Podcast de Vega Monzo Taboada - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Description of Podcast de Vega Monzo Taboada - CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Podcast para o 6º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Alumna: Vega Monzo Taboada. CPI Cruz do Sar (Bergondo).
Texto: Nesta fotografía aparecen a miña avoa e a miña tía avoa. Atópanse no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo, concretamente na entrada da súa antiga escola. Detrás delas, pódese ver un hórreo que almacenaba, millo e outros produtos agrícolas, emprégase actualmente. A súa vestimenta componse duns zapatos negros cuns calcetíns brancos ata os nocellos. Tamén levan unha saia longa que les chega ata a metade das canelas e constaba ademais dun suadoiro co escudo da súa escola. Os seus peiteados son simples cada unha leva unhas pinzas no pelo. As persoas que se atopa na fotografía contáronme que aquel foi un día nubrado e que tiña un exame das táboas de multiplicar.
Esta foto foi tomada no ano 1950 o vinte catro de marzo, seino xa que na parte traseira da fotografía aparece a data exacta do día en que se tomou esta fotografía. Ademais da data tamén aparece o prezo, era de dez pesetas, xa que naquel entón non eran euros como hoxe en día senón que, como citei anteriormente, eran pesetas.