¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 AÑO DE PLUS al 35% de dto ¡LO QUIERO!
Podcast Radio Cerna
Podcast

Podcast Radio Cerna

1,691
242

Boletín informativo ambiental 07/08/2025

A Xunta delcara a emerxencia cinexética do xabarín e privatiza así a xestión da fauna salvaxe en favor dos cazadores. En materia eólica tamén hai novidades. Empresas con parques eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza están a solicitar agora a declaración de utilidade pública para poder expropiar terreos. E ademais, súmase outro proxecto ao ronsel de eólicos paralizados cautelarmente. O TSXG acaba de acoller a solicitude de ADEGA para o parque eólico Fial das Corzas, promovido por Iberdrola nos concellos de Laza e Vilar de Barrio. Galiza dispón xa de capacidade para tratar ata oito veces máis residuos da construción e demolición dos que xera cada ano. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 6 days
0
0
22
09:57

Boletín informativo ambiental 31/07/2026

Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento", impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan urbanístico previsto nas nacentes do río Rato, reúne os primeiros 6.000 euros en menos dun mes. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 1 week
0
0
24
10:00

Boletín informativo ambiental 17/07/2026

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza volve dar a razón a ADEGA e ordena paralizar cautelarmente o parque eólico Pena do Pico, promovido por Greenalia nos Ancares lucenses. ADEGA advirte de que Lugo podería perder unha oportunidade histórica para completar un gran cinto verde arredor da cidade ante a ampliación prevista do polígono do Ceao sobre as nacentes do río Rato. O proxecto de Altri en Palas de Rei queda arquivado de forma definitiva pola Xunta. Tamén en Palas, a macrogranxa porcina proxectada en Vilareda incumpre a normativa ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 3 weeks
2
0
21
10:00

Boletín informativo ambiental 10/07/2026

A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. O proxecto de ALTRI incumpre os seis obxectivos ambientais que establece o Regulamento europeo sobre investimentos sustentables. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 1 month
1
0
23
10:00

Boletín informativo ambiental 26/06/2026

Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos cambios ordenados no TSXG. A noite de San Xoán deixa unha imaxe máis limpa ca anos anteriores nas praias galegas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 1 month
0
0
38
10:00

Boletín informativo ambiental 18/06/26

Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castroverde e Baralla. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resta importancia ás advertencias do Icomos sobre os impactos da mina de Touro no Camiño de Santiago. Milleiros de persoas mobilizáronse este domingo na Illa de Arousa para reclamar á Xunta a paralización definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. Toda isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 1 month
0
0
34
10:00

Boletín informativo ambiental 12/06/2025

Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os permisos da Xunta para a mina de Touro porque ameaza o Camiño de Santiago. Visto e prace do Estado á empresa que construirá a central reversible en Meirama. Isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 2 months
1
0
33
10:00

Boletín informativo ambiental 05/06/2026

A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais. Noutra orde de cousas, a Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa, unha decisión que levantou críticas polos seus impactos na ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 2 months
0
0
26
10:00

Boletín informativo ambiental 29/05/2026

A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta de biometano prevista na Laracha podería incumprir a lei de residuos e poñer en risco a saúde da veciñanza. E a Coordinadora “Eólica Así Non” presenta unha denuncia na Fiscalía Superior de Galiza para que investigue se puido haber prevaricación no cambio de seccións dos casos relacionados coa enerxía eólica dentro do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 2 months
0
0
25
10:01

Boletín informativo ambiental 22/05/2026

Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 2 months
1
0
22
10:00

Boletín informativo ambiental 08/05/2026

Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bateeiros, mariscadoras e mariñeiros de distintos puntos do país concentráronse esta semana ás portas do Parlamento para denunciar a grave crise que atravesa o sector do mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 3 months
1
0
32
10:00

