

Description of Vivimos demasiado rápido
Vivimos con demasiada presa, intentando abarcar acontecementos, información ou experiencias a conta da superficialidade?. Que marca no noso tempo o ritmo da existencia: o ciclo natural das cousas ou a presión do mercado por consumir? A velocidade vital fainos perder a capacidade de incorporar sensacións e sentimentos complexos?. Son preguntas que se fan os iluminadores da caverna; tres profesores de filosofía que son á vez artistas: Iseo Agilda, música; Abraham Rubín, músico e Antonio Fernández Seoane, pintor. Radio Liverdade grabou este faladoiro filosófico a principios de febreiro na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz, nunha mesa do café Novelty, recreación dun dos escenarios do Porco de pé.
Ó inicio do podcast sona Tema e ó remate Cando volvan as baleas, de Iseo Agilda








Comments of Vivimos demasiado rápido