Programa1501

Programa1501

9/5/2026 · 01:02:14
0
33
0
33

Description of Programa1501

Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1501. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera e Radio Crónica Folk Musical) entre o 4 e o 9 de setembro. Con el abrimos a nosa tempada número 27.

Arrancamos con “Manifeste”, o novo traballo de Tigran Hamasyan. É este un disco de natureza catártica que procura a expiación logo do padecemento e o sufrimento. Bill Frisell ten tamén novo disco. Leva por título “In my Dreams”, e con el celebra o seu 75 aniversario. Pechamos o primeiro bloque do programa con “The Lemoine Point”, o espectacular novo traballo dos Blind Yeo. Comandados polo cantante e guitarrista Will Greenham, os Blind Yeo postulan un discurso musical diversificado onde dámos con elementos de krautrock, blues do deserto, enerxía punk e matices progresivos. Na segunda parte do programa entraremos na política artística do selo finlandés We Jazz. Preséntovos sinxelos de discos que serán estreados ao longo das vindeiras semanas. Escoitaremos a novas músicas de Goran Kajfeš Subtropic Arkestra & Amanda Werne (9 de outubro), Patrick Shiroishi & Jason Nazary (18 de setembro) e do trío formado por Olavi Louhivuori, Kim Myhr e Elvind Lønning (25 de setembro).

Ambient Experimental Fusión Tigran Hamasyan We Jazz

Comments of Programa1501

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Blues and Jazz