iVoox Podcast & radio
Download app for free

Podcast
O Son das Aulas
25
14
PRESENTACIÓN OSDA. PROGRAMA 1. CURSO 2020/21
Proxecto do Club de Letras, a través de O Son Das Aulas, no IES Ramón Menéndez Pidal
PRESENTACIÓN OSDA. PROGRAMA 1. CURSO 2020/21
Proxecto do Club de Letras, a través de O Son Das Aulas, no IES Ramón Menéndez Pidal
Programa 3. Club de lectura
Episode in
O Son das Aulas
Lucila Poncela de 1.º ESO C, Lois Faraldo de 1.º ESO A e Yasmin Vaz de 1.º ESO A ,non só leron e comentaron moitas tiras de Mafalda coa súa profesora Gloria, senón que tamén se achegaron até a radio para compartir as súas experiencias a través da OSDA. Queden así esas ideas expresadas aparentemente de xeito infantil polo noso personal máis novo para que as valoremos durante todas as nosas existencias.
03:27
Programa 5. Ciencia e tecnoloxía na radio. Intelixencia artificial.
Episode in
O Son das Aulas
Verónica Bolón, doutora e profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), e académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, impartiu a charla "Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero" no noso salón de actos ante o alumnado de 1º e 2º BAC. Nela quixo animar ás rapazas, fundamentalmente, a optar por unha saída científica para as súas carreiras. Depois, Aldara Raso e Claudia Seivane, alumnas de 2º BAC A, fixéronlle unha entrevista na radio que xa forma parte do noso arquivo sonoro.
11:02
Programa 4. Ciencia e tecnoloxía na radio.11F
Episode in
O Son das Aulas
A Doutora Lucía Ramos García, profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, é entrevistada polas alumnas Iria, Sara e Leire de 1.º BAC con motivo da Semana da Muller e a Ciencia.
07:21
Podcast 4. Márketing Dixital.RRSS.
Episode in
O Son das Aulas
Programa elaborado polo alumnado de 1.º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais co profesor de Márketing Dixital, José Fernández.
04:26
Podcast 3. Márketing Dixital. Márketing publicitario.
Episode in
O Son das Aulas
Programa elaborado polo alumnado de 1.º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais co profesor de Márketing Dixital, José Fernández.
08:39
Podcast 2. Márketing Dixital. A ruptura de Shakira e Piqué.
Episode in
O Son das Aulas
Programa elaborado polo alumnado de 1.º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais co profesor de Márketing Dixital, José Fernández.
03:52
Podcast 1. Márketing Dixital. E-Commerce
Episode in
O Son das Aulas
Podcast elaborado polo alumnado de 1.º Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, co seu profesor de Márketing Dixital, José Fernández.
06:31
Programa 3. Ciencia e tecnoloxía na radio. Entrevista #11F.
Episode in
O Son das Aulas
Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC. Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.
10:31
Programa 2. Ciencia e tecnoloxía na radio. Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.
Episode in
O Son das Aulas
As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos Xoel Rego de 1. º BAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.
10:46
Programa 2. Club de Lectura
Episode in
O Son das Aulas
Neste segundo programa correspondente á sección do Club de Lectura, é o grupo de 1.º da ESO que coordina Alba Tizón e que comenta as súas impresións sobre o libro "El curioso incidente del perro a medianoche", de Mark Haddon
Os alumnos e as alumnas participantes son Marco González, Carlos Espiñeira, Raquel Cacheiro, Leo Benito e Anneke Schoormans.
07:51
Programa 1. Ciencia na radio. Talentos Inclusivos: Aspace e Zalaeta
Episode in
O Son das Aulas
Este é o primeiro dos programas para conmemorar a semana da ciencia desde o noso Club de Ciencia Zalatecno en colaboración con Aspace.
Jorge Santiago, da asociación Aspace, participante no proxecto Talentos Inclusivos, visita o centro e é entrevistado xunto con algúns alumnos e alumnas de Tecnoloxía do noso instituto cos que compartiu experiencias formativas. Estes foron Iria Campos, Beltrán Louzao, Carlos Núñez de 1.º de BAC e Javier Tosar de 4.º de ESO. A publicidade ficticia corre a cargo do alumnado de Oratoria de 3.º da ESO, Reynaldo Araúz, Bruno Piñeiro, Diego Gesto, Reny Vera, Antón Casas e Pablo Casares.
16:00
Programa 1. Club de Lectura - La lección de August
Episode in
O Son das Aulas
O alumnado de 1.º ESO C que participa no Club de Lectura coméntanos neste primeiro podcast do curso 2022-2023 o libro "La lección de August", acompañado de Charo, a coordinadora do Club.
