¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 año de Premium al 45% de dto ¡LO QUIERO!
Poñer a voz
Podcast

Poñer a voz

6
10

‘Poñer a voz’ é un relato sonoro que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas.

Unha produción do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co apoio da Secretaria Xeral da Lingua. Escrito e narrado por Lucía Junquera Pazos.

‘Poñer a voz’ é un relato sonoro que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas.

Unha produción do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co apoio da Secretaria Xeral da Lingua. Escrito e narrado por Lucía Junquera Pazos.

6
10

Poñer a Voz ao vivo desde a Casa das Máquinas

Episode in Poñer a voz
Cunha primicia na voz da irmá de Begoña Caamaño, Beatriz, arranca o programa de radio ao vivo celebrado o 25 de abril na Casa das Máquinas de Santiago. Un encontro festivo que serve de epílogo ás cinco entregas de Poñer a Voz, coas voces de periodistas de varias xeracións e coa lectura de textos de Caamaño da man das súas compañeiras da radio. Conducido por Mónica Rosas, no encontro participan, entre outras profesionais, Lucía Junquera, Ana Romaní, Sonia Díaz, María Xosé Porteiro, Pablo Lago e Marga Tojo. Ao longo de dúas horas as participantes debullan o pasado, analizan o presente e albiscan o futuro do xornalismo a partir da traxectoria de Caamaño, do seu rigor profesional, o seu compromiso e a súa alegría. O peche musical vén da man de Uxía, con dous temas escritos para ela.
World and society 1 month
2
0
102
01:47:24

5. A radio acesa

Episode in Poñer a voz
17 de maio de 2026: Galicia celebra a unha xornalista de radio e de prensa, escritora, viaxeira, sindicalista, defensora dos dereitos humanos, da lingua, dos medios públicos, feminista. Estas Letras Galegas permítennos coñecer a unha profesional valente, decidida nas súas posturas, que arriscou e loitou polas causas que consideraba xustas. Unha activista do xornalismo. Unha autora liberadora. Neste último episodio de Poñer a voz abordamos o legado de Begoña Caamaño e a súa herdanza para as futuras xeracións de xornalistas.
World and society 1 month
2
0
84
22:37

4. Cambiar de xogo

Episode in Poñer a voz
Cando Begoña Caamaño comeza a traballar na radio en Vigo, atopa nas redaccións, na rúa e nas roldas de prensa a un grupo de mulleres que, coma ela, comezan a chegar a un oficio ata entón moi masculinizado. Son eses primeiros ambientes de xuventude os que espertan nela unha conciencia feminista que será, de maneira transversal, o motor da súa vida. Fe de erratas: Begoña faleceu no 2014, non no 2012, como se di nun momento determinado.
World and society 1 month
1
0
82
26:39

3. Unha radio para un país

Episode in Poñer a voz
Co himno galego e coa voz de Nicolás Camino comezaban as emisións de proba da Radio Televisión Galicia en 1985. Unha radio moi diferente á de agora, que buscaba "construir uns medios públicos para un país", en palabras de Begoña Caamaño. A esa radio chega Begoña en 1988, cando se crea a delegación de Vigo. Xa a partir de 1992 traballaría nos estudios centrais de San Marcos. Neste capítulo contamos como era esa Radio Galega de Begoña Caamaño coas voces de Ana Romaní, Fani del Rio e Concha Cid-Fuentes.
World and society 1 month
1
0
125
31:05

2. Ondas da radio de Vigo

Episode in Poñer a voz
Begoña Caamaño converteuse en xornalista percorrendo as rúas de Vigo, igual que fixera tantas veces durante a súa infancia e xuventude, pero desta vez, cun micrófono na man. Tiña vinte e poucos anos. Estudara maxisterio e nos veráns buscaba traballo para poder gañar uns cartos. Así, crúzase no seu camiño unha oferta de prácticas nunha emisora, Radio Noroeste.
World and society 2 months
1
0
174
23:08

1. Eu tamén navegar

Episode in Poñer a voz
Neste capítulo de presentación de 'Poñer a voz' imos coñecer a Begoña Caamaño como xornalista, escritora e amante dos mitos. Tamén escoitaremos por primeira vez as voces que nos van acompañar neste relato sonoro. A través da súa memoria chegamos hoxe á nosa protagonista.
World and society 2 months
2
0
237
18:36
You may also like View more
Deforme Semanal Ideal Total Deforme Semanal Ideal Total es el radioshow quincenal en el que Isa Calderón y Lucía Lijtmaer desgranan su particular visión de la vida y la cultura contemporánea con risas, explicaciones redundantes y, en definitiva, todo aquello que necesitas saber, sólo para ti. El podcast revelación en castellano de 2020, ganador de dos premios Ondas, y uno de los más escuchados en España y Latinoamérica según Spotify. Ahora con contenidos extra en Patreon! https://www.patreon.com/deformesemanal Info de nuestros directos en https://linktr.ee/deformesemanalidealtotal Updated
Las edades de Millás El escritor Juanjo Millás reflexiona sobre la vejez y se enfrenta, en primera persona junto a la reportera Paqui Ramos, a retos y experiencias únicas. Una mirada filosófica que te descubre un lado de la realidad que no estás acostumbrado a ver. En directo en u0022A vivir que son dos díasu0022 los domingos a las 09:00 y a cualquier hora si te suscribes. Updated
La cena de los idiotés Aimar Bretos invita a cenar cada semana a cuatro amigos. Algunos se conocen entre ellos y otros no. Cada uno plantea un dilema -ético, moral o político- en el que todos tienen que mojarse... asumiendo los riesgos de salir salpicados. Updated
Go to World and society