No fondo
Podcast

No fondo

56
12

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación. Un día que está a caza de clientela tropeza "por casualidade" con Ramón, un antigo mozo. Ramón é un policía que está pasando uns días de vacacións na cidade cuns compañeiros de traballo. Convida a Xiana a sentar á mesa con eles e saca, de novo "por casualidade", o tema da lenda da caixa forte da Caixa Universal. A lenda di que no soto da oficina central da Caixa Universal, agora asulagada, hai moreas de moreas de billetes á espera de que alguén vaia por eles. Xiana ri deles, di que é un conto para turistas pero Ramón insiste ate que Xiana cae na tentación de ir comprobalo.

Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación. Un día que está a caza de clientela tropeza "por casualidade" con Ramón, un antigo mozo. Ramón é un policía que está pasando uns días de vacacións na cidade cuns compañeiros de traballo. Convida a Xiana a sentar á mesa con eles e saca, de novo "por casualidade", o tema da lenda da caixa forte da Caixa Universal. A lenda di que no soto da oficina central da Caixa Universal, agora asulagada, hai moreas de moreas de billetes á espera de que alguén vaia por eles. Xiana ri deles, di que é un conto para turistas pero Ramón insiste ate que Xiana cae na tentación de ir comprobalo.

56
12

No fondo: capítulos de 41 a 51

Episode in No fondo
Agrupación dos once últimos capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións. Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo
Art and literature 4 years
0
0
169
01:27:19

Capítulo 51. O mar sempre volve ó seu

Episode in No fondo
Este é o derradeiro capítulo da novela No fondo, e non vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido e iso que eu son desas ás que lles gusta saber o final para valorar se a historia paga a pena. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os cincuenta capítulos anteriores, ou, ou que os vaias escoitar se miraches o final no libro e pensas que vai pagar a pena (Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo).
Art and literature 4 years
0
0
24
16:04

Capítulo 50. Tempo de desconto

Episode in No fondo
Xiana, Salva e Carlos quedan no Porto de Lorbé mentres ven desaparecer a lancha que as trouxo na escuridade da noite, poñendo punto final á historia do tesouro, á gaita da conspiración, á leria da Little Venice e á todo o que tiña que rematar; e aínda así, espera atopar a Ramón ó chegar á súa casa.
Art and literature 4 years
0
0
20
07:10

Capítulo 49. Conta atrás

Episode in No fondo
Andrés bota a correr aproveitando que Carlos se distraiu ca presencia de Xiana e Salva. Cando Carlos nota a súa falta bota a andar polo hangar seguindo uns pasos que escoita ó fondo dun corredor. Xiana e máis Salva van detrás del sen decatarse de que cada vez está máis escuro, de que descoñecen o que as agarda dentro e de que xa non saben por onde hai que saír.
Art and literature 4 years
0
0
23
07:31

Capítulo 48. Contrarreloxo

Episode in No fondo
Carlos leva a Andrés collido polo pescozo e a punta de pistola ó hangar dos helicópteros plegables, para que lle dea os cartos dos que lle oiu falar ó seu sogro. E, pese ás advertencias de Carlos, Xiana y Salva van detrás deles e cando entran no hangar, ven a Carlos dando voltas mirando ó teito desesperado.
Art and literature 4 years
0
0
23
05:41

Capítulo 47. Adrenalina

Episode in No fondo
Xiana desperta no chan da súa casa diante de Sandra, Salva, Paco, Alberto, Andrés e Alicia. A parte da sorpresa alegre de volver ver a Sandra despois duns días sen saber dela e a vergoña de despertar espida diante de tanta xente, vai levar un bo susto.
Art and literature 4 years
0
0
19
06:45

Capítulo 46. Tocando fondo

Episode in No fondo
Despois de entregarlle as escrituras á Concellala van á casa de Xiana, ela desconfía da actitude de Ramón, pensa que el sospeita algo das escrituras que lle roubou, pero, en realidade, a cousa non vai por aí.
Art and literature 4 years
0
0
11
05:50

