iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
Disfruta 1 año de Plus al 45% de dto ¡Lo quiero!
Revolution Podcast
Podcast

Revolution Podcast

36
77

Podcast en galego que trae as novidades e nostalxia do mundo dos videoxogos. Presentado por Fabián Bastos e Sergio Fernández

Podcast en galego que trae as novidades e nostalxia do mundo dos videoxogos. Presentado por Fabián Bastos e Sergio Fernández

36
77

Revolution Podcast - 3x01 - Animal Crossing New Horizons

Estreamos tempada tras a interrupción polo confinamento e o facemos cun dos xogos estrela da pasada primavera: Animal Crossing New Horizons. Ademais, falamos con Víctor Justo, creador do xogo de carreiras Woden GP que está inspirado pola cidade de Vigo. Tamén repasamos o estado da nova xeración de consolas con Mos e Iago. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
01:09:00

Revolution Podcast - 2x09 - Sonic Adventure

O ourizo cacho de Sega chega a Revolution por partida dobre! Analizamos o mítico Sonic Adventure da Dreamcast e falamos do impacto que tivo o filme recentemente estreado, ademais de tertuliar sobre as películas sobre videoxogos en xeral. E coma sempre, tamén, a actualidade máis destacada. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
57:00

Revolution Podcast - 2x08 - Assassins' Creed Odyssey

Esta semana ímonos de viaxe! Primeiro, nunha odisea pola antiga Grecia coa última entrega do Assassins' Creed. Ademais, Mos (@mosynho) tráenos na súa sección o indie español Kofi Quest: Alpha Mod co que poderemos botar unhas boas risas. E, coma sempre, a actualidade da industria, marcada por Microsoft e o documental Not A Game, entre outros. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
59:00

Revolution Podcast - 2x07 - The Legend Of Zelda: Breath Of The Wild

O sétimo programa desta segunda temporada vai completamente adicado ao último xogo da franquía de The Legend Of Zelda, que saíu en 2017 para a Nintendo Switch. Ademais de analizalo en profundidade, contamos con Nerea Alfonso, primeira muller que puxo voz a Zelda en España. E, coma sempre, a actualidade da industria. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
01:00:05

Revolution Podcast - 2x06 - Pokémon Escudo e Espada

Neste primeiro programa do ano analizamos a esperada oitava xeración de Pokémon, que vén de recibir o pasado xoves o anuncio dun pase de expansión que traerá 200 novas criaturas á pokédex de Galar. Tamén falamos con Evelio Sánchez, organizador da Hobby Pont, a game jam que se celebrará en Pontevedra entre o 31 de xaneiro e o 2 de febreiro. E, coma sempre, a actualidade da semana. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
58:00

Revolution Podcast - 2x05 - Especial aniversario e fin de ano

Celebramos o noso primeiro aniversario cun programa especial no que repasamos, xunto a Mos (@mosynho) os xogos que máis nos fixeron vibrar estes últimos meses. Ademais, repasamos a actualidade máis destacada da semana e botámoslle un ollo aos Game Awards que terán lugar o 13 de decembro. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
01:00:00

Revolution Podcast - 2x04 - Yooka-Laylee e a Guarida Imposible

Os sucesores de Banjo-Kazooie, Yooka e Laylee, chegan a Revolution coa súa nova aventura, 'Yooka-Laylee e a Guarida Imposible', un plataformas en 2D para toda a familia. Entrevistamos a Mario-Paul Fernández, director do documental 'Arcadeología', co que falaremos sobre a conservación dos antigos videoxogos. Por último, coma sempre, toda a actualidade. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
54:00

Revolution Podcast - 2x03 - Link's Awakening

O clásico de hai 26 anos que Nintendo rescatou para a Switch cun remake o pasado mes de setembro aterra en Revolution. Botámoslle unha ollada ao Link's Awakening para saber se paga a pena revisitar esta vella aventura. Na súa sección, Mos fala do Indiecalypse, que promete un montón, e, por suposto, repasamos a actualidade destas semanas. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
56:30

Revolution Podcast - 2x02 - Borderlands 3

As terras fronteirizas e os seus bandidos volven invadir Revolution, esta vez coa terceira entrega numerada da saga Borderlands, que analizamos con todo detalle. Ademais, Fran e Nelo, de Degoma Studios, charlan connosco sobre o xogo con selo galego 'Reggie, his cousin, two scientists and probably the end of the world', que sairá en 2021. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Great Little Challenge”, “Interplanetary Odyssey” e “Heroic Intrusion” por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
58:30

Revolution Podcast - 2x01 - Super Mario Maker 2

Arranca unha nova tempada de Revolution da man dun dos xogos estrela deste verán, o Super Mario Maker 2. Ademais, contamos as novas máis destacas destas últimas semanas, debatimos o que nos deparou o verán e presentamos a Mos, a nosa nova voz que nos acompañará en varios programas. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com
56:00

