
Podcast
Salta da Cama
By RadioEstrada
3.066
310
O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!
O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!
Mochila Sabedora do Salta da Cama
Episode in
Salta da Cama
Atentas e atentos á pregunta desta semana!
PORQUE SE ENRUGAN OS DEDOS, DESPOIS DE ESTAR MOITO TEMPO DEBAIXO DA AUGA?
Ademáis, sorteamos a 7ª taza do Salta da cama!!
💬 Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
🎁 PREMIO
Entre as respostas recibidas levaredes:
Unha taza do Salta da cama!!
🖊️ un boli de cores de Radio Estrada
✨ pegatinas da emisora
🎉 e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
🤝 Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
📩 Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!
02:08
Mochila Sabedora 6 de abril
Episode in
Salta da Cama
A nosa amiga María Calvo, de Arenaria Coordinación, deixanos esta pregunta: Cómo podemos saber a idade dun peixe?
Envía a túa resposta ó 606 20 36 20 e o venres entrarás no sorteo da taza do almorzo do Salta da Cama (se participan menores, a resposta debe ser envíada por un adulto responsable)
02:51
Mochila Sabedora semana 16 de marzo!
Episode in
Salta da Cama
🎒 Abrimos de novo a Mochila Sabedora!
Atención, atención, mentes curiosas da casa! Temos unha nova pregunta para investigar en familia… 🧐
🥚 Por que pensades que os ovos teñen esa forma ovalada?
Que misterio se agocha detrás desa forma tan curiosa? Será para que non rueden lonxe do niño? Para que sexan máis resistentes? Ou terá que ver coa maneira en que nacen os pitiños?
💡 Queremos ler as vosas teorías!
Pensade ben a resposta… porque entre as que acerten sortearemos un premio!
🎁 PREMIO
Entre todas as respostas correctas sortearemos:
☕ unha taza do Salta da Cama
🖊️ un boli de cores de Radio Estrada
✨ pegatinas da emisora
🎙️ e a emoción de escoitar o voso nome no programa!
🤝 Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
📩 Podedes enviar a resposta por mensaxe… ou pedirlle axuda á familia para investigar.
#MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
01:49
Resolución da Mochila Sabedora 13 de Marzo
Episode in
Salta da Cama
A nosa científica María Calvo de Arenaria coordinación preguntou esta semana pola composición do Po (polvo) que se se forma nas nosas casas. Os saltóns e as saltonas investigaron e este foi o gañador... queres coñecelo? escoita o micro espazo!
03:55
Mochila Sabedora do Salta da Cama
Episode in
Salta da Cama
🧠🎒 MOCHILA SABEDORA — A PREGUNTA DA SEMANA
Atentas e atentos á pregunta desta semana porque ten que ver coas conservas, os alimentos e o sal!! Ademáis, sorteamos a primeira taza do Salta da cama!!
💬 Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
🎁 PREMIO
Entre as respostas recibidas levaredes:
☕ Unha taza do Salta da cama!!
🖊️ un boli de cores de Radio Estrada
✨ pegatinas da emisora
🎉 e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
🤝 Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación
📩 Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ou contando coa axuda da familia.
#MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
02:39
🎭 O Entroido de San Xulián de Sales, dende dentro
Episode in
Salta da Cama
No corazón da tradición dos Xenerais da Ulla, San Xulián de Sales (Vedra) volve converterse cada ano nun dos escenarios máis auténticos e vibrantes do Entroido galego.
Nesta entrevista conversamos con Andrés, quen nos achega a visión dende dentro dunha festa que combina historia, sátira, participación veciñal e moita emoción. Falamos da preparación, do significado que ten para a parroquia, do papel dos atranques e tamén do futuro dunha tradición que segue moi viva grazas ao compromiso da xente.
Unha conversa para entender mellor por que o Entroido da Ulla non é só unha festa: é identidade, memoria e comunidade.
🎧 Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe polo Entroido de Sales.
10:55
🎧 Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro | A Discoteca Nicol’s, cando a noite era outra cousa
Episode in
Salta da Cama
Esta semana en Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata unha das referencias da noite estradense: a mítica Discoteca Nicol’s, pero a dos tempos de Ramiro Abelleiro, unha etapa que pouco ten que ver coa realidade actual.
