XOSÉ SALGADO - O arquivo de Barro - Conversa con PEPE BARRO

XOSÉ SALGADO - O arquivo de Barro - Conversa con PEPE BARRO

4/6/2026 · 59:05
0
21
0
21

Description of XOSÉ SALGADO - O arquivo de Barro - Conversa con PEPE BARRO

O venres 20 de febreiro vivimos un encontro moi especial na Fundación DIDAC, onde tivo lugar unha conversa memorable entre 𝗫𝗼𝘀𝗲́ 𝗦𝗮𝗹𝗴𝗮𝗱𝗼 𝗲 𝗣𝗲𝗽𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼. Nun diálogo próximo, ambos creadores compartiron coa audiencia a súa traxectoria común a través do traballo desenvolvido como 𝗚𝗿𝘂𝗽𝗼 𝗥𝗲𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼́𝗻.

A sesión foi un percorrido marcado por anécdotas, desafíos e transformacións. Salgado e Barro reconstruíron os contextos culturais e profesionais nos que comezaron a traballar e as decisións que foron definindo unha maneira propia de entender o deseño. Falouse dos proxectos que marcaron etapas, das tensións creativas e das aprendizaxes compartidas, sempre cun ton reflexivo pero tamén cargado de humor.

Un dos fíos condutores da conversa foi o profundo cambio tecnolóxico que atravesou a súa práctica profesional. Desde os tempos do deseño analóxico, co traballo manual, as artes finais e os procesos máis artesanais, ata a chegada do dixital, que transformou radicalmente as ferramentas e os ritmos de produción. Ambos destacaron a necesidade constante de adaptación aos novos formatos e linguaxes, e para eles, a tecnoloxía non foi só unha ferramenta, senón un novo espazo de pensamento visual.

O encontro na Fundación DIDAC deixou patente que a historia do Grupo Revisión é tamén a historia dunha xeración que viviu en primeira liña a transición entre o mundo analóxico e o dixital. Unha conversa inspiradora que puxo en valor a memoria, a capacidade de adaptación e o compromiso co deseño entendido como práctica cultural e ferramenta de transformación.

Este proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da área de cultura da Deputación de Coruña e do Concello de Santiago de Compostela.

historia fotografía cultura galicia diseño

Comments of XOSÉ SALGADO - O arquivo de Barro - Conversa con PEPE BARRO

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to History and humanities