Disfruta de Premium PARA SIEMPRE. ¡Ahora con un 25% de dto! ¡LO QUIERO!
Tá-se bem na rádio
Podcast

Tá-se bem na rádio

18
13

"Tá-se bem na rádio" (ou, se queres,"Estase bem na radio") xa o dician os Kussondulola todas as tardes desde O Xabarín Club da TVG. E nós, que tamén estamos ben na radio, falaramos durante unha hora de medios de comunicación e as súas historias desde a radio de toda a vida. Seguiremos a actualidade dos programas e series que nos gustan e tamén analizaremos as estreas e as audiencias. E, por certo, aquí tamén falamos de Eurovision.

 

Acompáñanos nas nosas redes sociais:

Twitter: https://twitter.com/tasebemnaradio

Facebook: https://www.facebook.com/tasebemnaradio

Escoita en Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-ta-se-bem-na-radio_sq_f1799412_1.html 

Precisas contactar con nós? Queres colaborar conosco? Podemos falar en tasebemnaradio@gmail.com :)

 

"Tá-se bem na rádio" (ou, se queres,"Estase bem na radio") xa o dician os Kussondulola todas as tardes desde O Xabarín Club da TVG. E nós, que tamén estamos ben na radio, falaramos durante unha hora de medios de comunicación e as súas historias desde a radio de toda a vida. Seguiremos a actualidade dos programas e series que nos gustan e tamén analizaremos as estreas e as audiencias. E, por certo, aquí tamén falamos de Eurovision.

 

Acompáñanos nas nosas redes sociais:

Twitter: https://twitter.com/tasebemnaradio

Facebook: https://www.facebook.com/tasebemnaradio

Escoita en Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-ta-se-bem-na-radio_sq_f1799412_1.html 

Precisas contactar con nós? Queres colaborar conosco? Podemos falar en tasebemnaradio@gmail.com :)

 

18
13

2x1 Tá-se bem na rádio

2x1 Tá-se bem na rádio
Movies, TV and shows 1 month
0
0
5
01:59:59

1x17 Campaña e fin.

Chegamos ao último programa da temporada (probablemente). Neste programa falamos da cobertura das eleccións galegas que farán os nosos medios públicos. Repasamos as novidades de eurovision que volve a estar de actualidade e facemos análise de dos datos que nos deixa este confinamente no mundo televisivo. Grazas por escoitarnos durante esta temporada!
Movies, TV and shows 6 years
0
0
12
56:59

1x16 Tá-se bem na rádio - Off the record

No décimo sexto programa da temporada falamos da polémica filtración ao diario conservador ABC dun video da ministra española Irene Montero e que pinta a TVG en todo isto. Falamos tamén do despacho do director da CRTVG e dos cambios que vai facer TVE na súa progrmación de cara á nova temporada. Detémonos tamén no último drama de Negr* e comentamos as nominacións aos Baftas. Este é probablemente o penúltimo programa da temporada así que 16 grazas por escoitarnos :D
Movies, TV and shows 6 years
0
0
10
57:00

1x15 Tá-se bem na rádio - Estes últimos meses

No programa de hoxe repasamos todo o que pasou nas últimas semanas e que non puidemos comentar quer por non haber TBNR quer por estar felizmente ocupados con Eurovision. Falamos de: manipulación na CRTVG, programas da TVG de suposto humor que ofenden aos veterinarios, Masterchef e demais programas da tele Estatal.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
12
57:00

1x14 Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 3: A Grande Final

Chegou o día, chegou a romería. Celebramos a grande final de Eurovision 2020 porque non queremos quedar sen o noso gañador deste ano. Analizamos as cancións do Big Five e do país anfitrión: UK, Alemaña. Francia, España, Italia e Países Baixos. Nesta grande final estaba: Islandia, Italia, Suíz,a Portugal, Reino Unido, Francia, Paises Baixos, Bélxica, Lituania, Suecia, Alemaña, Rusia, Ucrania, Serbia, España, Bulgaria, Noruega, Acerbaixan, Dinamarc,a Irlanda, Malta, Albania, Grecia, Letonia, Polonia, Romania.  Para saber o gañador terás que agardar até o final :P Viva Eurovision!
Movies, TV and shows 6 years
0
0
11
57:00

