iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Laboratorio de Radio NALINGUA, lecturas dun neofalante
NALINGUA, lecturas dun neofalante
Podcast

NALINGUA, lecturas dun neofalante

13
82

Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA...
O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID.
Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...!


Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA...
O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID.
Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...!


Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

13
82
NALINGUA 10: Scórpio
NALINGUA 10: Scórpio
Se este podcast fora sobre Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, merecería un episodio ao nivel dunha obra conmovedora, complexa e que amosa o enorme talento literario dun dos máis grandes estudosos do galego. Comeza, NALINGUA! Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Agradecementos a Henrique Rabuñal, Eduardo Maragoto e Pilar García NegroMúsicas empregadas:  Rap Nalingua, por BreaMc Forro, por Caamaño & Ameixeiras Groovy Baby, por Med Pus, por Jonas the Plugexpert  Minced Daikon, por Nick Kuepfer  Reunion, por Jahzzar
Art and literature 3 years
0
0
2.7k
08:16
NALINGUA 9: Virtudes (e misterios)
NALINGUA 9: Virtudes (e misterios)
NALINGUA en directo desde a Libraría Biblos de Betanzos co autor de Virtudes (e misterios), Xesús Fraga, Isabel Sánchez, unha das protagonistas do libro e Malores Villanueva, profesora, editora, crítica literaria e doutora en filoloxía galega pola USC. Unha muller cargada de bolsas camiña por Londres. Polo seu Londres. Esa muller é o resultado dunha metamorfose, dunha mudanza forzada. É unha historia de emigración, desas que constrúen a identidade dun pobo que só pensa nos seus, nas súas. Esa muller encadea traballos, un detrás doutro; percorre unha cidade enorme que fai pequena cun corpo no que agroman os soños e os folgos. Os soños de que a súa xente nunca lle falte de nada. Os folgos pra que eses soños se convirtan en realidade. Se este podcast fose en inglés falaría de Betty. Se este falangullo falase en galego, cambiaría as rúas da city polas de Betanzos e tería un nome propio: Virtudes Edreira. Comeza, NALINGUA! Grazas por todo, Xesús Fraga, autor do libro Virtudes e misterios. Grazas Isabel Sánchez, emigrante, loitadora, curiosa e valente. E grazas polas túas achegas e polo traballo a prol da literatura en galego, Malores Villanueva. Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Grazas por todo A Xesús Fraga, autor do libro Virtudes (e misterios). Grazas a Isabel Sánchez, emigrante, loitadora, curiosa e valente. E grazas polas achegas e polo traballo a prol da literatura en galego de Malores Villanueva. Grazas tamén a Carmela, Pilar e Tucho, da Libraría Biblos A todas as voces que formaron parte deste podcast: Leonor Sánchez, os compas do Té Con Gotas, Pilar Izquierdo, Christian Beaven, Susana Doel, David Fernández, Xavier Sánchez, Domingo Gómez, Eva Moreda e ao colexio Víctor Sáenz de Mazaricos. Na produción e técnica estivo o gran Daniel Vidal, a persoa que fixo que NALINGUA fose video foi Xabier Martínez e na edición estivo Lucía Abarrategui. Músicas empregadas: Rap Nalingua, por BreaMc Forro, por Caamaño & Ameixeiras Brooks, April e Denouement, por Kai Engel Bumble, Through The Lens e Worky Worky, por Andy G. Cohen Transparent e Peace Within, por Peter Rudenko
Art and literature 3 years
0
0
438
01:42:24
NALINGUA 8: Darío a diario
NALINGUA 8: Darío a diario
Se este falangullo fose poesía...falaría dunha nai e dun fillo. Dun legado, do asombro do nacemento. Do amor, da aprendizaxe, da vida. Do grande poema que é un fillo para unha nai poeta. Hoxe, en NALINGUA, 'Darío a diario', de Xela Arias. Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Agradecementos a Eli Ríos e Darío Gil Arias. Músicas empregadas: Rap Nalingua, por BreaMc Forro, por Caamaño & Ameixeiras Cold Spring, por Luno Iced Spring Theme, por Peter Rudenko Daemones, por Kai Engel
Art and literature 3 years
