Disfruta de 1 año de Premium al 40% de dto ¡Lo quiero!

Podcast
Ondas Indies
By Radio Galega
126
8
Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.
Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.
No Sowfa de Xackal
Episode in
Ondas Indies
Neste capítulo de Ondas Indies temos como convidado o arousán Nano Suárez, que leva por nome artístico Xackal, e que vén de estrear un EP co título de “Sowfa”. Coma sempre traemos novidades musicais: o último da viguesa Laura Jordán, “Suave”, e “Non traio un laio”, de Lumedoloop. No Galipop facemos unha viaxe aos 70 da man dos de Portonovo Goma 2. En Brumariña seguimos con música multilingüe: pop electrónico, indie rock e tradicións de diversas idetidades que se mesturan para expresar distintas sensibilidades.
01:00:05
Festa de Aninovo indiana
Episode in
Ondas Indies
Celebramos a entrada no 2026 co regreso ao programa dos indianos Eladio Santos, Ari Magritte e Paco Lamilla. Con eles repasamos un 2025 que estivo cargado de novidades musicais galegas e feitas no noso idioma e facemos unha playlist de temas para abrir e pechar estas festas. Ademais o músico carballés 10Kr e o ex Terbutalina Migui, agora líder de Tona, realizan a súa petición especial no programa. En Brumariña, seguindo os sons e pulsos contemporáneos, temos selección especial do ano que se nos foi.
01:00:00
A triloxía de Saibran
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidados os compoñentes de Saibran. A banda galega que lidera Cibrán García (o cincuenta por cento de Boyanka Kostova), e na que tamén están Julián Goicoa e Fiz García (o cincuenta por cento de Mundo Prestigo) estrea “Atardecer harmonioso con gotas de primavera”, a primeira entrega dunha triloxía. Como novidades traemos o “Disco comarcal” da Familia Caamagno; “Sube”, de Rebeliom do Inframundo; e “Aughas desa fonte”, de Antía Muíño con Lilaina. Ademáis recibimos un novo Galipop desta volta rescatando aos composteláns Fame Neghra. E como sempre Brumariña coa música que nos abraza en silencio.
01:00:03
No 'Cruseiro' de Tona
Episode in
Ondas Indies
O convidado do programa é o muradán Miguel Cernadas, ex cantante de Terbutalina, que vén de formar unha nova banda, Tona, e estrea disco de debú que leva por título “Cruseiro”. Afrontamos o Nadal con novidades como “Truán” de Boyanka Kostova, Kike Varela e Araysen; “O quinto mundo”, de Saibran; “Les llevaré mi cruz”, o tributo de Lori Meyers a Triángulo de Amor Bizarro; e “Sombras chinas”, adianto do novo disco de Xoel López. E non vos perdades Brumariña onde a emoción ten acentos propios.
01:00:03
Naintinain e os seus motivos para...
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidada a banda compostelá Naintinain que vén de estrear o seu disco “Motivos para”. No capítulo de novidades musicais escoitamos “De paseo en Portugal”, o novo de Familia Caamagno; “Barcelona”, de Cora Yako; e a remestura que fixo Ale Costa do “PAEQB” de Baiuca. Estivemos no concerto de Zahara en Santiago. E non vos perdades Brumariña cos seus sons que abrazan a raíz.
01:00:03
Nadadora, mañá e sempre
Episode in
Ondas Indies
Neste capítulo de Ondas Indies temos como convidada a banda galega Nadadora que, quince anos despois do seu último traballo, retorna cun novo disco. Falamos cos seus compoñentes: Gonzalo, Sara, Montxo, Edu e Daniel. No apartado de novidades escoitamos “El tiempo”, o novo de Conjunto Amistá con Eladio Santos; “Estadios”, da viguesa Dani Dicostas; a Victorias versionando “Enemigos del espíritu” de Triángulo de Amor Bizarro; e “Crise”, reunión de Vimbio con Hugo Guezeta. E non vos perdades “Brumariña”, onde a emoción ten voz e faise sentir e escoitar.
01:00:03
No universo de Ferris Wheel Catastrophe
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidado a Marcos Rivera, que vén sendo artísticamente Ferris Wheel Catastrophe. O músico galego estrea o seu primeiro disco, que leva por título “Try back tomorrow”. Ademais esta semana temos unha nova entrega de Galipop adicada a banda viguesa Ectoplasma. Como novidades presentamos o ”Carracho” de Tona; o “Rap cru” de Lumedoloop, o proxecto de Jamas, Mou e DJ Mil; e a Rufus T. Firefly versioneando a Triángulo de Amor Bizarro. E non vos perdades Brumariña coa súa música, que sente, fala e resiste.
