iVoox Podcast & radio
Download app for free

Podcast
Podcast Radio sobre Rodas
167
48
Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas.
Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com
Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas.
Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com
María Barral en Onda Xove Betanzos
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
A alcadesa de Betanzos, María Barral, fai un repaso á situación de Betanzos, lembra os seus comezos e fala tamén da súa faceta persoal perante a redacción de Onda Xove Betanzos.
Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio.
Música: Blue Dot Sessions
24:37
María Sánchez de Farmacia Couceiro en Onda Xove Betanzos
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
É un lugar de peregrinación. Un espazo que garda, en moitos frascos, as esencias de Betanzos. Un sitio do que sentir orgullo. A Farmacia Couceiro é a farmacia máis antiga de Galicia e María Sánchez é a súa actual xerente.
Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio.
Música: Blue Dot Sessions.
14:07
Encarna Gómez e Lucía Tenreiro en Onda Xove
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
A redacción de Onda Xove Betanzos abre os seus micros a dúas protagonistas do día a día betanceiro. A primeira, Encarna Gómez, como unha das grandes tendeiras na Ferretería Eusebio; a segunda, Lucía Tenreiro, como cronista da cidade en El Ideal Gallego. E un protagonista que, aínda que non estea fisicamente, a súa pegada chega ata hoxe: o xornalista de vocación Eusebio Tenreiro.
Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio.
Música: Blue Dot Sessions
19:48
Concepción Delgado en Onda Xove Betanzos
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Abrimos as portas a unha das grandes mestras de Betanzos: Concepción Delgado ou, como o seu alumnado a denomina, Conchiña. Unha conversa sobre a educación e os seus retos ou a creatividade literaria dos xornais de antes para anunciar calquera producto.
Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio.
Música: Blue Dot Sessions
15:12
Entrevista ao secretario da FVR Xosé Rodríguez en A son de Risco no 12O
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O alumnado do IES 12O quixo saber máis sobre a Fundación Vicente Risco e, para iso, tivo a oportunidade de entrevistar ao seu secretario, Xosé Rodríguez.
Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
09:53
Ficción ou realidade. Un relato arriscado en A Son de Risco no 12O
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O alumnado do IES 12O segue as pegadas literarias deixadas de Vicente Risco e, como mellor homenaxe ao autor ourensán, realiza un relato arriscado inspirado na súa obra.
Un relato arriscado realizado polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
01:11
Entrevista a Acisclo Manzano en A Son de Risco no 12O
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Un dos artistiñas. O libertador da madeira. Así describiu no seu día Vicente Risco a Acisclo Manzano. Pechando o círculo, o artista volve ao IES 12O, centro no que se formou.
Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
08:34
Dramatización sonora de O porco de pé en A son de Risco
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Unha sátira, unha radiografía, unha fresco eterno dunha sociedade na que un porco chega a alcalde. O resto é literatura ou...non. O alumnado do Cole de Cea leva ás táboas sonoras unha das obras icónicas de Vicente Risco: O porco de pé.
Unha dramatización sonora realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
02:46
Quen é Vicente Risco? en A son de Risco en Cea
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Quen é Vicente Risco? Unha pregunta que se formula o alumnado do Cole de Cea e na que son axudados pola presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira. As conclusións: no audio de arriba.
Unha biografía realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
04:33
Un día de feira. Un relato arriscado do Cole de Cea
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O alumnado do Cole de Cea leu a Vicente Risco. E como mellor homenaxe ao autor ourensán fixeron este relato arriscado inspirads nos seus célebres relatos.
Un relato arriscado realizado polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
03:47
Entrevista a Quico Cadaval en A son de Risco
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Dramaturgo, contador, director de teatro, radiofonista e moito máis. É difícil describir a Quico Cadaval inda que para el a definición do que fai é máis doada: contar. E contar moi ben. Unha entrevista ao director que puxo encol das táboas unha das grandes obras de Vicente Risco: O porco de pé.
Unha entrevista realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
11:22
Julián Ferrer en Onda Xove Betanzos
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Mestre de historia, "historiador ao menos en desexo", como di o protagonista, apaixoado e investigador da Igrexa de Santa María, curioso e moi amable. Esta é unha breve descrición de Xulián Ferrer. Se cadra, para coñecelo aínda máis hai que escoitar esta entrevista da redacción de Onda Xove Betanzos.
Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio.
Música: Blue Dot Sessions_The Zeppelin
40:14
Entrevista ao presidente do Parlamento de Galicia por 6º de Primaria en Radio Xesteira
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O alumnado de 6º de Primaria escribiu hai uns meses unha carta ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no que amosaban o seu desexo de visitar o devandito Parlamento. A primeira resposta foi a visita do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ao centro e, agora, remata cunha entrevista na casa dos e das galegas, ao presidente Santalices.