0
0
403
07:31
NALINGUA 7: Infamia
NALINGUA 7: Infamia
A néboa, a friaxe, a chuvia. En Infamia, de Ledicia Costas (Xerais), a meteoroloxía ten un papel clave. Infamia repta entre a dor dos segredos agochados, a tristura do silencio e a brétema da inmensa pena que respira o lugar onde todo sucede: Merlo. Sentimentos que non se ven, pero que si se sinten. Mergúllate con nós en Infamia. Comeza, NALINGUA! Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Agradecementos a Ledicia Costas por ler en alto os poemas do poeta canario Félix Francisco Casanova. Músicas empregadas: Rap Nalingua, por BreaMc Forro, por Caamaño & Ameixeiras Kai Engel, por Salue, Mercy, Maree, Aveu e Cendres. Kosta T, por пальцы в яд.
Art and literature 3 years
0
0
421
09:07
NALINGUA 6: Cartas de Inverno
NALINGUA 6: Cartas de Inverno
Se este podcast fose unha carta, comezaría así... CONTROL MÚSICA CARTA Querida persoa que escoitas, Como estás? Hai xa un tempo que ti máis eu non falabamos. Escríboche desde esta terra sonora cercana que é o podcast. Como ben sabes, ou non, pero agora xa o saberás, son Sergio Pascual, neofalante de Valladolid. E este falangullo é NALINGUA no que falamos de.... Un momento, se é unha carta ten que soar o son do bolígrafo, da pluma ou do que sexa... digo eu... CONTROL FX BOLÍGRAFO Agora si. Dicíache, persoa que me escoitas, que este episodio de NALINGUA vai sobre un deses libros de meigas que enmeiga dun autor namorado de Lovecraft e que espallou o galego alén de Galicia. Hoxe, escribimos sonoramente a Agustín Fernández Paz e as súas Cartas de Inverno. Comeza, NALINGUA... Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Grazas ás voces de Xavier Sánchez e David Fernández, Adrián Novoa e Xabier Louzao. Grazas tamén ao CEIP Víctor Sáenz polo seu agarimo e facilidades. Músicas empregadas: спрятки e заговорил, de Kosta-T Añada, de Jahzzar I dunno (ft. J Lang, Morusque) Forro, Caamaño e Ameixeiras.
Art and literature 3 years
0
0
525
08:22
Volve, NALINGUA. Segunda Temporada
Volve, NALINGUA. Segunda Temporada
Volvemos con moita literatura. Presentamos temporada coa seguinte lista de libros galegos: Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz. Infamia, de Ledicia Costas. Darío a diario, de Xela Arias. Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero. Un podcast producido por Vinte e Laboratorio de Radio co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Art and literature 3 years
0
0
425
02:08
Carvalho Calero: Compromiso e Resistencia por Laboratorio de Radio Letras Galegas 2020
Carvalho Calero: Compromiso e Resistencia por Laboratorio de Radio Letras Galegas 2020
Achegarse á figura de Ricardo Carvalho Calero é bater coa incredulidade. É difícil crer que un persoeiro tan senlleiro, fora condeado durante moito tempo a unha sombra que deixou a escuras achegas fundametais en tantos eidos. Se Carvalho Calero non existise, habería que inventalo mais inventar a un polígrafo non é unha tarefa sinxela. Un documental sonoro de Laboratorio de Radio para celebrar o Día das Letras Galegas 2020
Art and literature 4 years
1
0
307
21:28
NALINGUA 5: Memorias dun neno labrego
NALINGUA 5: Memorias dun neno labrego
Desde que cheguei a Galicia souben que un libro que tiña que ler era 'Memorias dun neno labrego'. Polo que teño entendido, o libro máis lido e traducido da literatura galega. Para min, o mellor xeito de entender Galicia e a súa xente. E todo da man e voz dun rapaz especial, dun tal Balbino, dun tal Xosé Neira Vilas. Sergio. Un rapaz de cidade: Valladolid. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, neofalante. Veña, comeza NALINGUA! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. D´aquí vexo os seus campos, Melodia Gallega, de Ignacio Tabuyo (1911). Campás Chamando Á Misa En San Simón, Consello da Cultura Galega.
Art and literature 4 years
3
0
304
07:22
NALINGUA 4: Luns
NALINGUA 4: Luns