01:00:03
Ondas Indies no BIME
Episode in
Ondas Indies
Fumos ata Bilbao para asistir ao encontro internacional da música BIME e alí puidemos falar con Zahara, Martí Perarnau e a banda Rufus T. Firefly. Como nividades traemos“Insaciables”, o novo de Arrhytmia en colaboración con Rebeliom do Inframundo, e “Cuando te voy a volver a ver” a xuntanza entre Montedapena e Laura LaMontagne. E non vos perdades Brumariña e a súa viaxe sonora cara ao íntimo.
01:00:03
Nas cumbias de Víctor Coyote
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidado ao tudense Víctor Coyote que estará actuando o día 12 deste mes no festiva Outono Códax en Compostela. Traemos o último de Antía Muiño, “A beleza”, e da tamén compostelá Mariagrep, “Aunque no vaya a volver”, ademais de “Aparecer”, o último sinxelo de Nadadora antes de que edite o seu disco de retorno. E non vos perdades Brumariña, un espazo para escoitarse por dentro.
01:00:03
Dos Sirex aos Tamara pasando polos Beatles
Episode in
Ondas Indies
O convidado do programa é Antoni Miquel, Leslie, cantante da banda catalana Los Sirex que o próximo mes actúa no festival Outono Codax en Compostela. Tamén teremos outra entrega de Galipop, adicada nesta ocasión ao efémero dúo compostelán Dar Ful Ful. Como novidades musicais aparecen a “Metamorfose” do coruñés Devalo e o cover de Triángulo de Amor Bizarro que fan os Viva Belgrado.
01:00:03
O soño de Kor
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidados os coruñeses Candy´s Freckles, que veñen de estrear o seu primeiro LP, “O soño de Kor”, con tipografía xaponesa. Ademais como novidades musicais presentamos “Estaremos mortos”, o novo do muradán 9 Louro acompañado do seu irmán Xanma Louro, membro de The Rapants; tamén escoitamos “Noche de cubatas”, a asociación entre Ortiga e Joe Crepúsculo; e o novo do compostelán Ronroneo, “Claridad”. Recuperamos a sección De Sala en Sala coa entrevista a Ana, da viguesa sala Kominsky.
01:00:03
Preparando o Outono Códax Festival
Episode in
Ondas Indies
Neste capitulo o convidado é o codirector do Outono Códax Festival, Fran Villasenín. Con el falamos da edición deste ano que arrinca a comezos de novembro. Tamén estivemos no Ulo-Indie no concerto de Moura, e no Galipop recuperamos a banda porriñesa Callos Louriña. Ademais escoitamos o novo de Antía Muíño con Abe Rábade, a Grande Amore versioneando “Gallo negro se levanta” de Triángulo de Amor Bizarro, e o último do ourensán Amoebo, “Ready pa morrer”.
01:00:03
Con 9Louro e Pauline en la Playa
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidados ao muradán 9Louro e as irmás Mar e Alicia Álvarez, Pauline en la Playa, coas que falamos tralo seu concerto no Garufa Club da Coruña. No "Ulo Indie" conversamos con Galician Army do que será o seu próximo disco. Na sessión de novidades musicais escoitamos o "Deriva marcha xa" de Montedapena con Lonteira e aos Candy's Freckles.
01:00:03
Entre cancións e debuxos arxentinos
Episode in
Ondas Indies
Temos como convidados aos arxentinos Kevin Johansen, músico e compositor, e Ricardo Liniers, artista gráfico, que presentaron na santiaguesa sala Capitol co seu traballo `Desde que te Madrid´. Na sección Ulo Indie estivemos con Siloé falando do que será o 2026 para eles, e tamén co noso indiano favorito, Eladio Santos na previa do seu concerto no Teatro Garcia Barbón en Vigo. Como novidades musicais escoitamos "1997" de Nadadora e a Karavana versioneando a Triángulo de Amor Bizarro. Ademais recuperamos o noso Galipop desta volta rescatando do esquecemento a historia da banda viguesa Bajo en Nicotina.