Escoita como pecha o círculo o alumnado do CPI Virxe da Cela nesta entrevista tan especial.
13:03
A lúa e o sol Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo.
Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data, coñecemos a historia de dúas pingas galegas que acompañaron a Yuri Gagarin na súa primeira viaxe ao Espazo Exterior.
Música empregada CC by: Almusic34 con Deep space travel.
03:08
Os cabaliños das estrelas Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo.
Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data, coñecemos os soños e folgos dunha das astrónomas máis senlleiras da historia, a galega Antonio Ferrín.
Música empregada CC by: HoliznaCC0 , Cosmic Waves.
03:40
STEM Radio unha experiencia multicultural
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Joroisten Lukio School (Finlandia) e o Agrupamento de Escolas de Castroverde (Alentejo, Portugal) nun programa especial sobre tres culturas, tres xeitos de entender a vida e compartila na radio.
Let`s play it!
15:09
STEM Radio desde o CPI Virxe da Cela
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Școala Gimnazială Nicolae Romanescu (Romania) para compartir vivencias, coñecementos e opinións sobre esta experiencia de intercambio e profundar sobre que é exactamente iso do STEM.
Let`s play it!
12:02
Radio en femenino desde el C.P. A Lama
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
La violencia de género sigue siendo uno de los grandes problemas que tenemos como sociedad. Por ello, debemos seguir trabajando desde todos los frentes para eliminarla. En esta ocasión, desde el Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra), un conjunto de internas elaboran un programa sobre la violencia de género a través de una encuesta realizada dentro de la prisión, una entrevista a la subdelegada del Gobierno en Pontevedra, Maica Larriba y, a través de las historias que han recogido de otras internas que han querido contar sus experiencias sobre la violencia de género.
Un proyecto de la Subdelegación del Gobierno de Pontevedra, Laboratorio de Radio y el C.P. de A Lama.
La música (CC by) que suena en este programa es:
Something, de Kai Engel
Dammed, de Jahzzar.
32:42
Dani Sousa en Agolaín Radio
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
Nunha nova andaina radiofónica, o CEIP de Agolada abre a súas portas para recibir a un antigo alumno que sabe moito de radio. Clarinetista, home de diálogo, interesado pola filosofía e as relacións internacionais recibimos a...Dani Sousa!
O comunicador criado en Agolada recibirá unha chea de sorpresas, será obxecto dun 1-2-3 sobre el e responderá a unha redacción que traballou arreo para sacar adiante un contido moi interesante (esta parte é opinión 😄)
As músicas que soan ao longo da entrevista son do grupo Blue Dot Sessions:
-Arizona Moon
-Shift of currents
-Vittoro
-Alustrat
-Gaena
Grazas a tódalas voces participantes e a Rosa por facer posible que esta entrevista sexa máis que unha entrevista.
18:40
Ser actor, por David Seijo en Emotiradio
Episode in
Podcast Radio sobre Rodas
É un luxo para Vilagarcía sen prexuízos recibir ao actor David Seijo. David, nado en Vilagarcía, amosounos nesta entrevista o seu compromiso coa terra, as dificultades de ser actor ou as lembranzas dos seus primeiros pasos na interpretación.
Un proxecto de Laboratorio de Radio e Arelar.
Músicas CC By:
The_Underscore_Orkestra: Americana_Jam
Blue_Dot_Sessions: Ghost_Byzantine
07:12
More of Laboratorio de Radio View more
Podcast Laboratorio de Radio
Updated
NALINGUA, lecturas dun neofalante
Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA...
O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID.
Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...!
Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Updated
Podcast Radio Itinerante Creativa en BETANZOS
Una radio nacida desde la diversión y las ganas de aprender de un conjunto de redactoras que vuelvan sus experiencias y conocimientos nacida en 2014 y con un gran futuro por delante.
Ellas son las ondas brigantinas.
Ellas son Betanzos Radio. Updated
Creator' lists View more
A son de Risco
7
0
You may also like View more
Ficción sonora
Radio Nacional de España produce una gran variedad de obras originales y adaptaciones utilizando toda la fuerza del sonido. Disfruta aquí de los últimos montajes y series completas de 'Ficción sonora'. Updated
Morgana
Programa radiofónico Morgana de Heavy Rock presentado y dirigido por Fredy .
Morgana desde el año 1989 formó parte de las parrillas de Radio QK, Radio Vetusta, Radio Parpayuela…
En el programa se pinchan clásicos y novedades discográficas, se realizan concursos y entrevistas, y se da cumplida información de conciertos y noticias y por supuesto se apoya a grupos nacionales y asturianos. Updated