Capítulo 45. Poder

Episode in No fondo
No camiño da casa de Argimiro ó punto de entrega das escrituras á concellala, Xiana sinte o poder das escrituras e cae na tentación de coller tres delas, aproveitando que Ramón está concentrado en chegar a tempo. O problema vai ser atopar onde agochalas para que Ramón non a descubra.
Art and literature 4 years
0
0
14
11:01

Capítulo 44. Argimiro reload

Episode in No fondo
Unha vez Ramón se "decata" de que as escrituras non son auténticas volven á casa de Argimiro, entra adoecido e ameázao con destruír o máis preciado que ten se non lle entrega as escrituras verdadeiras.
Art and literature 4 years
0
0
11
05:09

Capítulo 43. Argimiro disconection

Episode in No fondo
Xiana e Ramón volven ca carpeta das escrituras que lles dou Argimiro. Fan unha parada no hotel de Ramón onde éste selecciona unhas escrituras, que lle dá a Xiana para gardar mentres el vai entregarlle á Concellala a carpeta co resto das escrituras. Por pasar o tempo, Xiana, xa na súa casa, bótalle un ollo ás escrituras que colliu Ramón.
Art and literature 4 years
0
0
11
07:24

Capítulo 42. Argimiro conection

Episode in No fondo
Argimiro é un funcionario gris dos funcionarios grises de toda a vida, con sona de home íntegro porque nunca ansiara participar nas intrigas do Concello. É por iso que as concellalas pensan nel para que lles bote unha man co das escrituras, poñendolle ó alcance da man unha oportunidade que nunca soñara.
Art and literature 4 years
0
0
10
08:29

Capítulo 41. Amencer

Episode in No fondo
Xiana e Ramón despertan no Dique de Abrigo, o bosque desapareciu e a marea está baixando. Ramón fala ca concellala para averiguar a identidade do seu cómplice e quedan con el para falar das escrituras.
Art and literature 4 years
0
0
11
07:39

No fondo: capítulos de 31 a 40

Episode in No fondo
Agrupación dos dez capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións.
Art and literature 4 years
0
0
12
01:12:49

Capítulo 40. Fiando fino

Episode in No fondo
O concellal sabe que se lle foi a lingua co seu xenro e chama a Andrés para ver como vai a cousa. Andrés está no hangar supervisando a descarga dos maletíns, cando Ramón chega e se pon a abrilos con moita ansia.
Art and literature 4 years
0
0
9
06:08

Capítulo 39.Tecendo a tea

Episode in No fondo
Carlos decide chamar a Salva para tratar de sacarlle algo de información e chegar ós cartos antes que o seu sogro. Salva pensa que quere falar do seu caso e insístelle para quedar esa mesma noite. Quedan nun bar e, tras unhas compas, Salva acaba contándolle toda a historia.
Art and literature 4 years
0
0
12
06:59

Capítulo 38. O bosque animado

Episode in No fondo
Xiana e Ramón camiñan polo bosque sen rumbo, só guiadas pola marea e rematan nun peñasco ó final do Dique de Abrigo porque Ramón cansa de andar e teme morrer afogado, claro que dicirlle a Xiana que na vida hai máis ca cartos, tampouco lle axuda moito a sobrevivir.
Art and literature 4 years
0
0
13
05:10

Capítulo 37. Que dixeches que dixen?

Episode in No fondo
Alberto vai todo o camiño cara a casa de Xiana pensando na maneira de escaquearse. Por sorte, cando están diante do posto de filloas, a piques de comezar co plan, aparecen unhas turistas que lle enchen o ollo a Andrés e ambos marchan con elas, librándose ter que "entreter" a Salva; aínda que terán que volver para rematar o traballo.
Art and literature 4 years
0
0
10
06:17

Capítulo 36. Que dis que dixeches?