Ricardo Terceiro reconstrúe a atmosfera daqueles anos: as patillas, os pantalóns acampanados, a bola de luz xirando sen descanso e unha pista onde soaban as seleccións musicais de Kiko Torrado. Falamos dos primeiros pinchadiscos, das sesións vermú, das lentas para arrimar e tamén da creatividade para manter viva a festa nos tempos máis difíciles.
Non faltan os recordos dos concursos de baile ao estilo Aplauso ou Fiebre del Sábado Noche, nin nomes propios que forman parte da memoria colectiva, como Fernando Silva. Un percorrido cheo de imaxes, música e emoción que remata coa frase que todos lembran: “o último que barra e que peche ao saír.”
Un capítulo de memoria viva sobre como se divertía toda unha xeración… e sobre os lugares que marcaron unha época na nosa vila.
22:53
Mochila Sabedora 9 Febreiro
Episode in
Salta da Cama
En Salta da Cama — Radio Estrada 107.7 FM convidamos aos nenos e nenas a pensar, investigar e divertirse cada día.
🧠📚 Como funciona?
👉 De luns a xoves, a mesma pregunta
👉 Escoita o programa de 8 a 11 da mañá
👉 Pensas a resposta…
👉 E envíala por WhatsApp: 606 20 36 20
🎁 O venres hai premio!
Sorteamos un boli de cores de Radio Estrada (e algunha sorpresa máis 😉)
🤝 Un concurso educativo feito coa colaboración de
💜 Arenaria Coordinación @arenariacoordinacion
⚠️ Aviso importante:
Se participa un menor, a resposta debe ser enviada sempre por un adulto responsable.
🎙️ Porque aprender tamén pode ser divertido
👉 Arriba, perna cativa!
04:27
Discoteca Lennon no Entroido.
Episode in
Salta da Cama
Esta semana en Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro, viaxamos ao corazón das noites de festa da comarca: a mítica Sala Lennon, un auténtico faro da xuventude galega durante décadas. Un espazo que competía en brillo e personalidade con outras salas lendarias como Chanteclair, Dafnys y Cloe, A Condesa, Saturday ou Dona Dana.
Recordamos aquelas noites de sábado nas que as mellores orquestras —Canadá, América, Solano— facían vibrar a pista, sempre baixo a batuta de Kiko Torrado, coa súa voz inconfundible polos avisos de micro. E, como non, mergullámonos no Entroido, cando a Lennon repartía algúns dos premios económicos máis altos da contorna nos seus concursos de disfraces.
Falamos tamén doutros clásicos da época: os concursos de Miss, as atraccións de primeiro nivel que pasaron polo seu escenario —Mecano, Alaska, Barón Rojo, Mocedades, Tino Casal— e o inesquecible Tekele Show de Piñeiro, que marcaba tendencia e encheu de humor e espectáculo a sala.
Pecharémolo lembrando a inevitable decadencia das grandes salas de festas, un fenómeno que transformou para sempre a vida nocturna galega.
Un episodio cheo de memoria, música e historias que forman parte da nosa identidade colectiva.
22:45
Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro
Episode in
Salta da Cama
A Sala Gradín foi durante décadas o auténtico centro neurálxico da diversión estradense. Nos anos 60, 70 e 80 converteuse no espazo onde todo acontecía: sala de festas, bodas, banquetes, homenaxes, mítines… Un lugar polo que non hai estradense que non pasase polo menos unha vez.
Por Gradín desfilaron as mellores orquestras de Galicia, artistas e grupos coñecidos en toda España e mesmo figuras televisivas da época. Entre eles, Los Mismos, que chegaron a interpretar unha versión de Terra Galega de Os Tamara. Tamén houbo sitio para cantautores, aínda que nalgún caso o Gobernador Civil chegou a cancelar actuacións, como lle ocorreu a Suso Vaamonde, nun episodio xa lendario xunto ao alcalde e ao famoso “niño de carrizo”.
