¡SOLO HOY! Disfruta de Premium PARA SIEMPRE. ¡Ahora con un 30% de dto! ¡LO QUIERO!

Podcast
Retrato Sonoro
By Fidel Mouzo
66
123
Un podcast de Fidel Mouzo que, ás veces, comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas.
Cultura, etnografía e persoas de Galicia.
En Sons.red.
Un podcast de Fidel Mouzo que, ás veces, comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas.
Cultura, etnografía e persoas de Galicia.
En Sons.red.
Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén
Episode in
Retrato Sonoro
Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas...
Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez, un dos grandes divulgadores culturais de Galicia, arqueólogo, museólogo e activista do patrimonio. Un torrente verbal —ou mellor dito, unha fervenza de saber— que fai da palabra unha ferramenta de resistencia, de amor á terra, de construción de identidade.
Nesta conversa o de menos foron as imaxes que soen propiciar as conversas, pero neste caso, falamos de tres en concreto. Imaxes escollidas por Felipe con dous cadros de artistas galegos como son “O trasmundo” de Laxeiro e “A derradeira lección do mestre” de Castelao. E logo eu, Fidel, propúxenlle a lectura dunha imaxe dunha procesión nunha parroquia de Muxía, en A Coruña, Coucieiro.
A conversa non foi doada. Non porque Felipe-Senén non se preste, senón porque él segue o seu ritmo, a súa propia cartografía conversacional. E nese fluxo é onde reside a maxia: nas derivacións inesperadas, nos nomes que aparecen, nos lugares que cita, nas lembranzas que convoca. Unha fervenza.
A conversa xira en torno ao noso patrimonio cultural derivado do celtismo (como alude él), do cristianismo (pero non o que promove a institución), dun realismo máxico aloxado no imaxinario colectivo, a oralidade popular, os perigos dun turismo mal aplicado, pero que hai que saber explotar, falamos do que somos e do que estamos a piques de esquecer… se non o enxergamos a tempo. Moitos temas que son de dificil condensación nesta presentación.
Deixamos por aquí tamén unha ligazón a un vídeo dun discurso dado por Castelao cando retoma a relixiosidade e o realismo máxico: Alba de Gloria.
Xa non che facemos perder tempo sen escoitar a Felipe-Senén. O mellor é que o escoites.
Este programa é presentado por Fidel Mouzo, editado por Jordi a.k.a. Mirindo e as voces que escoitas son as de Lorena para o limiar que precede o audio é a de Rosalía para o título do mesmo. Grazas a todas pola vosa colaboración.
01:46:38
Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz.
Episode in
Retrato Sonoro
Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega. Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira Enríquez, arqueóloga, investigadora e profesora na UNED, onde tiven a sorte de tela como mestra.
Nesta conversa, que non é unha entrevista ao uso, falamos de historia e de moito máis: das miñas teimas persoais, do que aprendín con ela sobre a Gallaecia romana, e da sorte de contar con profesoras que esperten a curiosidade e o desexo de investigar.
Normalmente en Retrato Sonoro, a conversa comeza cunha fotografía achegada pola persoa convidada. Unha imaxe que resume o camiño. Pero hoxe tróuxena eu: comezamos falando do crismón de Quiroga, tamén presente no podcast Limiar, e desde aí abordamos a romanización, os territorios ártabros, a mestura de culturas, os castros, pedras formosas, e as pinturas murais nas vilas romanas de Cambre e A Coruña.
Unha das pinturas nunha posible Domus Ecclesiae na cidade de A Coruña, estudada por María, e da que tedes a ligazón no parágrafo anterior, pódese visitar no Museo Arqueolóxico da Coruña e é especialmente enigmática.
Tamén falamos do papel silenciado pero esencial das mulleres no cristianismo primitivo, e da súa relevancia na historia.
Este episodio non pretende ser unha lección académica, senón un convite a mirar ao pasado con respecto e ilusión, esa que María define como “o mellor antirrugas”. Así debuxamos unha Galicia inserida nun imperio, pero tamén chea de humanidade e identidade propia. Porque, como di María, falamos latín…
Nesta introducción non está, nin moito menos, presente todo o contido da conversa… para iso terás que escoitarnos a María Loira e a mín…
Agradecemento especial á dirección do Centro Asociado UNED da Coruña por permitir a gravación deste episodio nas súas instalacións. Un xesto que honra á institución.
02:28:10
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil!
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega», en Retrato Sonoro. Unha conversa conducida por Fidel Mouzo, con Jorge Marcote, viticultor; e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicada polo Consorcio Editorial Galego.
Neste episodio abrimos novas fronteiras e abordamos temas que desafían as ideas sobre o viño galego:
Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio?
Unha reflexión sobre que uvas non deberan ser consideradas prototípicas do viño galego e cal pode ser a variedade que marque o futuro do viño que beberemos en breve.