Episode in No fondo
A Alberto non lle parece ben o plan que traza Ramón para quedar cos cartos unha vez Xiana os saque das profundidades, e moito menos ben lle parece a idea que lle plantexa de que ten que "entreter" a Salva, mentres él se encarga de Xiana.
Art and literature 4 years
0
0
14
07:09

Capítulo 35. Perdid@s

Episode in No fondo
Xiana e Ramón adéntranse no bosque que naciu da semente dun metrosidero dos que había nos antigos Xardíns de Méndez Núñez. Ela faino aproveitando a cara de pánico de Ramón, coma unha coacción sutil para facerlle confesar todo o que ten que confesar, sen decatarse de que, ela, tampouco ten demasiada experiencia camiñando por aquela zona.
Art and literature 4 years
0
0
15
05:50

Capítulo 34. Conspiración

Episode in No fondo
María, Josefa e Carme afrontan xuntas o trato inxusto que reciben o seus departamentos en favor do de Urbanismo, e deciden urdir un plan para sacar proveito da operación que sospeitan que están artellando desde o Concello polo do maremoto.
Art and literature 4 years
0
0
12
10:30
More of raquelcoutoantelo View more
Deep down A tsunami floods A Coruña, that’s why all the population has to move to the metropolitan area, leaving the prior A Coruña abandoned; to make the few people remaining there leave their homes government decrees zero zone and they cancel all the supplies. However, this few people gets by with colourful small business that attract tourism and recovering things that had been left there under the water. Xiana belongs to this last group and she earns a life with the resources the new situation offers. One day seeking for customers she bumps "by chance" into Ramón, an old boyfriend. Ramón is a policeman that is in the city on vacations with some job-partners. He invites Xiana to their table and drops, "by chance" again, the Universal Savings Bank’s strongroom legend. The legend says that in the basement of the Universal Savings Bank’s head office, now flooded, there are loads and loads of money waiting for someone to take them. Xiana laughs at them, she says it’s a story for tourists, but Ramón insists until Xiana gives in to the temptation of checking it. Updated
Dominio Esta é a apaixoante historia dun Dominio en busca das súas orixes nunha viaxe trepidante na que contará ca axuda do investigador que era tan bo que todos dicían que era Lapolla, da estilosa Señorita New Look e ata, quen o diría, do malvado malvadísimo Doutor TCP/IP. Updated
Me cago en el demonio de Anllóns Diana trabaja de asesora de empresas, tiene un nivel económico aceptable, no tan bueno como le gustaría, pero aceptable; y, aún así, le gusta aprovechar las cosas que encuentra al lado de los contenedores de basura para decorar su casa. Disfruta tanto del ahorro como del proceso de restauración. Un día encuentra un sillón con un estampado que le llama la atención, pero que está desfondado. Ya en casa, comienza a desmontarla para limpiarla y arreglarla y descubre que, por debajo, tiene unos versos escritos. Los versos le hacen gracia y los suelta a la mínima ocasión que se le presenta sin saber que lo que está haciendo, en realidad, es desconjurar, es decir, liberar al demonio de Anllóns. Puedes descargar la novela, gratis, en: https://www.bubok.es/libros/212953/me-cago-en-el-demonio-de-anllons Updated
You may also like View more
Trauma Generacional con Rosita y Fran Unete al trauma generacional con Rosita y Fran. Un viaje hacia lo más profundo de la mente humana... traumageneracional@gmail.com Addicted por The Zombie Dandies, podéis escucharla en: https://freemusicarchive.org/music/Zombie_Dandies/Zombie_Dandies_EP/The_Zombie_Dandies_-_Zombie_Dandies_EP_-_02_Addicted Updated
The Dark Is Rising A young boy’s time-travelling fight against ancient evil. When the Dark comes rising, who will hold it back? This dramatisation of Susan Cooper’s cult novel is a magical journey into the supernatural. Updated
Relatos Salvajes Espacio dedicado a audio relatos de aventuras, fantasía, ciencia ficción y terror, narrados con voz humana, dirigido a aquellos que no tienen tiempo para sentarse y leer ¡Sed bienvenidos! Updated
Go to Art and literature