¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto ¡LO QUIERO!
Programa1495

Programa1495

5/27/2026 · 01:02:40
0
36
0
36

Description of Programa1495

Edición número 1495 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o xoves 21 de maio a través de Rádio Filispim, o venres 22 a través de RKV Radio Vigo e o sábado 23 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 27 a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos o programa con “Nen”, o novo disco do trío Kiri Ra! (Lau Nau, Linda Fredriksson e Matti Bye). Seguimos coa colaboración entre Hannah Peel e Beibei Wang. Leva por título “The Endless Dance”, e funciona de xeito modélico na súa mestura de música contemporánea e improvisación rítmica. No apartado dedicado ás novidades propiamente ditas, esta é unha semana de altísimo nivel. Preséntovos a nova música de Philipp Schiepek, guitarrista afincado en Múnic que ven de asinar un máis que interesante disco xunto ao trompetista austríaco Lorenz Widauer. De igual xeito, abrirémoslle a porta ao novo proxecto do trompetista sueco Goran Kajfeš. Á fronte da súa Subtropic Arkestra, editará en xuño un fantástico EP onde colabora a cantante sueca de orixe kurda Avin Omer. Dende a cidade suíza de Bern chegará o trío Arbre co seu terceiro disco, “Wrap a Tear in Cellophane”. No grupo converxen os talentos de Mélusine Chappuis (voz, electrónica, teclados), Xavier Almeida (batería e percusión) e Paul Butscher (voz, sintetizadores e fliscorne). Nos fraseos de fliscorne intuímos referencias á linguaxe jazzística contemporánea, mais na música do trío dámos con máis elementos: rock alternativo, sons experimentais, texturas progresivas... Todo funciona, e faino de xeito especialmente convincente. Completamos o programa con outra novidade, a homenaxe que o Kronos Quartet vén de lle dedicar á cantante de gospel e activista Mahalia Jackson.

jazz contemporanea gospel jazz fusion jazz experimental

Comments of Programa1495

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Blues and Jazz