A historia da filoxera, ese «alien» que devastou os viñedos europeos a finais do século XIX e principios do XX. Como afectou a Galicia?
A fotografía que acompaña este audio está relacionada con esta praga da viña. Créditos de: Beatriz Moisset - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=80239301
Un xiro inesperado: Graham Greene, escritor, xornalista e axente do MI6 británico… Que relación pode ter coa historia do viño en Galicia?
Este episodio promete sorprender, abrir novas preguntas e seguir descubrindo que o viño galego está cargado de historias que van moito máis alá do que imaxinamos.
Dálle ao play e escoita xa este cuarto episodio, e derradeiro? de Da cepa á bodega con Luis Congil.
33:43
Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega, onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicado polo Consorcio Editorial Galego.
Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote, continúa a súa viaxe polos segredos, as lendas e as evidencias históricas que nos conectan co noso pasado vitivinícola.
Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio?
Un fascinante debate sobre a posible (ou non) recuperación de variedades de uva extintas grazas ao ADN atopado en sementes procedentes de escavacións arqueolóxicas.
Referencias a vestixios do viño en Galicia en lugares históricos, de San Martiño de Dumio, de Alfonso X, O Sabio…
A presenza do viño galego en símbolos tan icónicos como o Escudo de Galicia e a súa pegada na arte, como na pintura flamenca que representa Ribadavia.
A relación entre o noso viño e feitos históricos como a Armada Invencible.
A historia do viño en Galicia está chea de relatos sorprendentes, de pegadas que aínda estamos a descubrir e de preguntas que nos fan mirar cara ao futuro: será posible recuperar algunhas das uvas que se daban na nosa terra hai séculos?
Se queres saber máis, dálle ao play e acompáñanos nesta conversa chea de historia, cultura e moito viño!
Escoita xa este terceiro episodio con Luis Congil en Da cepa á bodega e coméntanos que che parece!
31:49
Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de "A marabillosa historia do viño en Galicia", onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país.
Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, os lagares de Castrelo de Miño e a historia do Museo do Viño en Santo André de Camporedondo, nesta ocasión expandimos aínda máis a mirada.
Acompañado por Jorge Marcote, viticultor, e conducido por Fidel Mouzo, este novo episodio de Da cepa á bodega en Retrato Sonoro mergúllanos nunha viaxe polas orixes do viño a nivel mundial e no papel singular de Galicia dentro deste contexto.
Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Un repaso polas orixes do viño no mundo e os mitos que rodean a súa chegada a Galicia.
A explicación de porqué Galicia é considerada por Luis Congil e outros estudosos «a reserva da viñosfera», unha xoia en canto a diversidade varietal.
A importancia dos lagares rupestres como testemuñas da tradición vitivinícola e a súa pegada etnográfica e arqueolóxica.
O significado da expresión «a bico de lagar» e a súa relación co xeito tradicional de elaboración do viño.
E un pequeno apunte técnico… se notades que Jorge Marcote non se escoita perfecto, xa vos avisa o noso presentador e produtor, que a culpa é súa!
O viño é moito máis ca unha bebida: é historia, identidade e tradición. Non perdas este episodio e mergúllate connosco na fascinante historia do viño galego!
Dálle ao play e escoita xa este segundo episodio con Luis Congil de Da cepa á bodega!
Fonte da fotografía, portada deste episodio: Facebook do Museo do Viño de Galicia.
30:21
Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro, onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica, con Jorge Marcote-Viticultor. Nesta ocasión, non imos falar de viticultores nin de como se fai o viño, senón da súa historia, documentada con paixón por Luis Congil, xornalista e autor do libro A marabillosa historia do viño en Galicia, unha obra imprescindible publicada polo Consorcio Editorial Galego.
Neste primeiro episodio con Luis Congil, gravado nun enclave único como a Casa Reitoral de Santo André de Camporedondo, en Ribadavia, mergullámonos en arquivos históricos, descubrimentos documentais e referencias literarias que nos axudan a entender a profunda pegada do viño na identidade galega.
Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio?
1. A presentación de Luis Congil e a súa conexión co mundo do viño.
2. O contexto da gravación no Museo do Viño de Galicia en Ribadavia
3. Achados históricos en arquivos como Simancas, onde o viño galego aparece vinculado a Cristóbal Colón.
4. Unha viaxe polas letras galegas da man de Álvaro Cunqueiro, gran divulgador da cultura do viño.
5. O legado do Lagar de Astariz, en Castrelo de Miño, unha referencia na tradición vitivinícola galega.
Este episodio é só o comezo dunha conversa fascinante na que descubriremos como o viño foi e segue a ser un elemento clave da nosa identidade. Se che interesa a historia, a cultura e o viño, non podes perdelo!
Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe pola marabillosa historia do viño en Galicia.
