¡Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Podcast de Corcovadomusica
Podcast

Podcast de Corcovadomusica

580
155

Programa1501

Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1501. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 4 e o 9 de setembro. Con el abrimos a nosa tempada número 27. Arrancamos con “Manifeste”, o novo traballo de Tigran Hamasyan. É este un disco de natureza catártica que procura a expiación logo do padecemento e o sufrimento. Bill Frisell ten tamén novo disco. Leva por título “In my Dreams”, e con el celebra o seu 75 aniversario. Pechamos o primeiro bloque do programa con “The Lemoine Point”, o espectacular novo traballo dos Blind Yeo. Comandados polo cantante e guitarrista Will Greenham, os Blind Yeo postulan un discurso musical diversificado onde dámos con elementos de krautrock, blues do deserto, enerxía punk e matices progresivos. Na segunda parte do programa entraremos na política artística do selo finlandés We Jazz. Preséntovos sinxelos de discos que serán estreados ao longo das vindeiras semanas. Escoitaremos a novas músicas de Goran Kajfeš Subtropic Arkestra & Amanda Werne (9 de outubro), Patrick Shiroishi & Jason Nazary (18 de setembro) e do trío formado por Olavi Louhivuori, Kim Myhr e Elvind Lønning (25 de setembro).
Blues and Jazz 2 days
0
0
15
01:02:14

Programa1500

Edición número 1500 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 25 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 26 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 27 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de xullo a través de Radio Crónica Folk Musical. Con este programa despedimos a tempada 2025-2026. O 4 de setembro do ano 2023 estreouse no Festival de Cine de Venecia “Opus”, filme dirixido por Neo Soro. Esta película recolle o último concerto gravado en vida por Ryuichi Sakamoto. Cunha sobria fotografía en branco e negro, Soro recolle as interpretacións de Sakamoto sen caer na pornografía emocional: estamos diante dun documento vital, onde un dos máis grandes artistas do pasado século se enfronta a súa música por última vez. A finais do pasado 2025, editouse finalmente o concerto en formato físico en Xapón. Chega agora tamén ás tendas europeas nunha edición extremadamente coidada. Abrimos o programa desta semana con este disco. A seguir, preséntovos os novos traballos de Elina Duri e Rob Luft e Rita Ojanguren. Elina Duri é unha cantante de jazz suízo-albanesa de amplo percorrido. En “Reaching for the Moon” (ECM) colabora por terceira vez co guitarrista británico Rob Luft, dando como resultado un disco de repertorio heteroxéneo e grande sensibilidade interpretativa. A asturiana Rita Ojanguren, pola súa banda, presenta en “Ojos de leche” un disco de canción de autora con matices jazzísticos, tan ben equilibrado coma escrito. Pechamos o programa, o derradeiro da tempada 2025-2026, reflexionando sobre a música contida no último disco de Hannah Peel e Beibei Wang.
BSO and Classical 2 months
0
0
52
01:01:00

Programa1499

Edición número 1499 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 18 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 19 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 20 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 24 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. Pat Metheny segue embarcado de cheo no proxecto “Side-Eye”, a través do cal pretende dar a coñecer novos talentos da escena jazzística actual. O pasado mes de febreiro publicou un novo volume da colección, construído a nivel orgánico polo propio Metheny ás guitarras e a complicidade de Joe Dyson á batería e Chris Fishman ao piano. Esta semana preséntovolo. Sen saírmos do ámbito do jazz contemporáneo, escoitamos a seguir os novos traballos de La Banda del Poblenou (con Juan de Diego á trompeta e á dirección artística) e Julia Hülsmann. Esta última percorre espazos estéticos plurais en “While I was away”, disco concibido para octeto. Na recta final estréovos outras dúas novidades, o primeiro longo do trío 3’Ain e o agardado EP de Goran Kajfeš. Á fronte da súa Subtropic Arkestra, suma esforzos creativos coa cantante Avin Omer. Terédelo oficialmente nas tendas o 26 de xuño a través de We
Blues and Jazz 2 months
0
0
37
01:00:39

Programa1498

Edición número 1498 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 11 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 12 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 13 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 17 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa coas Films, dúo formado polas artistas Yuki Murata e Takahiro Kido. Films veñen de publicar “Maze Sleeper”, disco de base ambiental cheo de progresións melódicas inquedas. A seguir entraremos na política editorial do selo Kitchen Label da man de Meitei, compositor e músico xaponés que mestura raíces tradicionais con electrónica e música experimental. O seu último disco, publicado hai un mes, leva por título “Agate”. Conectámolo cun clásico, o disco de Ryuichi Sakamoto “1996”. Aproveitando o trinta aniversario da súa publicación, vén de editarse unha versión remasterizada que inclúe todos os temas contidos na edición xaponesa orixinal. Completamos o programa con “Voices”, o último disco do compositor experimental e investigador sonoro Yutaka Hirose.
Experimental and new age 2 months
0
0
43
01:00:45

