¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto ¡LO QUIERO!

Podcast
Proxecto O Papaventos
By O Papaventos
21
51
O Papaventos é un proxecto cuxa finalidade última é facer chegar a canta máis xente posible unha serie de relatos, ou máis ben contos, que marcaron ao narrador ao longo da súa vida.
O Papaventos é un proxecto cuxa finalidade última é facer chegar a canta máis xente posible unha serie de relatos, ou máis ben contos, que marcaron ao narrador ao longo da súa vida.
O soportal (The Piazza) - Herman Melvile
Episode in
Proxecto O Papaventos
“O soportal” é un conto orixinal de Herman Melville publicado no ano 1856.
Nel, contraponse a busca do ideal de beleza cunha realidade decepcionante, que se lle opón, e todo pasado por tintes existencialistas.
A presente versión foi adaptada e interpretada por Luís do Río, e podes descargar o texto no que se baseou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/17QOFqv_VU41Csb769Avn79pVoYltoDhs/view?usp=sharing
26:03
A sima. Pío Baroja.
Episode in
Proxecto O Papaventos
Superstición e medo son dúas realidades da sociedade tradicional que este célebre escritor donostiarra conxuga neste inquietante relato.
Desenvolve así con mestría unha mostra do seu impacto que agora podes escoitar neste episodio do Papaventos da man de Luís do Río.
13:05
A lenda da Illa da Creba. Relato mitolóxico galego.
Episode in
Proxecto O Papaventos
Recuperando unha parte dun artigo que se publicou no ano 1888 no número 31 da revista Galicia Diplomática (Ano III, vid páx 230 e 231), Luís do Río redactou unha versión sistematizada para a revista Terra de Outes (número de xullo de 2023), que agora se recolle aquí narrada pola súa voz.
Podes atopar o texto do relato dende a seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/18U0u6Fcu5mQqIOaQQtoHcc6UPlMSXOVm/view?usp=share_link
Deseños: @migrót!
06:31
A Vila do Monte
Episode in
Proxecto O Papaventos
Titulado co nome do lugar no que se basean estes feitos (presumiblemente reais), "A Vila do Monte" é un conto recollido e redactado na presente versión por Luís do Río.
Portada: Ían Texo.
01:21
Peito de Lobo. Retrincos. Alfonso Daniel R. Castelao. Contos.
Episode in
Proxecto O Papaventos
Está fóra de toda dúbida que Castelao é na actualidade un dos símbolos máis relevantes do galeguismo.
Entre o seu diverso labor, desenvolveu o seu traballo literario con diversas publicacións, sendo unha das máis coñecidas "Retrincos", na que se narran uns relatos autobiográficos onde destaca o aquí traído hoxe, "Peito de Lobo".
Deseños: Aarón Vázquez (@avzqz).
05:18
Non é outra noite. (Conto en galego).
Episode in
Proxecto O Papaventos
"Non é outra noite" é un relato onírico escrito e relatado por Luís do Río.
Música (composición e interpretación): Luís do Río.
Deseño: Aarón Vazquez (@avzqz).
01:19
O vagabundo na escola. Conto Galego.
Episode in
Proxecto O Papaventos
Conto recollido e redactado por Luís do Río.
Portada: Migrót! (@kbzolo_).
00:36
Fuuu…! Fisss…! (FRRIT- FLACC) - Jules verne
Episode in
Proxecto O Papaventos
"Frrrit- Flacc" é o nome co que Xulio Verne bautizou o singular relato que aquí se trae interpretado segundo a tradución e adaptación feita por Luís do Río sobre o orixinal en francés (e que podes atopar na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1GUaGb62_limU8JMEDKgpHnx9VyrNqTkw/view?usp=share_link ).
Foi publicado por vez primeira en Le Figaro Illustré no ano 1884 e é sen dúbida unha excepción na obra do autor, tanto pola temática como polo seu estilo.
Deseño: Migrót (@kbzolo_).
10:56
A música de Erich Zann - H. P. Lovecraft (galego).
Episode in
Proxecto O Papaventos
"The music of Erich Zann" é un conto de H. P. Lovecraft que foi publicado por vez primeira no ano 1922.
Sendo este autor un imprescindible da literatura de terror e unha peza fundamental para entender moita da imaxineria popular de finais do século XX, tráese aquí unha proposta de tradución do orixinal feita por Luís do Río.
Podes acceder a ela dende a seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1d11Rt-Jb9S45f-TgAMwLZJpOHdaG5lo3/view?usp=share_link
Arte: Midjourney.
21:31
O zapateiro da Rúa das Hortas.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"O zapaterio da Rúa das Hortas" é un conto popular galego recollido e redactado, na presente versión, por Luís do Río.
Podes atopar o texto na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1LLL0keDsfxufU1tqilcci5IpHViteeNF/view?usp=sharing
Arte feita con Midjourney.