Hai libros fastidiados. Que doen durante a lectura e que te deixan tocado. Luns de Eli Ri?os e? un deses. Percorremos coa súa protagonista, Nerea, un día a día cheo de arrecendos, sentimentos e sensacións que fan desta novela unha experiencia sensorial inmersiva. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Downhouse Duo ft. DU e Mmmmmmacbeth por Kosta T
Art and literature 4 years
3
0
234
06:56
NALINGUA 3: Anagnórise
NALINGUA 3: Anagnórise
Se a literatura por unha banda e o podcast por outra son un xeito de viaxar, hoxe, en NALINGUA, viaxamos a esgalla... 'Anagnórise', de María Victoria Moreno, é unha desas obras que vai directa ao corazón. Acompañamos ao prota, Nicolau, nunha travesía pola adolescencia e todos os seus problemas. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Bloom, de Jahzzar (CC BY-SA 4.0)
Art and literature 4 years
2
0
258
06:23
NALINGUA 2: A Esmorga
NALINGUA 2: A Esmorga
'A Esmorga' é unha das grandes obras da literatura galega. Eduardo Blanco Amor narra a tráxica troula de Cibrán, Bocas e Milhomes; tres inadaptados que percorren as rúas de Auria cun triste final. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Nos caneiros, Alalá de Ourense, Coral de Ruada de Ourense (1945). L'Etoile danse Pt 2, de Meydn (CC by 4.0).
Art and literature 4 years
3
0
339
06:57
NALINGUA 1: O misterio dos fillos de Lúa
NALINGUA 1: O misterio dos fillos de Lúa
'O misterio dos fillos de Lúa', de Fina Casalderrey, é unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea.
Art and literature 4 years
5
0
303
05:18
Ola! NALINGUA: Episodio 0
Ola! NALINGUA: Episodio 0
Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA... O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID. Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...! Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregradas baixo licenza CC BY: Forro, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Backed Vibes Clean, de Kevin MacLeod Little Lily Swing, de Tri-Tachyon
Art and literature 4 years
3
3
268
02:18
More of Laboratorio de Radio View more
Cuéntame Otra
Cuéntame Otra 'Cuéntame otra' es un programa para aquellos/as que no tienen tiempo para ver series, pero quieren hablar de ellas, o para aquellos/as que están pensando en ver una serie u otra. Ironía, profundidad e inclusión social para que nadie te deje fuera de las conversaciones seriéfilas. Venga, cuéntame otra, en SpainMedia Radio. Cuéntame otra es una producción del www.incubandoradio.com Música: Audionautix. Voz careta: Federico Volpini Updated
Podcast Radio Itinerante Creativa en BETANZOS
Podcast Radio Itinerante Creativa en BETANZOS Una radio nacida desde la diversión y las ganas de aprender de un conjunto de redactoras que vuelvan sus experiencias y conocimientos nacida en 2014 y con un gran futuro por delante. Ellas son las ondas brigantinas. Ellas son Betanzos Radio. Updated
Creator' lists View more
A son de Risco
You may also like View more
Palavra perduda
Palavra perduda Neste espaço abordaremos fundamentalmente temas literários. Bem mediante a análise crítica de um ou vários livros. Bem centrando-nos no perfil dum autor ou autora salientável, ou que desejamos tratar devido à relevância ou impacte da sua obra. Bem-vindas serám as aportaçons e intervençons doutras persoas, convidadas a fim de complementar o nosso ponto de vista. Nom se descarta algumha entrevista, de produzirem-se eventos literários na Cidade Departamental, ou apresentaçons de novas obras aos ouvintes em boca dos seus próprios criadores. Haverá tamém umha secçom fixa especializada em literatura lusófona. Co objectivo de achegar à audiência a literatura produzida noutros países na nossa língua, tentaremos espertar a curiosidade —senom o interesse— por obras clássicas e mais modernas, sem seguir umha estrita orde cronológica. As mais das vezes, podem estar relacionadas co tema geral do programa; ou todo o contrário, usando-as como sugestivo contraponto final. Updated
Libros para as medras
Libros para as medras Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar. Updated
Fan Fan en VINTE
Fan Fan en VINTE FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas. Updated

Go to Art and literature