31:56
Episodio 8: Tertulia, amizade e cata, despedimos cun “ata logo” a Alfredo Álvarez.
Episode in
Retrato Sonoro
Chegamos ao derradeiro, alomenos de momento, episodio deste serial “Da cepa á bodega” con Alfredo Álvarez: sumiller, hostaleiro e creador de viños que durante estes 8 capítulos e algún extra que coñeceredes hoxe estivo acompañando a este podcast, Retrato Sonoro, durante estes meses.
Jorge Marcote, alma mater deste serial sobre o mundo do viño en Galicia, fixo por este serial todo o que podía facer, e sen él sería impensable realizar algo tan complexo, longo e completo como o que estamos a realizar.
Neste último audio, o máis longo de todos, teremos xa café para moi cafeteiros, pois tratamos todos os temas que levábamos tratados durante os sete capítulos anteriores pero dun xeito máis orgánico, dinámico no que Alfredo e Jorge mostran os seus pareceres por temas como a hostalaría, a elaboración dos viños e o funcionamento das Denominacións de Orixe.
Tratamos, de novo como podedes ver nesta entrada, como premisas que foron recoñecidas posteriormente a cociñeiros de sona internacional e que escoitaredes neste audio xa as promulgaba Alfredo moito antes. Deixamos as probas diso nesta publicación e que podes ver en sons.red/retratosonoro.
Como decimos na introducción do podcast, para este capítulo, tivemos a enorme fortuna de gravar en La Mina, nun lugar indeterminado do concello de Ponteareas, e grazas a xentileza e amabilidade de Pablo, Héctor e familia atoparnos como na casa e facédeme caso se vos digo que o lugar ben merecía gravar un podcast de xeito máis frecuente porque a insonorización do local, as comodidades que presenta e as vantaxes que ofrece fan do lugar algo impresionante… as fotos que vos adxunto, tamén na entrada en Sons.red danvos unha lixeira idea do que nesta conversa tivemos a sorte de disfrutar.
E como gran colofón a este serial “Da cepa á bodega” con Alfredo Álvarez e Jorge Marcote, teremos a fortuna de ofrecervos unha cata de viño en vídeo, con ligazón a Youtube (tamén en sons.red) para que vexades a Alfredo dando unha serie de consellos e recomendacións para afrontar unha cata… tips e recomendacións expréss que si ben non vos van facer expertos nin vos permitirá dedicarvos a iso, si que sairedes aprendidos con moita información que para os máis profanos como eu, Fidel Mouzo o presentador e productor deste podcast, son ouro para quedar ben cos coñecidos e familiares… 😉 Se escoitas este podcast fora de sons.red, vaite á páxina web de sons.red/retratosonoro para poder velo. Paga moito a pena.
02:22:31
Episodio 7 A fin de Casa Alfredo e a aspiración Michelín.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde as historias máis auténticas cobran vida a través das voces dos seus protagonistas. Hoxe continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, coa colaboración esencial de Jorge Marcote, quen nos axuda a profundizar no mundo do viño e da restauración. Nos episodios anteriores coñecemos a Alfredo Álvarez, un referente da alta cociña galega e fundador de Casa Alfredo en Mos.
Hoxe, chegamos a un momento clave: o fin de Casa Alfredo. Falaremos con Alfredo e Jorge sobre as motivacións persoais, profesionais e doutra índole que influíron no peche deste restaurante icónico. Alfredo tamén compartirá a súa experiencia sobre os intentos de desenvolver outros negocios, onde o papel de certos políticos tivo un peso significativo.
Neste episodio, preguntaremos a Alfredo a súa opinión sobre programas televisivos como Masterchef e abordaremos a importancia ou non de conseguir estrelas Michelin. Alfredo mesmo aspiraba a lograr unha (ou dúas), pero, como ben nos contará, a historia non foi exactamente como esperaba. Un episodio onde exploraremos os retos, as oportunidades e as complexidades do mundo da restauración desde dentro.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
35:04
Episodio 6 con Alfredo Álvarez: Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor.
Nos últimos episodios exploramos a fascinante traxectoria de Alfredo Álvarez no mundo da restauración e do viño. Hoxe, nesta sexta entrega,imos máis aló. Alfredo compartirá con nós como se proban os viños, desvelando os trucos para detectar eses matices de acidez, dulzor e moito máis.
Pero iso non é todo: Alfredo relatará a súa viaxe a Xapón, onde acompañou a Manuel Fraga, nunha experiencia entre outras que lle deixou pegada tanto persoal como profesional.Tamén entraremos no mundo das influencias, desde revistas ou especialistas que ás veces se aproveitan do seu status, ata os trucos e a organización necesarios para levar un servizo de comidas con soltura e profesionalidade, sempre buscando ter á clientela satisfeita. Este episodio será unha verdadeira lección de como un gran restaurador xestiona todo, dende a carta ata o comportamento da mesma clientela.
