ao máis puro estilo de Ferreras. Un programa espacial de duas horas no que simplemente rimos, criticamos, esbardallamos e volvemos a rir, e sen axudas psicotrópicas. Puro delirio.
Art and literature 8 years
0
0
28
02:00:22

MD75 - Luis Bustos

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, anotamos unha obra recente e absolutamente saborosa, I.D. de Emma Ríos. Falamos con Luis Bustos das súas obras pasadas e da recente Puerta de luz, tamén de Kubrick, Haneke e o apocalípsis, porque somos uns culturetas de carallo. Javi veu dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.
Art and literature 8 years
0
0
12
01:00:01

MD74 - Emilio Fonseca

Comezamos esta emisión programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fora de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.
Art and literature 8 years
0
0
60
01:00:01

MD73 - Abel Alves

Abrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O SrB fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo, La tetería del Oso Malayo de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.
Art and literature 8 years
0
0
56
01:00:00

MD72 - Ana Oncina

Encetamos esta emisión coas novas da BD, a todo filispím. O SrB anota na súa lista de imprescindíbeis o Cacahuequi de Jacobo Fernández, unha banda deseñada premiada co Castelao en 2007. Xa pasaron tres anos e moitas edicións de croqueta y empanadilla e voltan ás metrópoles Ana Oncina, a autora, e Natalia Mosquera, a editora, deste fenómeno que xa vai por 13 edicións e 3 números. Rematamos coas novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. E tamén coa presada de suaj que nos caracteriza.
Art and literature 8 years
0
0
63
01:00:02

MD71 - Elisa McCausland

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Volvemos a embarcar a Zapi que ven cos seus tebeos xurásicos, desta volta un clásico da viñeta española, o Capitán Trueno. Con Elisa McCausland falamos de feminismo e crítica, mais tamén do labor da asociación de autoras, da que foi impulsora. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela.
Art and literature 8 years
1
0
96
01:00:01

MD70 - David Fernández - ECC

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Nos imprescindibéis cabalgamos co vaqueiro que é «máis rápido que a súa sombra», Lucky Luke, un dos grandes personaxes da BD Franco-belga que ven de cumprir 70 anos. No tempo da entrevista falamos con David Fernández un compatriota que traballa na editorial ECC e que nos dará a súa visión do sector do cómic no estado. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela. Todo «salseado» con músicas tremendas.
Art and literature 9 years
0
0
64
01:00:01

MD69 - Altarriba e Kim

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. (Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).
Art and literature 9 years
1
0
66
59:58
You may also like View more
Bookcasters Un padre y sus hijos de nueve y siete años comentan los libros que leen y les han gustado. Un podcast para los amantes de los libros y también para aquellos que quieran descubrir el placer de la lectura. Updated
Podo Falar?! Programa de entrevistas con artistas de diferentes áreas e disciplinas artísticas no que se pretende conversar sobre os seus procesos de creación e motivacións artísticas. Equipo: Pablo Rodríguez Updated
Podcast LA GUIA GASTRONÓMICA Todos los programas de LA GUIA GASTRONÓMICA disponibles desde nuestra fonoteca > http://play.cadenaser.com/emisora/radio_vigo/?autoplay=false Updated
Go to Art and literature