07:12
Programa 4. Inauguración do xardín no patio central.
Episode in
O Son das Aulas
O día 15 do mes de xuño celebramos unha festa para pechala actividade de arreglo do Patio Interior que foi levada a cabo conxuntamente entre alumnado do CEE María Mariño e o do noso centro, onde tivo un papel moi destacado a titoría de 4º ESO A. Traballamos, avaliamos o programa grazas a creación dun podcast que agora adxuntamos e tomamos unha aperitivo de día grande. O ano que ben seguiremos."
15:04
CUÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Episode in
O Son das Aulas
Durante este curso, o alumnado de oratoria de 2.º da ESO realizou algunha cuña de animación á lectura. Nesta ocasión, preséntannos unha elaborada por 2.º A ESO.
00:28
Programa 2. Visita alumnado alemán.
Episode in
O Son das Aulas
Experiencia do alumnado procedente de Hamburgo no noso centro.
Despois de dous cursos sen poder realizar o intercambio por cuestións sanitarias, retomamos as viaxes e experiencias internacionais!
04:47
Programa 1. Semana da Muller e da Ciencia.
Episode in
O Son das Aulas
Entrevista a Berta Guijarro, exalumna do Zalaeta e profesora titular da Facultade de Informática de A Coruña. A charla tivo lugar con motivo da Semana da Muller e a Ciencia que se levou a cabo no Instituto. As alumnas Aitana e Uxía, de 1.º BAC C, tentarán dar a coñecer á nosa invitada de excepción a través das súas preguntas.
13:27
Programa 8.
Episode in
O Son das Aulas
De paseo ata o museo escoitamos a Ella Fitzgerald nas voces de Amalia e Xulia, mentres atendemos á contorna ao reclamo de Miguel, quen nos fala dos Yamumami. Xa en Belas Artes Alejandra Segret fainos reparar nunha singular muller, "A dama do papagaio"; como singular e pioneira foi tamén Manuela Barreiro, toda unha biografía contada por Sara Oreiro para lembrarlle ás rapazas e aos rapaces que a Ciencia non ten xénero.
Interveñen: Amalia Barreiro, Xulia Vidal, Alejandra Segret, Sara Oreiro, Miguel e Noé Vila.
15:22
Programa 7.
Episode in
O Son das Aulas
Neste programa Lucas Sanjurjo e Marta López tráennos as nosas pílulas máis internacionais. Paula e Alba de 1ºD indícannos como Coidamos o planeta. Para que non nos confundamos coa historia das bruxas, Adahra arroxa luz neste tema. Pasámonos polo museo da man de Julián Donado, que nos fala da obra Amor Durmido de Erasmus Quellinus. Por último, Iria Cobas tráenos a música con estilo de Miles Davis.
17:54
Especial Día do Libro
Episode in
O Son das Aulas
Para este 23 de abril decidimos facer unha lectura dramatizada en lingua castelá, nos cursos de 2º e 3º da ESO, e mesturar pequenos fragmentos de Don Quijote de la Mancha coa Suite do compositor alemán Telemann, quen tamén interpretou a obra cervantina ao seu xeito no Barroco. Os alumnado de Tics de 2º de BAC, dentro das colaboracións realizadas polo Club de Ciencia, encargouse de engarzar as pezas deste podcast. Agardamos que sexa do voso agrado!
29:25
Programa 6.
Episode in
O Son das Aulas
Imos sumando voces novas aos nosos programas. Xunto ás colaboracións habituais, sumamos as de Clara Cobas, Ainara Vázquez, Ernesto Martínez e Pedro Martínez.
Temos un programa con música, consellos para coidar o planeta, pintura, vacinas e personalidades destacadas da nosa cidade e do noso instituto. Tamén nos animamos a saír ás rúas e facer algunhas entrevistas.
Escoitádenos e compartide os nosos programas, xa sabades que estamos en Spotify!
36:58
You may also like View more
Nadie sabe nada, con Buenafuente y Berto
Andreu Buenafuente y Berto Romero se sientan frente a frente, micro a micro, e improvisan. ¿Qué puede salir mal? El humor de estos dos genios es oro para tus orejas. Ábrelas bien que, en el fondo, nadie sabe nada. En directo en Cadena Ser los sábados a las 12:00 y a cualquier hora si te suscribes. Updated
AI, DIOMIO! co olaxonmario
Ai, Diomio! é un podcast onde eu (olaxonmario) e as convidadas falamos sobre identiade local, a súa construción e manifestación, ou así. Polo caminho discutimos a actualidade, a vida, os nosos gustos e cousas desas. Updated
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️ Updated