Proxecto EnRedes
A Federación de ANPAS de Colexios Concertados de Ourense, co apoio da Secretaria Xeral de
Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto EnRedes.
Como todos os anos, os proxectos dentro desta convocatoria constan de actividades de promoción
da igualdade que teñen como finalidade a prevención da violencia de xénero entre familias e
alumnado de colexios privados e concertados da cidade de Ourense.
Este ano 2022 as actividades alinéanse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), en
concreto co ODS4 e o ODS5, e diríxense a alumnado de 1o ou 2o da ESO, a pais, nais, familias e
equipos docentes. Pretenden facilitar a sensibilización, información, coñecemento e reflexión
sobre a violencia de xénero e sobre o uso adecuado da internet e as novas tecnoloxías,
empregando unha perspectiva de xénero como fío condutor do proxecto e a metodoloxía de
aprendizaxe-servizo (ApS) para que o alumnado poda poñer os coñecementos adquiridos ao
servizo da comunidade.
Todas as actividades desenvolveranse de setembro a novembro dentro do horario lectivo e
requirirán da colaboración do profesorado para a súa execución.
Realizaranse varias actividades co alumnado:
-Obradoiro de actividades para traballar a igualdade e o emprego adecuado da internet e das
novas tecnoloxías co alumnado, a desenvolver polo persoal docente na hora de tutoría. Neste
manual adxúntanse as instruccións, os materiais didácticos e os enlaces a empregar.
- Un obradoiro/charla presencial co alumnado de 1o ou 2o de ESO impartida por persoas
profesionais na temática do proxecto.
- Colaboración por parte do alumnado na elaboración de podcast que se distribuirán entre as
familias para facelas partícipes dos temas tratados nos obradoiros.
As familias son parte esencial no proceso educador, por iso forman parte deste proxecto,
recibindo información en materia de Igualdade que será difundida pola Federación de AMPAS.