Podcast de Noa Veiga Sánchez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Description of Podcast de Noa Veiga Sánchez - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Podcast para o 6º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Alumna: Noa Veiga Sánchez. CPI Cruz do Sar (Bergondo).
Texto: Nesta foto vemos á miña avoa, Teresa e á súa irmá Mari, que tamén é a madriña da miña nai. Mari naceu en 1954 e a miña avoa en 1956. Aquí terían 3 e 5 anos, polo que a foto sería de 1959.
O que podemos ver na foto é que as dúas nenas teñen o pelo curto e castaño. A miña avoa lévao recollido nunha cola, Mari o leva solto e rizo. As dúas están vestidas iguais, algo moi habitual entre irmáns que se levan pouco tempo, coa súa roupa de domingo. Levan unha camiseta de pescozo alto e cor branca, unha chaqueta de punto curta e con botóns, dunha cor un pouco máis escura que a camiseta, aínda que non podemos saber exactamente cal era, xa que a foto está en branco e negro. Levan tamén uns pantalóns estreitos de cadros de cor escuro, calcetíns claros e unhas bailarinas de pulseira. Tamén vemos que levan as súas bonecas. As bonecas son de tamaño medio, tipo Nancy. Teñen o pelo longo e escuro recollido en dúas coletas un vestido branco cuns botóns diante e unhas sandalias tamén brancas.
Na foto as dúas están con aspecto serio, probablemente un pouco asustadas pola novidade, de feito a miña avoa vese que está agarrando a man do seu pai. A foto tomouse na rúa, diante da tenda de fotos, xa que podemos ver parte do escaparate da tenda, onde se aprecian retratos doutras persoas.