Por último, falaremos dos vicios adquiridos por algúns clientes, aqueles que sempre buscan algo gratis, en relación directa coa anécdota que Jorge tamén compartirá sobre catas de viños que algúns consideran que deberían ser complementos gratuítos doutras actividades.
Unha conversa que nos fai reflexionar sobre o valor real do traballo detrás de cada prato e cada copa de viño.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
36:25
Episodio 5 con Alfredo Álvarez e Jorge Marcote: "A Crise na Hostalería: Camareiros e Solucións"
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde exploramos as historias de xente que paga moito a pena coñecer, cun enfoque especial no noso serial ‘Da cepa á bodega’, que continuamos grazas á inestimable colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños na D.O. Rías Baixas. Jorge, co seu amplo coñecemento no mundo do viño, achega autenticidade e profundidade a cada un dos nosos episodios.
Eu son Fidel Mouzo e nos primeiros capítulos, coñecemos a Alfredo Álvarez, fundador de Casa Alfredo en Mos, un dos primeiros restaurantes de alta cociña en Galicia. Alfredo compartiu connosco a súa experiencia no mundo do viño e da sumillería, así como algunhas anécdotas curiosas da súa carreira. Nos últimos, exploramos tamén a súa traxectoria na hostalería e as innovacións que trouxo ao sector.
Neste quinto episodio, seguiremos falando de Casa Alfredo, pero imos centrarnos nun tema de gran relevancia na hostalería actual: a problemática da contratación de camareiros, as súas condicións laborais e que saídas podería ter esta situación. Alfredo, un gran representante do sector en Galicia, dará a súa visión sobre esta problemática, e tamén contaremos coa opinión de Jorge Marcote, quen é moi consciente das dificultades que atravesa o sector porque as viviu e vive de forma directa.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
43:03
Episodio 4: Casa Alfredo, a revolución gastronómica de Mos.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, onde seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, unha viaxe polo mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños.
Nos primeiros episodios tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a Alfredo Álvarez. No primeiro episodio, Alfredo falounos da súa traxectoria e das tradicións familiares relacionadas co viño. No segundo, abordamos a sumillería e a conservación dos viños en restauración. No terceiro, Alfredo explicounos como elaborou o viño Rubines e compartiu unha curiosa anécdota sobre o consumo de viños en tempos de crise.
No episodio de hoxe, falaremos de viños, e non podía faltar a proba dos viños de Alfredo, que faremos neste punto da conversa. Como poderedes escoitar, os ruídos da cata acompañan o noso diálogo, todo iso maridado coas viandas coas que nos agasallou Lourdes. Ademais, sairá o tema de por que, a pesar de estar en idade de xubilación, Alfredo segue traballando noutro restaurante que non é o seu.
A conversa levaranos a falar do mundo da hostalería, das propostas innovadoras que Alfredo puxo en marcha nos seus locais, e da súa experiencia traballando varios anos en Canarias. Finalmente, chegaremos a un dos momentos cúlmenes da entrevista: a historia de Casa Alfredo, o seu nacemento e a súa revolución gastronómica no concello de Mos, preto de Vigo.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
50:46
Episodio 4, “Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote”: Son nacionalista porque creo na miña terra.
Episode in
Retrato Sonoro
Ola ola!
Chegamos ao final do serial Da cepa á bodega con Quin Álvarez. O noso Quin. Quin do Américo.
Para Emmanuel e para min (Fidel) foi todo un descubrimento este home cunha importancia grandísima no mundo vitivinícola, no mundo agrario aló pola Galiza do sur, en Goián, Tomiño, provincia de Pontevedra.
Foron os audios un resumo un extracto dunha vida, un pouco da súa sabedoría con relación aos viños, un pouco da súa traxectoria empresarial e profesional e hoxe, no audio que escoitas a continuación, un pouco desas outras facetas que descubrirás e que non son menos importantes.
Só me queda, antes de facervos un breve limiar cos temas tratados neste podcast, falarlle a Quin, falarche a ti e darche mil grazas pola hospitalidade, o trato e o agarimo con que nos trataches a Emmanuel, á miña muller Patricia como espectadora que desfrutou tanto das túas historias, como nós de grabar contigo. E como non a Jorge Marcote por descubrirnos a tan interesante persoa como resultaches ser nas túas historias e na túa bagaxe vital.
Neste audio falaremos con Quin dos seus cines, ou mellor dito da continuación dun negocio que iniciou o seu pai (acordaste de Américo o portugués?). Do avanzado en moitos temas que resultou ser Goián o seu lugar, o seu sitio no mundo, e do que o escoitades falar con moito orgullo. Tamén de negocios iniciados e o mesmo tempo complicados como foi a das discotecas.
