¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta de 6 meses de Plus al 25% de dto ¡LO QUIERO!
Podcast de EntrelazadosRF
Podcast

Podcast de EntrelazadosRF

68
24

Programa divulgativo en Lingua Galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.

Repeticións:
Venres de 02:00 a 03:00 Horas.
Domingos de 09:00 horas a 10:00 Horas.

Programa divulgativo en Lingua Galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.

Repeticións:
Venres de 02:00 a 03:00 Horas.
Domingos de 09:00 horas a 10:00 Horas.

68
24

64º Programa Entrelazados [14º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 64, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Neste derradeiro programa de temporada comezamos a escoita dalgúns temas do concerto acústico de Sés celebrado no local da Fundaçom Artábria a primeiros deste mes de maio. Despois temos a habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [O Cine de animación galego] e a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Elis Regina]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega. Finalizamos esta breve temporada do programa Entrelazados, unha temporada na que non faltou a música e o cine con Carmen Sixto e as Músicas de Brasil e outras terras de Eugenia Sanmartín, unha temporada onde estivo presente a historia e o limiar das irmandades da fala con Xosé María Dobarro, onde entrevistamos á compañías de teatro como os Gazafelhos, ou a profesoras do programa Piale, ou a historiadores coma Bernardo Máiz coa historia de Amada García, tamén coñecemos un pouco máis algunhas asociacións coma a de Ferrol Vello, sempre presente a música galega, música da terra. Este é o programa entrelazados, comprometido coa nosa lingua historia e tradición. O programa volverá aló polo mes de outubro. Saúde e Terra!
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
108
59:26

63º Programa Entrelazados [13º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 63, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Comezamos coa sección reminiscencias do noso pasado onde escoitaremos a segunda parte da conferencia do historiador Eliseo Fernández que trata sobre o movemento obreiro e as irmandades da fala, unha conferencia organizada pola Fundazon Artabria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol. Despois da historia continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Jazz e Cine] e a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Espazo de Reflexión]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
68
59:44

62º Programa Entrelazados [12º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 62, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Comezamos este duodécimo programa da temporada coa sección reminiscencias do noso pasado onde escoitaremos ao historiador Eliseo Fernández que tratará sobre o movemento obreiro e o limiar das Irmandades da Fala, unha conferencia organizada pola Fundaçom Artabria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol. Despois da historia continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Cabaret e Cotton Club], a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe [DJavan]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
68
59:34

61º Programa Entrelazados [11º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 61, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Comezamos este undécimo programa da temporada cun monográfico sobre os Mártires de Carral, logo escoitamos unha canción do grupo A Quenlla, dun poema de Manuel María sobre os mártires de Carral, por título Abril de lume e ferro. Despois da historia continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe os Irmans Marx e a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe Carlinhos Braun. Rematamos coa música Galega, dos Ulträqäns e Fia na Roca, O quer que lle quer. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
73
59:15

60º Programa Entrelazados [10º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 60, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Comezamos este décimo programa da temporada coa sección de apuntamentos de lingua galega onde falarei da campaña En galego sen límites. Non aos recortes ao galego, unha campaña da Mesa pola normalización Lingüística, logo escoitamos unha canción do grupo Saraibas por título Os aproveitados da fala. Temos a habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz e a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. Finalizamos coa canción Noite de Pedra de Arredemo. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
77
59:32

59º Programa Entrelazados [9º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 59, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Neste noveno programa da temporada comezamos escoitando entrevista a Antón Rodríguez e Xosé María Dobarro sobre a vida de do ilustre don Ricardo Carvalho Calero e o documental dirixido por Antón sobre a vida do literato ferrolán Vieiros de Esperanza. Logo da entrevista continuamos coa sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, e pechamos coa seccion de Eugenia Sanmartím músicas de Brasil e outras terras, onde falará da X semana da poesía salvaxe. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
71
59:35

58º Programa Entrelazados [8º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 58, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación Xurxo Gago. Neste octavo programa da temporada comezamos escoitando unha canción de Lidia Botana e Xurxo Souto, Nunca choveu, logo temos unha minientrevista a Gabriela Sanchez Cortizas, profesora de inlges do instituto de Mugardos para falarnos do programa Piale de estadía no estranxeiro. Logo da entrevista continuamos coa sección de de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Temas de Queen no Cine] e pechamos a hora de programa co tema Morder a lingua de MJ Pérez. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
61
57:12

57º Programa Entrelazados [7º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 57, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Neste sétimo programa da temporada tratamos sobre a memoria histórica na entrevista ao catedrático e historiador, Bernardo Máiz, para falar sobre a recente publicación do seu libro sobre Amada García, “Amada García e os seus arredores”. Logo da entrevista escoitamos a canción Foi coma un soño de Antón Seoane, para non esquecérmonos da memoria histórica. Continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [O Terceiro Home] e pechamos a hora de programa coa sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Aos Vivos de Chico César]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
68
59:50

