Vinte de Foliada en Ourense

Vinte de Foliada en Ourense

12/18/2025 · 36:53
0
138
0
138
Vinte de Foliada
Episode of Vinte de Foliada

Description of Vinte de Foliada en Ourense

Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada.

Entre castañas e carballos de Monteledo, o encontro organizado polo colectivo A Galleira ábrenos a porta de grupos como Algaravía, A Cuñeira, a Asociación Ourensá de Folclore e do legado doutras como Auriense.
A conversa con participantes nesta festa achéganos a encontros periódicos coa música tradicional coma os Venrespirar, dos que nos fala Gabi Reboredo, músico e profesor de canto, percusión e baile en Algaravía, que goza do magosto preto dalgunhas das súas alumnas.
Lucía, Raquel, Noelia... Ourensás moi activas no tradi que nos explican como a música tradicional está moi viva e vai ao carón de valores actuais para mocidade e maiores da cidade e tamén para persoas vidas de fóra como Alba, moza de Valladolid que a través da música chegou tamén á lingua galega.

Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao.

Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

entrevista galicia ourense foliada magosto

Comments of Vinte de Foliada en Ourense

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society