1x13 Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 2

Neste programa especial celebramos a nosa particular semifinal 2 de Eurovision 2020 comentando as canción e revelando os nosos votos. No programa comentamos as cancións de: Islandia, Suíza, Portugal, Serbia, Bulgaria, Albania, Dinamarca, Letonia, Grecia Finlandia, República Checa, Xeorxia, Austria, Armenia, Estonia, Moldavia, Polonia e San Marino. Cales serán as 10 que pasan á final? :D
Movies, TV and shows 6 years
0
0
14
56:59

1x12 Tá-se bem na rádio - Especial Eurovision 1

Estamos en maio e iso significa EUROVISION! Neste programa celebramos a semifinal 1 de Eurovision 2020. Comentamos as cancións e votamos. Ao final, quedan 10 gañadoras que pasan á final. No seguinte programa, a segunda semifinal :) Nesta semifinal: Lituania, Belxica, Ucrania, Suecia, Noruega, Rusia, Malta, Irlanda, Acerbaixan, Romania, Belorusia, Croacia, Australia, Macedonia do Norte, Eslovenia * e Israel.  *Desculpas a Eslovenia que, por un problema técnico, non puidemos ouvir a súa canción.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
10
57:00

1x11 Tá-se bem na rádio

Programa número 11 e primeiro programa en directo e confinado con cada un e unha na súa casiña. Xuntámonos online para falar de: - Series que odiamos: Manifest, God Friended Me e The Librarians. - Eurovision :) Grazas por escoitar o programa!
Movies, TV and shows 6 years
0
2
22
57:00

1x10 Tá-se bem na rádio

Décimo programa no que falamos dos seguintes temas: - Actualidade: audiencias mensuais, axudas aos medios en campaña electoral.. - Repasamos a gala dos Mestre Mateo - Falamos do Festival da Canção.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
24
57:00

1x9 Tá-se bem na rádio

No 9 programa da temporada, que caeu en martes de entroido (toda a cidade de festa e nós na radio :), falamos dos seguintes temas: - Na sección de actualidade, Tá-se bem informado: a BBC e o que queren facer con ela, a morte de Caroline Flack, acoso a unha xornalista e a cobertura electoral para o 5A entre outras cousas. - TVE e Operación Triunfo e a polémica coas touradas. - Analizamos como foi a primeira semifinal do Festival da Canção. - Actualidade eurovisiva: comentamos algunhas das cancións participates no ESC2020.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
14
57:00

1x8 Tá-se bem na rádio

Oitavo programa da temporada na semana da radio, do Día Mundial da Radio. No programa comentamos os seguintes temas: - As capas historicas dos xornais no día do Brexit. - Cárdenas e o polémico sorteo da súa casa. - Sanremo! Comentamos a canción gañadora e outras das participantes no festiva. - Falamos con Nuno da ESCPortugal sobre o Festival da Canção. - Repasamos todas as cancións que xa temos para Eurovision 2020. Grazas por escoitarnos! :)
Movies, TV and shows 6 years
1
0
14
57:00

1x7 Tá-se bem na rádio

Neste séptimo episodio da temporada falamos dos seguintes temas: - Actualidade: Repasamos que cantidades dá a Xunta aos médios e cales son as cabeceiras que máis cartos reciben. - Goyas: Galiza estivo moi presentes este ano nos premios Goya con 10 nominacións. A noite dos premios deo cinema español terminou con 2 Goyas viaxando cara o noso país: o de Benedicta Sánchez e Mauro Herce. No programa falamos co lugués David Fidalgo, nominado por Homomaquia. - Eurovision: Analizamos con Nuno de ESCPortugal.ptas grandes favoritas para gañar o Festival da Canção e comentamos como pode axudar a Portugal o Allocation Draw. Grazas por escoitarnos!
Movies, TV and shows 6 years
1
0
17
57:00

1x6 Tá-se bem na rádio

Primeiro programa dos anos 20! Un pouco accidentado pero co mesmo amor de sempre e cargado de contidos. Neste programa escoitarás de: - OT! Comezou a edición de 2020 e analizamos o que nos depara e os datos de audiencia deste primeiro programa. - Actualidade: Control á CRTVG, audiencias no 2019, 13TV e os bispos e o máis visto na web da crtvg. - Eurovision: Escoitamos a canción de Albania, a gañadora da semifinal do MGP da NRK e repasamos outras novas da actualidade. - Cine: Repasamos brevemente as indicacións para os Oscars e os resultados dos Golden Globes. Máis cousas o 28/01 no seguinte programa.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
17
57:00

