iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radiofusión SONS DE NÓS RadioFusión
Sons de Nós con Zavala 25-4-25

Sons de Nós con Zavala 25-4-25

4/25/2025 · 47:29
0
15
0
15

Description of Sons de Nós con Zavala 25-4-25

Nesta ocasión Carla Romalde, frontgirl da banda e voz inconfundible dentro e fora do escenario, acompañounos para presentarnos o presente da banda e os proxectos, xa máis que proxectos, para o vindeiro traballo musical que, xa o avanza, vai a ser unha ruptura total co que levan feito ata o momento.

O grupo empeza a fraguarse no ano 2020 da magnífica conexión entre Carla Romalde e Víctor Ledo e ao seu proxecto foron sumando instrumentación, voces e tamén imaxes. Zavala, que toman o nome dun música polo que senten admiración, nace da unión a este proxecto de Carlos Castro “Kos” (programacións, bases e visuais), Elena Zas (piano, viola e coros), Víctor Ledo (guitarra e coros) e Carla Romalde (voz e flauta traveseira).

Esta segunda parte de “Pequeno Manual...” ten máis presenza das influencias confesadas da música profesional e contan para reafirmalo coa presenza das cómplices perfectas para a ocasión, as Atalaias de Caión dan o contrapunto cantareiras a este proxecto que mestura á perfección estilos e influencias. Unha presencia que estaba xa pensada para o Volume I do manual pero que decidiron introducir nesta segunda entrega e que, agora, ten cadrado á perfección coa celebración das Letras Galegas deste ano, unha afortunada coincidencia non buscada pero moi ben acaida.

As cancións, as letras sempre no centro da súa proposta, e esa maneira de navegar entre o electrónico e o tradicional, o orgánico e o sintético, que para eles xurde dun xeito natural, son “eclécticos e en movemento constante”, sen medo a probar e mesturar, iso si, tendo como marco central a melodía, a canción e si, tamén a poesía – imposible non admirar a Carla recitando as cancións.

Temas comprometidos e que miran de fronte á sociedade actual, como Neptuno, Agora ou Mundo Clon, un adianto, asegura Carla, do que xa está nos novos temas que xa teñen preparados.

Un presente cheo de boa música, un “Pequeno Manual para Grandes Cambios, Volumes I e II” completos pechando un proxecto que xa está dando paso ao seguinte, porque a súa produción sigue, xa hai cancións para outros dous novos discos, seguir a crear, transformando a súa proposta, que “vai a sorprender moito”, asegura Carla.

Iso si, o compromiso e cancións reivindicativas seguirán presentes no que está por vir

Comments of Sons de Nós con Zavala 25-4-25

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!