01:11
Alguén veu polo camiño vello.
Episode in
Proxecto O Papaventos
Poñendo fin a esta primeira serie de contos do proxecto, Luís do Río Pena escribiu "Alguén veu polo camiño vello", culminando así unha etapa de aprendizaxe para quen realizou este podcast.
Tanto pola linguaxe narrativa, como pola propia historia, son palpables as influencias dos 10 relatos que precederon á publicación deste undécimo, o que non é senón un guiño aos autores das respectivas obras.
09:38
O cabalo do rei (conto popular galego).
Episode in
Proxecto O Papaventos
Baixo o nome dado por un servidor de "O cabalo do rei", é este un conto de tradición oral galego que se pode ver referenciado en diversas antoloxías deste xénero.
O texto que se interpreta é de autoría do narrador.
01:29
A morte do gaiteiro (conto popular galego).
Episode in
Proxecto O Papaventos
Baixo o nome dado por un servidor de "A morte do gaiteiro", é este un conto de tradición oral galego que se pode ver referenciado en diversas antoloxías deste xénero.
O texto que se interpreta é de autoría do narrador.
01:47
O corazón delator.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"O corazón delator" é un relato que se publicou por vez primeira no ano 1843.
A súa fama a día de hoxe trascende o seu contido, xa co tempo acabou por converterse nun dos máis coñecidos do seu autor, Edgar Allan Poe, mérito este que fixo que callase fondamente na cultura popular.
13:13
Un habitante de Carcosa.
Episode in
Proxecto O Papaventos
UN HABITANTE DE CARCOSA
"Un habitante de Carcosa" é un conto de Ambrose Bierce publicado por vez primeira no ano 1886.
Non só é unha historia valiosa per se, senón que ademais é referenciada habitualmente como unha relevante influencia en autores tan destacados como H.P. Lovecraft.
Tradución ao galego feita polo narrador.
09:45
A lenda de Santo Amaro peregrino.
Episode in
Proxecto O Papaventos
A LENDA DE SANTO AMARO PEREGRINO.
O día 15 de xaneiro é un día moi relevante no santoral galego, xa que se celebra o Santo Amaro, un persoeiro ilustre de quen se di que percorreu os mares ata chegar ao paraíso.
A versión que traio foi a que publicou Uxío Carré Aldrao no número 19 da revista Nós, baixo o título de "A lenda de Santo Amaro peregrino".
09:22
A gata sobre o tellado de uralita.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"A gata sobre o tellado de uralita" é un descoñecido (e valioso) relato de Camilo Gonsar que foi incluído na "Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega" (1991), así como en "Sede Central: Relatos (3)" (1991), ambas obras colectivas.
A publicación desta interpretación foi autorizada pola editorial Galaxia en marzo de 2021.
22:49
Unha chinche durme no teito.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"Unha chinche durme no teito" é outro dos contos que compoñen a obra de Xosé Luís Méndez Ferrín "O crepúsculo e as formigas" (1961), xa referenciada nunha entrada anterior, e que se considera unha peza imprescindible da Nova Narrativa Galega.
A publicación desta interpretación foi autorizada expresamente polo autor en marzo de 2021.
09:28
A rapaza do circo.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"A rapaza do circo" é un dos contos que compoñen a obra de Carlos Casares Mouriño "Vento Ferido", publicada en 1967 pola editorial Galaxia e recoñecida a día de hoxe como fundamental na Nova Narrativa Galega.
A publicación desta interpretación foi autorizada pola Editorial Galaxia en marzo de 2021.
04:25
O Cándido.
Episode in
Proxecto O Papaventos
"O Cándido" é un conto de Arturo Lezcano que se publicou por vez primeira na "Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega", coa Editorial Galaxia no ano 1991.
Un par de anos máis tarde, tamén formaría parte da primeira obra de relatos do autor (desta volta si) en solitario: "Os dados de Deus", que se publicou na Editorial Galaxia no ano, 1994.
A publicación desta interpretación foi autorizada pola Editorial Galaxia en marzo de 2021.
04:58
You may also like View more
Un Libro Una Hora
Aprende a leer, aprende de literatura escuchando. Un programa para contar un libro en una hora. Grandes clásicos de la literatura que te entran por el oído. Dirigido por Antonio Martínez Asensio, crítico literario, productor, escritor y guionista. En directo los domingos a las 05:00 y a cualquier hora si te suscribes. En Podimo, ¿Y ahora qué leo? nuestro spin off con los imprescindibles de la temporada https://go.podimo.com/es/ahoraqueleo Updated
Música Entre las Sábanas
Audio libro: MUSICA ENTRE LAS SABANAS (Descubre los secretos de la intimidad sexual en el matrimonio) Updated






















