SoS #1 As amezas do CETA

SoS #1 As amezas do CETA

2/13/2017 · 01:14:02
0
388
0
388
Soa o Silencio
Episode of Soa o Silencio

Description of SoS #1 As amezas do CETA

Neste primeiro capítulo de estrena falamos do CETA, o famoso Comprehensive Economic and Trade Agreement, é dicir o tratado de libre comercio entre Canadá e a Unión Europea e que vai ser ratificado inmientemente polo Parlamento europeo o vindeiro dia 15 de febreiro.

As ameazas do CETA son moitas, ferirá os nosos dereitos fundamentais como persoas, é por iso que o sábado 21 de xaneiro cidadáns dunha vintena de localidades do estado se mobilizaron para amosar o seu rexeitamento ao CETA, entre elas Ourense.

Falamos con Ánxeles Faraldo, representante da plataforma Ourense di NON ao TTIP, para analizar polo miúdo os prexuízos deste tratado e coñecer os efectos concretos na nosa realidade, nos dereitos como traballadoras, na seguridade alimentaria e no medio ambiente. Tamén lle preguntamos que podemos facer as cidadás para que non chegue a aprobarse.

Uníronse á conversa Daniel Rodicio, do Sindicato Labrego, e con Manuel Ángel Dorrío de Amigos da Terra para afondar un pouco máis nos efectos do CETA no local, nas explotacións agropecuarias de Ourense, no noso medio ambiente e nas Denominacións de Orixe galegas.

E rematamos cun fragmento do libro “Cómo funciona o mundo” de Noam Chomsky.

galiza ourense ttip ceta

Comments of SoS #1 As amezas do CETA

Anonymous
We recommend you
Go to Politic and economy