iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
Retrocorenta
Podcast

Retrocorenta

11
160

En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro. O programa, conducido por David Lombao e Ana G. Liste, é unha produción de Praza e VINTE. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro. O programa, conducido por David Lombao e Ana G. Liste, é unha produción de Praza e VINTE. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

11
160

Retrocorenta 10 - Especial Nadal

Episode in Retrocorenta
Hai dez programas comezamos a facer memoria sobre as últimas catro décadas de Galicia. Iso levounos aos anos 80, aos anos 90 e aos primeiros 2000. E, que é o que facían calquera programa cun mínimo de prestixio naqueles anos? Efectivamente: un especial de Nadal! Cunha entrevista exclusiva e moitas sorpresas no contestador despedimos o podcast Retrocorenta
Magazine and lifestyle 3 years
1
0
355
36:06

Retrocorenta 9 - Facer de comer

Episode in Retrocorenta
Sentade á mesa porque neste noveno Retrocorenta imos facer de comer. Entramos co chef Javier Olleros na cociña de Culler de Pau no Grove. Imos probar o cocido do Rodeiro, no barrio de San Pedro de Compostela. E visitamos unha cociña que xa non existe, a de Casa Vilas; é 1992 e temos un convidado realmente especial.
Magazine and lifestyle 3 years
2
0
216
38:03

Retrocorenta 8 - Historias de autobús

Episode in Retrocorenta
Estas catro décadas de memoria colectiva nas que se centra o podcast Retrocorenta non se poden entender sen as historias de autobús. Neste oitavo episodio participan o escritor Carlos Meixide, a xornalista Marta Veiga e o actor Antonio Durán ′Morris′, que fan memoria connosco para recuperarmos historias de autobús e dalgunhas outras viaxes
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
239
48:02

Retrocorenta 7 - A tele que vimos medrar

Episode in Retrocorenta
No sétimo Retrocorenta falamos da televisión en Galicia, porque a tele funciona como un espello da sociedade e do país. Tanto a TVG como a delegación de Televisión Española en Galicia teñen un papel fundamental no día a día destes corenta anos de memoria colectiva e disto e moito máis conversamos con Tareixa Navaza, Xosé Ramón Gayoso e Belén Regueira. Conducido por David Lombao e Ana G. Liste.
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
279
01:04:51

Retrocorenta 6 - Saímos á noite

Episode in Retrocorenta
Neste sexto programa de Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao, imos da verbena á discoteca con Pili Pampín e co novo responsable da sala Hermo, Plenario Veiga. Lembramos as míticas noites do Yguazú en Lugo e saímos de festa por Ordes con Matías Tarrío
Magazine and lifestyle 4 years
1
0
286
48:47

Retrocorenta 5 - Historia(s) da internet galega

Episode in Retrocorenta
Desde a cuarta década da internet galega, no quinto episodio do podcast 'Retrocorenta' miramos cara a atrás (e cara a adiante) coas xornalistas María Yáñez, Marta Veiga, Manuel Gago e Rocío Castro. Do IRC a Twitch, de Blogaliza ao Galitwitter pasando polo Fotolog.
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
317
45:02

Retrocorenta 4 - Xela, Lois e as letras pop(ulares)

Episode in Retrocorenta
Como xa sucedera en 2011 co ano Lois Pereiro, con Xela Arias estamos a vivir unhas letras galegas pop… ou punk… ou, cando menos, máis pegadas ao país. Falamos destes autores, das súas letras e as súas músicas con Montse Pena Presas, Xosé Manuel Pereiro e Marilar Aleixandre nun novo episodio do podcast Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao
Magazine and lifestyle 4 years
1
0
278
44:37

Retrocorenta 3 - Son Bravú

Episode in Retrocorenta
En Son Bravú, o podcast Retrocorenta recupera este fenómeno que xurdiu na aldea de Viana, en Chantada, xunto ás voces de Xurxo Souto, Lola de Ribeira, Pinto d'Herbón e mais Anna Diz, que gravou un documental polo XX aniversario.
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
311
42:41

Retrocorenta 2 - Fume no pavillón

Episode in Retrocorenta
No segundo episodio de Retrocorenta recuperamos os éxitos deportivos das pioneiras e pioneiros galegos de hai catro décadas. Pili Neira, TIto Díaz e Ángeles Araújo lembran connosco os campos de fútbol e ás canchas de baloncesto onde xogaron naqueles anos, facemos memoria dos comezos das retransmisións deportivas en galego e rememoramos os anos en que afección se afixo a ter tres equipos galegos en Primeira. Con David Lombao e Ana G. Liste
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
316
48:02

Retrocorenta 1 - As Movidas de Vigo

Episode in Retrocorenta
No primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando Franco, Rosa Costas, Teo Cardalda e María Monsonís contan o que viviron no Vigo dos oitenta. Con David Lombao e Ana G. Liste
Magazine and lifestyle 4 years
6
0
502
45:18

Retrocorenta - Avance

Episode in Retrocorenta
Está a piques de chegar Retrocorenta, un podcast no que imos percorrer algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro.
Magazine and lifestyle 4 years
2
0
281
01:21
More of Praza.gal View more
Conexión.gal Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega Updated
Praza.gal | Novas e opinión Espazo para audios de noticias e reportaxes publicadas en Praza.gal, así como para a opinión de xornalistas e persoas colaboradoras do xornal. Updated
Fálase Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e coa participación de todo o equipo de Praza.gal e VINTE Updated
You may also like View more
El Descampao Biografías, monográficos, entrevistas, programas especiales, todo cabe en nuestro Descampao. Siempre con mucho humor. Updated
Todopoderosos Cine, libros, series, cómics. Con Arturo González-Campos, Rodrigo Cortés, Javier Cansado y Juan Gómez-Jurado. TODOPODEROSOS, un programa para unirlos a todos. Updated
A Autoridade Competente A autodenominada autoridade competente somos: @MariaArtze, @AmilGZ, @mvizaguirre e @Sr_ghanito facendo canon desde a casa e sen quitarmos as zapatillas As imaxes fainas @anllo Updated
Go to Movies, TV and shows