Description of Proxecto Neo 432.14: Aarón Bermúdez; Moraima Yáñez; Pedro Lamas.
Abrimos o programa 432 cos espazos colaborativos: “a noticia do día”; e a crónica dunha viaxe educativa a Samos.
Esta crónica foi unha nova colaboración do profesor Fernando Losada.
Despois de viaxarmos ao Cebreiro e a Samos, regresamos á Mariña para conversarmos cun deportista convaleciente.
Ese deportista convaleciente dunha lesión de gravidade chámase Aarón Bermúdez.
A terceira convidada desta entrega foi unha comerciante moi coñecida en Burela, Moraima, a propietaria da Confitería KIKO.
Con Moraima, entrevistada por Caetana, abrimos a sección: Mulleres emprededoras.
Pechamos o programa conversando con Pedro Lamas, músico participante na Homenaxe a Joám Vicente Viqueira, organizada no día en que se cumpría o centenario do seu nacemento: o 22 de outubro de 2024.