Boletín informativo ambiental 01/04/26

A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 3 months
1
0
28
09:57

Boletín informativo ambiental 23/04/2026

A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 3 months
1
0
27
10:00

Boletín informativo ambiental 17/04/2026

Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de Parada, en Outeiro de Rei, onde se están a realizar traballos forestais con maquinaria pesada e está prevista a plantación de eucaliptos. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 3 months
0
0
28
10:01

Boletín informativo ambiental 10/04/2026

Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragaxe do río Lérez seguen medrando. A Alianza por un Rural Galego Vivo urxe a anular o traslado dos maxistrados e maxistradas do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 4 months
0
0
30
10:00

Boletín informativo ambiental 27/03/2026

As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ecolóxica. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 4 months
0
0
39
09:59

Boletín informativo ambiental 13/04/2026

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír a revisión do POEM. O Partido Popular veta no Parlamento unha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 5 months
0
0
33
09:59

Boletín informativo ambiental 6/03/2025

O salmón galego atópase en perigo da extinción. Entidades ecoloxistas lanzan unha campaña de recollida de sinaturas para que así sexa declarado oficialmente por parte da Xunta de Galiza. En materia eólica, o Tribunal Supremo revisa como de xustas son as expropiacións para a implantación de aeroxeradores. E ademais, ADEGA-Lugo vén de presentar alegacións contra o proxecto do parque eólico Ferroedo, previsto nos concellos de Bóveda e O Saviñao. Noutra orde de cousas, a delegación coruñesa da asociación fixo pública unha carta aberta dirixida á organización do Wake Up Festival, evento de música electrónica con altos impactos ambientais no Parque de Bens, na Coruña.
Science and nature 5 months
0
0
26
10:00

Boletín informativo ambiental 27/02/2026

Ante o anuncio de arquivo do proxecto industrial de Altri por parte da Xunta, a coordinadora "Altri Non" celebra a vitoria do pobo galego e advirte que aínda queda o golpe de graza. Chama á sociedade galega a non baixar a garda ante a posibilidade dun “arquivo en falso” que permita no futuro reactivar o proxecto. A organización ecoloxista ADEGA vén de presentar alegacións ao Proxecto de Interese Autonómico para a construción de vivenda no barrio do Sagrado Corazón, en Lugo. O primeiro estudo científico sobre o temporal de comezo de ano confirma que o cambio climático aumentou a intensidade das chuvias torrenciais en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 5 months
0
0
31
09:59

Boletín informativo ambiental 13/02/2026

A poboación galega respira unha proporción maior de substancias contaminantes ca o resto do Estado. ADEGA denuncia o abandono institucional da Torre de Torés, no Concello das Nogais, declarada Ben de Interese Cultural. Un proxecto eólico na Terra Chá pon en risco a única poboación reprodutora de mazarico real na Península Ibérica. A Serra do Xistral pasa a fomar parte dunha exclusiva rede internacional de paisaxes emblemáticas e convértese así nun laboratorio vivo para buscar solucións fronte ao cambio climático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
Science and nature 6 months
0
0
31
10:00
More of Radio Cerna View more
Boletín informativo ambiental 11/02/22 A seca na bacía Galiza-Costa, a central hidroeléctrica de Valadouro, os eólicos mariños, a nova lei do clima ou a afección dos microplásticos na saúde... algúns dos temas ambientais que foron noticia nesa semana. Escoita Radio Cerna! Updated
You may also like View more
Strength and Conditioning Journal Podcast Strength and Conditioning Journal is the professional journal of the National Strength and Conditioning Association (NSCA). The purpose "SCJ Podcasts" is to highlight current topics in the journal related to the field of strength and conditioning. The NSCA and SCJ are committed to the mission of integrating the practical experience of professionals in our field with evidence-based research to provide practitioners with the most accurate information available. The "SCJ Podcasts" will be a very valuable tool in accomplishing that mission. Updated
El bosque habitado Moradores literarios, princesas, eremitas y variopintas cohortes mitológicas. Updated
El Abrazo del Oso Podcast Historia, ciencia, divulgación, compromiso... la curiosidad que nos une. Desde 1996. Updated
Go to Science and nature