Programa1497

Edición número 1497 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 4 de xuño de maio a través de Rádio Filispim, o venres 5 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 6 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 10 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. “Loitsui ja taikoi” (Feitizos e maxias) é o título escollido pola artista finlandesa Vilma Jää para o seu novo disco. Con el abrimos o programa desta semana. Dende Finlandia chegan tamén os Suistamon Sähkö, quen en “Lunta tupaan” presentan un disco de folktrónica tan directo coma puro. Pechamos esta páxina chea de novidades finlandesas co último traballo de Pelkkä Poutanen. Na segunda parte do programa estréovos a nova peza dos Kokono Nº1, recentemente publicada por Real World no seu subselo “X”. Conectámolo co último traballo do senegalés Cheikh Ibra Fan antes de despedirnos cun traballo sorprendente, a colaboración asinada polos Halme Prospekt e a cantante de Togo Queen Djenny Djella.
World's musics and others 3 months
0
0
48
59:30

Programa1496

Edición número 1496 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 28 de maio a través de Rádio Filispim, o venres 29 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 30 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 3 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. Seu Jorge estivo uns 16 anos a traballar no seu último disco, “The Other Side”. De meditada natureza brasileira, adquire o seu significado ontolóxico na suma de múltiples referentes rítmicos. O que tentou Seu Jorge foi resumir as claves da música brasileira popular nun disco plural que, a nivel xeral, funciona como prolongación do espírito creativo de Milton Nascimento. Con el abrimos o programa desta fin de semana. Sen saírmos do Brasil —cando menos a nivel cultural—, estréovos tamén as novas cancións de MOMO e do artista afincado en Brighton Lau Ro. Na segunda parte do programa escoitamos os últimos traballos de Néboa e de Las Nietas del Charli —tedes ámbolos dous xa na rúa a través de Raso Estudio—, antes de pechar a nosa sesión semanal co novo do dúo Cocanha.
World's musics and others 3 months
0
0
29
01:00:21

Programa1495

Edición número 1495 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 21 de maio a través de Rádio Filispim, o venres 22 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 23 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 27 a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa con “Nen”, o novo disco do trío Kiri Ra! (Lau Nau, Linda Fredriksson e Matti Bye). Seguimos coa colaboración entre Hannah Peel e Beibei Wang. Leva por título “The Endless Dance”, e funciona de xeito modélico na súa mestura de música contemporánea e improvisación rítmica. No apartado dedicado ás novidades propiamente ditas, esta é unha semana de altísimo nivel. Preséntovos a nova música de Philipp Schiepek, guitarrista afincado en Múnic que ven de asinar un máis que interesante disco xunto ao trompetista austríaco Lorenz Widauer. De igual xeito, abrirémoslle a porta ao novo proxecto do trompetista sueco Goran Kajfeš. Á fronte da súa Subtropic Arkestra, editará en xuño un fantástico EP onde colabora a cantante sueca de orixe kurda Avin Omer. Dende a cidade suíza de Bern chegará o trío Arbre co seu terceiro disco, “Wrap a Tear in Cellophane”. No grupo converxen os talentos de Mélusine Chappuis (voz, electrónica, teclados), Xavier Almeida (batería e percusión) e Paul Butscher (voz, sintetizadores e fliscorne). Nos fraseos de fliscorne intuímos referencias á linguaxe jazzística contemporánea, mais na música do trío dámos con máis elementos: rock alternativo, sons experimentais, texturas progresivas... Todo funciona, e faino de xeito especialmente convincente. Completamos o programa con outra novidade, a homenaxe que o Kronos Quartet vén de lle dedicar á cantante de gospel e activista Mahalia Jackson.
Blues and Jazz 3 months
0
0
36
01:02:40

