¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 AÑO DE PLUS al 45% de dto ¡LO QUIERO!
Minoría absoluta
Podcast

Minoría absoluta

41
20

Programa de humor, actualidade e crítica social emitido na radio comunitaria coruñesa, Cuac FM. Consta de diferentes seccións onde se tratan todo tipo de temas.

Programa de humor, actualidade e crítica social emitido na radio comunitaria coruñesa, Cuac FM. Consta de diferentes seccións onde se tratan todo tipo de temas.

41
20

El Rincón de la Poesía - Obama nos espía

Moita teima con isto de que Obama nos espía, pero foi en 'Minoría Absoluta' onde dimos a exclusiva da man dos nosos "poetas" Darío Alejandro e Israel Fernando. Dádelle ó play e disfrutade.
Fun and entertainment 12 years
0
0
156
04:05

Sinenita - Los melones del latino

Hai uns anos ocorréusenos a tolería de crear a canción de verán definitiva. Asi pois, algún de nós collimos lapis e papel e, botando man dos clásicos e as súas fórmulas infalibeis, escribimos "grandes obras musicais" que, polo ben da saúde mental de todos, non saíron nunca á luz. E esta que escoitaredes, foi a elixida pola audiencia.
Fun and entertainment 12 years
0
0
121
02:21

Minoría Absoluta 2x28 The last one

Último programa de 'Minoría Absoluta', onde tratamos toda a actualidade da última semana, recompilamos as mellores noticias do boletín desinformativo, falamos de emprendedores, viaxamos ó futuro e nos botamos unhas risas coa 'prensa seria'. Co programa 28 poñemos punto e final a unha segunda tempada moi intensa e divertida asique, xa sabedes, dádelle o play e, ¡a disfrutar!. Feliz verán a todos.
Fun and entertainment 13 years
2
0
237
01:56:59

Minoría Absoluta 2x27 con Javier Méndez

Logo de dúas semanas de 'longa noite de pedra', volvemos de novo ás ondas para tratar toda a actualidade, onde, entre outras cousas, falamos de paro, espionaxe e DNI's. Xa na segunda hora, entrevistamos a Javier Méndez, creador da app 'Tapear gratis', falamos de próteses, ortopedias e Xunta, e tratamos toda a actualidade "seria" desta última semana. Séntate no sofá, reláxate, dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
109
01:56:59

Boletín Desinformativo ESPECIAL FRIKI

Con motivo do Día do Orgullo Friki celebrado o 25 de Maio, no pasado programa quixemos ser partícipes de tal celebración convertindo o noso habitual Boletín Desinformativo nun boletín coas últimas noticias frikis. Se gostas de Star Wars ou O Señor dos Aneis, sen dúbida gustarache escoitar o que preparamos. Dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
89
04:40

Minoría Absoluta 2x26

Despois dunha semana de vacacións, volvemos ás ondas con toda a actualidade, falando de novo da (NON Á) mina de Corcoesto, o Urogalo, as novas esixencias de Bruxelas, o regreso do Sith Ánsar ou o adoctrinamento descarado dos medios públicos. Xa na segunda hora, falamos da ONU e os insectos, tratamos de novo a Lei LOMCE, aprobada o Día das Letras Galegas, e tratamos a 'prensa seria' das últimas dúas semanas. Xa sabes, dalle ó play... ¡e disfruta!
Fun and entertainment 13 years
0
0
129
01:56:59

Minoría Absoluta 2x25

Outra edición máis, e xa van 25... desta vez, falamos sobre a mina de Corcoesto, debatimos sobre o derrumbamento do sistema e tratamos a problemática da emigración da mocidade ó estranxeiro para traballar. Xa na segunda parte, metémonos de cheo coas preferentes e tratamos a prensa "menos" seria. Xa sabedes que podedes seguirnos polo facebook e twitter, e dende a semana pasada, tamén dende o blog somosminoria.blogspot.com. Xa sabes, dalle ó play... ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
115
01:56:59

