Podcast de Proxecto Neo
Podcast

Podcast de Proxecto Neo

426
190

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

426
190

Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026

Podcast Proxecto Neo Especial Día da Radio PNO 2026
Languages 6 days
0
0
9
18:38

Proxecto Neo nº 479.15 - Especial 11 F, Día da Nena e da Muller na Ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Nena e da Muller na Ciencia, unha data para recoñecer o talento, o esforzo e as achegas fundamentais das mulleres ao avance científico ao longo da historia. Durante séculos, moitas delas traballaron na sombra, sen o seu merecido recoñecemento; outras abriron camiños nun mundo que lles poñía máis barreiras ca oportunidades. Este día non é só unha homenaxe, senón tamén unha chamada á acción: para visibilizar referentes, para espertar vocacións nas máis novas e para lembrar que a ciencia precisa todo o talento, sen excepcións. No programa de hoxe imos ter a sorte de escoitar a dúas científicas que nos falarán da súa experiencia, dos retos que atoparon e das ilusións que as moven cada día. Porque falar de ciencia tamén é falar de persoas, de paixón e de futuro. Na primeira parte do programa falamos con María José Ginzo Villamayor, matemática e profesora axudante doutora no departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Visitou o IES Perdouro dentro do programa de charlas temáticas A Ponte, da USC, e da celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia. Con ela falamos do mapa en apelidos de Galicia, un proxecto pioneiro no que as ciencias e as humanidades van da man. Na segunda parte do programa, conversamos por vía telefónica con María García Portela, licenciada en Ciencias do Medio Ambiente na Universidade de Salamanca e doutoranda "cum laude" no seu estudo sobre a ecofisioloxía comparativa de dúas especies mixotróficas de Dinophysis produtoras de toxinas lipofílicas. Con ela falamos de dinoflaxelados, un xénero de microalgas tóxicas, coñecidas por ser as principais causantes das mareas vermellas e dos peches de polígonos de bateas na costa galega, das mareas vermellas e do mar de ardora, pero tamén descubriremos como é o día a día dunha muller entregada ao labor científico. Xa cara ao final do programa falamos con Tania Merelas Iglesias, educadora social e creadora de xogos e recursos didácticos feitos de forma artesanal en Galicia. Con ela falamos do seu proxecto Avezar, un espazo creativo que ofrece propostas para incorporar o feminismo e a lingua galega no día a día.
Languages 1 week
0
0
25
01:03:37

Proxecto Neo nº 478.15 -Christian Daniel & Uxío Radoslav Rego Rey-Conde

Como cada semana, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A micro aberto: o eclipse solar Na primeira parte do programa falamos con Christian Daniel, coñecido en redes como “El venegalle”, un neofalante de procedencia venezolana asentado en Galicia dende hai unha década. Con el falamos dos motivos que o levaron a emigrar a Galicia cando tiña 19 anos, do seu cariño polo noso idioma e da súa faceta de creador de contidos en redes. En a Micro Aberto, Lucía López López, alumna de 1° Ciclo Superior de Administración e Finanzas, aproveitou a visita de Carlos Teijo García, profesor Titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela para preguntarlle sobre a situación que atravesa Venezuela. Na segunda parte do programa, conversamos con Uxío Radoslav Rego Rey-Conde, profesor neofalante de Sistemas Electrónicos no IES Perdouro. Con el departimos sobre as súas raíces búlgaras, da súa formación académica e do seu plurilingüismo.
Languages 2 weeks
0
0
13
01:00:48

