iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Clúster da Biomasa de Galicia O podcast da biomasa
O podcast da biomasa
Podcast

O podcast da biomasa

8
5

O podcast da biomasa é un espazo onde abordamos o mundo da biomasa desde múltiples perspectivas, valéndonos da experiencia e o coñecemento de destacados profesionais, expertos e investigadores do sector en Galicia.

Únete a nós e descubre a importancia que ten a biomasa no camiño cara un futuro máis verde.

Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.

O podcast da biomasa é un espazo onde abordamos o mundo da biomasa desde múltiples perspectivas, valéndonos da experiencia e o coñecemento de destacados profesionais, expertos e investigadores do sector en Galicia.

Únete a nós e descubre a importancia que ten a biomasa no camiño cara un futuro máis verde.

Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.

8
5
O podcast da biomasa | Episodio 8
O podcast da biomasa | Episodio 8
Na nosa comunidade temos a sorte de contar cun rico patrimonio forestal, que serve para quentar os nosos fogares, e tamén contribúe á sostibilidade e o desenvolvemento económico da rexión. Ao longo do tempo, a biomasa pasou de ser unha necesidade básica a ser unha solución tecnolóxica respectuosa co medio ambiente. No episodio de hoxe acompáñannos PABLO ALONSO, de Ecoforest, e MANUEL MEIJOMIL, de Leña Galicia. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 6 months
0
0
12
19:39
O podcast da biomasa | Episodio7
O podcast da biomasa | Episodio7
Sabías que a riqueza bosque galego está cifrada en máis de 43.000 millóns de euros? Así o estiman os expertos do sector forestal, un dos máis importantes para economía galega. As empresas familiares xogan un papel fundamental no manexo e o aproveitamento sostible dos recursos forestais, ademáis de xerar emprego e riqueza. No episodio de hoxe acompáñanos LAURA LOZANO, directora comercial de Maderas Goiriz, un serradoiro familiar de Vilalba (Lugo). Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 9 months
0
0
11
10:32
O podcast da biomasa | Episodio 6
O podcast da biomasa | Episodio 6
Galicia é unha zona cun gran potencial para a xeración de enerxía baseada na biomasa grazas ao aproveitamento dos nosos propios recursos forestais. Segundo as últimas advertencias da Axencia Internacional da Enerxía, o mundo debe cuadriplicar o ritmo anual de incremento de enerxías renovables. No episodio de hoxe acompáñanos JORGE MANUEL BLANCO, subdirector de Promoción Internacional e Rural Intelixente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 10 months
0
0
16
18:11
O podcast da biomasa | Episodio 5
O podcast da biomasa | Episodio 5
O monte é un dos elementos máis característicos da nosa terra. Case a metade do territorio galego está cuberto por árbores. Así o reflicte o Inventario Forestal Continuo de Galicia. Esta realidade demostra a necesidade que temos de coidar os nosos espazos naturais. Por iso, neste episodio contamos con Carmen Rial, presidenta de BIOeCO2, unha asociación profesional do ámbito forestal e do medio natural. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 11 months
0
0
15
09:10
O podcast da biomasa | Episodio 4
O podcast da biomasa | Episodio 4
Nos últimos anos, a Xunta de Galicia promove a instalación de redes de calor con biomasa en empresas e administracións públicas. Atopamos algúns exemplos que xa están en funcionamento, como son a rede de calor de Silleda ou a do complexo deportivo de Frigsa, en Lugo. Pero, sabemos que é realmente unha rede de calor e como é o seu funcionamento? Manfred, profesional da compañía alemana Enerpipe, acompáñanos neste episodio para falarnos deste tipo de instalacións. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 1 year
0
0
27
11:37
O podcast da biomasa | Episodio 3
O podcast da biomasa | Episodio 3
Un dos obxectivos que persegue a Xunta de Galicia coa Estratexia da Biomasa é a instalación de caldeiras de biomasa nas empresas. Ademais, o goberno galego busca o impulso do aforro e a eficiencia enerxética. De feito, a instalación de equipos de biomasa en Galicia segue en aumento. Segundo o Observatorio da Biomasa de AVEBIOM, no ano 2020, estímase que nas instalacións de máis de 50 kW houbo arredor de 1120 caldeiras en funcionamento. Neste episodio falamos con Antonio Comesaña, enxeñeiro técnico industrial en automática e electrónica, que actualmente traballa na área de automatización e procesos de control de CEAMSA, a Compañía Española de Algas Marinas. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 1 year
0
0
17
07:57
O podcast da biomasa | Episodio 2
O podcast da biomasa | Episodio 2
As universidades son un factor importante no eido da investigación. Un exemplo disto é a Universidade de Vigo, un dos socios do Clúster da Biomasa de Galicia. Neste segundo episodio contamos coa participación dun dos seus investigadores, Luis Ortiz, que é autor do primeiro libro que se publicou en España sobre a biomasa como fonte de enerxía renovable no ano 2006. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 1 year
0
0
37
14:43
O podcast da biomasa | Episodio 1
O podcast da biomasa | Episodio 1
Os bosques e a madeira son riqueza en Galicia e para aproveitar verdadeiramente estes recursos, o sector deu un paso adiante coa creación do Clúster da Biomasa de Galicia. Agora, pouco máis de dous anos despois, bota a andar este novo espazo sonoro, centrado no poder da biomasa. Neste primeiro episodio contamos coa presenza do presidente do Clúster, Francisco Álvarez. Este podcast está cofinanciado polo IGAPE, o instituto Galego de Promoción Económica ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Business and industry 1 year
0
0
53
15:07
You may also like View more
Pau Ninja
Pau Ninja Criptocapitalismo macroeconómico para ninjas de la vida. Updated
Finect Talks
Finect Talks Finect Talks, el podcast que te ayuda a invertir mejor. Hablamos de ahorro e inversión de una forma entretenida y con un invitado semanal. https://www.finect.com/ Updated
Kapital
Kapital La psicología del dinero Updated
Go to Business and industry