Benvidos e benvidas á 2ª tempada de Habitando! Para comezar, adicamos o episodio ao acontecido no pasado ArCaDia 4, un congreso que dende 2010 celébrase en España sobre arquitectura e cooperación ao desenvolvemento. Sevilla, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e a presente edición recentemente celebrada na Coruña os dÃas 29 e 30 de setembro. O tema desta cuarta edición centrouse no aspecto social do hábitat. Nas súas propias palabras: "na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat. Búscase poñer no centro do proceso de configuración, transformación e consolidación do hábitat á persoa e, como consecuencia, á comunidade á que pertence. Fronte á vivenda como produto e mercadorÃa, entendela como un proceso no que participan os seus futuros habitantes nas súas diferentes fases. Fronte á evolución acelerada da urbanización baseada en cuestións económicas, que está a xerar segregación e desigualdade, entender o urbano como un dereito. Fronte ao sistema patriarcal, a posición da muller como activa impulsora, creadora e xestora do hábitat, dende o básico ata o social. Fronte a sistemas impostos ou con pouca marxe de intervención, a participación cidadá como posibilidade para construÃr a sociedade." Parabéns ao comité organizador, un grupo de profesores e profesoras da Escola de Arquitectura da Coruña: Eduardo Caridad, Amparo Casares, Emma López Bahut e Antonio S. RÃo Vázquez. Gran traballo! Doutra banda, Alberto e Juan achegáronse ás pasadas Xornadas de Podcasting celebradas en Málaga do 10 ao 16 de outubro. DÃas para compartir experiencias con outros podcasters e oÃntes, e co protagonismo de Habitando durante a gala de entrega dos VII Premios Asociación Podcast como finalista da categorÃa Mellor Podcast Revelación. Ligazóns de interese: Voluntariado en Terreo 2016 Mulleres Colleiteiras Premio Solidarios ONCE 2016 Convenio Mulleres Colleiteiras - Concello da Coruña Ludantia: Bienal Arquitectura e Infancia XI Jornadas de Podcasting Málaga 2016 Habitando Finalista na categorÃa Podcast Revelación nos VII Premios Asociación Podcast ArCaDia 4 VÃdeos do congreso en Youtube Hábitat III 25 de novembro DÃa internacional contra as violencias machistas 26 de novembro Feira de Proxectos de Vida Feministas Créditos Todas as cancións incluÃdas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Moon Almost Full, Stormy Mondays, álbum The Lay of the Land Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Comentarios