Proxecto Neo 477.15: Radio Saúde Burela, O coidado da vista

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da vista. Na primeira parte do programa falamos con Sofía Méndez Coto, especialista en oftalmoloxía no hospital de Burela. Sofía Méndez naceu en Oviedo e alí estudou desde a Primaria ata a universidade. Participou no programa Erasmus pasando un curso na cidade francesa de Rennes e comezou traballando na Medicina Familiar e Comunitaria. Más tarde, decidiuse pola oftalmoloxía e especializouse na cirurxía refractiva, na oculoplástica e na da órbita do ollo. Con ela falamos das revisións oftalmolóxicas, das enfermidades oculares, das consecuencias do uso excesivo de pantallas para a vista e das recomendacións que nos poden axudar a coidar os nosos ollos. Na segunda parte do programa, conversamos con Marta Basanta Fernández. Ela é diplomada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu o seu labor en varias ópticas, ata que en 2008 decidíu abrir a súa propia en Burela coa franquicia Alain Afflelou. Con ela falamos dos principais servizos que ofrece unha óptica, das graduacións, do uso das lentes e das lentes de contacto.
Languages 3 weeks
0
0
40
01:01:42

Proxecto Neo 476.15: Sargadelos

Comezamos o programa coa Noticia do Día. O programa 476 está dedicado a Sargadelos. Na primeira parte do programa falamos con tres integrantes de Avelaíña Teatro: Antón Lamapereira, Miguel Anxo Martín e Xabier Fernández. Con eles falaremos da obra As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi. Na segunda parte do programa, falamos con Andrea Mariz, profesora de Educación Pĺástica e Visual no IES Perdouro de Burela e con Uxía Oroza, unha das súas alumnas. Preguntámoslle pola elaboración e deseño do calendario anual do centro. Seguindo a recomendación da Asesoría de Bibliotecas escolares para este curso, Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade, quixemos facer unha pequena homenaxe ao noso patrimonio local e dedicar o noso calendario os deseños elaborados polos artistas da marca de cerámica de Sargadelos. Xa na parte final do programa, tivemos a Pepe Blanco, artista mariñán e deseñador cunha longa traxectoria na fábrica de Sargadelos e coñecido tamén polas súas creacións inspiradas nas súas propias vivencias e nas tradicións da nosa terra. Con el falamos dos principais deseñadores de Sargadelos: dos impulsores do seu renacemento nos anos sesenta, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, así como de figuras esenciais como Xosé Vizoso e o propio Pepe Blanco, que contribuíron decisivamente aos deseños característicos desta cerámica de renome internacional.
Languages 4 weeks
0
0
28
59:21

Proxecto Neo 475.15: Os segadores da Órrea

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha novidade: a Palabra do ano 2025. Neste primeiro programa do ano fixemos un especial Segadores de Castela, dedicado a aqueles homes que migraban no verán para ir segar a Castela nos anos 60. Na primeira parte do programa falamos con Cándido Rodríguez Cerdeira e Constantino Tella Gómez, labregos da Órrea, no Concello de Riotorto. Cándido do Burón foi con 16 anos, a Castela: Un ano atar e outro segar. E Tino do Conde foi con 14 anos varios anos atar. Non chegou a ser segador. Con eles conversamos sobre como era a vida en Castela nos anos 60, canto gañaban, como se organizaban para traballar e repartir as tarefas. Na segunda parte do programa, falamos con Paco Veiga, membro da Asociación de Veciñas e Veciños de Santa Comba da Órrea. Con el falamos do documental Segadores da Órrea e da viaxe de reencontro que tivo lugar 50 anos despois entre segadores e amos en Santa María la Real de Nieva. Nos últimos minutos tivemos por vía telefónica a Laura Alonso Carracedo, deseñadora, fotógrafa e codirectora do documental Segadores da Órrea.
Languages 1 month
0
0
45
01:00:55