A mocidade da Estrada vivía coa ilusión de gastar as súas 500 pesetas mensuais en noites memorables, nunha sala onde era imposible aparcar nun radio de 1 km e onde mesmo había reventa. Gradín acolleu tamén a comida oficial da Festa do Salmón, desfiles de modelos solidarios e innumerables eventos sociais.
Neste episodio lembramos tamén a figura de Ramiro Abelleiro, homenaxeado pola súa simpatía e polos seus inesquecibles despistes, tan queridos pola veciñanza.
E para pechar este capítulo de Relatos Urbanos, Ricardo Terceiro recolle un emotivo momento: o homenaxe de Dyango á radio, un broche perfecto para unha viaxe pola memoria colectiva da Estrada.
21:16
A Cafetería Central, a nosa segunda casa.
Episode in
Salta da Cama
Ricardo Terceiro pasa polo "Salta da Cama" e deixanos fermosas historias de morreos e claudias... na Cafetería Central.
16:15
A música de A Estrada nos anos 60 e 70
Episode in
Salta da Cama
🎙️ Relatos Urbanos |
Nesta nova entrega de Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata a A Estrada dos anos 60 e 70, unha época dourada para a música en directo, os bailes de verbena e os conxuntos que puxeron banda sonora a toda unha xeración.
Falamos dos grupos e orquestras estradenses que marcaron aqueles anos, cando a música se aprendía tocando, ensaiando e facendo quilómetros por festas e salas de toda Galicia… e máis alá.
🎶 Neste episodio lembramos:
O son e o espírito da música dos anos 60
Os conxuntos e orquestras da Estrada:
Los Chiky’s
Orquesta Venus
Orquesta Iberia
Toxo Verde
Los Locos / Los Leones
O salto xeracional cara aos anos 80 e 90, coa traxectoria internacional de Vicente Jorro, saxofonista que formou parte de proxectos como Juan Pardo, América ou Canadá
Grupos como TNT e La Señal
E como peza moi especial, escoitamos un audio histórico de 1967, unha gravación recuperada como homenaxe a Los Chiky’s
Un programa para lembrar, recoñecer e poñer en valor a historia musical da Estrada, contada dende a memoria colectiva, os sons de época e o orgullo de vila.
🎧 Relatos Urbanos, memoria sonora da nosa xente.
16:53
Relatos Urbanos - As festas da Xuventude dos anos 60
Episode in
Salta da Cama
Neste novo episodio de Relatos Urbanos, Ricardo Terceiro lévanos de volta á Estrada dos anos 60 para lembrar unhas celebracións tan singulares como inesquecibles: as Festas da Xuventude. Un repaso cheo de anécdotas, humor e memoria colectiva sobre unha época na que todo se facía con imaxinación… e cun presuposto mínimo.
Falamos dos xogos e competicións que animaban aquelas xornadas, da peculiar Comisión de Festas, e desa eterna dúbida estradense: xuventude ou celibato? Tamén repasamos o curioso sistema de nominación e expulsión ao estilo “Gran Hermano”, moito antes de que existise a televisión moderna.
Non faltan personaxes míticos como Manolo “Veterano”, nin probas tan pintorescas como as carreiras no adoquín ou o lendario Gran Derby Asnal, un evento tan sorprendente que chegou a estar… patentado e con permiso oficial.
Un episodio para rir, lembrar e descubrir como se vivía a festa cando a creatividade era o mellor recurso.
17:23
Relatos Urbanos
Episode in
Salta da Cama
Calvo Sotelo "De arriba". Aquí vos deixamos a colaboración semanal do noso amigo Ricardo Terceiro falando das fachadas e comercios antigos que estaban ubicados na Rúa Calvo Sotelo.
23:33
Flash SALTA DA CAMA xoves 11-12-2025 (Programa completo)
Episode in
Salta da Cama
📻107.7Fm
🖥️ www.radioestrada.com
HOXE:
🗞00:00
#Actualidade, repaso aos titulares da prensa galega e predicción meteorolóxica.
🕰07:00
#Efémerides, resaltamos as efémerides de cada día.