Programa1494

Edición número 1494 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 14 de maio a través de Rádio Filispim, o venres 15 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 16 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 20 a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa co trío austríaco Elmo Nero, quen veñen de publicar un máis que convincente disco. Dende Milán chega a seguir o talentoso saxofonista Raffaele Fiengo. Namorado da música de Béla Bartok e Einojuhani Rautavaara, así como da escena jazzística de New York, propón unha música de natureza narrativa e acento clásico. Pechamos este primeiro bloque co jazz experimental do trío formado por Jason Moran (piano), Blankfor.ms (loops e electrónica) e Marcus Gilmore (batería). En “Shards” propoñen un discurso musical aberto onde converxen o jazz de inspiración clásico co jazz electrónico e mesmo ambiental. Pechamos o programa con dúas novidades publicadas recentemente polo selo WeJazz: o novo disco do Vladislav Delay Quintet e o marabilloso novo traballo do dúo Matt Gold & Dustin Laurenti.
Blues and Jazz 3 months
0
0
34
01:02:30

Programa1493

Edición número 1493 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 7 de maio a través de Rádio Filispim, o venres 8 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 9 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 13 a través de Radio Crónica Folk Musical. O pasado mércores día 5 fixéronse públicos os proxectos finalistas dos Premios Martín Códax da Música Galega, que chegan xa á súa edición número 13. Seguindo a liña dos últimos anos, dedicamos o programa desta fin de semana a repasar parte dos proxectos finalistas. Centramos a nosa atención en tres categorías, Jazz e músicas improvisadas, Folk e Canción de autor/a: escoitamos músicas de Alana, Abril, Antía Muíño e Xan Campos. Ademais, facémoslle oco a proxectos galegos que veñen de publicar novos traballos. Algúns son sinxelos que adiantan novos discos, outros proxectos completos que tedes xa nas tendas. Escoitamos pezas de Mondra & De Ninghures, Davide Salvado, Néboa e Rodrigo Ramos e Elena Zas.
World's musics and others 4 months
0
0
42
01:00:00

Programa1492

Edición número 1492 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 30 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 1 de maio a través de RKV Radio Vigo e o sábado 2 de maio na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 6, tamén do mes de maio, a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa dende Gales co último disco da arpista e compositora Cerys Hafana. Temos, a seguir, rolda de sinxelos que adiantan novos discos: preséntovos as novas cancións de Nana Osei Twum Barima, Gitkin e Sulaf. Abrimos o segundo bloque do programa con “Neverland”, o novo disco dos camaleónicos Ulver. Os últimos minutos do programa están dedicados a dúas propostas chegadas escena underground de Xenebra. A primeira, o primeiro sinxelo dos Viragezero, banda onde converxe o talento de membros dos Citron Citron e de L’Éclair. A segunda, a primeira canción asinada polos Cyril Cyril e Le Syndicat du Futur. Tédelos na nas plataformas a través do selo suízo Bongo Joe. Pechamos o programa co último traballos do trío L.Y.R.
World's musics and others 4 months
0
0
48
01:01:34

Programa1491

Edición número 1491 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 23 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 24 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 25 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa dende o país coas últimas propostas dos Alana, Baiuca, Mondra e Alexandre Villalba. Escoitamos a seguir o primeiro adianto de “Permita Deus”, disco que Davide Salvado publicará a comezos do vindeiro mes de maio. Pechamos este bloque co excelente “Amorodios”, de Xan Campos. Na segunda parte do programa, xogamos co movemento oscilante do eixe xeográfico para descubrir os novos sinxelos de Cocanha, Natacha Atlas & Samy Bishai e Las Nietas del Charli. Completamos o programa co novo EP de Clara Serra López, “Lengua materna II”, xa nas tendas e plataformas a través de Real World Records.
World's musics and others 4 months
0
0
44
01:00:36

Programa1490

Edición número 1490 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 9 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 17 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musical. No programa desta semana ofrézovos unha viaxe de referencias estéticas múltiples. Comezaremos con “Jossain on kai sateenkari vaikkei sitä tähän näy” (En algures hai un arco da vella, mais dende aquí non se ve), o novo e máis que interesante disco de Pelkkä Poutanen —a quen ultimamente escoitamos á fronte do proxecto UTU—. A seguir, escoitamos, saltando de Finlandia até Estonia, os últimos discos das Akkajee e do Duo Ruut. Na segunda parte do programa estréovos os novos sinxelos de Momo e Fatouma Diawara —ámbolos dous anticipan discos que serán oficialmente publicados no vindeiro mes de xuño—, antes de pór o punto e final com “Orbital/Luna”, EP do dúo colombiano Rizomagic.
World's musics and others 4 months
0
0
41
59:42

