iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
Summer days: ¡Disfruta de 1 año de Plus al 25% de dto! ¡Lo quiero!
By Radiofusión SONS DE NÓS RadioFusión
Sons de Nós con Milladoiro segunda parte 13 de xuño de 2025

Sons de Nós con Milladoiro segunda parte 13 de xuño de 2025

6/13/2025 · 41:09
0
25
0
25

Description of Sons de Nós con Milladoiro segunda parte 13 de xuño de 2025

Milladoiro segue a ser un referente para toda unha serie de xeracións posteriores de músicos. O seu traballo ten servido para poñer en valor unha cultura que estaba menosprezada e que vivía na crenza de que non tiña valor. Eles fixéronnos ver que a nosa música tradicional tiña un lugar máis que meritorio na música de calidade. Foron quen de situar a súa creación e a nosa tradición nunha posición de prestixio internacional.

Continuaremos, neste segundo programa de Sons de Nós adicado a Milladoiro, a conversar con Xosé Ferreirós, un dos seus compoñentes dende o inicio do proxecto. Pepe acompáñanos no programa facendo balance da súa traxectoria.

E é que seguramente non somos conscientes da pegada indeleble desta banda na música galega, das moitas pezas que Milladoiro nos ten agasallado, os seus discos, as bandas sonoras de películas, esas pezas que xa forman parte da nosa identidade como pobo pero tamén da banda sonora das nosas vidas como persoas individuais.

46 anos poñendo pezas nese Milladoiro imaxinario que seguirá a medrar

Comments of Sons de Nós con Milladoiro segunda parte 13 de xuño de 2025

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World's musics and others