🎁11:25
#concurso, de Javier de la Iglesia Arte Floral e de TABERNA O QUINTEIRO
⚽️18:40
#Resumocopadorei Ourense vs Athletic de Bilbao Rafa Vázquez.
ESCOITÁMONOS 🎙🔊
PARTICIPA:
📡: @pablochichas
☎️: 986675149
📲: 644165966
🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
01:00:01
11-12-2025 EFEMÉRIDES da xornada e fitos para entender o presente a través do pasado.
Episode in
Salta da Cama
Cada día trae consigo unha historia, un recordo e un feito que marcaron o camiño da humanidade. Neste espazo repasamos as efemérides máis destacadas da xornada: acontecementos históricos, aniversarios de figuras senlleiras, curiosidades culturais e fitos que nos axudan a entender o presente a través do pasado.
Un espazo ameno e divulgativo, perfecto para quen queira viaxar no tempo e descubrir que pasou un día coma hoxe.
🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
35:33
Espertador SALTA DA CAMA Xoves 11-12-2025 (Programa completo)
Episode in
Salta da Cama
Salta Da Cama de 8-10h
📻107.7Fm
🖥️ www.radioestrada.com
HOXE:
👉 Santoral
👉 Predicción meteorolóxica de MeteoGalicia Redmeteo ⛅🌤☀
👉 Que pasa en Galicia?
👉 Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s s Salt@ns.
👉 Música
👉 Humor
ESCOITÁMONOS 🎙🔊
PARTICIPA:
📡: @pablochichas
☎️: 986675149
📲: 644165966
🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
01:22:52
Isto foi o máis buscado en Google en España e o mundo en 2025, por Lorenan Penas de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño
Episode in
Salta da Cama
Lorena Penas de " ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Esta sección está centrada na comunicación dixital, nas redes sociais e nas ferramentas que necesitamos hoxe para expresarnos con creatividade e eficacia. Nesta sección propoñemos reflexións, consellos e estratexias para estar ao tanto das tendencias, optimizar a presenza dixital e resolver aquelas cuestións que xurden ao comunicar nas plataformas dixitais. Hoxe: Isto foi o máis buscado en Google en España e o mundo en 2025
🔊"A listaxe Top Tendencias recopila aquelas consultas que experimentaron un maior repunte de tráfico durante un período de tempo prolongado durante este ano en comparación co anterior".
🔊"A clasificación de busquedas é realmente diverso, deixando patente tanto a relevancia do seguimento en tempo real de fenómenos de actualidade, meteorolóxicos ou que afectan a contorna ambiental, culturais ou de entretemento e mesmo científicos".
🔊"Debido ás novas funcións de IA en Google (AI Overviews e AI Mode) nosa forma de buscar cambiou e volveuse máis conversacional. É por iso que este 2025 moitos tops baséanse en preguntas do estilo “como…”, “que é mellor…” ou “que significa…".
📢Google acaba de presentar o seu resumo de procuras 2025, unha recopilación das tendencias que marcaron o ano, converténdose no máis buscado na web. Os datos de España reflicten unha gran actividade informativa, destacando o interese por fenómenos globais así como por solucións creativas para o día a día.
Así mesmo, debido ás novas funcións de IA en Google (AI Overviews e AI Mode) nosa forma de buscar cambiou e volveuse máis conversacional. É por iso que este 2025 moitos tops baséanse en preguntas do estilo “como…”, “que é mellor…” ou “que significa…”.
📲O máis buscado en Google en España
➡️Top tendencias
A listaxe Top Tendencias recopila aquelas consultas que experimentaron un maior repunte de tráfico durante un período de tempo prolongado durante este ano en comparación co anterior.
É dicir, son procuras que rexistraron grandes picos de interese en 2025, sendo temas exclusivos deste ano.
A clasificación resultante é realmente diverso, deixando patente tanto a relevancia do seguimento en tempo real de fenómenos de actualidade (Apagamento España, Novo Papa ou Flotilla Gaza), meteorolóxicos ou que afectan a contorna ambiental (Alerta choivas ou Incendios España), culturais ou de entretemento (Lalachus, A Revolta, Premio Planeta 2025 ou Labubu) e mesmo científicos (Migración da bolboreta monarca).