Programa1489

Edición número 1489 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 9 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 10 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 11 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 15 a través de Radio Crónica Folk Musical. Comezamos o programa con “Toró”, o marabilloso traballo ao vivo gravado por Vitor Araújo coa Metropole Orkest. Sen saírmos do país, descubrimos un disco que ameaza xa con ser un grandes lanzamentos galegos do 2026, “Amorodios”, o novo de Xan Campos. Xa dentro do pop de vangarda, preséntovos a nova gravación do trío L.Y.R., editada polo selo Real World. Pechamos o programa coa escolma “Friends & Neighbors”, disco dixital onde os responsábeis do selo We Jazz repasan os seus temas favoritos de artistas que non pertencen á política editorial do seu selo. Escoitamos pezas do cuarteto Uusi Aika e do artista finlandés Felix Alexander Lybeck.
Blues and Jazz 4 months
0
0
54
01:00:19

Programa1488

Edición número 1488 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 2 de abril a través de Rádio Filispim, o venres 3 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 a través de Radio Crónica Folk Musical. No ano 2013, Alexandre Villalba publicou “Airoa”, disco do cal se fabricaron unicamente cen copias. Anos despois, o desaparecido selo Lingua Nativa subiuno á rede en formato dixital, onde quedou relativamente esquecido. Felizmente, o selo Raso vén de reeditalo para alegría de todos os interesados e interesadas na fusión entre música tradicional galega e electrónica. Este é, con todo merecemento, o noso disco destacado desta semana. Preséntovos, ademais, un bo feixe de novos sinxelos. Todos eles adiantan discos que serán editados ao longo das vindeiras semanas. O menú é poliédrico, como podedes comprobar: haberemos escoitar as novas cancións de Fillas de Cassandra, Casapalma con Alana, Néboa, Las Nietas del Charli, Rita Ojanguren, Clara Serra López e Cocanha. Na recta final do programa, estréovos o segundo adianto de “The Endless Dance”, o emocionante disco a dúo de Hannah Peel e Beibei Wang.
World's musics and others 5 months
0
0
48
01:01:25

Programa1487

Edición número 1487 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 26 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 27 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical. Estreamos o primeiro tema de “Amorodios”, o novo proxecto de Xan Campos. Gravouno coa complicidade de Iago Fernández (batería), Virxilio da Silva (baixo e guitarra) e Faia Díaz (voz e pandeireta). A seguir, escoitamos sinxelos das novas propostas do selo WeJazz: Kiri Ra! (á venda o 22 de maio), Matt Gold & Dustin Laurenzi (terédelo nas tendas o 24 de abril) e do Vladislav Delay Quintet (con data de saída o 8 de maio). Completamos o repaso á actualidade con “The Tokyo Sessions”, novo disco do saxofonista holandés Benjamin Herman. Pechamos o programa cos Ireke e co Marco Mezquida Trío.
Blues and Jazz 5 months
0
0
39
01:02:01

Programa1486

Edición número 1486 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 19 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 20 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical. Natacha Atlas e Samy Bishai veñen de estrear “Somoud”, un potente manifesto contra a guerra onde se denuncia o xenocidio que Israel está a levar a cabo en Palestina. Funciona, ademais, como o primeiro sinxelo do seu inminente novo traballo discográfico. Preséntovos, de igual xeito, os novos sinxelos de Hannah Peel e os L.Y.R. Hannah Peel traballou xunto á percusionista chinesa Beibei Wang para dar vida a “The Endless Dance”, un disco fondamente orgánico gravado en só cinco días. Escoitamos tamén o novo sinxelo dos L.Y.R., “Guernica Jigsaw”, para a seguir estrear o novo dos Pixvae. Afincados en Lyon, mesturan música afrocolombiana con art-rock. Rematamos o repaso á actualidade co último sinxelo de Kay Slice e con “Atracar”, primeiro adianto do que será o novo disco dos Néboa. Completamos o programa dende o país con Abril, MJ Pérez e Antía Muíño.
World's musics and others 5 months
0
0
45
01:00:12

Programa1485

Edición número 1485 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 12 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 13 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 14 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 18 de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical. No programa desta semana facemos resumo de novos lanzamentos lusófonos e galegos. Comezamos dende Brasil cos últimos traballos de Lucas Santtana, Dorea e Leo Middea. A seguir, preséntovos o primeiro sinxelo extraído de “Beleza”, onde a icona das músicas brasileiras Roberto Menescal explora xunto a Muca as raíces da bossa nova contemporánea. Na segunda parte do programa, movémonos até o país para escoitarmos os novos temas das Fillas de Cassandra e do grupo Abril. Pechamos o programa dende São Tomé e Príncipe co segundo volume da escolma “Levé levé”, recentemente publicado polo selo suízo Bongo Joe Records. Escollemos pezas co Conjunto África Negra e máis dos Sangazuza.
World's musics and others 5 months
1
0
35
01:04:16

