¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 AÑO DE PLUS al 45% de dto ¡LO QUIERO!

San Telmo na Casa - Mamá Cabra
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Tamén Mamá Cabra se sumou as festas de San Telmo na Casa través da radio con este programa no que nos presentaron
01:01:10
San Telmo Na Casa - María Fumaça
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Nas festas de #SanTelmoNaCasa tivemos a oportunidade de escoitar a María Fumaça a través da Radio Municipal de Tui nun programa especial no que nos presentaron o seu novo traballo "O Veleiro verde".
53:58
Especial Día das Letras Galegas 2018
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
A Radio Municpal de Tui contou cun programa especial dende a praza da Inmaculada dedicado ao Día das Letras Galegas e, en especial, á Feira do Libro Galego que celebraba en Tui a súa XXI edición.
01:49:40
Ent. Mila González - Precisan voluntarios para a realización das alfombras de Corpus
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Un grupo de persoas voluntarias comezou este luns o traballo co verde para a elaboración das alfombras florais de corpus. As 7 persoas que están traballando arestora no Claustro da Catedral é insuficiente polo que fan un chamamento a todos os que se queiran sumar. Así o explicaba Mila González.
Están traballando cada día de 9 a 14h e de 16 a 20h, podendo sumarse cada un no horario que desexe, para preparar todo o material para a elaboración das alfombras o sábado 17 de xuño.
03:53
Especial Play-Doc 2017 - Directo dende o Teatro Municipal de Tui
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Programa especial da Radio Municipal de Tui durante o Play-Doc 2017 con entrevistas aos directores Eloy Domínguez Serén, Dominic Gagnon, Nele Wohlatz, Beli Martínez e Carmen Bellas.
01:34:40
Rutas guiadas e de balde para coñecer o patrimonio do Baixo Miño
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Repasar a historia de Tui e comarca é máis sinxelo este verán. Tui, A Guarda e Oia contan durante os meses estivais cunha ampla oferta de visitas turísticas aos principais puntos históricos que acheguen a historia a locais e visitantes.
05:56
Ent. Sandra Alonso, educadora familiar do Concello do Rosal- Mostra Mulleres na Historia
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
O Concello do Rosal expón durante este mes de marzo unha mostra cun total de 97 fotografías antigas, testemuño gráfico das mulleres que leva por título Mulleres na historia. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural do Rosal. Pódese ver na parte baixa do concello de luns a venres de 11h a 13h e de 16h a 20h e os sábados pola mañá. Sandra Alonso, educadora familiar do Rosal, ampliounos esta nova
05:32
Entrevista con Gloria Mosquera, directora de 15 Primaveras
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Este sábado, ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra ó Teatro Municipal.
Mamá Cabra é un dos grupos musicais pioneiros na creación de espectáculos para a infancia. 15 Primaveras trátase da súa particular homenaxe ó seu percorrido. Este espectáculo é unha escolma de temas xa interpretados adaptados a esta nova obra.
05:08
Entrevista a Josep Pamies- Charla sobre plantas mediciñais este sábado
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Josep Pamies estará este sábado ás 11 da mañá no Liceo Casino para dar unha charla sobre plantas mediciñais. O conferenciante Josep Pamies explicará o seu proxecto, Dolça revolució, e das súas experiencias na agricultura ecolóxica, e no uso de diferentes plantas mediciñais para o tratamento e curación de enfermidades. Con el falamos durante o Día a Día
14:57
Entrevista con Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros- Proxecto de micromecenado
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
A primeira campaña galega de "crowdfunding" arqueolóxica pecha co obxectivo cumprido en Oia. Setenta persoas de todo o mundo realizaron ata noventa aportacións dun total de 10.523 euros a través de internet para salvagardar o patrimonio prehistórico e natural do municipio.
Coida Xosé Gago que o máis importante da campaña, aparte dos cartos recadados, é a comunidade creada ó redor do proxecto, xa que moitos doantes visitarán Oia e están pendentes do transcorrer das obras.
09:07
Entrevista con Martín González, veciño de Tomiño, que denuncia esperas e falla de persoal no Cunqueiro
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Martín González, veciño de Tomiño, denuncia as esperas e a falta de medios no novo hospital Álvaro Cunqueiro. O afectado explicou que súa nai, de 90 anos de idade, foi trasladada de urxencia ante unha febre elevada e tivo que permanecer na sala de espera dende as 4 da tarde ata as 12 da noite, agardando polos resultados das probas.
Martín González comunica que no traslado efectuado posteriormente ó Meixoeiro, súa nai sufriu unha caída da ambulancia e a raíz da mesma, tivo golpes e mazadas.
07:36
Entrevista a Laureano Alonso, concelleiro de Turismo- Datos positivos no turismo en Tui
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
A oficina de turismo de Tui, rexistrou dende o 1 de xuño ó 30 de setembro 20.424 visitantes, o que supón unha suba nun 62% con respecto ós datos rexistrados no ano 2014.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou nos nosos micrófonos os bos datos e o crecemento no número de visitantes con respecto ó ano pasado. Incidiu que isto se debe polos múltiples atractivos da cidade e das súas propostas, como o tren turístico que conectou á Eurocidade Tui- Valença, as visitas guiadas polo conxunto histórico ou a dinamización da oficina de turismo de Tui, impulsadas pola concellería de Turismo.
