¡Últimas horas! 1 año de Premium al 25% de dto ¡Lo quiero!

Podcast
RADIO BUXAINA
By CEIP ESTEIRO
20
16
Radio Escolar. Programas variados baseado no traballo de radio escolar a través do do proxecto de bibliotecas escolares.
Radio Escolar. Programas variados baseado no traballo de radio escolar a través do do proxecto de bibliotecas escolares.
Letras galegas 2025
Episode in
RADIO BUXAINA
Traballo realizado polo alumnado de 5º de EP a partir de información recompilada a través da páxina web da RAG. Eles mesmos editaron os guións, buscaron as melodías, e as prepararon para a súa introdución ao longo do podcast. Todo o demais é froito do seu propio traballo tanto a nivel técnico como na improvisación. Ao remate do podcast xútanse as voces gravadas por toda a aula nos días previos á celebración coas voces radiofónicas do alumnado que estivo a traballar e a esforzarse neste programa de radio. Espero que gocedes del e teñades a paciencia de escoitalo xa que é unha verdadeira aproximación a parte da historia musical do noso país..., cómpre coñecer a nosa historia para saber quen somos. Cómpre dicir tamén, segundo puiden comprobar, que unha porcentaxe moi elevada do podcast está baseado no texto publicado pola RAG titulado "Da tradición á vangarda" de Ana Boullón Agrelo. Tendo en conta o nivel educativo no que nos movemos todos recordamos os nosos primeiros traballos na escola moitas veces con buscas pouco depuradas. Pero neste caso é de especial interese que a fonte preferida polo noso alumnado fose a propia páxina da Real Academia Galega xa que como comentamos no parágrafo anterior o traballo foi absolutamente libre.
O contido non ten desperdicio..., a selección musical tampouco. Podería ser calquera outra e de igual interese se temos en conta a riqueza do noso legado musical.
23:14
No club de lectura
Episode in
RADIO BUXAINA
Reflexións do noso alumnado do club de lectura. Introducindo a radio no club de lectura.
02:15
A Danza (In memoriam-Eva Castiñeira)
Episode in
RADIO BUXAINA
Eva Castiñeira, Nacida no lugar de Agranzón (Muxía) e unha das mullers ás que se lle outorga o día máis importante das nosas letras. Nesa dedicatoria tamén están todas as mulleres ás que representa: as cantareiras e a poesía popular oral tan importante para a nosa cultura. Entre outras pezas eva deixounos esta melodía "A Danza". Pero para nós non é unha mera gravación que quedou aí para a historia xa que o folcore adquire outro senso para o espectador cando deixa de selo e pasa a formar parde del, é dicir, cando o público se converte en suxeito activo. Con esta gravación, a rapazada de quinto de primaria, nenas e nenos, da nosa escola o "CEIP de Esteiro" de Ferrol tenta facer unha pequena contribución a ese obxectivo.
02:35
A volta ao mundo...
Episode in
RADIO BUXAINA
Podcast escolar sobre o lixo espacial con datos e un chisco de humor.
03:54
UN PASEO POLO ESPAZO
Episode in
RADIO BUXAINA
Traballando coas noticias do xornal, suplemento da Voz da Escola. Pequena reflexión sobre o paseo espacial dunha cosmonauta da época soviética Svetlana Savitskaya.
02:58
NOBEL DA PAZ ÁS ASOCIACIÓNS NIPONAS DE VÍCTIMAS BOMBAS ATÓMICAS
Episode in
RADIO BUXAINA
Neste episodio analizamos un artigo da Voz de Galicia sobre o ton triunfal do invento das armas nucleares en contraste cos danos causados a miles de persoas. O Nobel da paz recoñece ás vítimas e o labor das asociacións que as agrupan.
03:56
POLO DÍA DE ROSALÍA
Episode in
RADIO BUXAINA
Pequeno traballo de todo o alumnado do CEIP ESTEIRO de FERROL sobre a senlleira muller que foi ROSALÍA DE CASTRO. Para agradecerlle a súa afouteza en tempos tan pouco propicios para a lingua, a literatura e as mulleres do século XIX, pola súa valentía cando todo eran atrancos. Pola lingua e pola loita que segue adiante no primeiro cuarto do século XXI . A pesar dos atrancos aquí seguimos coa teima de defendérmonos do asoballamento cultural: amemos a nosa terra, a nosa lingua e respectemos a herdanza dos nosos devanceiros, acariñemos as palabras que a fan fermosa coa súa donda beleza nos beizos de picariñas e picariños, de mozas e mozos e fagamos nosos tamén os versos de Celso Emilio sobre a lingua... (...)Eu faloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gaña, porque me sai de dentro, alá do fondo (...)