1x5 Tá-se bem na rádio - ESPECIAL FIN DE ANO

Último programa do ano e da década! Xusto antes da cea de Noitevella repasamos todo o que pasou nos medios durante estes últimos anos (ben, todo todo; non). Este programa especial de TBNR inclúe: - O tema pasapalabra - Os dramas que nos deu OT e dos que tanto gostamos :D - Eurovision! Feliz 2020!
Movies, TV and shows 6 years
0
0
8
57:00

1x4 Tá-se bem na rádio

Xa está aquí o penúltimo episodio da temporada cos seguintes contidos: - A redacción da BBC preocupada pola reputación da canle despois da última cobertura electoral. - Almudena Ariza renuncia a ser directora de informativos de TVE - Os Golden Globes pasan de Game of Thrones - Comentamos na mesa de redacción as polemicas da semana: Telecinco cancela Gran Hermano Duo. - Falamos con ESCPortugal.pt sobre a reresentante ideal para o público portugués, a caretas de Podence e a mellor canción da década do Festival da Canção. :)
Movies, TV and shows 6 years
0
0
19
57:00

1x3 Tá-se bem na rádio

Primeiro programa de decembro de 2019, último mes da década... :S Hoxe conseguimos meter todos os contidos que tiñamos preparados nos 57 minutos do programa :D Neste programa: - Analizamos a última sesión de control á CRTVG do ano na que se falou da cobertura das eleccións, as audiencias e do tratamento de certas novas informativas. - Eurovision! Repasamos os resultados de Eurovision Junior 2019 e falamos con Nuno do ESCPortugal.pt sobre estes temas e o futuro Festival da Canção 2020. Revisamos outras novidades da actualidade eurovisiva e damos algún dos nomes do Melodifestivalen. - Na sección de actualidade, repasamos os datos do último EXM do ano e da polémica que envolve Telecinco.
Movies, TV and shows 6 years
1
0
18
57:00

1x2 Tá-se bem na rádio

Neste segundo programa da temporada tratamos os seguintes temas: - Repasamos como foi a cobertura da noite electoral do 10N e os datos de audiencia que nos deixou a xornada. - O 4 de novembro celebrouse no Parlamento Galego unha comisión de economía, facenda e orzamentos nada que compareceu Sánchez Izquierdo, o director da CRTVG para presentar os orzamentos da corporación para 2020. No programa repasamos os datos e declaracións máis importantes que nos deixa esta comparecencia. - Na sección de actualidade falamos de: da emisión conxunta que fixeron RTP e TVG, da sentenza que tivo que publicar El Mundo con relación a unha entrevista de Javier Negre que, seungudo a xustiza, nunca existiu, da entrevista do Principe Andrew concedida á BBC é que deixou aos británicos espantandos e do especial de fin de ano da TVG e dos seus presentadores. - Na parte eurovisiva do programa damos conta da última polémica arredor de eurovision: a dos voluntarios sen remuneración económica. Tamén falamos de canto custará Eurovision 2020 e de onde teñen pensado sacar os cartos.
Movies, TV and shows 6 years
1
0
18
57:00

1x1 Tá-se bem na rádio

No noso primeiro programa falamos de: - Comentamos os dous debates electorais que puidemos ver esta semana.  - Repasamos como foi o casting de OT en Compostela e escollemos os nosos aspirantes favoritos. - Na sección de Actualidade detémonos na Comisión de Control à CRTVG do Parlamento. - Rematamos comentando moi rápidamente a actualidade eurovisiva.
Movies, TV and shows 6 years
0
0
16
57:00
You may also like View more
La Órbita De Endor - podcast- El programa de la fantasía y la ciencia-ficción. Cine, libros, cómics, series de televisión, manga-anime y videojuegos. Updated
El libro de Tobias ... Porque con El libro de Tobias, ¡¡Ya tenéis un motivo para que os gusten los lunes!! Updated
Luces en el Horizonte Luces en el Horizonte. Podcast en el que encontrarás mucho cine, misterio, historia, libros y mucho más. Eso sí, siempre lo vemos todo desde el punto de vista fan con un gran y particular sentido del humor. ¡Enrúchate! Updated
Go to Movies, TV and shows