Proxecto Neo 474.15 Radio Saúde Burela - Javier Rouco & Zaida Álvarez

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala. Inmediatamente despois entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da pel e aos trastornos da imaxe. A primeira das entrevistas foi con Javier Rouco Martínez, docente de Imaxe Persoal no IES Perdouro de Burela. Javier formouse no ámbito das finanzas, do estilismo, da estética e mesmo da enfermería e ten unha ampla experiencia de case 20 anos como profesor de Imaxe Persoal, na actualidade no ciclo de Peiteado e Cosmética Capilar. Con el conversamos como experto no coidado da pel. Seguro que nos dará recomendacións en materia de dermatoloxía, fundamentalmente para os problemas cutáneos na adolescencia. Inmediatamente a seguir falamos con Zaida Álvarez Otero, enfermeira de saúde mental. Traballou en varios hospitais españois e nalgúns deles en servizos especializados en adolescentes e trastornos da conduta alimentaria. Con ela falamos de saúde mental dos adolescentes e de como a súa imaxe inflúe neles.
Languages 2 months
0
0
65
01:02:16

Proxecto Neo 472.15: Javier Mariño Chao & Xan Barcia Bouzas

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Inmediamamte a seguir tivemos connosco a Javier Mariño Chao, docente de Matemática e amante das viaxes polo mundo. LOC 2: Con el conversaremos sobre as súas experiencias viaxando polos cinco continentes e da súa paixón por coleccionar xarras dos países polos que estivo. Na segunda parte do programa falamos con Xan Barcia Bouzas, profesor de Filosofía no IES Perdouro de Burela. Con el falamos da pensamento de Byung-Chul Han, premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2025. Este intelectual alemán de orixe surcoreano é unha das estrelas do pensamento actual.
Languages 2 months
0
0
52
01:02:38

Proxecto Neo 472.15: Adrián Naray Ares & Silvia Rozas Ramallal

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pilula das Ciencias. Immediamente a seguir recordamos que o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, ademais de visibilizar e aumentar a conciencia social sobre as dificultades ás que se enfrontan no seu día a día para poder desenvolverse en igualdade co resto da cidadanía. Os nosos compañeiros de 4º ESO, Breogán e Manuel, comparten connosco un podcast co que queren homenaxear a loita e o esforzo destas persoas, e anímannos a poñernos no seu lugar para comprender mellor a súa realidade. O primeiro convidado foi Adrián Naray Ares, físico especializado en meteoroloxía e preditor aeronáutico na Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). É coñecido por dar as previsións meteorolóxicas na Mariña no perfil do Tempo en Foz nas redes sociais. Con el conversamos sobre a súa formación académica, a diferenza entre os termos clima e tempo, a importancia das predicións para previr desastres naturais así como do impacto do cambio climático na Mariña. Na segunda parte do programa tivemos por vía teléfónica a Silvia Rozas Ramallal, frautista solista da Orquesta da Radio Norte de Alemaña e natural de Burela. Estivo no IES Perdouro ofrecendo un concerto didáctico ao alumnado de 2º de ESO. Con ela falamos do seu itinerario formativo, que a levou a vivir en Alemaña e formar parte da Orquestra Sinfónica da Radio Norte de Alemaña.
Languages 2 months
0
0
31
01:01:04

Proxecto Neo 471.15: Radio Saúde Burela - As relacións afectivo-sexuais

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, a Pilula das ciencias, a Palabra do mes e A micro aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado as relacións afectivo-sexuais. A primeira das entrevistas foi con Sandra Dolores Fernández Otero, enfermeira especialista en enfermería familiar e comunitaria. Con ela conversamos sobre sexo e afectividade, sobre Infeccións de Transmisión Sexual e sobre a atención sanitaria a menores, entre outros temas. Inmediatamente a seguir falamos con Sara Chao de Diego, Facultativo Especialista de Área no Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Hospital da Mariña, en Burela. Con ela falamos das funcións que desenvolve unha médica especialista en xinecoloxía, de anticoncepción, de educación sexual e doutros temas de interese.
Languages 2 months
0
0
73
01:01:26