Revolution Podcast - 1x25 - Especial Playstation

Despedimos a temporada en Revolution cun programa moi especial sobre a consola de Sony. Repasamos, xunto a Mos (@mosynho en Twitter) e Iago toda a historia da liña de videoconsolas de Sony, compartimos lembranzas e rimos a escachar coas anécdotas máis divertidas relacionadas coas Playstation. Música por Teknoaxe: https://www.teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://www.patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
58:00

Revolution Bonus - 01 - Forza Horizon 4

Esta semana deixámosvos un miniepisodio extra no que analizamos máis a fondo un dos xogos que destacamos no noso especial de fin de ano hai xa seis meses: o Forza Horizon 4. O seguinte programa que publiquemos será o número 25, e será moi especial. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com
19:00

Revolution Podcast - 1x24 - Previa E3 2019

En Revolution aproveitamos esta semana para falar das nosas prediccións, esperanzas e expectativas sobre o E3 deste ano, que se celebra os días 10, 11 e 12 de xuño. Tamén, coma sempre, comentamos a actualidade da industria, en especial a tan esperada nova sobre a data de lanzamento do Death Stranding. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com
34:00

Revolution Podcast - 1x23 - Videoxogos musicais

Neste programa especial de Revolution botámoslle unha ollada aos videoxogos que máis nos fan movernos do sitio e picarnos cos nosos amigos e familiares: os musicais. Acompañados pola cantante e gañadora da Canteira de Cantareiros de Luar en 2008 Mariana Pérez e Róber, o seu irmán, un ávido afeccionado aos videoxogos, mergullámonos nos mellores xogos de baile, canto e ritmo. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: https://www.soundimage.com
45:25

Revolution Podcast - 1x22 - Borderlands

Esta semana adentrámonos no mundo surrealista de Pandora da man do pai dos looter-shooters, Borderlands. Tentaremos repasar toda a saga en vindeiros programas co gallo do lanzamento do Borderlands 3. E coma sempre, repasamos as novidades máis destacadas da industria. State Of Play, EA Access en PS4, Mario Maker 2... Non se nos escapa unha. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com
31:00

Revolution Podcast - 1x21 - O fútbol nos videoxogos

Esta semana falamos do deporte rei na industria dos videoxogos con dous invitados de luxo: Antón de Vicente, xogador do Coruxo FC, e Berto Carballo, cofundador de canteiraceleste.com. Repasamos os diferentes tipos de xogos de fútbol ao longo da historia e falamos das nosas vivencias cos mesmos neste especial dunha hora. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdearteaga.com “Quirky Runner”, por Eric Matyas: www.soundimage.com
01:00:00

Revolution Podcast - 1x20 - Life Is Strange

Esta semana analizamos unha das aventuras gráficas máis interesantes da última década, Life Is Strange. A nosa convidada é Isabel Fernández (máis coñecida como Aries), unha compositora que fixo a BSO e as voces do Melbits World para o sistema Playlink de Sony. Falamos con ela sobre a industria, a doblaxe e moitos temas máis. Tamén, coma sempre, botarémoslle un ollo á actualidade. Música por Teknoaxe: http://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga (https://patrickdearteaga.com)
36:00

Revolution Podcast - 1x19 - Yoshi's Crafted World

Voltamos tras o parón dunha semana e volta con nós o pequeno dinosaurio verde de Nintendo, pois toca analizar o Yoshi's Crafted World. Tamén falamos sobre diversos temas de actualidade destas últimas dúas semanas como os primeiros detalles da nova consola de Sony, a denuncia de explotación laboral por parte de empregados de Epic Games e moito máis. Música por Teknoaxe: http://teknoaxe.com
29:00

Revolution Podcast - 1x18 - A historia de Nintendo

Cumprimos 18 en Revolution e que mellor maneira de celebralo que cun especial sobre unha das compañías máis destacadas da industria dos videoxogos, a todopoderosa Nintendo. Neste programa especial botarémoslle un ollo á interesante historia da empresa nipona comentando e recordando con Iago e Mos (@mosynho) todos os bos momentos que pasamos xunto ás consolas de Nintendo. Música por Teknoaxe: http://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga (http://patrickdearteaga.com)
59:30

Revolution Podcast - 1x17 - Devil May Cry 5

Neste decimoséptimo programa adentrémonos no inframundo da man de Dante, Nero e V para botarlle un ollo ao título máis recente de Capcom, o moi esperado Devil May Cry 5. Tamén falamos sobre o anuncio de Borderlands 3 e a súa exclusividade na Epic Games Store, a Sega Megadrive Mini e outros asuntos da actualidade. Música por Teknoaxe: http://www.teknoaxe.com
25:30
You may also like View more
A Gruta de Gizamaluke O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola. Updated
Viciados Podcast - Videojuegos para todos Videojuegos de todas las épocas, buen ambiente y sobretodo muchas risas. ¡¡ Únete a la familia de Viciados !! Updated
Go to Video games, role-playing game and anime