¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 1 año de Plus al 45% de dto ¡Lo quiero!

Podcast
Valdeorras Infinda
11
13
Colectivo de encontro e divulgación sobre Valdeorras.
Colectivo de encontro e divulgación sobre Valdeorras.
Florencio Delgado Gurriarán: A vida no exilio e o regreso efémero da Galicia infinda
Episode in
Valdeorras Infinda
Ricardo Gurriarán volveu encher a sala da Agrupación Cultural Alexandre Boveda para dar a súa segunda palestra sobre a vida de Florencio, desta vez centrándose na parte do exilio e do regreso a Galicia en tres breves visitas nos anos 1968, 1976 e 1981. O autor faleceu en 1986 en California, mentras pasaba unha tempada cunha das súas fillas.
Na palestra, Ricardo é presentado por Emilio Vega, membro de Valdeorras Infinda.
01:19:14
«Valdeorras, terra de viñedo», con Jorge Mazaira
Episode in
Valdeorras Infinda
Os viños de Valdeorras protagonizan esta palestra de Jorge Mazaira, director técnico da Do Valdeorras, quen fixo un repaso pola historia, presente e perspectivas de futuro da Denominación de Orixe. Foi unha charla previa a unha cata de viños valdeorreses que se celebrou a continuación na Parva, a cantina do Mercado de San Agustín.
32:32
«Os fillos da vide» con Ana Domínguez, coloquio
Episode in
Valdeorras Infinda
Proxección e coloquio deste documental no que a realizadora valdeorresa Ana Domínguez regresa ás súas raíces a traveso dos ciclos da vida e do viñedo.
«Os fillos da vide» é unha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e de quen as habitan, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida.
Con este documental, Valdeorras Infinda continúa co seu ciclo de divulgación da comarca e abre un mes adicado ao mundo do viño e da viticultura
21:42
«Valdeorras, unha comarca de cine. Dúas miradas, unha conversa»
Episode in
Valdeorras Infinda
O cinema en Valdeorras foi o protagonista desta palestra celebrada na Coruña e na que Manolo Gonzalez e Domingo Díaz Docampo ofreceron un repaso non so pola abundante produción cinematográfica na comarca, senón tamén pola cultura cinéfila da veciñanza, na que o Cineclube Os Cigurros dos anos 70 e o actual Cineclub Groucho Marx tiveron moito que ver.
Na palestra, celebrada na Alexandre Boveda acompañounos o concelleiro de cultura da Rúa, José Vicente Solarat que abre a presentación.
59:18
«Sempre Xonxa en Petín» con Ignacio Vilar
Episode in
Valdeorras Infinda
Proxección e coloquio do documental »Sempre Xonxa En Petín» que lembra a rodaxe en Valdeorras de «Sempre Xonxa», de Chano Piñeiro, considerada a película fundacional do cinema galego. O documental foi gravado no contexto dun obradoiro de cinema organizado en Petín cando se cumplía o trinta aniversario do pasamento de Chano Piñeiro.
Aquela película foi todo un fito para a cultura galega e deixou un pouso moi importante en Valdeorras. Tanto, que nos últimos trinta anos se teñen gravado máis dunha ducia de películas de ficción e documental e a comarca ten xenerado unha boa canteira de cineastas.
Entre eles destaca Ignacio Vilar (1951, Petín) que creceu na aldea de Castrofolla, onde a relación coa natureza e as historias de lareira espertaron nel unha gran paixón polo cinema. Na súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014), baseado na novela de E. Blanco Amor, a cal bateu récords de espectadores e foi nominado aos Goya. Tamén dirixiu a Pradolongo (2008), e Vilamor (2012), e a longa documental Un bosque de música (2003).
29:51
Unha aproximación á obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán
Episode in
Valdeorras Infinda
Miro Villar analiza a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 –na revista Raigame–, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fai unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Un estudo que no 2022 ampliou para unha nova publicación con Edicións Xerais.
Miro Villar é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, profesor de Lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario. Un dos primeiros estudosos da poesía de Florencio Delgado Gurriarán e un referente para coñecer e entender a obra do escritor valdeorrés (Letras Galegas 2022).