Proxecto Neo 470.15: Pedro Reimunde

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Pílula das ciencias e a sección O corpo fala. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñéndovos os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Belanice e de Mauro. O programa 470 é un monográfico especial Mes da Ciencia en Galego. Entrevistamos ao neurocirurxián Pedro Reimunde, oriúndo de Alfoz. Traballa no HULA, o Hospital Universitario Lucus Augusti e imparte clase nas universidades da Coruña e de Santiago. Con el falamos do seu inmenso itinerario formativo, da actividade deportiva, do seu recente recoñecemento no Congreso Nacional Neuro-raquis e da práctica do exercico físico como unha das opcións terapéuticas máis importantes no tratamento das doenzas da columna vertebral.
Languages 3 months
0
0
55
01:02:21

Proxecto Neo 469.15: Ana Dorrego Rivas & Hector Méndez Fernández

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Leonor e de Isaías. Co gallo do mes da Ciencia en galego, a primeira convidada desta tarde foi a doutora en neurociencias Ana Dorrego Rivas. Natural de Barreiros, hoxe reside en Londres. Con ela falamos do porqué da fuga de cerebros e da súa investigación en neurociencia. Detallounos o estudo que está coliderando sobre o desenvolvemento do noso cerebro e de como procesa os olores. Mais novembro é tamén o mes do 25N e entrevistamos Hector Méndez Fernández, psicólogo e Garda Civil da comandancia de Lugo e formador do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade. El visítanos cada ano impartindo charlas de sensibilización de diversas temáticas. Hoxe tivémolo con nós para falar da situación actual da violencia contra a muller.
Languages 3 months
0
0
46
01:00:16

Proxecto Neo 468.15: Fran da Lobeira & Verónica Falcón Rielo

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro imos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Manel e de Seynabou. O primeiro convidado desta tarde foi Francisco Bermúdez Prieto, creador de contido en galego. É activista dixital e “community manager” amateur coñecido polas redes sociais como Fran da Lobeira. Lobeira é un topónimo da parroquia de Santa Mariña do Monte, no Concello de San Sadurniño na Coruña de onde é oriúndo. Confesa que foi falante de castelán até os 39 anos e hoxe explicaranos o porqué desta mudanza ao galego. Afincado en Madrid por traballo, militar de profesión, é suboficial especialista en SONAR no Estado Maior da Defensa. Mais Fran da Lobeira é un tipo ecléctico, polifacético, hiperactivo e xeneroso. Con el falamos dos seus comezos no mundo do cine como cineasta afeccionado co colectivo Chanfainalab, dos seus vídeos marabillosos na súa canle A Lobeira Today. Vimos como a través de YouTube reorientou a súa creatividade para publicar pequenos xogos audiovisuais nos que propón adiviñas culturais que teñen como elo común o coñecemento do galego. Tamén foi dos primeiros Instagramers en crear un vídeo diario en galego e na súa canle de YouTube deu visibilidade a máis de 240 canles na nosa lingua cada ano. En definitiva, Fran da Lobeira é o primeiro “streamer” en lingua galega en transmitir directos de máis de 1 día sen pausas na rede social Twitch e YouTube. Ademais é presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego que agrupa as tres grandes comunidades de creación dixital de contido en galego: Podgalego, Twitch en galego e YouTube en galego e que ten como principal obxectivo promover a divulgación e a normalización da lingua a través das novas tecnoloxías. A nosa segunda convidada foi Verónica Falcón Rielo. Nada en Girona, de pais galegos e emigrantes polo territorio español. Véronica exerceu a súa profesión de docente en Valencia, Castela - A Mancha, Asturias e na actualidade en Galicia. Con ela falamos da vida na emigración, dos seus estudos, do bilinguïsmo dos sistemas educativos, da súa paixón deportiva e da súa práctica docente nas distintas comunidades polas que estivo e está exercendo.
Languages 3 months
0
0
66
01:02:57