06:59
Entrevista con Mónica Bugarín- Actividades da Casa da Xuventude
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Como onte foi día festivo, trasladamos a conversa habitual sobre cursos, actividades con Mónica Bugarín, do Espazo Xove de Tui, ó día de hoxe. Mónica Bugarín deu conta que a Casa da Xuventude acollerá a partir do luns próximo e ata o día 27, a exposición de fotografía do certame Viaxando.
Por outra banda, este xoves celébrase a terceira xornada de xogos de mesa, co xogo Carcassonne. A mocidade entre 10 e 15 anos poderán desfrutar destes xogos titorizados.
04:01
Entrevista con Tito Asorey, director de Perplexo- Obra que chega este venres ó Teatro Municipal de Tui
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Este venres 6 de novembro, o Teatro Municipal de Tui acolle a obra, Perplexo, da compañía Il Maquinario Teatro de Ourense. Esta obra, en clave de humor, está protagonizada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez, e está dirixida por Tito Asorey. Precisamente co seu director falamos hoxe durante o Día a Día.
08:29
Entrevista a Alejandro Dacuña, que elaborou un libro de receitas tradicionais
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Alejandro Dacuña, hai dous anos e medio, comezou co traballo de facer un libro de receitas caseiras de comidas das que se fan de toda a vida nas nosas casas, “Receitas con historia”. O libro está a piques de saír do forno, e os cartos recadados da súa venda, serán destinados a asociacións que loitan pola defensa de enfermos.
Alejandro Dacuña explicou que o libro recolle 60 receitas aproximadamente, de carnes, pescados, abarcando diferentes elaboracións. Ademais tamén relata a historia de cada prato. O propio autor percorreu casas e recolleu in situ a preparación da receita.
13:09
Entrevista con Alberto González, chef do Silabario- Viaxe do Grupo Nove a San Sebastián
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Alberto González é chef do Silabario de Tui, e estivo co Grupo Nove, asociación de cociñeiros galegos en San Sebastián, para presentar a súa cociña e a potencia turística de Galicia a través dun documental. O Grupo Nove está formado por reputados cociñeiros que posúen entre eles 12 estrelas michelín e 37 soles Repsol. Así nolo contou Alberto González.
07:19
Entrevista con David Vila Magán, presidente da ADETO- Actividades polo Samaín
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
A Asociación de Comerciantes de Tomiño, Adeto, organiza a celebración do Samaín este sábado próximo día 31 de outubro, ás 17 horas, para os nenos e ás 20 horas, para maiores, na Praza da Mina, con baile de disfraces aterradores, talleres, gran queimada e merendola para os máis pequenos, todo amenizado con música. Haberá sorteo de cheques regalo ás 21 horas. Colabora o Concello e participa Cervexa Lenda. David Vila, presidente de ADETO.
05:25
Entrevista con Xosé Tomás, debuxante- Obradoiro de banda deseñada en Tui
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Co gallo da celebración do Samaín e dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca, terá lugar na Sala Félix Rodríguez un Obradoiro de Banda Deseñada totalmente de balde a cargo do ilustrador Xosé Tomás. A actividade iniciarase mañá venres 30 de outubro ás 17:30h e terá unha duración de dúas horas aproximadamente.
Insiste Xosé Tomás que non é necesario ter moita experiencia debuxando para participar. Para os nenos é moi importante saber expresarse a través de debuxos e con estes talleres lógrase inculcar esta ensinanza.
08:26
Entrevista a Francisco Romero Alvite, presidente da Asociación de vendedores ambulantes de Galicia- Suspensión de feiras
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
Durante estes días estamos pendentes de como se desenvolven feiras e mercados debido ó enfrontamento producido hai uns días entre os Moróns e os Zamoranos. Este conflito está a afectar o correcto funcionamento das feiras, debido a que hai sitios nos que as suspenderon e noutros que continuaron realizándoas, pero moitos vendedores non están acudindo ós mercados polo medo.
Hoxe falamos con Francisco Romero Alvite, presidente da Asociación de vendedores ambulantes e autónomos de Galicia.
10:26
Entrevista ás mozas que crearon a maqueta de Currás, en Tomiño
Episode in
Podcast Radio Municipal de Tui
A veciñanza de Currás, Tomiño, xa conta coa maqueta de relevo da súa parroquia, construída por un grupo de mozas e mozos a escala 1:1000
Este grupo de mozos, entre 14 e 15 anos, organizouse con varios obxectivos moi claros: Promover o respecto e a conservación do patrimonio material e inmaterial (etnografía, toponimia, lendas, costumes, diversidade lingüística),… para favorecer a comunicación interxeracional.
Geli Diz, Lara Domínguez, Vanessa Piñeiro e Sofía Areal crearon esta maqueta e estiveron connosco.
13:07
More of Radio Municipal de Tui View more
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Updated
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Updated
Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui
Audio das sesións plenarias da corporación municipal de Tui retransmitidas en director pola Radio Municipal de Tui Updated
You may also like View more
Podcast Baixo Miño HOY POR HOY
Emisora integrada en Radio Vigo Grupo de Comunicación que cubre la comarca del Baixo Miño.
Todos los programas de SER DEPORTIVOS Vigo disponibles desde nuestra fonoteca > http://play.cadenaser.com/emisora/ser_baixo_mino/ Updated
Autoreverse con J.P. Montero en Radio4G FM
Juampa te acompaña con la música que gustes y comenta contigo las noticias de la jornada. De lunes a viernes, de 11 a 14 h. Updated
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Updated