13:23
HISTORIAS DE MOMIAS
Episode in
RADIO BUXAINA
Programa de humor e momias... Desde radio buxaina...
Esperamos que o pasedes ben...
03:24
Buscadores de Tesouros
Episode in
RADIO BUXAINA
Buscadores de Tesouros é o nome do noso Club de Lectura. Fixemos unha pequena incursión no mundo da radio desde o punto de vista da literatura. Grazas pola vosa atención.
02:35
Xoaniña "A louquiña"
Episode in
RADIO BUXAINA
Humor e ciencia desde o Cole de Esteiro. Guións elaborados a partir de artigos de prensa dentro do noso programa de participación en "Prensa Escola" da Voz de Galicia. Permitindo que o alumnado lle dea o seu "toque" persoal á preparación do tema, efectos, sons, audios e retransmisións.
03:42
O NÚMERO PI
Episode in
RADIO BUXAINA
Venres , 14 de marzo celebramos o Día de π 2025. Algo de ciencia en Educación Primaria mesturado co traballo e o humor da rapazada de sexto. Esperamos que sexa un intre agradable. Finalmente saiu un guión interesante. Grazas pola vosa escoita.
07:43
Magic Singers 1
Episode in
RADIO BUXAINA
Programa de radio escolar. Prácticas de radio. Proxecto de bibliotecas escolares,.
02:50
AS XULGADORAS
Episode in
RADIO BUXAINA
Radio escolar. Guión libre. Prácticas de radio escolar. Proxecto de radio en bibliotecas escolares
03:32
VIDEOXOGOS
Episode in
RADIO BUXAINA
Prácticas de radio escolar. Creación de guións libres. Proxecto bibliotecas escolares.
01:40
04:54
5º FM
Episode in
RADIO BUXAINA
Episodio de Radio Escolar. Prácticas de Radio Buxaina proxecto de Bibliotecas Escolares. Guión libre.
06:15
DIARIO DEPORTIVO
Episode in
RADIO BUXAINA
Programa de radio. Guión libre realizado polo alumnado a partir dunhas pautas e exemplos. Prácticas de Radio Escolar. Radio Buxaina dentro do proxecto de Bibliotecas Escolares.
05:48
MAGIC SINGER II
Episode in
RADIO BUXAINA
Guións de libre elaboración realizados polo alumnado durante as prácticas de Radio Escolar a través da nosa canle RADIO BUXAINA, proxecto ligado á nosa Biblioteca Escolar.
02:02
Entrevista Patricia Barciela
Episode in
RADIO BUXAINA
Entrevista a Patricia Barciela, directora da DOMUS-MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES realizada por un dos equipos de radio buxaina. Agradecemos a inestimable colaboración de Patricia que nos dedicou parte do seu preciado tempo durante a visita que realizou ao noso centro. Pasamos unha xornada de divulgación e experimentación científica moi entretida que tivo como culmen esta entrevista feita practicamente en rigoroso directo. Moitas grazas!
14:18
ESTEIRO CIENCIA 1
Episode in
RADIO BUXAINA
As auroras boreais. Programa de radio baseado nas nosas lecturas de prensa escola.
08:01
You may also like View more
El Abrazo del Oso Podcast
Historia, ciencia, divulgación... comunicando para mentes inquietas. Desde 1996. Updated
Universo de Misterios
No hay misterio en lo que no es cierto.
Advertencia para nuevos oyentes. Este programa no va a regalar tu oído con teorías conspiranoicas, bolas, trolas, infundios, mentiras, embustes, supercherías, cuentos, falacias y/o pamemas, magufadas ni fantasías en su cuarta acepción del diccionario de la real academia de la lengua española. Si es eso lo que buscas, este podcast no es para ti. Te sugerimos que elijas otros programas que cumplen eficazmente con esa misión. Si prefiriendo ese otro tipo de contenidos sigues escuchándonos, no nos hacemos responsables de los daños neuronales que tu cerebro pueda sufrir. Si no fuera ese tu caso, eres bienvenido/bienvenida. Acomódate y disponte a disfrutar. Y al final, no dudes en expresarnos tu opinión, sea crítica o favorable, a través de los comentarios en iVoox. Updated