Proxecto Neo 467.15: Radio Saúde Burela - Adicción aos móbiles

Temos o primeiro programa especial Radio Saúde Burela desta temporada. Conversamos con Ainara Díaz Geada, enfermeira, doutora en Saúde Pública e Epidemioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa como docente. As súas investigacións céntranse na influencia das desigualdades en saúde nos comportamentos de risco para a saúde das persoas mozas, como o consumo de alcol. Con ela falamos sobre o fenómeno da nomofobia, os problemas de saúde cos que se relaciona o uso intensivo dos móbiles e a súa asociación con outras condutas de risco. Ademais informaranos dos resultados do estudo SEGcohort do que é coordinadora. Tivemos tamén con nós a Maite Lanza Méndez, traballadora social da Unidade Asistencial de Drogodependencia de Burela. Tamén forma parte do grupo de traballo de Saúde Mental do Colexio de Traballo Social de Galicia, participa na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención e no Consello Local da Infancia do Concello de Burela. Con ela conversamos sobre as principais adiccións que detecta no seu traballo e sobre que condutas de risco constata a través dos ordenadores ou dos dispositivos móbiles.
Languages 3 months
0
0
76
01:02:39

Proxecto Neo 466.15: Mario Pillado Mon e Jairo Campo Vázquez

Neste programa nº 466, tivemos dúas entrevistas no estudio. Na primeira, conversamos con Mario Pillado Mon, actual tenente de alcaldesa en Burela polo Bloque Nacionalista Galego e adestrador do filial e xuvenil feminino do Burela Fútbol Sala. Con el falamos dos seus inicios, do seu gusto pola política e do seu compromiso coa mocidade e coa inmigración, tarefas das que se ocupa desde a súa concellería. Na segunda, falamos con Jairo Campo Vázquez, profesor de Educación Física, segundo adestrador do Burela feminino de primeira división do Burela FS e actual director do CEIP Plurilingue Os Castros de Burela. Con el conversamos sobre educación e disciplina mais tamén sobre fútbol, a súa outra paixón.
Languages 4 months
0
0
88
01:00:35

Proxecto Neo 465.15: Aritmar; Laura Ramos Cuba, Irene Rega Jul e Lucía Ferro

Especial Día das escritoras O programa foi unha oportunidade para celebrar a creación literaria feminina. Por iso tamén contamos cun espazo dedicado á poesía feita por mulleres nas dúas beiras do Miño. A galega Silvia Penas e a portuguesa Sílvia Mota, dúas voces con estilos distintos, mais unidas por unha mesma linguaxe, a da palabra que transforma e conmove, recitan para Proxecto Neo os poemas cos que gañaron a última edición do certame aRi[t]mar. Proxecto Neo, contou coa presenza de tres escritoras mariñás: Irene Rega Jul, de San Cibrao; Laura Ramos Cuba de Burela e Lucía Ferro, de San Miguel de Reinante (Barreiros). Tres mulleres nadas na década dos 90, todas escritoras da Mariña.
Languages 4 months
0
0
53
01:02:47

Proxecto Neo 464.15:Elena Valle ¬ Estela Villar

O pasado 30 de setembro celebramos o día da tradución, e desde Proxecto Neo, sumámonos ao recoñecemento dunha profesión esencial para construír pontes entre culturas e facilitar o diálogo. Na primeira entrevista desta tarde conversamos con Elena Valle, ex-alumna do IES Perdouro de Burela que actualmente exerce de traductora, correctora e localizadora de videoxogos e que nos abriu a xanela a un sector creativo e en pleno auxe. Con ela recordamos os tempos en que participaba neste programa igual ca nós, da súa formación e do programa Doutoral en Tradución e Paratradución. Falounos da súa tese centrada en como a localización de videoxogos ao galego pode impulsar a normalización lingüística e de outros proxectos de interese. A segunda entrevistada foi Estela Villar, tradutora da editorial Rinoceronte. Con ela conversamos sobre o vixésimo aniversario da editorial e sobre o valioso labor que desenvolve no ámbito da tradución e da difusión literaria.
Languages 4 months
0
0
74
01:02:48