Minoría Absoluta 2x24 con Marcos Gendre

Un programa máis, onde diseccionamos a actualidade máis raibosa e candente. No vixésimo cuarto programa falamos da suspensión da imputación da Infanta Cristina, de mulleres que non se enteran dos negocios sucios dos seus maridos, de aborto, lei de dependencia e dos chanchullos da Igrexia. Xa na segunda hora, disfrutamos coa entrevista a Marcos Gendre, autor do libro "200 discos de bolsillo...", falamos con Adri sobre a expropiación de pisos a promotoras e bancos, e Antonio nos trae o seu esputable da semana. Xa sabes, dalle ó play... ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
106
01:56:59

Minoría Absoluta 2x23

Nin os festivos libramos, e menos sendo o Día do Traballador, tan escaso ultimamente. E como non podía ser doutro xeito, neste novo programa falamos sobre o novo dato atroz dos parados, debatemos sobre as políticas da executiva popular, Leti nos disecciona a LOMCE -Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación- e Adri nos fala dun tema interesantísimo, a cadea de custodia. Con Leticia Barral, Darío Penas, Alberto Pérez, Adrian Villar, Magic Fingers e Israel Domínguez, o programa 23 desta segunda tempada... ¡dalle ó play!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
74
01:56:59

Minoría Absoluta 2x22

Programa 22 da segunda tempada de 'Minoría Absoluta', onde, como sempre, tratamos a actualidade informativa, desta vez, deixándonos levar pola (conspi/pa)ranoia en torno ós atentados de Boston, preguntámonos cales poderán ser os novos recurtes de Rajoy, Antonio nos trae as últimas novidades en canto a política local, Adri nos fala da nova modificación da Lei de Costas, e tratamos a prensa "seria" da man de Darío. Se queres pasar unhas boas dúas horas, dalle ó play, ¡e disfruta!
Fun and entertainment 13 years
0
0
108
01:56:59

Minoría Absoluta 2x21

Outra edicion máis dun programa cargadísimo de contidos, onde, como sempre, deixamos moitísimos temas no tinteiro. Pero, entre outras cousas, falamos de Venezuela, os fraudes nas eleccións, debatimos sobre a importancia para os medios duns atentados sobre outros, explicamos o que é o fracking, falamos da suposta chegada do home á Lúa, e comentamos a outra prensa "seria". Se queres pasar un rato xenial de radio, ponte cómodo e, ¡dalle ó play!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
105
01:56:59

Minoría Absoluta 2x20

Depois dunha semana de vacacións, volvemos con máis forza que nunca para contarvos toda a actualidade dos últimos días. Entre outras cousas, falamos de Feijóo e as súas polémicas fotos, do novo traballo de Urdangarín, debatimos sobre o futuro da Monarquía e, xa na segunda hora, tratamos a "outra actualidade", Adri nos fala dos diferentes estados xudiciais polos que pode pasar unha persoa, e o Periscopio de Alberto nos trae unha comparativa entre o financiamento da Igrexa e as demáis confesións. Xa sabes, ponte cómodo... ¡e dalle ó play!.
Fun and entertainment 13 years
1
0
90
01:58:14

Minoría Absoluta 2x19

Porque nin en semana santa descansamos, xa está dispoñibel para a escoita e descarga o décimo noveno programa da segunda tempada de 'Minoría Absoluta', onde tentamos conxugar humor e actualidade a partes iguais. Na primeira hora, diseccionamos a actualidade falando da polémica do escrache, e na segunda, deixámonos levar coas noticias máis curiosas, falamos da Lei Lasalle, e visitamos o twitter de Toni Cantó... o de sempre, dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
83
01:56:59

Minoría Absoluta 2x18

Novo 'Minoría Absoluta', o 18 xa desta segunda tempada, onde tratamos a máis raibosa actualidade na primeira hora, dando paso na segunda a unha batalla épica entre Albertito e Darío, onde debaten sobre seguir no euro ou a peseta. E desta vez, contamos tamén no estudo co noso experto en cuestións xudiciais, Adri, para que participe connosco no análise á actualidade. Xa sabes, reláxate, dalle ó play e... ¡disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
100
01:56:59