01:00:03
Nas 'Caras no Lume' de Lontras
Episode in
Ondas Indies
No capítulo 240 de Ondas Indies temos como convidado a Juan Arca, líder da banda Lontras, que vén de estrear o seu primeiro disco que leva por título: Caras no lume. No Ulo Indie? Falamos coa banda catalana Sidonie do seu próximo traballo. Entre as novidades musicais escoitamos a peza que Hard GZ fixo co gallo da volta do Celta ás competicións europeas e a Aiko el Grupo versioneando a Triángulo de Amor Bizarro. Recuperamos o noso Galipop desta rescatando do esquecemento a historia da banda viguesa Aerolíneas Federales.
01:00:03
O French Riviera máis quente
Episode in
Ondas Indies
No capítulo 237 de Ondas Indies temos como convidado o redondelán David Fermoselle, coñecido musicalmente como French Riviera, que vén de publicar o seu segundo disco, “Caliente!” O Disco da Semana Ari Magritte é do ferrolán, nado en Ponteareas, Pablo Leira, e como novidade musical escoitamos o último de Ortiga, “As mociñas”.
01:00:03
O brutalismo de DOGO
Episode in
Ondas Indies
No capítulo 236 temos como convidada a banda compostelá DOGO que vén de estrear o seu primeiro EP que leva por título “Brutalismo”. O Disco da Semana de Ari Magritte é o segundo traballo publicado polo redondelán David Fermoselle, coñecido artísticamente como French Riviera. Ademais presentamos o último do santiagués Ronroneo, “Quémame el corazón”
01:00:03
Os 20 anos de Eladio e Os Seres Queridos
Episode in
Ondas Indies
No capítulo 235 de Ondas Indies un dos colaboradores habituais do noso programa, Eladio Santos, presenta o disco “B.S.O Eladio e os Seres Queridos 2005-2025” co que conmemora os seus 20 anos de carreira. Acompáñao un dos compoñentes da banda, Óscar Durán, Uka. O disco conta con colaboracións especiais como Fillas de Cassandra, Amaral, Pucho de Vetusta Morla, Depedro, ou Vega. O Disco da Semana Ari Magritte é o novo do traballo de Carlos Ares. Do Caixón de Xastre Paco Lamilla saca a Raposa e Visera. Ademais presentamos o último da viguesa Dani Dicostas, “Clímax” .
01:00:03
Entusiasmados con Biznaga
Episode in
Ondas Indies
O noso convidado é Jorge Navarro, baixista e letrista da banda madrileña Biznaga. O grupo está de xira co seu último disco e pasará polo Festival de Cans e polo de Entrepontes en Rábade. O Disco da Semana de Ari Magritte é o novo traballo do coruñés Taín e no Caixón de Xastre Paco Lamilla traenos un adianto da webserie de Martín Castro e a Terbutalina. Ademais nas novidades musicais atopamos a “Ghatiña Mansa” de
Caamaño&Ameixeiras coas Tanxugueiras e “Neve e luz” de Lontras.
01:00:03
Surfeando o Lérez
Episode in
Ondas Indies
No capítulo 233 de Ondas Indies temos como convidado a Marcos Rivas, director do festival pontevedrés Surfing The Lérez, que este ano cumpre a súa décimo terceira edición e que se celebra no mes de xuño en Pontevedra con ampla representación de artistas galegos. O Disco da Semana de Ari Magritte é o último traballo de Mondra. O "Caixón desastre" está cheo de músicas con reminiscencias árabes. Ademais traemnos novidades como o novo de PAVA “Oito sílabas”ou “Código postal”, de Berto con Juana.
01:00:03
More of Radio Galega View more
Pensando en ti
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra Updated
You may also like View more
Sofá sonoro
Conocerás a las bandas y los discos a fondo. Profundiza en la historia de la música y de los grandes personajes que han marcado el sonido de los siglos XX y XXI. Alfonso Cardenal se rodea de especialistas que conocen todos los secretos y te enseñan a escuchar de otra forma. Updated
Bienvenido a los 90
Roberto Martínez recupera la música de nuestra adolescencia junto a un montón de nuevas propuestas.
Blog: https://bienvenidoalos90.blogspot.com
Facebook: https://www.facebook.com/bienvenidoalo90
Instagram: https://www.instagram.com/b90podcast
Twitter: https://twitter.com/Rockisroll Updated