Tamén saberás da cara máis política e de activismo social que ten Quin, colaborando cunha ONG que no seu momento levou a maquinaria necesaria para lograr auga potable en Camerún… Sobre todo escoitas, un podcast, repleto de anécdotas que de seguro, farán pasarche un rato estupendo.
Recorda que a edición definitiva do podcast e de Jordi, os vídeos que sirven de avance son seleccionados e editados por Emmanuel, os métodos de contacto de final do podcast son de Lorena e Rosalía a que da título ao audio que escoitas.
Grazas por escoitar.
57:36
Episodio 3 con Alfredo Álvarez: Rubines e os segredos dunha cata profesional.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas, benvidos a ‘Retrato Sonoro’, eu son Fidel Mouzo e este é o podcast onde capturamos as historias a través do son e da palabra.
Seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, no que exploramos o apaixonante mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños da D.O. Rías Baixas, como Gea, Marcote e As Pedrosas, entre outros. Jorge é fundamental para a profundidade e autenticidade deste serial, grazas ao seu coñecemento e experiencia no sector.
Nos dous primeiros episodios, coñecemos a Alfredo Álvarez, un referente no mundo da sumillería e fundador de Casa Alfredo, en Mos. No primeiro deles, Alfredo compartiu connosco a súa traxectoria e como a tradición do viño foi herdada da súa familia. No segundo, falamos máis a fondo sobre que é a sumillería, como se conservan os viños en restauración.
Neste terceiro episodio, Alfredo contaravos como elaborou Rubines, o viño que nos mencionou no primeiro episodio, e falaremos doutros viños que forman parte da súa creación. Tamén discutiremos onde se forma a xente que quere dedicarse á sumillería e cales son os obxectivos dunha cata profesional de viños. Ademais, Alfredo compartirá unha anécdota curiosa sobre os tempos de crise, cando algúns clientes pedían viños baratos para aparentar mentres despedían aos seus traballadores, aínda que a realidade era que os bos viños seguían sendo consumidos. Un episodio que non podedes perder.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
31:30
A sumillería, con Alfredo Álvarez
Episode in
Retrato Sonoro
Ola de novo en Retrato Sonoro, eu son Fidel Mouzo e no episodio anterior de 'Da cepa á bodega', tivemos o pracer de coñecer a Alfredo Álvarez, quen nos apuntou a súa traxectoria no mundo do viño, a sumillería e os seus recordos familiares ligados ao servizo do viño. Se non o escoitaches, recoméndoche que o fagas para entender mellor este relato das cousas.
Hoxe, no segundo episodio con Alfredo e coa colaboración de Jorge Marcote, entraremos en detalle sobre o que é a sumillería e como se realiza unha óptima conservación dos viños nos restaurantes. Ademais, Alfredo compartirá a súa experiencia nas catas, concursos e actividades relacionadas coas probas de viños, e as dificultades que estas poden presentar.
Tamén falaremos de Aarón, o fillo de Alfredo, a quen Jorge coñece ben, e que foi clave para que esta conversa sucedese. Un episodio que dura algo máis de 40 minutos e que seguro que vos deixará reflexionando sobre o papel fundamental da sumillería na restauración.
44:37
Episodio 1 - Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidos a ‘Retrato Sonoro, o podcast onde retratamos, a través da palabra e o son, as historias das persoas que fan historia, ou alomenos a súa propia historia e que teñen a ven facernos partícipes dela.
Hoxe estamos nun novo episodio do noso serial ‘Da cepa á bodega’, onde exploramos o mundo do viño e a súa xente coa colaboración inestimable de Jorge Marcote. Jorge é viticultor, actualmente traballa en Bodegas Pentecostés e é creador de viños con Denominación de Orixe Rías Baixas, máis concretamente de O Rosal, con brancos recoñecidos como Gea, Marcote e LT80/20, e tintos excepcionais como As Pedrosas e As Pedrosas Plurivarietal. O seu coñecemento e experiencia no sector fan posible que cada episodio teña a profundidade e autenticidade que merece.
Ata o de agora, neste serial, tivemos a sorte de conversar con Quin Álvarez, un referente na Denominación Rías Baixas e cofundador de Terras Gauda, quen nos deixou auténticas leccións sobre o cultivo do viño. Tamén falamos con Esther Teijeiro Lemos, unha muller loitadora e pioneira no viño ecolóxico, e enseña da D.O. Ribeira Sacra. E, por último, contamos con Javier Monsalve, un creador de viños da D.O. Ribeiro, que compartiu con nós a súa gran historia familiar e unha visión fascinante sobre a viticultura e mesmo da vida… todo elo facendo unha parella moi dialogante e entretida con Jorge. Paseino moi ben con ambos e con todos os demais convidados.