Minoría Absoluta 2x17 con SHINE

Programa 17 de Minoría Absoluta, onde contamos en exclusiva con Joel, Miguel e Iago, parte integrante da banda coruñesa de Rock SHINE, con motivo do lanzamento do seu novo disco -Unpure-, para falarnos deste proxecto, e conversar sobre música e bandas locais. Non podedes perdervos a entrevista a este grupo con un futuro moi prometedor. Tamén, entre outras cousas, analizamos a parte graciosa da actualidade, preguntámonos qué ocorrería se volvesemos á peseta, viaxamos ate a Área 51 e descubrimos os segredos da frenoloxía... ¡dalle ó play!.
Fun and entertainment 13 years
1
0
136
01:56:59

Minoría Absoluta 2x16

Novo programa de 'Minoría Absoluta', onde falamos dos novos datos do paro, 'celebramos' un ano da reforma laboral do PP e debatemos sobre Hugo Chávez, ¿tirano ou heroe bolivariano?. Na segunda hora, o noso colaborador en cuestións xudiciais Adri nos fala sobre a independencia dos xuíces, Antoñito nos descobre ó "esputable" da semana, Iria nos fala da alma dos mortos e Albertito nos trae un breve resumo da polémica sobre os EREs andaluces. Isto, e moito máis, coa banda coruñesa SHINE como descanso musical. Dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
82
01:56:59

Minoría Absoluta 2x15

Unha nova entrega de 'Minoría Absoluta', onde tratamos, entre outras cousas, feixismos, discriminacións, ultras, desafiuzamentos, beatrices talegones, alternativas politicas, comunistas conservadores... todo isto, e moito máis, no decimoquinto programa de 'MA'. Dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
100
01:57:00

Minoría Absoluta 2x14

Outro mércores máis, ofrecémosvos dúas horas de radio coa máis candente actualidade, moito humor e crítica social. E onte, máis especialmente, xa que celebramos con vós o Día Mundial da Radio. Entre outras cousas, falamos de ILPs, Papas de dimiten, Baltar o Cacique Bo e delitos no Entroido. Dalle ó play, ¡e disfruta!.
Fun and entertainment 13 years
1
0
86
01:57:00

Minoría Absoluta 2x13

Comeza Febreiro e comezan as nosas emisións de dúas horas. Como xa adiantamos, o programa duplica o seu tempo, unha experiencia nova para todos nós. E como non podía ser doutro xeito, na primeira hora falamos do famoso Caso Bárcenas, para na segunda hora, dar paso os nosos colaboradores e as súas seccións, onde Iria nos trae os titulares da prensa estranxeira, Adri nos fala do dereito á intimidade tralo caso das famosas "palexqueras", e Antonio nos comenta unhas efemérides moi curiosas. Xa sabedes, dúas horas cargadas de actualidade, opinión, crítica social, e moito humor. Dádelle ó play... ¡e disfrutade!.
Fun and entertainment 13 years
0
0
87
01:56:50

Minoría Absoluta 2x12

Unha edición máis de Minoría Absoluta, onde tratamos a máis raibosa actualidade, falamos de extraterrestres e paz, e adiantámosvos en exclusiva que, a partir de Febreiro, emitiremos dúas horas máis... ¿seremos quen de conseguilo?. Lémbrao, a partir do mes que ven, emitiremos tódolos mércores de 22 a 00 h. na radio comunitaria coruñesa, Cuac FM.
Fun and entertainment 13 years
0
0
89
59:12
You may also like View more
Gibraltar Serà Sempre Nostre Tenim un tupper amb preguntes aleatòries. Convidem a algú i les respon amb nosaltres. Som el @gestadella i el @manelrova. Updated
La Juventud del Papa Consultorio veraniego de CUAC FM. Updated
La Parroquia del Monaguillo La Parroquia del Monaguillo Updated
Go to Fun and entertainment