56º Programa Entrelazados [6º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 56, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Neste sexto programa da temporada comezamos cunha entrevista á presidenta da Asociación de veciños de Ferrol Vello para falarnos das reivindicacións dun barrio necesitado da man das institucións, das actividades que organizan no novo centro cívico do histórico barrio de Ferrol Vello. E como non, tras a entrevista, escoitamos a Roger de Flor co seu tema [Ferrol Vello], moi adecuado para a ocasión. Continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [A Radio No Cine] e pechamos esta hora de programa coa sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Cancións dos mares fríos de Hector Zazou]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
96
59:27

55º Programa Entrelazados [5º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 55, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Neste quinto programa comezamos cunha entrevista a integrantes da Asociación Goethe nacida no berce da escola do EOI Ferrol, para falarnos da súa historia, experiencia e as actividades que organizan. Continuamos coa sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Músicos na escena]. Temas: Caetano Veloso [Cucurrucucu Paloma - Hable Con Ella], Pata Negra [Pasa la Vida], Michel Camilo [Caribe]. Rematamos coa sección a cargo de Eugenia Sanmartin: O tema de hoxe [Músicas e palabras de amor] Versos de Walt Withmann. Temas: Maria Bethania [Quero ficar con voçe], Milton Nascimento [Misterios] (Clube da Esquiña), Jorge Brexler [Fusión]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
120
59:33

54º Programa Entrelazados [4º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 54, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Comezamos dende os estudios do Colectivo Opaii, da rádiofilispiM. Hoxe escoitaremos primeiramente a sección do catedrático Xosé M. Dobarro reminiscencias do noso pasado, na terceira entrega sobre o limiar das Irmandades da Fala aló polo ano 1916. Escoitaremos a A Quenlla coa canción [Manifesto de Lugo] toda unha homenaxe ás Irmandades da Fala. Despois da música galega retomamos a sección minientrevistas para entrevistar a Bruno Lopes, directivo da Fundaçom Artabria para falarnos do vindeiro ciclo de actividades que organiza a súa Fundaçom neste mes de febreiro. Gozaremos da habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Katheraine Hepburn] e da sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras o tema de hoxe [Xente]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
74
59:26

53º Programa Entrelazados [3º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 53, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, este que vos fala, Xurxo Gago. Dende os estudios do Colectivo Opaii, da rádiofilispiM, neste terceiro programa da terceira temporada comezamos coa canción Semente de vencer de Sés incluída no seu novo disco Opoñerse á extinción. Escoitamos a sección de apuntamentos de lingua galega, nesta ocasión [Toponimia e antroponimia], logo ao catedrático Xosé M. Dobarro na sección reminiscencias do noso pasado na segunda parte da súa narración sobre o limiar das Irmandades da Fala. Escoitamos a Ruxe ruxe coa súa canción Botarse a andar, canción incluída no seu traballo "20 segundos" (de Lobicán Records 2016). Teremos a habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Personaxes Memorables] e rematamos coa sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
1
4
83
59:26

52º Programa Entrelazados [2º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 52, programa divulgativo en lingua galega, na grella da RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos na canle 93.9 da FM. Na locución e coordinación: Xurxo Gago. Neste segundo programa da terceira tempada comezamos cunha canción de Amparo Arias, irmá do gran cantautor Roger de Flor, que ten por título Enfeitizada para dar paso á sección de apuntamentos de lingua galega, nesta ocasión O Alfabeto, logo escoitamos ao catedrático Xosé M. Dobarro que fala do limiar das Irmandades da Fala na sección reminiscencias do noso pasado. Despois da historia temos música galega da mán de Jacinta, unha cantante que no ano 1967 gravou en Catalunya un EP titulado "Jacinta canta en lingua galega", con varias cancións en galego, unha delas unha magnifica versión galega de Strangers in the night de Frank Sinatra. Temos a estrea esta tempada da sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [BILLY WILDER] e rematamos, tamén, coa estrea, nesta tempada, da sección de Eugenia Sanmartín Músicas de Brasil e Outras Terras: O tema de hoxe [Cidade de Deus]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog http://opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
79
59:53

51º Programa Entrelazados [1º 3ªT]

Programa Entrelazados Nº 51, primeiro programa da terceira temporada deste programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Escoitamos canción Ceo, interpretada por Roger de Flor e Eugenia Sanmartín para a continuación proceder a estrea da sección apuntes de lingua galega, unha pequena sección que pretende achegar sabios consellos de publicacións de profesores de lingua galega para mellorarmos todos e todas o noso nivel de galego ben falado e ben escrito. Logo escoitaremos a Sés e a súa canción fala de mel para proceder a outra estrea da sección reminiscencias do pasado onde darei saída a moitos escritos históricos sobre a nosa lingua, tradición e historia. Escoitamos ás Maianas 2.0 coa súa rumba galega e logo unha minientrevista á compañía de teatro Gazafelhos tras unha representación no mes de decembro pasado nas xornadas de teatro do Seixo que vén a organizar a Sociedade amigos da paisaxe galega dende hai 26 anos. Escoitaremos de novo ás Maianas 2.0 coa súa canción Sabes. E rematamos o programa cunha reposición dunha pequena representación de radio teatro feita en directo no programa na pasada temporada nestes estudios da RádioFilispíM.
Magazine and lifestyle 9 years
0
0
71
59:23