Eu son Fidel Mouzo, e hoxe, temos o primeiro episodio con Alfredo Álvarez, e saímonos un pouco da norma. A presentación non será unha fotografía, senón a etiqueta dun dos seus viños, unha verdadeira obra de arte que reflicte o seu saber facer e as súas homenaxes á familia.
Alfredo é unha referencia no mundo dos viños e sobre todo da sumillería en Galicia, e tamén a persoa tras da mítica Casa Alfredo en Mos, un dos primeiros restaurantes de alta cociña en Galicia. Neste episodio, Alfredo contará como a tradición de servir viño nos seus locais vén de familia, cos seus recordos sobre a compra de viño aos paisanos e paisanas do Condado.
Ademais, falará dos seus inicios no mundo da sumillería coa fundación ou creación da Asociación Galega de Sumilleres. Será unha media hora moi completa, que nos permitirá facer unha aproximación en profundidade a Alfredo Álvarez e a súa fascinante traxectoria.
Neste audio acompañaron como podedes escoitar a continuación, un par de persoas que estaban interesadas nesta conversa, pero non está de máis agradecer a Lourdes, a compañeira, a muller de Alfredo a súa hospitalidade… Déixovos xa con esta interesante conversa.
As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.
36:32
"Da cepa á bodega con Monsalve e Marcote". Os proxectos: Bodega Eloi Lorenzo e Jorge Marcote Viticultor.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas e benvidos a «Da cepa á bodega» en «Retrato Sonoro»! Neste episodio número 3, pechamos esta serie con Javier Monsalve e Jorge Marcote, dúas persoas apaixonadas do mundo do viño que me acompañaron nestes tres episodios.
Nos dous primeiros capítulos, comezamos coñecendo as historias persoais de Jorge e Javier, explorando como descubriron as súas paixóns polo viño e como, aínda que non fose algo planeado dende a infancia, conseguiron seguir os seus soños e converterse en creadores e traballadores do viño.
Tamén falamos da relación entre o rural e o urbano na zona da D.O. Ribeiro, das colaboracións necesarias e das dificultades que enfrontan os pequenos proxectos vitivinícolas.
Nestes capítulos discutimos o concepto de viños de autor, explorando o que implica a creación dun viño único, a diferenciación e a innovación anual, e como o coñecemento do terreo e do equipo son esenciais para chegar a un produto excepcional.
Como ben puideron comprobar as persoas que escoitaron os primeiros episodios, ademais dos ruidos típicos de golpes na mesa e o persistente son da chuvia desta Galicia tan chuviosa este inverno e primavera de 2024, hai un momento onde Javier Monsalve comparte connosco un dos seus viños. Neste senso, sempre agardas que os sons non sexan moi fortes para non entorpecer os audios conversacionais, pero aquí ten todo o sentido do mundo.
Neste capítulo falaremos en concreto de Bodega Eloi Lorenzo e de Jorge Marcote Viticultor. Exploraremos ambos proxectos e como se traballan, así como os custos de produción e o valor ao que pode saír unha botella de viño por diferentes causas. Tamén afondaremos na cultura do viño e o seu significado en canto a socialización, e discutiremos os alcoles e as súas graduacións.
Non podemos por menos que agradecer profundamente a amabilidade de Jorge Marcote, que segue a buscarnos persoeiros vinculados co mundo viniviticultor, e para o que seguimos a traballar. Tamén agradecemos a Javier Monsalve pola súa amabilidade á hora de recibirnos na súa casa, Villa Paz. Tamén a Jordi Mirindo por darlle sempre o seu toque persoal á edición definitiva destes audios.
Agardo que goces das cousas que nos teñen que contar Javier Monsalve e Jorge Marcote. Grazas por estar aí.
01:31:24
“Da cepa á bodega”: de sacar ollos, de facer viños de autor e viños “frikis”
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidos a un novo capítulo de «Retrato Sonoro». Neste segundo episodio da nosa serie especial «Da cepa á bodega» con Monsalve e Marcote, seguimos mergullándonos no mundo do viño da man dos nosos copartícipes na conversa Javier e Jorge.
No primeiro capítulo, aquel que demos en chamar “En Arnoia, de viaxes vitais e historias inspiradoras” comezamos coñecendo as historias persoais de Javier e Jorge e a súa conexión co mundo do viño, destacando a importancia de seguir as nosas paixóns, aínda que estas non estivesen planeadas desde a infancia. Nesta ocasión, falaremos sobre a relación entre o rural e o urbano, e as colaboracións que deberían existir na zona da D.O. Ribeiro. Este tema levaranos a unha reflexión sobre a mentalidade galega, coa súa sabedoría popular que ás veces nos fai sorrir, como esa frase que di: «Algún galego prefire perder un ollo pero que a ti che quiten os dous».