Programa1484

Edición número 1484 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 5 de marzo a través de Rádio Filispim, o venres 6 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical. Dedicamos o programa ás últimas novidades finlandesas. Maria Kalaniemi e Pekko Käppi veñen de editar un fascinante disco a dúo baseado na figura de Väinämöinen, personaxe central do “Kalevala” —e, segundo a lenda, creador do kantele—. As Akkajee veñen tamén de estrear “Pölynkerääjä” (O recolledor de pole). Estamos diante dun disco conceptual, cheo de resonancias litúrxicas e grande liberdade creativa. Escoitamos tamén, a través de Nordic Notes, o novo traballo de Johanna Juhola con Lena Jonsson, ademais da última gravación das Tuuletar. Pechamos o programa con “Maailman synty” (O nacemento do mundo), primeiro adianto do que vai ser o novo disco da cantante e intérprete de kantele Ida Elina, e co último traballo de Pekko Käppi e os K:H:HL.
World's musics and others 6 months
0
0
46
01:04:01

Programa1483

Edición número 1483 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 26 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 27 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores de marzo a través de Radio Crónica Folk Musical. A canción de autora galega está a un nivel extraordinario. Esta semana escoitamos varios discos que confirman esta idea. O primeiro, “Anfibia por veces”, o novo de Antía Muíño. Estreeivos este disco hai dúas semanas, mais aproveitando que está xa dispoñíbel en todas as plataformas, seguimos a descubrir o seu repertorio. O segundo, “Je tiens bon”, o quinto disco na traxectoria de MJ Pérez. Estamos diante dun traballo onde as conexións coa canción popular latinoamericana se reforzan, dando como resultado un colaxe musical elaborado a partir de diferentes elementos musicais. Para gravalo, contou coa colaboración de, entre outras, Nastasia Zürcher e Sofía Espiñeira. Completamos o primeiro bloque do programa cos últimos sinxelos de Clara Serra López e de Las Nietas del Charli. Ámbalas dúas pezas introdúcennos en discos que serán publicados nos vindeiros meses. Na segunda parte do programa mudamos de rexistro. Estréovos os novos traballos de Lamisi e de Batila —baseados na reconstrución en clave pop de diferentes ritmos africanos—, ademais do segundo sinxelo do novo disco do trío L.Y.R.
World's musics and others 6 months
0
0
39
59:35

Programa1482

Edición número 1482 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 19 de febreiro a través de Rádio Filispim, o venres 20 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 a través de Radio Crónica Folk Musical. Esta sexta publícouse “Táctil”, o novo disco de Marco Mezquida. Gravouno en formato trío coa complicidade de Aleix Tobías á percusión e Martín Meléndez ao violonchelo. É este un disco que xorde como resposta á permanente sensación de impacto que a situación sociopolítica actual produce no propio Mezquida. Estamos diante dun traballo complexo e convincente que, sen discusión, é un dos grandes lanzamentos de comezos do 2026. Estréovos a seguir o último proxecto da arpista suíza Julie Campiche. En “Unspoken”, Campiche constrúe un discurso musical fondamente político onde reflexiona sobre o feminismo e o concepto de xénero. Faino en clave pop, transcendendo a propia noción de jazz contemporáneo. Na segunda parte do programa descubrimos o novo disco dos austríacos Shake Stew, xa por fin editado, e as últimas propostas do selo WeJazz. A primeira, a nova gravación do baterista Booker Stardrum —estará nas tendas, oficialmente, o vindeiro 27 de febreiro—. A segunda, o transgressor “Strata”, suíte de dúas horas ao vivo creada por Pat Thomas e os XT (Seymur Wright a Paul Abbot).
Blues and Jazz 6 months
0
0
47
01:01:20
More of Corcovadomusica View more
O Recanto do Corcovado: programas históricos Redifusión de distintos programas emitidos ao longo dos nosos 16 anos de historia, e que aínda non viran a luz en formato podcast. Updated
You may also like View more
O Recanto do Corcovado: programas históricos Redifusión de distintos programas emitidos ao longo dos nosos 16 anos de historia, e que aínda non viran a luz en formato podcast. Updated
SONS DE NÓS RadioFusión Lista diaria de música dos países lusófonos.De luns a venres en Radiofusión Updated
Go to World's musics and others