🎬Películas e series
1. Anora
2. Sirat
3. La infiltrada
4. Nosferatu
5. Weapons
6. The Brutalist
7. El 47
8. Superman
9. Emilia Pérez
10. Adolescencia
❓Quen é…
1. O novo Papa
2. Andy y quién es Lucas
3. Lalachus
4. Topuria
5. Salva Reina
6. Abby
7. Karla Sofia Gascón
8. Montoya
9. Rosalía
10. Alcaraz
✅Cómo…
1. Hacer fotos con IA
2. Hacer caca en el trabajo
3. Quitar maquillaje de la almohada
4. Hacer fuego con dos palos
5. Hacer crepes caseros
6. Hacer potaje de garbanzos con bacalao y espinacas
7. Hacer crumbl cookies
8. Hacer té matcha
9. Yogur casero
10. Hacer chocolate de Dubái
⁉️Por qué…
1. Se ha ido la luz
2. Israel ataca a Irán
3. Los Papas cambian de nombre
4. La Feria de Abril es en mayo
5. Han subido tanto los huevos
6. No hay luz en el espacio
7. Trump sube los aranceles
8. Me suenan las tripas
9. La sandía es símbolo de Palestina
10. Se pegan los bostezos
👩🏫Qué significa…
1. Edadismo
2. Queer
3. PH
4. Dana
5. Woke
6. Berghain
7. Nuda propiedad
8. FOMO
9. PEC
10. La hora espejo
💡Que é mellor…
1. Diésel o gasolina
2. Gemini o ChatGPT
3. Mantequilla o margarina
4. Para la resaca
5. Declaración conjunta o individual
6. Amortizar plazo o cuota
7. Comprar un coche o renting
8. Desayunar antes o después de entrenar
9. Retinol o Retinal
10. Creatina o proteína
👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
12:43
María Jesús foi a afortunada gañadora do sorteo dun cocido na TABERNA O QUINTEIRO
Episode in
Salta da Cama
No sorteo celebrado en directo, coñecemos á persoa afortunada que levou o premio do concurso da Taberna o Quinteiro.
Entre todas as participacións recibidas, a sorte quixo que o agasallo fose para María Jesús👏🎉.
🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️ TikTok: https://www.tiktok.com/@pablochichas
03:00
RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 10-12-2025
Episode in
Salta da Cama
En "Ricas e Famosas" fago un repaso ás portadas das revistas do corazón de máis tirada en España, dun xeito divertido.
Portadas das revistas:
✔️Hola: https://www.hola.com/
✔️Semana: https://www.semana.es/
✔️Diez minutos: https://www.diezminutos.es/
✔️Pronto: https://www.pronto.es/
✔️Lecturas: https://www.lecturas.com/
🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
👉MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
03:19
More of RadioEstrada View more
Actualidade Mediodía
🕛 Actualidade Mediodía – Radio Estrada
A información máis próxima pasa polos nosos micrófonos.
En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.
📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí.
O que pasa na Estrada, pasa por aquí. Updated
"É de mañá" con Neves Rodríguez
Programa Magazine que se emite de luns a venres en horario de 11h a 13h en Radio Estrada 107.7FM e www.radioestrada.gal Updated
Dos contra el mundo
Marga Fraga e Pedro Pérez estrean en Radio Estrada “Dous contra o mundo”, un novo podcast dedicado ao cine e ás series. Un espazo de conversa tranquila, sen présas, no que dous amigos comparten opinións, recomendacións e reflexións arredor do sétimo arte.
O programa aborda tanto estreas actuais como clásicos do audiovisual, coa intención de abrir debate e sumar tamén aos oíntes á conversa. Tras a súa emisión en directo, os episodios quedan dispoñibles en formato podcast para escoitalos cando mellor conveña.
Updated
Creator' lists View more
O Galo Canta
39
0
You may also like View more
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos. Updated
Sábados no Cruceiro
Magazine cultural gravado en Ferrol e conducido por Joaquín Enríquez con contidos da comarca e da provincia Updated
