Imos falar dos viños de autor, moito. Deses viños únicos que destacan pola súa diferenciación e innovación que ten que ser anual, con cada colleita. É non é calquera cousa pois foi a motivación maior que tivemos para gravar esta serie de podcasts con Javier Monsalve e Jorge Marcote.
Exploraremos o que realmente implica a creación dun viño de autor, desde o coñecemento do terreo e do equipo necesario ata a produción dun produto final excepcional.
Tamén tocaremos o tema dos «viños frikis», aqueles viños con condicións especiais que os fan destacar no mercado.
Finalmente, discutiremos a importancia de que cada viño conte unha historia. Estas narrativas non só engaden valor ao viño, senón que tamén reflicten a paixón e o esforzo postos na súa creación.
Así que, preparádevos para unha conversa chea de aprendizaxe, anécdotas e reflexións sobre o mundo do viño. E como sempre decimos, agardamos que gocedes deste episodio tanto coma nós ao gravalo.
01:29:38
Da cepa á bodega: en Arnoia de viaxes vitais e historias inspiradoras.
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidas, benvidos a un novo episodio de «Retrato Sonoro» co seu apartado vinculado á cultura vitivinícola que chamamos “Da cepa á bodega” e que propicia Jorge Marcote.
Neste podcast, imos mergullarnos no apaixonante mundo do viño, pero tamén nas vidas e traxectorias dos nosos convidados. Para este capítulo, temos a Javier Monsalve. Como Jorge Marcote, é creador de viños de autor, un termo que nos podcast que temos preparados, darédevos conta de que non gusta moito. Ten unha bodega en Arnoia, na comarca do Ribeiro, en Villa Paz (a casa dos seus antergos), denominada Adega Eloi Lorenzo, con diferentes viños, pero non contarei máis para que vaiades descubrindo sós. A Javier ides descubrilo como persoa e personaxe, no mellor sentido da palabra.
Sabemos que xa coñecedes a Jorge Marcote, que ata agora foi o noso cicerone particular neste mundo do viño. Tocamos algúns aspectos da súa vida nas entrevistas con Quin Álvarez e Esther Teijeiro, pero neste episodio imos deternos máis en profundidade con él. Este podcast tamén se convertirá un pouco no Retrato Sonoro de Jorge, porque cos seus viños Gea e no seu traballo en Bodegas Pentecostés, ten moito que contar. A historia de Javier Monsalve e Villa Paz, Bodega Eloi Lorenzo tamén será a de Jorge Marcote, viticultor, viños Gea.
Imos comezar co noso formato clásico, onde cada participante (Javier e Jorge) elixe unha foto e nos contará a historia detrás dela.
Unha pequena aclaración: aínda que o noso idioma habitual é o galego, nesta ocasión deixaremos que Jorge e Javier falen en castelán, para que se sintan coma na casa.
Un apunte do que imos tratar: logo dunha pequena presentación clásica, falaremos das viaxes vitais dos nosos protagonistas, desde o urbano ata o rural, e como dúas persoas de mediana idade se deron conta de que a súa verdadeira paixón non era algo que tivesen planeado de nenos. Estas son historias de paixóns descubertas en momentos que lembran que nunca é tarde para perseguir os nosos proxectos de vida.
Falaremos de maneira improvisada sobre a situación da humanidade e o contexto social que nos rodea, tentando imaxinar un mundo mellor. Iso si, queremos que saibades que, aínda que o tema é serio, durante a gravación non bebemos nin unha gota de viño.
Así que, preparádevos para unha boa charla, chea de risas, reflexións e, por suposto, viño. Agardamos que gocedes deste episodio tanto coma nós ao gravalo.
01:26:01
Da cepa á bodega con Esther e Jorge: "A voz da terra: o camiño, a incomprensión, e a satisfacción do viño ecolóxico"
Episode in
Retrato Sonoro
Boas!
Benvidos a este segundo episodio con Esther Teijeiro Lemos en “Da cepa á bodega con Jorge Marcote”. Como sabes levamos varios podcasts de Retrato Sonoro dedicándonos ao mundo da viticulutra e as persoas vinculadas a ela. Todas baixo o paraugas que nos cubre, Jorge Marcote, creador de Vinos Gea e traballador, a día de hoxe, de Bodegas Pentecostés, un proxecto de viños moi interesante en Gondomar.
Logo do primeiro capítulo no que fixemos unha primeira aproximación ás cousas ou situacións máis persoais de Esther, neste segundo, mudaremos o foco cara á traxectoria profesional desta gran muller. Mergullarémonos nos seus logros, recoñecementos e distincións no apaixonante mundo da viticultura ecolóxica.