Programa Entrelazados Especial Radioteatro

Neste programa rematamos segunda temporada do programa, despedímonos até o mes de outubro cun programa especial de radioteatro, cuxo reparto estivo formado polas colaboradora habitual do programa Carmen Sixto, e pola colaboradora circunstancial Berta, ademais dos mozos e mozas, Lois, Jorge, Blanca e Lara, entre todos e todas representamos as obras O Roubo da Imaxinación, unha obra de reflexións, logo unha obra breve de humor por título A Chamada e para rematar, unha obra de misterio que ten por título A noite de Samaín. Todas as obras foron escritas e guionizadas por Xurxo Gago. Lembrar que a partir de agora escoitaredes reposicións dalgúns programas destas dúas temporadas na RádioFilispíM. Se neste tempo queredes contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, tamén podedes visitar a conta de ivoox Programa Entrelazados onde tedes a vosa disposición todos os podcats do programa.
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
92
59:43

21º Programa Entrelazados [II Temporada]

Neste programa número 21 da segunda temporada, temos unha minientrevista a Antón Rodríguez director e produtor, Graduado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental e Reportaxe xornalístico e ao Catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro para falar da vindeira presentación do documentario Vieiros de Esperanza e do profesor Ricardo Carvalho Calero, falar do documental sobre o literato ferrolán que foi realizado por Antón Rodríguez Fernández e que será presentado este venres ás 20.00 horas, na capela do Torrente Ballester dentro do marco do ciclo impulsado a prol do escritor ferrolán polo Concello de Ferrol e da plataforma Día das Letras Galegas 2017 para Ricardo Carvalho Calero. Logo, última emisión desta temporada da sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe: [Unha mensaxe de amor á música] e despedida desta temporada da sección de Carmen Sixto, de música e cine, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [HENRY MANCINI].
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
79
01:00:00

20º Programa Entrelazados [II Temporada]

Neste programa número 20 da segunda temporada temos unha minientrevista Bruno Lopes Teixeiro directivo da dinámica e activa Fundaçom Artabria para falarnos das vindeiras actividades que ten por diante a entidade neste meses. Logo temos sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe: [O Clube da Esquina de Milton Nascimento II] e continuamos coa sección de Carmen Sixto, de música e cine, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [A Comedia Negra].
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
83
56:42

19º Programa Entrelazados [II Temporada]

Entrevista á xunta directiva da Asociación Cultural Camiño da Artesanía para coñecer a súa historia e actividades, e para falar da vindeira inauguración da súa exposición que terá lugar no salón de exposicións da Autoridade Portuaria Ferrolá dende mañá xoves 7 de abril. Logo, retomamos a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe: [O Clube da Esquina de Milton Nascimento] e despois continuamos coa sección de Carmen Sixto, de música e cine, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [A Fotografía no Cine]. Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
80
59:55

18º Programa Entrelazados [II Temporada]

Entrevista a Luís Calvo, presidente da asociación Con Xeito e membro da xestora do Ateneo Ferrolán, fálanos da historia da entidade e das vindeiras actividades e proxectos do Ateneo co gallo dos corenta anos da súas refundación. Continuamos coa sección de Carmen Sixto, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [O Cine Galego].
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
86
56:49

17º Programa Entrelazados [II Temporada]

Literatura Galega: Relato de Marcelino Álvarez López do seu libro Contos de Onte [O Máis triste dos privilexios], narrado por Xurxo Gago. Relato [Xurxo] de Marcelino Álvarez do seu libro Contos de Onte, narrado por Carmen Sixto, Jorge e Xurxo Gago. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Charles Chaplin]. O Monográfico: [Chano Piñeiro]. Diálogos de Cine en Galego: [Sempre Sonxa, Mamasunción, O Lapis do Carpinteiro, e outras]. Música Galega: Tema da película O Lapis do Carpinteiro [Foi como un soño].
Magazine and lifestyle 10 years
0
0
111
59:58
You may also like View more
Tormenta de Albóndigas Un magazine de crítica audiovisual, en el que hacemos un análisis en profundidad de piezas que no hayan tenido mucha repercusión mediática, dando un punto de vista original y genuino. Updated
Noviembre Nocturno Podcast de ficción sonora. Literatura, fantasía, terror y Ciencia-ficción. La distancia más corta entre nosotros y la verdad es un cuento. ^(;,,;)^ Updated
Los Retronautas El podcast de los clásicos de la Ciencia Ficción. De Luciano de Samosata a la Batalla de 𝖸̶𝖺̶𝗏̶𝗂̶𝗇̶ Naboo. Contáctanos en nuestra página de Facebook, en Twitter @losretronautas, en Telegram o en nuestro correo losretronautas@gmx.com Updated
Go to Magazine and lifestyle