Proxecto Neo 463.15: María López Sández & Sofía Barreira

Hoxe traemos unha entrega moi especial, porque imos viaxar a través das palabras, das linguas e das súas pontes. A semana pasada celebramos o Día Europeo das Linguas e non queriamos deixar pasar a ocasión de reflexionar sobre a diversidade lingüística, a aprendizaxe e a mediación entre culturas. Para iso, contamos esta tarde con dúas convidadas de excepción: Na primeira entrevista conversaremos con María López Sández, académica da Real Academia Galega. É filóloga e escritora e actualmente é profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Con ela falaremos da paisaxe como construción cultural na literatura galega: como o espazo moldea a identidade e a narrativa. Preguntarémoslle sobre o papel importante da Real Academia Galega en prol da normalización lingüística. Inmediatamente a seguir teremos con nós a Sofía Barreira, unha neofalante de 16 anos que vive en Edimburgo, mais que medra co corazón en Lourenzá. Ela contaranos a súa experiencia vital coa lingua galega e con outras linguas da súa contorna e explicaranos como se desenvolve a vida dunha estudante nun instituto de Escocia.
Languages 4 months
0
0
56
59:27

Proxecto Neo 462.15: Daniel Irimia Gómez & Yoni Insua Cagigal

Neste primeiro programa da décima-quinta etapa de Proxecto Neo, contamos con dúas entrevistas. Na primeira conversamos con Daniel Irimia Gómez, profesor de Bioloxía no IES Perdouro este curso 25-26. Con el falamos de «Ser galego mola», un anuncio do Gadis co que saltou á fama e do seu triunfo como «tik toker» colgando vídeos curtos en galego na rede social. Na segunda entrevista da tarde falamos do proxecto musical "A cova do can" e de rock con Yoni Insua Cagigal, profesor de formación profesional na rama de Administración.
Languages 4 months
0
0
93
01:00:21

Proxecto Neo 461.14 - Alfredo LLano; Oferta Educativa IES Perdouro 25-26

Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo dirixido pola profesora Sonia Rei: A Noticia do Día. Na primeira entrevista conversamos con Alfredo Llano, compañeiro do Dpto de Electrónica e ex-alcalde de Burela. O motivo desta conversa con Alfredo Llano é a súa xubilación. Este foi o seu último ano lectivo como docente e como despedida facemos un repaso da súa traxectoria pola docencia e pola vida. Para finalizar o programa entrevistamos a 4 docentes da nosa escola para coñecermos a oferta de ciclos formativos no IES Perdouro. Javier Mogo conversa con María García Jartín, profesora do departamento de Administración, Ismael Castinheira, profesor en Eletrónica, Javier Rouco, profesor de Imagem Persoal e Manuel Basanta, docente nos ciclos de Mecanizado e Mecatrónica.
Languages 8 months
0
0
135
01:11:38
More of Proxecto Neo View more
Ricardo Carvalho Calero Obradoiro de leitura dedicado a Scórpio, romance de Ricardo Carvalho Calero. Updated
You may also like View more
Learn Indonesian | IndonesianPod101.com Learn Indonesian with Free Podcasts Whether you are student or a seasoned speaker, our lessons offer something for everyone. We incorporate culture and current issues into each episode to give the most informative, both linguistically and culturally, podcasts possible. For those of you with just the plane ride to prepare, check our survival phrase series at IndonesianPod101.com. One of these phrases just might turn your trip into the best one ever! Updated
Radio Maré Nesta canle publicamos traballos elaborados polo alumnado da EOI de Vilagarcía de Arousa, bibliorecomendacións, clubes de lectura, entrevistas a persoas que visiten a escola para achegarnos unha experiencia compartida e todo aquilo que sirva para sacar a vida da EOIVGA á rúa e facer partícipe dela a toda a comunidade. Updated
Como Aprender Inglês com Mairo Vergara Aprenda a estudar inglês (e também outros idiomas) de forma simples e eficiente com as dicas e método do professor Mairo Vergara. Acesse o nosso site: www.mairovergara.com Updated
Go to Languages