Cando remates este audio daraste conta de que Esther é unha persoa moi próxima, sencilla e moi sacrificada e traballadora, a pesar de que, como ben nos dixo no primeiro episodio moito non lle gustaba traballar… pero vaia padecementoo lle deu o destino…
Como despedida debemos de comentar dúas cousas: busca en internet o viño Diego de Lemos ou manda un correo a adegadiegodelemos@gmail.com para probar os viños ecolóxicos de Esther.
Agradecer a Jorge Marcote e a súa familia (Alba, Lara e Gaia) por unha fin de semana moi intensa e feliz. A Emmanuel Vázquez polo soporte e a Jordi por darnos un oco en Sons e polas súas pinceladas na edición.
Ata a próxima edición de “Da Cepa á bodega” que podemos avanzar será con Javier Monsalve e Jorge Marcote.
01:22:31
CON ESTHER TEIJEIRO LEMOS: «NON EMIGREI PORQUE QUIXEN DEFENDER E TRABALLAR NO QUE É NOSO».
Episode in
Retrato Sonoro
Benvidos a Retrato Sonoro, benvidos ao un novo apartado do serial “Da Cepa á Bodega con Jorge Marcote” que en esta ocasión terá a unha protagonista feminina: Esther Teijeiro Lemos.
Hoxe traemos o primeiro episodio nestes serial de dous capítulos nos que a protagonista será esta octoxenaria en idade, non de espíritu e xa veredes que ser máis especial tivemos a sorte de ter no podcast. No corazón da Ribeira Sacra, no lugar de Pincelo, Concello de Chantada, na provincia de Lugo traemos unha entrevista única, un tanto peculiar e sobre todo accidentada… escoita para saber máis.
No episodio de hoxe, desde a terra da viticultura heroica, mergullámonos na vida de Esther Teijeiro Lemos, unha personalidade fascinante vinculada ao mundo dos viños. Pioneira en moitos aspectos, pero sobre todo no mundo agrario, viticultor e sobre todo en algo que está moi en boga a necesidade do “ecolóxico” e veredes que Esther é unha absoluta convencida da necesidade deste tipo de productos, incluso no viño.
A entrevista con Esther Teijeiro Lemos é breve polas circunstancias, pero tan rica e diversa, que decidimos dividila en dúas partes distintas.
Neste primeiro capítulo, mergullarémonos na vida persoal de Esther, explorando a súa historia vital, os momentos que a moldearon e as experiencias que a levaron a ser a incrible persoa que é hoxe. Non porque o digamos nos, se non polos recoñecementos alleos e da xente que a aprecia en Chantada, na Ribeira Sacra e en Galiza.
Grazas como sempre ao ausente, desta volta, Emmanuel Vázquez. A Jordi Mirindo por darnos espazo en Sons.
52:29
More of Fidel Mouzo View more
Limiar en Sons
Podcast (in)frecuente de Fidel Mouzo, @nubeiro en Twitter. Breve (en lo posible), sincero (hasta donde pueda) e íntimo. Una salida en audio a mis opiniones, pensamientos y reflexiones y las de mis invitados en conversaciones sugestivas. Porque al final, este podcast siempre está en el umbral, en el límite de una puerta imaginaria… ¿porqué? Entra y escucha. Updated
Conversaciones desde El Pico del Fraile
Podcast de conversaciones con gente interesante por un motivo: su punto de vista es muy particular, un punto de vista rural, individual que quiere llegar a lo universal. Un podcast de @M0uz0 y la colaboración de @Xibeliuss. Updated
Limiar (etapa anterior)
Podcast (in)frecuente de @m0uz0. Un podcast breve (en lo posible), sincero (hasta donde pueda) e íntimo (pero que no me comprometa). Una salida a mis opiniones, a mis pensamientos y reflexiones y las de mis invitados.
Porque al final, este podcast siempre está en el umbral... ¿porqué? Entra y escucha. Updated
Creator' lists View more
You may also like View more
Nación X
En una locación secreta se ubica la Nación X, sus únicos habitantes, Diego y Jorge pasan una cantidad obscena de tiempo viendo y analizando ficción (con y sin capas)
Su reflexiones son radio transmitidas hacia el mundo, pero ellos ignoran si este los escucha. Aún así, siguen desde su bunker hablando sobre lo que aman: la gente con super poderes que se muele a golpes. Updated
Palabra de biblioteca
Micro falangullo ou podcast da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo (A Coruña) no que falaremos de todo o que xira ao día a día das nosas bibliotecas. Contacontos, obradoiros, actividades, novidades... todo o referido á promoción da lectura. Updated
elCofreSuena (Fragmentos)
Contenido fragmentado de elCofreSuena
Escuchamos a los sueños, disfrutamos de la cultura y sentimos inquietud por el descubrimiento.
Magazine semanal centrado en la difusión cultural en todas sus vertientes, temas sociales... tratados mediante entrevistas, charlas con expertos y secciones dinámicas. Updated
























