iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
¡Últimas horas! Disfruta de 1 año de Plus al 25% de dto ¡Lo quiero!
By RadioChivite Verín Programas radioChivite
Programa 16

Programa 16

2/28/2022 · 04:06:52
0
53
0
53

Description of Programa 16

Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de febreiro de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :



* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Inclúe unha entrevista co profesor Javier Díaz e as alumnas Natalia Soqueiro e Eirín Seoane (2º BAC) sobre a organización e creación de vestiario para desfilar no Entroido, e a entrevista ao grande coñecedor das tradicións da comarca de Monterrei Bruno Rúa, para celebrar o Día Mundial da Radio 2022, que este ano levou o lema de "A radio do patrimonio".


*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:



- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Alberte Blanco, escritor ademais de profesor de tecnoloxía do noso centro.



- "Personas ilustres de Verín e comarca": Tania Guerra (3º ESO) fálanos de Eloi Luís André.



- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de María Dosantos e Tania Guerra (3º ESO).



- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.



- "Libros vivos". Neste programa María(1º ESO) recoméndanos as súas lecturas.


* Os sons do silencio: Mariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez e Martina Dosantos (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coas enfermidades raras.



* Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.



* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) entrevista á profesora de Lingua inglesa, vicedirectora, responsable de formación do profesorado e coordinadora dos programas Erasmus + Jose Pérez Rolán.



* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes clásicos de Disney A cincenta e Merlín o encantador.



* Nalgún lugar da rede e das ondas: Mariña García (1º ESO) recoméndanos a web orellapendella.gal. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda os podcast Letras en juego, de Radio 5 (RTVE).


* O recuncho de...: Neste programa a profesora de pedagoxía terapéutica Ruth Díaz fálanos sobre teatro, cinema e vestiario.



* Os Planetas: música e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca o turno de Xúpiter e Neptuno.



* A entrevista: neste programa entrevistamos a Mounqup, artista e activista afincada en Galicia, sobre a súa música, o proceso creativo, o activismo social e cultural e sobre se é posible levar unha vida sostible hoxe en día.

Comments of Programa 16

A
We recommend you
Go to Children and education