Esta palestra, realizada o 28 de xaneiro de 2022 na Aghrupación Cultural Alexandre Bóveda, formou parte do segundo ciclo de Encontros sobre Valdeorras celebrados na Coruña por parte de Valdeorras Infinda.
01:20:08
Florencio Delgado Gurriarán, a vida dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista
Episode in
Valdeorras Infinda
Ricardo Gurriarán fai un percorrido pola vida de Florencio Delgado Gurriarán dende o seu nacemento en Córgomo en 1903 ata o seu exilio a México en 1939. Introducido por Emilio Vega de Valdeorras Infinda, Ricardo Gurriarán é un dos maiores especialistas na figura do poeta, de quen era familia. É doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e autor de numerosos –e premiados– estudos de investigaciónentre eles o publicado en 1999, por Ediciós do Castro: «Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista» que se reedita neste 2022.
01:19:55
O galeguismo no exilio mexicano
Episode in
Valdeorras Infinda
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel —introducido nesta ocasión por Emilio Vega de Valdeorars Infinda— recolle nesta ponencia a traxectoria dos galeguistas exiliados a México, entr os que tivo moito protagonismo o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán como codirector da revista Vieiros, entre outros proxectos.
Autor de numerosas investigacións e libros sobre historia política e movemento obreiro, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona e profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica.
Entre as súas publicacións máis recentes están as obras «Nacionalismo galego aquén e alén do mar», do 2015, e «As Iemandades da fala (1916-1931), ambos de Edicións Laiovento.
01:30:07
Paco Campos recita a Florencio Delgado Gurriarán
Episode in
Valdeorras Infinda
Os versos de Florencio Delgado Gurriarán na voz do actor valdeorrés Paco Campos. O recitado formou parte da palestra sobre o proxecto «As letras de Florencio» organizada na Coruña por Valdeorars Infinda en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
10:02
As letras de Florencio. O éxito dun proxecto
Episode in
Valdeorras Infinda
Débora Álvarez Moldes, coordinadora do proxecto pola posta en valor da obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán, explica como se xestou o proxecto ata o ano 2021, cando se acada o recoñecemento do Día das Letras Galegas.
Esta palestra forma parte dos actos de divulgación da Historia valdeorresa organizados por Valdeorras Infinda coa colaboración da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña no outono de 2021.
44:00
República, Guerra Civil e represión en Valdeorras
Episode in
Valdeorras Infinda
Félix García Yáñez repasa nesta palestra os acontecementos que definiron a Historia de Valdeorras nos convulsos anos trinta e corenta do século pasado.
Unha conferencia impartida na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña o 22 de setembro de 2021 dentro do I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras do colectivo Valdeorras Infinda.
élix García Yáñez é historiador, licenciado en Historia Contemporánea, doutorando pola Universidade Popeu i Fabra de Barcelona. Membro do Ateneo Republicano de Valdeorras. Autor, entre outros, do libro «O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931- 1977)». Félix é concelleiro no Barco pola Riada Cidadá desde o ano 2015.
01:13:27
You may also like View more
La ContraHistoria
La historia como no te la contaron en la escuela. Presentado y dirigido por Fernando Díaz Villanueva. Updated
Pedazos de historia
Alberto Garín, historiador, arqueólogo y doctor en arquitectura, acompañado de invitados destacados nos trasladará al pasado para hablar de sus curiosidades y acontencimientos más importantes. Updated
La Rosa de los Vientos
Podcast de historia, misterio, Investigación, relatos. Sábados 1:00 a 4:00 Domingos 1:30 a 04:00 en Onda Cero, con Bruno Cardeñosa y Silvia Casasola.
La Rosa de los Vientos es un espacio radiofónico de madrugada que explora la historia, la ciencia, el misterio y la investigación con rigor, curiosidad y buen oficio.
El programa aborda desde enigmas aún sin resolver y relatos históricos poco conocidos, hasta avances científicos, espionaje, medioambiente, leyendas y relatos inquietantes. Un viaje al filo del conocimiento donde cada emisión abre una ruta distinta por los vientos de lo desconocido, lo fascinante… y lo real.
En este podcast tendrás el programa completo y muchos episodios extras. Updated













