
XXX Subida á Estrada | Programa Especial (Sábado 1 de agosto)

Description of XXX Subida á Estrada | Programa Especial (Sábado 1 de agosto)
Máis de 5 horas de radio en directo
Radio Estrada ofreceu un despregamento especial para vivir en directo a primeira xornada da XXX Subida á Estrada. Durante máis de cinco horas de emisión en directo, instalados na propia saída da proba, seguimos toda a actualidade, as incidencias, os tempos e o ambiente dunha das citas máis importantes do automobilismo galego.
Coa narración e análise de Damián Cortés, Luis Mato e Alberto Pérez, este programa reúne entrevistas, protagonistas e toda a emoción da competición vivida ao minuto.
Marcas de tempo:
00:48 – Laura Gonta
1:03:00 – Jorge Pérez
1:12:00 – Xián Prado
1:15:00 – Jacobo Senín
1:36:00 – Antonio Troitiño, presidente en funcións da Federación Galega de Automobilismo
2:35:00 – David Vázquez
3:20:00 – Nacho Cerrato
3:20:00 – Manolo Hórrea
(Último tramo do programa) – "Pichi", histórico afeccionado ao motor e comisario da Federación Galega de Automobilismo.
Se non puideches seguir a retransmisión en directo, aquí tes a oportunidade de revivir unha intensa tarde de radio desde o corazón da competición, con toda a información, as voces dos protagonistas e a paixón dunha proba que xa suma trinta edicións.












Comments of XXX Subida á Estrada | Programa Especial (Sábado 1 de agosto)